Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecemento e comprensión dos grandes momentos da historia da comunicación como factor básico para o desenvolvemento das civilizacións e das sociedades. Referencia especial á significación da comunicación nas sociedades contemporáneas, especialmente condicionadas polas novas formas tecnolóxicas. Coñecemento e comprensión dos distintos desenvolvementos da comunicación ao longo da historia, tanto no plano filosófico como no plano tecnolóxico. Identificación dos principais eventos ou achegas. Coñecemento, identificación e comprensión das principais etapas do desenvolvemento da comunicación na historia da humanidade, con especial atención á súa significación na construción das culturas e as colectividades. Coñecemento e identificación das distintas etapas que configuran, sobre todo, as sociedades desenvolvidas de carácter postindustrial, no marco do que denominamos Sociedade da Información e o Coñecemento. Coñecemento e identificación dos principais momentos da historia da comunicación referida tanto ás distintas especializacións da mesma (desde as sociedades orais ás novas tecnoloxías) como no marco sociocultural específico en que a perspectiva histórica desenvólvese: Galicia, España, Europa, Occidente, planeta. Coñecemento das principais metodoloxías e estudos sobre a historia da Comunicación e sobre a súa significación no desenvolvemento social e cultural.
Os resultados de aprendizaxe serán:
Introducir ao alumnado no campo do xornalismo desde unha perspectiva teórica e situar os debates actuais do xornalismo. Identificar e analizar os procesos de produción (recollida, selección e edición) da comunicación e información xornalística a través de medios escritos, audiovisuais e dixitais.
Explorar a incidencia das rutinas produtivas no papel que desempeñan fontes e xornalistas no proceso de produción informativa dos medios de masas, así como revisar os procesos e factores que determinan a recollida, inclusión e xerarquización dos contidos informativos.
Realizar unha introdución ao proceso de construción do temario dos medios de comunicación identificando os mecanismos de produción programada. e a procura de formas de estimulación da produción non homoxeneizada. Inclúese un apartado relevante dentro da materia referente ao tratamento das fontes informativas e ao uso que realizan estas de as súas propias rutinas produtivas co fin de intervir activamente no proceso de construción do temario informativo e de elaboración das informacións nos diferentes medios de comunicación.
Os obxectivos principais da materia serán os seguintes:
-Coñecer os fundamentos básicos do xornalismo e da comunicación na situación actual
-Estudar desde unha perspectiva histórica a situación actual do periodismo
-Analizar desde unha perspectiva histórica a comunicación na actualidade
-Coñecer as ferramentas necesarias para identificar o rol do xornalismo na actualidade
-Identificar as principais fases da produción da información
-Capacitar ao alumno para o traballo coas fontes informativas como xornalista
-Capacitar ao alumno para o traballo como fonte de información institucional
-Capacitar ao alumno para a lectura crítica dos procesos comunicativos na sociedade actual
Coñecemento e comprensión da comunicación como factor básico constitutivo das sociedades. Coñecemento e comprensión da historia do periodismo. Especial atención aos grandes momentos da historia da comunicación, tanto desde unha perspectiva sociolóxica e filosófica como deas- da perspectiva do progreso tecnolóxico, así como ao coñecemento en profundidade da evolución histórica do xornalismo en Galicia. Consideración específica á construción histórica da denominada Sociedade da Información e o Coñecemento.
CONTIDOS TEÓRICOS
1. O xornalismo na sociedade dixital
2.A cuarta onda da comunicación
3. As fontes informativas
4. O ciclo da comunicación na sociedade actual. A importancia dos diferentes actores sociais, económicos, políticos e as fontes institucionais
5. A comunicación das institucións
CONTIDOS PRÁCTICOS
1. Produción de pezas xornalísticas
2. Elaboración de materiais das fontes de información
3. Realización de traballo nas institución
A súa práctica estará vinculadaá actualidade e, na medida do posible, contarán coa presencia de profesionais na aula.
Bibliografía básica
AAVV (2020). The Paris Review : entrevistas (1953-2012).Barcelona: El acantiladoMencher, M. News Reporting and Writing. New York: McGraw-Hill, 11th edition, 2008.
Castells, M. (2009). Comunicación y poder. Siglo XXI Editores México.
Castells, M. (2012). Redes de indignación y esperanza (p. 157). Madrid: Alianza Editorial.
Fleming, c; Hemingway, e.; Moore, g.; Welford, D. An introduction to Journalism. Londres: Sage, 2006.
García Orosa, B. (2022). Comunicación política y estrategias emergentes en las campañas electorales digitales durante la pandemia de covid-19. Palabra Clave, 25(1), e2516-e2516.
García-Orosa, B. (2019). 25 años de investigación en comunicación organizacional digital. Artículo de revisión. Profesional de la Información, 28(5).
García-Orosa, Berta (2021). Digital Political Communication Strategies: Multidisciplinary Reflections. Springer Nature, 2021.
García-Orosa, Berta (coord) (2022). 25 años de ciberdemocracia en España: Estrategias y actors emergentes. Editorial Thomson.
Thurman, N., Lewis, S. C., & Kunert, J. (Eds.). (2021). Algorithms, Automation, and News: New Directions in the Study of Computation and Journalism. Routledge.
Bibliografía complementaria
Bauman, Z. (2000). Liquid modernity. Cambridge: Polity Press
Berganza, R.; Lavín, E. y Piñeiro-Naval, E. (2017). La percepción de los periodistas espa- ñoles acerca de sus roles profesionales. Comunicar, 51 (25), pp. 83-92. DOI: <http://dx.doi. org/10.3916/C51-2017>.Carlson M (2020). Journalistic epistemology and digital news circulation: Infrastructure, circulation practices, and epistemic contests. New Media & Society 22(2): 230–246. https://doi.org/10.1177/1461444819856921
Chadwick, A. (2013). The hybrid media system: Politics and power. New York, NY: Oxford University Press.
García Orosa, B. (2014). Los gabinetes de comunicación on line de las empresas del Ibex 35. Historia Y Comunicación Social, 18, 295-306. https://doi.org/10.5209/rev_HICS.2013.v18.43967
García-Orosa, B. (2018). Profile of the Cyber Media Audience: Discursive Representation and Praxis of Receiver 2.0. Palabra Clave, 21(1), 111-133.
García-Orosa, B., López-García, X., Vázquez-Herrero, J. (2020). Journalism in digital native media: Beyond technological determinism. Media and Communication, 8(2), 5-15. DOI: http://dx.doi.org/10.17645/mac.v8i2.2702
Kovach, b.; Rosenstiel, T. Los elementos del periodismo. Madrid: Ediciones El País, 2003.
López López, M. Como se fabrican las noticias. Fuentes, selección y planificación. Barcelona: Paidós, 1995.
Smith, J. Essential Reporting. The NCTJ Guide for trainee journalists. Londres: Sage, 2007.
BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
CT1 - Capacidade de organización e planificación
ESPECÍFICAS
CE15 - Interpretar as complexidades da comunicación ao longo da súa historia
CE16 - Comprender a dimensión que adquire na actualidade a participación cidadá en procesos de produción da información.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teórica, clases de seminario teóricas, clases de seminario, prácticas, traballos individuais e grupais tutorizados, estudos de caso, titorías), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. A distribución de horas en clases maxistrais, clases de seminario, traballo individual, titorías, etc. seguirá o indicado no plan de estudos do plan de estudos.
Sistema de avaliación Os instrumentos de avaliación de contidos serán:
a. Exame/ s teórico/s 50%
b. Prácticas de laboratorio 50%
Será unha avaliación continua polo que se recomenda o traballo continuo ao longo de todo o curso. Non soamente se trata da adquisición de coñecementos, tamén de actitudes e habilidades que soamente se obterán cun seguimento continuo. Soamente o traballo continuado e progresivo poderá familiarizar ao alumno cos contidos do curso.
Segunda oportunidade. Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. Se o alumno non realizou as tarefas marcadas ó principio de curso non poderá presentarse a segunda oportunidade xa que non terá posibilidade de repetir o realizado no curso durante os meses anteriores.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
No caso do traballo persoal do alumno a distribución por horas e tarefas será a que figura na memoria do título (40 horas de traballo autónomo).
Clases expositivas: 30 horas
Traballos con textos: 15 horas
Preparación de presentacións orais, debate, etc.: 5 horas
Exame final: 3 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
Lecturas recomendadas: 25 horas
Planificación, procura, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 12 horas
A materia non persegue a memorización dos conceptos, persegue promover a reflexión do alumno sobre as formas de produción informativa, contrapoñéndoas aos conceptos da teoría xornalística. Ademais dun seguimento continuado da materia, recoméndase a lectura crítica de diferentes medios de comunicación diariamente.
Berta Garcia Orosa
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816524
- Correo electrónico
- berta.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xurxo Salgado Tejido
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- xurxo.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Mércores | ||
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Xoves | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 08.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 08.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 10.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA OROSA, BERTA | Galego |
| SALGADO TEJIDO, XURXO | Galego |