Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva: 15 Total: 41
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica
Áreas: Botánica
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, así como desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as suas adaptacions ao medio (Con04).
Coñecer e comprender a estructura e dinámica das poboacions e comunidades (Con10).
Comprender e usar con precisión os conceptos e a linguaxe propios da Fitosocioloxía
Clases teóricas expositivas (25 horas)
1º BLOQUE (10 horas). Conceptos básicos e metodoloxía de estudo da vexetación.
1. Flora e vegetación. As formas vitais nos Cormófitos. Clasificación de Raunkiaer.
2. Aproximacions a estudo da vexetación. O método fisionómico: clasificación de Schimper e Von Faber. Descripción estructural de Dansereau. A clasificación ecolóxico-fisiognómica de Brockmann-Jerosch & Rübel.
3. Introdución a Bioclimatoloxía. Sistemas de clasificación bioclimática: Köppen, Thornthwaite, Walter e outras. Clasificación bioclimática de Rivas Martínez: índices, parámetros bioclimáticos e diagramas ombrotérmicos.
4. Coroloxía: as principais divisions fitoxeográficas na Península Ibérica. As unidades corolóxicas de Galicia
5. O método fitosociolóxico sigmatista. Concepto de asociación vexetal e individuo de asociación. Etapa analítica: o inventario florístico. Etapa sintética: a táboa fitosociolóxica.
6. Clasificación das comunidades. Sintaxonomía e nomenclatura fitosociolóxica.
7. A sucesión vexetal: comunidades clímax e comunidades seriais. Sinfitosocioloxía: concepto de Serie de vexetación.
8. A zonación: comunidades edafoxerófilas e comunidades edafohigrófilas. A Xeoserie e o Xeosigmetum.
2º BLOQUE (15 horas). Principais unidades da vexetación ibérica.
9. Bosques climatófilos temperados (Clase Querco-Fagetea sylvaticae).
10. Bosques edafohigrófilos: bosques riparios (Clase Querco-Fagetea sylvaticae) e bosques pantanosos (Clase Alnetea glutinosae).
11. Bosques perennifolios mediterráneos (Clase Quercetea ilicis).
12. Formacións fruticosas de orlas forestais: matogueiras retamoides (Clase Cytisetea scopario-striati) e matogueiras espiñescentes (Clase Rhamno-Prunetea spinosae).
13. Matogueiras húmidas atlánticas dominadas por toxos e uces (Clase Calluno-Ulicetea minoris) e as subhúmedas mediterráneas (Clase Cisto-Lavanduletea stoechadis).
14. Pasteiros antrópicos perennes (Clase Molinio-Arrhenatheretea elatioris). Prados naturais calcícolas (Clase Festuco-Brometea erecti) e prados naturais acidófilos de montaña (Clase Nardetea strictae).
15. Vexetación rupícola: Clase Asplenietea trichomanis. Vexetación de canchais: Clase Thlaspietea rotundifoliae.
16. A vexetación nitrófila: vexetación perenne (Clases Artemisietea vulgaris e Galio-Urticetea maioris) e vexetación anual (Clase Stellarietea mediae)
17. Vexetación psammófila: Clase Cakiletea maritimae e Clase Euphorbio-Ammophiletea australis.
18. Vexetación acuática: ben dominada por helófitos (Clases Magnocarici-Phragmitetea australis e Littorelletea uniflorae), ou ben por hidrófitos (Clases Potametea e Lemnetea).
19. Vexetación halófila: Clases Sarcocornietea fruticosae, Crithmo-Limonietea, Juncetea maritimi e outras.
20. A Rede Natura 2000 e os criterios fitosociolóxicos.
21. Vexetación criptogámica: algal, liquénica ou muscinal. Peculiaridades do seu estudo.
Prácticas de campo (15 horas)
Faránse duas saidas de recoñecemento e identificación de distintas comunidades vexetais en duas expedicións a áreas do territorio con diversidade de vexetación natural. Asistencia non obligatoria.
Titorías (1 horas)
Resolución de dúbidas.
Exame (3 horas)
Básica
Alcaraz F., Clemente M., & Barreña J. 1999. Manual de teoría y práctica de geobotánica. Instituto de Ciencias de la Educación (ICE) de la Universidad de Murcia. http://www.um.es/docencia/geobotanica
Braun-Blanquet J. 1979. Fitosociología. Bases para el estudio de las comunidades vegetales. Ed. Blume,
Castroviejo S. (ed.) 1986–2021. Flora Iberica. 21 Vols. Real Jardín Botánico-CSIC, Madrid.
García Martínez X.R. 2008. Guía das plantas de Galicia. Ed. Xerais
Loidi J. 2017. The vegetation of the Iberian Peninsule. Vols. I & II. Ed. Springer.
Rivas-Martínez S., Fernández-González F., Loidi J., Lousâ M. & Penas A. 2001. Syntaxonomical checklist of vascular plant communities of Spain and Portugal to association level. Itinera Geobot., 14: 5-341
Rivas-Martínez S., Rivas-Saenz S. & Penas A. 2011. Worldwide bioclimatic classification system. Global Geobot. 1: 1-634 + 4 Maps. http://www.editaefa.com/uploads/ref.Worldwidebioclimaticclassifications…
Terradas J. 2001. Ecología de la vegetación: de la ecofisiología de las plantas a la dinámica de comunidades y paisajes. Ed. Omega.
Complementaria
Costa J.C., Neto C., Aguiar C., Capelo J., Espirito-Santo M.D., Honrado J., Pinto-Gomes C., Monteiro-Henriques T., Sequeira M. & Lousa M. 2012. Vascular plant communities in Portugal (continental, the Azores and Madeira). Global Geobotany 2: 1-180. http://home.isa.utl.pt/~tmh/aboutme/Publicacoes_files/Vascular%20plant%…
Fernández Prieto J.A., Amigo J., Bueno Á., Herrera M., Rodríguez-Guitián M.A. & Loidi J. 2023. Bosques y orlas forestales de los territorios atlánticos del Noroeste Ibérico. Guineana 23: 240 pp
Folch i Guillén R. 1986. La vegetació dels països catalans. 2ª Ediciò. Ed. Ketres.
Mucina, L. Bultmann, H., Diersen, K., Theurillat, J.-P, Raus, T., Čarni, A., Šumberova, K., Willner, W., Dengler, J., Gavilan Garcia, R., Chytry, M., Hajek, M., Di Pietro, R., Iakushenko, D., Pallas, J., Daniels, F.J.A., Bergmeier, E., Santos Guerra, A., Ermakov, N., Valachovič, M., Schaminee, J.H.J., Lysenko, T., Didukh, Y.P., Pignatti, S., Rodwell, J.S., Capelo, J., Weber, H.E., Solomeshch, A., Dimopoulos, P., Aguiar, C., Hennekens, S.M. & Tichy, L. 2016 Vegetation of Europe: hierarchical floristic classification system of vascular plant, bryophyte, lichen, and algal communities. Appl. Veg. Sci. 19 (Suppl.): 3-264.
Rivas-Martínez S. & cols. 2011. Mapa de series, geoseries y geopermaseries de vegetación de España (Memoria del mapa de vegetación potencial de España). Parte II. Itinera Geobot. 18(1-2): 5-800.
Walter H.1987. Zonas de vegetación y clima. Ed. Omega
Recursos on-line
Flora Iberica: http://www.floraiberica.es
Información Bosques Galicia: http://www.bosquesdegalicia.es
Herbario SANT (acceso a colecciones): https://www.gbif.org/dataset/1c334170-7ed1-11df-8c4a-0800200c9a66
Comp01: Que os estudantes teñan demostrado posuir, comprender e utilizar os coñecementos das distintas áreas da Bioloxía, incluindo alguns aspectos de vangarda do seu campo de estudo (CB1)
Comp03: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional, e posuan as capacidades que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudo (CB2).
Comp05: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da sua área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética (CB3).
Seguiránse as metodoloxías descritas na memoria do Grao:
- Clases expositivas: clases maxistrais, con apoio de medios audiovisuais.
- Clases interactivas de campo: identificación de distintas comunidades vexetais nun territorio concreto.
- Titorías (en grupo reducido) para aclarar dúbidas, suministrar información ou orientar ao alumnado.
A asistencia non será obrigatoria a ningunha das actividades
Exame final teórico: 75% da nota
Avaliación continua por participación en clases expositivas e prácticas: 25%
O aprobado conseguirase co mínimo de 5 puntos sobre 10. Na segunda oportunidade manterase a puntuación conseguida na avaliación continua.
Os alumnos repetidores serán avaliados ao 100% no exame final teórico.
Total horas traballo presencial: 44 h
Clases expositivas: 25 h
Prácticas:15 h
Titorías: 1 h
Exame: 3 h
Total horas traballo persoal do alumno: 68,5h
TOTAL DE HORAS: 25h x 4,5 ECTS = 112,5h
Asistencia a todas as actividades docentes.
Imprescindible un certo coñecemento previo da diversidade de flora vascular do territorio (árbores, matos e herbáceas). Recoméndase exercitarse/reforzar os coñecementos en florística de plantas vasculares.
Participar nas titorías
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Con carácter xeral, fica expresamente prohibido que o alumnado distribúa, entre persoas alleas ao curso, o material docente (tanto escrito como audiovisual) dispoñible no Campus Virtual ou ofrecido polo profesorado por outros canais
Maria Inmaculada Romero Bujan
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814913
- Correo electrónico
- mi.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Javier Amigo Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814977
- Correo electrónico
- javier.amigo.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09. Barbara McClintock |
| Xoves | ||
| 13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09. Barbara McClintock |
| 17.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
| 13.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 01. Charles Darwin |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER | Castelán |
| ROMERO BUJAN, MARIA INMACULADA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| AMIGO VAZQUEZ, FRANCISCO JAVIER | Castelán |