-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2
Clase Expositiva: 34
Clase Interactiva: 18
Total: 54Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Botánica, Zooloxía, Xenética e Antropoloxía FísicaÁreas:
Botánica, ZooloxíaCentro
Facultade de BioloxíaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Ofrecer unha primeira aproximación ao estudo da evolución biolóxica e a biodiversidade.
Dar a coñecer os principios básicos das clasificacións biolóxicas.
Facer comprender os fundamentos da estrutura da organización vexetal e da organización animal, en relación cos seus principais aspectos funcionais.
Facer co alumnado saiba recoñecer os diferentes tipos de animais e vexetais a nivel de grandes grupos.
Facer co alumnado familiarícese con terminoloxía básica no ámbito da evolución biolóxica, a bioloxía vexetal e a bioloxía animal.• PROGRAMA DE TEORÍA (34 HORAS)
CONCEPTOS XERAIS
-A ciencia e o método científico. (0.5 h)
-Propiedades da vida. (0.5 h)
-Orixe da vida: teorías e episodios fundamentais na diversificación da vida. (0.5 h)
-A evolución biolóxica. Darwinismo: cambio perpetuo, orixe común, multiplicación
das especies, gradualismo, selección natural. A Teoría Sintética. (2 h)
-A clasificación biolóxica e a filoxenia. Tipos de relacións filoxenéticas. Homoloxía
e analoxía. Apomorfía e plesiomorfía. Sistemática evolutiva. Sistemática filoxenética. (2 h)
-Concepto de biodiversidade: tipos, importancia, servicios ecosistémicos, conservación.
(0.5h)
-Bioxeografía: a distribución dos ss.vv. e as súas causas. Biomas. Rexións bioxeográficas.
A distribución global da diversidade. (2 h)
FUNDAMENTOS DE BIOLOXÍA VEXETAL
-Concepto de vexetal e planta. Clasificación e nomenclatura (2 h).
-Niveis de organización: protófitos, talófitos e cormófitos (1 h).
-Reprodución en procariotas e eucariotas (1 h).
-Ciclos biolóxicos de vexetais (1 h).
-Crecemento e desenvolvmento (1 h).
-Diversidade de organismos I: Cianobacterias, Algas, Hongos, Briófitos e Fentos (6 h).
-Diversidade de organismos II: Espermatófitos (3 h).
FUNDAMENTOS DE BIOLOXÍA ANIMAL
-Concepto de animal. Taxonomía e nomenclatura animal. Código de
Nomenclatura Zoolóxica (1 h)
-Arquitectura animal. O tamaño. Promorfoloxía. Niveis de complexidade e de organización.
Simetría e polaridade. Blastodermos. Cavidades internas. Metamería. (2 h)
-Ontoxenia. A relación entre ontoxenia e filoxenia. Tipos de ovos e de segmentación.
Gastrulación. Os bilaterais protóstomos e deuteróstomos. Principais liñas filoxenéticas do
Reino Animal. Orixe e relacións filoxenéticas dos metazoos. (2 h)
-Reprodución. Modalidades de reprodución asexual. Reprodución sexual. Gonocorismo e
hermafroditismo. Tipos de fecundación. Partenoxénese. Tipos de desenvolvemento do
embrión. Determinación do sexo. Heterogonia e metaxénese. (2 h)
-Tegumento, sistemas esqueléticos y musculatura. (2 h)
-Homeostase,circulación e intercambio de gases (2 h)
PRÁCTICAS OBRIGATORIAS (8 HORAS)
Se levarán a cabo dúas prácticas de laboratorio, unha centrada en animais e outra en vexetais, que terán unha duración de 2,5 horas cada unha. Nas prácticas de laboratorio as/as alumnos/as realizaran a observación e recoñecemento in situ dos rasgos diagnósticos e as adaptacións morfolóxicas e funcionais mais importantes dunha amplia variedade dos principais grupos taxonómicos de animais e vexetais. Se levará a cabo unha práctica de campo de 3 horas de duración que terá lugar en zonas representativas de hábitats típicos de Galicia, durante a cal se observará in situ a súa flora e fauna, procedéndose á caracterización e identificación dos principais grupos.
SEMINARIOS OBRIGATORIOS (2 H)
SEMINARIO 1: INTRODUCIÓN AO RECOÑECEMENTO DE VISU DE GRUPOS ANIMAIS
SEMINARIO 2: INTRODUCIÓN AO RECOÑECEMENTO DE VISU DE GRUPOS VEXETAIS
TITORÍAS OBRIGATORIAS (2 HORAS)
Titoría 1: resolución de dúbidas e proba de autoavaliación dos contidos de grupos animais, de forma previa
á realización do exame final
Titoría 2: resolución de dúbidas e proba de autoavaliación dos contidos de grupos vexetais, de forma previa á realización do exame final
EXAMES DE TEORÍA E VISU (4 H)Básica
Hickman, C.P., Keen, S.L., Eisenhour, D.J., Larson, A., L’Anson, H., 2021. Principios integrales de zoología. 18ª ed. Zaragoza: Grupo Asís.
Nabors, M.W., 2005. Introducción a la botánica. Madrid: Pearson; Addison Wesley.
Díaz, T.E., Fernández-Carvajal, M.C. y Fernández, J.A., 2004. Curso de botánica. Gijón: Trea.
Complementaria
Díaz, J.A. y Santos, T., 2003. Zoología: aproximación evolutiva a la diversidad y organización de los animales. Madrid: Síntesis.
Strasburger, E., Noll, F., Schenck, H. y Schimper, A.F.W., 2004. Tratado de botánica. 35ª ed. Barcelona: Omega.o Coñecementos/contidos:
Con03: Coñecer a orixe da vida, os mecanismos da herdanza e a evolución
Con04: Coñecer a diversidade dos seres vivos e os ciclos biolóxicos, así como desenvolver a capacidade de analizar e interpretar as adaptacións ao medio
Con08: Coñecer e comprender o desenvolvemento, a morfoloxía e a anatomía dos seres vivos
Con09: Comprender e integrar o funcionamento e regulación dos principais procesos fisiolóxicos dos seres vivos así como a súa interación cos ambientes biótico e abiótico
o Habilidades/destrezas:
H/D08: Capacidade para o razoamento, a argumentación e o pensamento crítico
o Competencias:
Comp01: Que os estudantes demostraran poseer, comprender e utilizar os coñecementos das distintas áreas da Bioloxía, incluindo alguns aspectos de vanguardia do seu campo de estudo
Comp02: Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomíaA metodoloxía do ensino consta de clases expositivas, actividades interactivas de prácticas de laboratorio e campo, seminarios e titorías en grupo reducido. A asistencia ás prácticas, seminarios e titorías é obrigatoria para os alumnos de nova matrícula. Todas as actividades docentes apóianse na utilización de medios audiovisuais e no fomento dunha comunicación fluída entre profesorado e alumnado, ademais de na utilización do campus virtual.
A cualificación global do alumno na materia obtense como resultado da avaliación do seu rendemento en:
-exame final (70%)
-exame de recoñecemento "de visu" (10%)
-asistencia e participación en prácticas, seminarios e titorías obrigatorias (5%)
-a realización dun traballo sobre as prácticas (15%)
Estes mesmos instrumentos utilizaranse para avaliar os resultados do proceso de formación e aprendizaxe, segundo o seguinte esquema:
o Exame: Con03, Con04, Con08, Con09, H/D08
o Traballo de prácticas: Con08
o Asistencia e participación en prácticas, seminarios e titorías: Comp01, Comp02.
Os criterios de avaliación aplícanse individualmente a cada unha das dúas áreas de coñecemento da materia, e a nota final será a media aritmética das cualificacións obtidas polo alumno en cada área, sempre que o alumno superase cada área de xeito individual. Para considerar calquera das áreas aprobadas, o estudante deberá obter un mínimo de 5,0 tanto no exame teórico como na proba “de visu” da devandita área.
No caso de que o alumno superase só unha das áreas, a súa nota final na correspondente convocatoria será dun máximo de 4,5 (suspenso). O aprobado de só unha das dúas áreas na primeira oportunidade (xaneiro) mantense ata a convocatoria de segunda oportunidade (xuño / xullo), pero en ningún caso dun curso a outro.
Os estudantes repetidores poden, si o desexan, conservar as cualificacións correspondentes a súa asistencia e participación nas prácticas, seminarios e titorías obrigatorias (5%), e a da realización do traballo sobre as prácticas (15%).TEMPO DE ESTUDO e DE TRABALLO PERSOAL
TRABALLO PRESENCIAL HORAS TRABALLO INDIVIDUAL OU EN GRUPO HORAS
Clases maxistrais 34 Estudio individual 85
Prácticas obrigatorias 8 Preparación do traballo de prácticas 15
Seminarios obrigatorios 2
Titorías obrigatorias 2
Realización de exames 4
TRABALLO EN AULA 50 TRABALLO PERSOAL 100
HORAS TOTAIS 150• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Consulta da bibliografía recomendada.
• Utilizar a aula virtual
• Facer uso frecuente das tutorías para cualquier tipo de cuestión relacionada coa materia.A materia contará cunha aula virtual activa na plataforma Moodle, que ademais servirá de ferramenta de comunicación directa entre o alumnado e o profesorado (que se complementarán con Teams e o correo electrónico).
Aplicarase o disposto no "Regulamento para avaliar o rendemento académico dos estudantes e revisión de cualificacións" nos casos de realización fraudulenta de exercicios e probas.
-
Maria Inmaculada Romero Bujan
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Teléfono
- 881814913
- Correo electrónico
- mi.romero@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Olalla Lorenzo Carballa
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Correo electrónico
- olalla.lorenzo.carballa@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Pilar Diaz Tapia
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- pilar.diaz.tapia@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
-
1º semestre - Do 09 ao 15 de setembro Luns 18:00-19:00 Grupo /CLE_02 Castelán Aula 04: James Watson e Francis Crick 19:00-20:00 Grupo /CLE_01 Castelán Aula 03. Carl Linneo Mércores 18:00-19:00 Grupo /CLE_02 Castelán Aula 04: James Watson e Francis Crick 19:00-20:00 Grupo /CLE_01 Castelán Aula 03. Carl Linneo Xoves 16:00-17:00 Grupo /CLE_02 Castelán Aula 04: James Watson e Francis Crick 17:00-18:00 Grupo /CLE_01 Castelán Aula 03. Carl Linneo Exames 17.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula 01. Charles Darwin 17.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula 02. Gregor Mendel 17.01.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula 03. Carl Linneo 23.06.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula 01. Charles Darwin 23.06.2025 16:00-20:00 Grupo /CLE_01 Aula 02. Gregor Mendel