Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 17 Total: 38.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer as aplicacións industriais dos procesos de separación en Biotecnoloxía. Saber expor secuencias de separación. Coñecer equipamento principal e auxiliar (balance de planta, BoP). Coñecer os procedementos de dimensionamiento xerais e técnicas de escalado para bioseparacións de altos requisitos (sector biofarmacéutico). Manexar criterios de selección de separacións e equipos
1. Secuencias de acondicionamento, separación e purificación en procesos biotecnolóxicos.
2. Disrupción celular e recuperación de produtos.
3. Operacións unitarias: Operacións con membranas, cristalización, secado, liofilización, outras operacións unitarias de separación e purificación de produtos biotecnolóxicos.
Clases maxistrais. Presenciais.
Lección 1: Introdución ás operacións de bioseparación. Técnicas básicas de separación. Secuencias de separación. Desenvolvemento do diagrama de fluxo de separación e purificación: criterios. 4 horas.
Lección 2. Disrupción celular mecánica e non mecánica. Filtración. Sedimentación. Centrifugación. 3 horas.
Lección 3. Operacións de recuperación primarias e intermedias. Extracción. Sistemas acuosos de dúas fases. Evaporación. Liofilización. Parámetros de operación e dimensionamiento. Métodos de escalado para bioproductos. Equipos e selección. 4 horas
Lección 4. Operacións de purificación. Cristalización. Secado. Parámetros de operación e dimensionamiento. Métodos de escalado para bioproductos. Equipos e selección. 4 horas.
Lección 5. Operacións de separación adaptables como separación primaria, intermedia ou purificación: tecnoloxía de membranas. Parámetros de operación e dimensionamento. Métodos de escalado para bioproductos. Equipos e selección. 5 horas
Seminarios. Presenciais
Discusión de cuestionario sobre propiedades relevantes no deseño de secuencias de separación/purificación. 2 horas
Análise de exemplos. Fontes de información: publicacións, fabricantes subministradores, desenvolvedores de tecnoloxía. 2 horas Cálculos numéricos aplicados a separacións primarias. Discusión e decisión. 5 horas
Cálculos numéricos asociados a operacións de purificación. Discusión e decisión. 4 horas Supervisión e discusión do traballo tutelado. Obxectivos parciais. 3 horas
Presentación final e debate sobre o traballo tutelado. 1 hora
Titorías de soporte ao estudo. Individuais ou en grupo de estudo. Presenciais ou virtuais. Segundo petición do alumnado.
Bibliografía básica
Roger G. Harrison, , Paul W. Todd, , Scott R. Rudge, and Demetri P. Petrides. Bioseparations Science and Engineering. 2nd Ed. Oxford University Press, Incorporated, New York (2015). En liña. https://iacobus.usc.gal/permalink/34CISUG_USC/o7pcup/alma99101351125650…
Bibliografía complementaria
J.D. Seader, E.J. Henley, D.K. Roper; Separation Process Principles, 3ª Ed., John Wiley and Sons, New York (2011) Wankat P. C.. Enxeñaría de Procesos de Separación, 2ª Ed., Pearson Education, México 2008
Ocon, J. e Tojo G ,Problemas de Enxeñaría Qúímica,.. Aguilar de Edic., Madrid, (1968)
Bungay, P.M., Lonsdale, H.K. and Pinho, M.N.,Synthetic Membranes: Science, Engineering and Applications, Nato ASI Series, Dordrecht-Holanda
Coñecementos/contidos:
Con01, Con03.
Habilidades/destrezas: H/D01, H/D03, H/D11, H/D14.
Competencias: Comp04.
Clase maxistral. Presencial. Asistencia recomendable pero non obrigatoria.
Proporcionarase a información esencial estruturada, actualizada e contextualizada na contorna industrial biotecnológico, elaborada a partir de diversos libros de texto e documentación tecnolóxica e científica. Utilizarase como formato básico a presentación en PowerPoint apoiada en recursos multimedia para aclarar a mensaxe, incorporando, na medida do posible, información directa de produtores, fabricantes de equipos, subministradores e desenvolvedores de tecnoloxía.
Seminario. Presencial. Asistencia obrigatoria con control.
Nos seminarios realizaranse tres tipos de actividades: ordenar coñecementos de clases expositivas, resolver problemas de aplicación da teoría e realizar o seguimento dun traballo tutelado. Previamente a cada seminario facilitaráselle o plan de traballo ao alumnado.
Traballo tutelado. Presencial. Obrigatorio
Será un traballo en equipo, de libre elección polo equipo e dentro do contido da materia. Desenvolveranse coñecementos específicos tanto relacións con solucións comerciais como innovacións en desenvolvemento e avances científicos, técnicas de presentación e comunicación, procura de recursos, avaliación crítica de información. Desenvolverase ao longo de todo o semestre.
O alumnado entregará os resultados dos seminarios (cálculos numéricos e borradores do traballo tutelado) a través do Campus Virtual para a súa avaliación.
Presentación en aula. Presencial. Obrigatorio.
Soporte ao alumnado en titorías personalizadas segundo a súa petición (individuais ou en grupo de estudo). Recomendables, pero non obrigatorias. Presencial e virtual (MSTEAMS) a petición do alumnado e co obxectivo evitar desprazamentos innecesarios e unha mellor xestión do tempo
Avaliación continua: 50 % Exame: 50 %
Avaliación continua. Obrigatoria. Non é recuperable en segunda oportunidade.
-Asistencia a seminarios. Obrigatoria. 10 %. H/D03.
-Resultados entregables de seminarios. Obrigatoria. 20 %. H/D01. H/D14
-Presentación e defensa do traballo tutelado. Obrigatorio. 20 %. Comp04 Exame. obrigatorio
-Cuestións teórico prácticas: 25%. Con01. Con03.
-Exercicios: 25%. H/D11
Avaliación de segunda oportunidade.
-Conservarase a nota de avaliación continua
-O exame terá o mesmo peso e formato que en primeira oportunidade.
O alumnado deberá estimar aproximadamente 1,5 horas de estudo por cada hora expositiva e 2 horas por cada hora de seminario, semanalmente, para levar a materia ao día.
Levar a materia ao día. Asistir ás clases expositivas. Apoiarse na bibliografía.
Ter superadas as materias previas da área de enxeñaría.
Utilizarase a Aula Virtual Moodle e o caderno-e da conta institucional como repositorio e para xestionar os entregables.
A comunicación co alumnado realizásese a través do servizo de mensaxes do Campus Virtual para que quede rexistrada. Non se admitirá ningunha comunicación por correo-e.
Non se admitirán entregas de material avaliable a través do correo-e
Habilitarase unha aula en MSTEAMS exclusivamente para soporte en tutorías, para o alumnado que solicite esta opción.
Aplicarase a NORMATIVA DE PLAXIO da USC.
Maria Isabel Vidal Tato
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816798
- Correo electrónico
- isabel.vidal.tato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07. Konrad Lorenz |
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula Seminario 1. Edward Osborne Wilson |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07. Konrad Lorenz |
20.12.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12.Vasili Dokucháyev |
17.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |