Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de docencia Castelán (25%), Galego (74%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía, Parasitoloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Describir a patoxenicidade e identificar a interacción hóspede-patóxeno.
- Describir os métodos convencionais no estudo dos factores de virulencia e uso de modelos animais.
- Identificar moléculas e xenes que se poidan empregar como biomarcadores na prevención, diagnóstico e seguimento de enfermidades, así como aquelas moléculas e/ou xenes que poderían ser dianas moleculares con potencial terapéutico e/ou sensibles á regulación nutricional.
- Enumerar as aplicacións da biotecnoloxía nas ciencias veterinarias.
- Saber obter e procesar mostras para estudos citolóxicos, histolóxicos, inmunohistoquímicos e ultraestruturais e saber interpretar os resultados.
- Saber facer un diagnóstico por PCR.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
BLOQUE 1: Interacción hóspede-patóxeno (5h).
- Tipos de asociacións entre microorganismos e hóspede. Presión selectiva e evolución das bacterias patóxenas no hóspede.
- Dispoñibilidade de nutrientes no hóspede. Adaptacións do metabolismo microbiano.
- Estratexias de adquisición de ferro polas bacterias patóxenas.
BLOQUE 2: Mecanismos de patoxenicidade (5h)
- O proceso de adhesión e colonización. Relacións cooperativas e competitivas entre as bacterias.
- Principais factores de virulencia bacterianos.
- Estratexias para o estudo e caracterización funcional dos factores de virulencia. Deseño de procedementos en experimentación animal.
BLOQUE 3: Aplicacións da biotecnoloxía no control e diagnóstico de enfermidades bacterianas. (5h)
- Enfermidades veterinarias de declaración obrigatoria. Deseño de métodos de diagnóstico.
- Prevención de enfermidades animais. Deseño de vacinas de uso veterinario.
- Deseño de novos antimicrobianos. Vectorización de compostos.
BLOQUE 4: parasitoloxía veterinaria. Control e diagnóstico (5h)
- Parasitoloxía: o parasitismo como asociación biolóxica. Ciclos biolóxicos. Tipos de parasitos e hóspedes.
- Enfermidade parasitaria I: interaccións parasito-hóspede. Epidemioloxía parasitaria. Zoonose.
- Enfermidade parasitaria II: resposta inmune contra diferentes grupos de parasitos. Mecanismos de patoxenicidade. Factores de virulencia. Evasión da resposta inmune do hóspede.
- Diagnóstico parasitolóxico: métodos de detección directa: feces, análises hematolóxicas e outros. Métodos de detección indirecta: análises inmunolóxicas e moleculares.
- Loita contra a parasitose: quimioterapia. Inmunoprofilaxe: tipos de vacinas. Selección xenética e control biolóxico.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS.
As prácticas terán unha duración de 12 horas e impartiranse en días consecutivos a razón de 3 horas diarias.
Práctica 1: Procesamento de mostras, illamento de patóxenos bacterianos e diagnóstico molecular (PCR).
Práctica 2. Detección funcional e molecular de factores de virulencia.
Práctica 3. Metodoloxía de preparación dunha autovacina para uso veterinario.
Práctica 4 (Parasitoloxía). Diagnóstico directo: identificación de parásitos en mostras biolóxicas.
Práctica 5 (Parasitoloxía). Diagnóstico indirecto: diagnóstico de parasitoses por inmunocromatografía.
SEMINARIOS (5 horas)
Poderán realizarse diferentes modalidades de Seminarios. Nuns casos, o profesor facilitará ao alumnado a través da aula virtual o enunciado/plantexamento dun ou varios casos a resolver, e/ou traballos de investigación/divulgación relacionados coa materia. Cada alumno traballará, individualmente ou ben en grupos organizados polo profesor, para analizar os casos e/ou traballos de investigación. Noutros casos poderán tratarse temáticas de actualidade de interese para o alumnado. Propóñense como exemplos, seminarios de redacción de procedementos de experimentación animal e de patentes; Procedementos experimentais para a aprobación de vacinas de uso veterinario; Procesamento de mostras para estudos citolóxicos, histolóxicos, inmunohistoquímicos e ultraestruturais. Interpretación de resultados.
TITORÍAS
Resolveranse preguntas sobre o contido e sobre o desenvolvemento da materia relacionadas tanto coas clases expositivas como coas clases interactivas (1,5 horas)
BÁSICA
Microbiología Esencial (2019). Martín, A., V. Béjar, J.C. Gutiérrez, M. Llagostera y E. Quesada. Médica-Panamericana
Virulence Mechanism of Bacterial Pathogens, 5tn Edition (2016). Indira T. Kudva, Nancy A. Cornick, Paul J. Plummer, Qijing Zhang, Tracy L. Nicholson, John P. Bannantine, Bryan H. Bellaire. Wiley-Blackwell.
Veterinary Vaccines: Principles and Applications (2021). Samia Metwally, Gerrit Viljoen, Ahmed El Idrissi. Wiley-Blackwell.
M. A. Taylor, R. L. Coop, Richard L. Wall. (2015). Veterinary Parasitology, 4th Edition. Wiley-Blackwell 1032 Pages
Anne M. Zajac, Gary A. Conboy, Susan E. Little, Mason V. Reichard (2021) Veterinary Clinical Parasitology, 9th Edition. Wiley-Blackwell 432 Pages
RECURSOS COMPLEMENTARIOS
Ministerio de agricultura, pesca y alimentación (Sanidad animal)
https://www.mapa.gob.es/es/ganaderia/temas/sanidad-animal-higiene-ganad…
Organización mundial de sanidad animal
https://www.oie.int/es/inicio/
European Centre for Disease Prevention and Control
https://www.ecdc.europa.eu/en
BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e normalmente atópase nun nivel que, aínda que está apoiado por libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos procedente da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de xeito profesional e posúan as competencias que normalmente se demostran mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre cuestións sociais, científicas ou éticas relevantes.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a públicos especializados e non especializados.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para realizar estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
XERAIS
CG1 - Coñecer os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da biotecnoloxía.
CG2 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos na formulación de problemas e na busca de solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG3 - Saber obter e interpretar información e resultados relevantes e obter conclusións sobre cuestións relacionadas coa biotecnoloxía.
CG4 - Ser capaz de transmitir información por escrito e oralmente e debater ideas, problemas e solucións relacionadas coa biotecnoloxía ante un público xeral ou especializado.
CG5 - Estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en biotecnoloxía e adquirir a capacidade de traballar en equipo.
TRANSVERSAIS
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información de varias fontes.
CT4 - Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 - Traballar en equipo.
CT6 - Razoar de xeito crítico.
CT7 - Manter un compromiso ético.
CT9 - Liderado e xestión de equipos.
ESPECÍFICA
CE9- Saber identificar os distintos tipos de virus, microorganismos e tecidos animais e vexetais, comprender o seu desenvolvemento, organización e fisioloxía e coñecer a súa aplicación no campo da biotecnoloxía.
- Clases expositivas: clases presenciais na aula (2 horas semanais ao longo do primeiro semestre).
- Seminarios: 5 seminarios presenciais de 1 hora. O alumnado nalgúns casos traballará sobre casos a resolver e/ou artigos de investigación/divulgación facilitados con antelación polo profesor. Nalgúns casos o alumnado poderá ter que presentar os resultados do traballo, ben de maneira expositiva na aula, ben mediante entregas na aula virtual, ou combinación de ambos sistemas. Noutros casos o profesorado expoñerá coñecementos sobre temáticas de interese relacionadas coa materia dun xeito interactivo co alumnado.
- Prácticas de laboratorio: as prácticas de cada grupo (12 horas) realizaranse presencialmente durante unha semana de luns a xoves. A asistencia será obrigatoria para aprobar a materia.
- Titorías: Poderanse facer de xeito presencial ou non presencial acordadas co profesorado. En calquera momento do curso as preguntas individuais poderán resolverse a través da Aula Virtual mediante o foro de discusión. O uso de titorías será voluntario.
Exame final:
Actividade Obrigatoria avaliable. O alumnado debe superar un exame, presencial, dos contidos explicados nas clases expositivas que representará o 70 % da nota final. O aprobado desta parte está en 4,5 sobre 10. É necesario acadar un 4,5 neste exame para poder sumar a nota da avaliación contínua. (Neste exame final poderase incluír unha sección aparte con preguntas sobre seminarios, ou das prácticas, de ser o caso). Avaliaranse a adquisición das habilidades xerais CG1, CG2 e CG4, as habilidades transversais CT2, CT4 e as habilidades específicas CE9.
Avaliación contínua, que constará da avaliación das clases Interactivas:
- PRÁCTICAS.
A asistencia presencial a todas as prácticas será obrigatoria e será un requisito para poder realizar o exame final das clases expositivas. Os estudantes realizarán un exame sobre os fundamentos, metodoloxía e resultados obtidos nas prácticas. Avaliarase a adquisición das habilidades transversais CT2, CT4, CT6, CT7 e CT9 e as competencias específicas CE9. A nota deste exame de prácticas representará o 15% da nota final.
- SEMINARIOS.
Os seguintes conceptos serán obxecto de avaliación: a) a participación do alumno na aula, b) as respostas ás preguntas que se poidan plantexar na aula ou "en liña" a través da Aula Virtual, ou na sección correspondente no exame final, de ser o caso. C) os entregables, de ser o caso. Valoraranse as mesmas competencias que no caso de Teoría. O peso dos Seminarios na nota final será do 15%. Se non se asiste a algún Seminario, perderáse a nota proporcional na avaliación.
NOTA: é necesario obter unha nota mínima de 4,5 no Exame Final na parte de clases expositivas, para poder sumar a nota da avaliación contínua de Interactivas de laboratorio e de Interactivas de Seminario.
ALUMNOS REPETIDORES
-O alumnado repetidor non terá que facer as prácticas se xa se realizaron (e se se aprobou o exame de prácticas) nos anos anteriores. O alumnado pode repetir as prácticas se así o considera, e poderá facer os exames de
prácticas, tendo en conta que isto pode implicar superar ou baixar a nota que tiña previamente
Materia de 4,5 créditos ECTS x 25 horas = 112,5 horas
Horas presenciais 40,5:
- Clases expositivas: 20 horas
- Clases prácticas: 12 horas
- Seminarios: 5 horas
- Titorías en grupo: 1
- Titoría individual: 0,5
- Exame: 2 horas
Traballo persoal do alumno 72 horas:
- Titorías individualizadas: 0,75 horas
- Estudo individual: 40 horas (aprox. 4 horas semanais)
- Preparación do traballo e lecturas recomendadas: 29,25 horas
- Asistencia a congresos e outras actividades: 2 horas
-Estudo comprensivo e non memorístico, relacionando os contidos da materia con aqueles de materias afíns.
-Asistencia regular a clase e participación activa nas clases teóricas e seminarios.
-Segui-las recomendacións do profesor que poidan ir xurdindo ao longo do curso.
* Toda a información relacionada co contido das clases teóricas, prácticas e seminarios estará a disposición dos alumnos na Aula Virtual.
* No caso das titorías, utilizarase preferentemente o foro de debate da aula virtual para resolver dúbidas sobre a materia. As titorías individuais pódense realizar tanto en persoa como por Microsoft temas.
* Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de evaluación de rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de calificaciones”.
Jose Manuel Leiro Vidal
- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Parasitoloxía
- Teléfono
- 881814893
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Rodriguez Osorio
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816050
- Correo electrónico
- cr.osorio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Martes | ||
|---|---|---|
| 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07. Konrad Lorenz |
| 11.01.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| 18.06.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL | Castelán |
| RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL | Castelán |
| RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL | Castelán |
| RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL | Castelán |
| RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL | Castelán |
| RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL | Castelán |
| RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL | Castelán |
| RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL | Castelán |
| RODRIGUEZ OSORIO, CARLOS | Galego |