Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (43%), Galego (56%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Fisioloxía Vexetal
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo da materia é que os alumnos adquiran as seguintes habilidades:
- Distinguir a diversidade vexetal e o ciclo de vida das plantas.
- Aplicar coñecementos sobre o papel das paredes e membranas e os mecanismos de transporte do xilema e do floema.
- Describir os procesos de fotosíntese e fotorrespiración.
- Identificar as bases da nutrición mineral e do metabolismo secundario.
- Enumerar as fitohormonas e aplicar ese coñecemento sobre o seu papel na regulación das diferentes etapas do desenvolvemento.
- Identificar a fotomorfoxénese e as respostas ao estrés biótico e abiótico.
CLASES EXPOSITIVAS:
1. Plantas: Diversidade e introdución á xenética funcional, 1 h.
2. Transporte: Potencial hídrico e químico e transporte de membranas, 1.5 h.
3. Auga: captación en raíces, transporte no xilema e regulación de estomas, 2h.
4. Luz: Cadea de transporte de electróns e antenas 2h.
5. Adaptación: Calidade e intensidade da luz, 2h.
6. Rubisco: Fotosíntese e fotorrespiración, 2 h.
7. C4 e CAM: Fotosínteses alternativas, 1.5 h
8. Azucres: Síntese de sacarosa e amidón e transporte no floema, 1.5 h
9. Nutrientes: Captación e distribución, toxicidade e simbiose, 2h
10. Síntese: Aminoácidos, Polisacáridos de parede, Lípidos e Metabolitos secundarios, 1.5 h
11. Mensaxeiros: Hormonas e péptidos, 3 h.
12. Receptores: Fotorreceptores, mecanorreceptores e quimiorreceptores, 3 h.
13. Desenvolvemento: Xerminación, crecemento, floración e frutificación, 2 h.
14. Estrés: Estrés biótico e abiótico, 2 h
LABORATORIO:
O alumnado traballará 10 horas no laboratorio nas que se realizarán as seguintes actividades:
1. Fotosíntese en cloroplastos illados
2. Papel da xiberelina na xerminación.
3. Actividade nitrato redutasa.
4. Papel dos fotorreceptores no desenvolvemento de plántulas.
5. Análise de resultados.
SEMINARIOS:
Interpretación e debate de resultados experimentais relacionados cos contidos teóricos da materia.
TUTORIAIS:
Resolución de dúbidas e revisión de exercicios.
BÁSICA
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2015. Plant Physiology and Development. 6th ed. Sunderland, MA: Sinauer Associates.
Buchanan, B., Gruissem, W. and Jones, R. eds., 2015. Biochemistry & Molecular Biology of Plants. 2nd ed. Hoboken: Wiley-Blackwell.
Teaching Tools in plant Biology. http://www.plantcell.org/content/teaching-tools-plant-biology
COMPLEMENTARIA
Jones, R., Ougham, H., Thomas, H. and Waaland, S., 2012. The Molecular Life of Plants. Chichester: Wiley-Blackwell.
Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R. and Amey, A., 2010. Plant Biology. New York: Garland Science.
Taiz, L., Zeiger, E., Moller I. M. and Murphy, A. eds., 2018. Fundamentals of plant physiology. Sinauer Associates - Oxford University Press
Nesta materia o alumnado traballará en particular as seguintes competencias:
BÁSICAS E XERAIS
As que figuran na memoria do Grao
TRANSVERSAIS
CT1 - Pensar de forma integrada e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3 -Organizar e planificar o seu traballo.
CT4 -Interpretar resultados experimentais e identificar elementos consistentes e inconsistentes.
CT5 -Traballar en equipo.
CT6 - Razoar criticamente.
CT7 - Manter un compromiso ético.
CT8 -Adaptación a novas situacións ( resiliencia).
ESPECÍFICAS
CE3- Coñecer e saber aplicar as técnicas instrumentais e os protocolos de traballo nun laboratorio, aplicando as normativas e técnicas relacionadas coa seguridade e a hixiene, a xestión de residuos e a calidade.
CE4- Ter unha visión integrada do funcionamento das células, incluíndo as súas biomoléculas, metabolismo, expresión xénica, relación entre compartimentos celulares, así como os mecanismos de comunicación e sinalización celular.
As clases expositivas impartiranse en 27 sesións dunha hora, cunha periodicidade de 2 horas semanais durante o segundo cuadrimestre do curso académico. Nelas explicaranse os aspectos básicos dos temas que compoñen o programa da materia. Competencias traballadas: CG1, CG2, CG3, CB1, CB2, CB3, CT1, CT2, CT4, CT6, CE4.
As clases interactivas de seminario impartiranse en grupos reducidos durante 12 sesións. Nestas clases o alumnado deberá resolver en común problemas consistentes en interpretar resultados experimentais relacionados co temario. Competencias traballadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT4, CT5, CT6, CE4.
As prácticas de laboratorio desenvolveranse en 10 horas distribuídas en 5 sesións. A asistencia comprobarase mediante listaxes de participación. O alumnado deberá preparar un informe que incluirá a análise e discusión dos resultados. Competencias traballadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CE3.
Ao longo do curso realizaranse 2 sesións de titorías de 60 minutos en grupos moi reducidos nas que se revisarán e discutirán os resultados da avaliación continua. Competencias traballadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CE3, CE4.
ACTIVIDADES OBLIGATORIAS NON EVALUABLES:
Será necesario asistir a un mínimo de 4 sesións prácticas para presentar o informe de prácticas.
ACTIVIDADES OBLIGATORIAS EVALUABLES:
- Informe de prácticas (25% da nota final). Competencias avaliadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT8, CE3
Será necesario presentar un informe de prácticas e obter unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder facer o exame final. No caso de obter un 5 e suspender a materia non será necesario repetir as prácticas e manterase a nota do informe nos dous cursos seguintes. De xeito voluntario, o alumnado repetidor poderá presentar un novo informe se asisten á última sesión de prácticas. Considerarase que non se presentou a efectos de avaliación ao estudante que non entrega o informe de prácticas.
- Exame final (55% da nota final). Competencias avaliadas: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT4, CT6, CE4.
O exame final consistirá na resolución de problemas similares aos que se verán nos seminarios e prácticas. Durante o exame final poderanse consultar as notas de clase.
ACTIVIDADES EVALUABLES NON OBLIGATORIAS:
- Cuestionarios de avaliación continua (10% da cualificación final). Competencias avaliadas: CG1, CG2, CG3, CG5, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CT1, CT2, CT4, CT6, CE4.
Realizaranse durante os seminarios. No caso de repetidores a nota dos cuestionarios só terase en conta se mellora a cualificación final.
- Exame parcial non liberatorio (10% da nota final). Competencias avaliadas: igual que no exame final.
O exame parcial será semellante ao exame final e pretende familiarizar aos estudantes con este tipo de probas.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
- Clases expositivas: 27 horas
- Clases interactivas de seminario: 12 horas
- Clases prácticas de laboratorio: 10 horas
- Titorías en pequenos grupos: 2 horas
- Exame final: 3 horas
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDIANTE:
- Estudo individual e realización do informe de prácticas: 96 horas
TOTAL HORAS DE TRABALLO: 150 HORAS
- Aconséllase o estudo da materia durante todo o curso.
- É moi recomendable participar activamente nas sesións de seminario xa que os exercicios que se realizarán serán moi similares aos dos exames parciais e finais.
- É importante organizar as notas para que poidan ser consuladas de xeito eficiente durante os seminarios e os exames.
O material da materia estará dispoñible na aula virtual, así como os anuncios sobre a materia. Utilizarase un grupo de Teams para compartir os resultados das prácticas.
Javier Sampedro Jiménez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Teléfono
- 881813113
- Correo electrónico
- javier.sampedro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Yolanda Ferradas Rial
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Fisioloxía Vexetal
- Correo electrónico
- yolanda.ferradas.rial [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Luns | ||
|---|---|---|
| 17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| Martes | ||
| 17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| Xoves | ||
| 16:00-17:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08. Louis Pasteur |
| Venres | ||
| 16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| 24.05.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| 04.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER | Castelán |
| FERRADAS RIAL, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERRADAS RIAL, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERRADAS RIAL, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERRADAS RIAL, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER | Castelán |
| FERRADAS RIAL, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER | Castelán |
| FERRADAS RIAL, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER | Castelán |
| FERRADAS RIAL, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER | Castelán |
| FERRADAS RIAL, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER | Castelán |
| FERRADAS RIAL, YOLANDA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SAMPEDRO JIMÉNEZ, JAVIER | Castelán |
| FERRADAS RIAL, YOLANDA | Galego |