Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (77%), Galego (22%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Céntranse na aprendizaxe de dous conceptos básicos, como son o transporte de fluídos e a transmisión de calor, para o deseño e estudo de sistemas de produción industrial de calquera produto biotecnolóxico resultante de estudos previos de laboratorio e planta piloto. Inclúe os seguintes ítems:
- Resolver os principais problemas asociados ao transporte e impulsión de fluídos.
- Identificar e modificar as características de deseño para o fluxo de fluídos.
- Distinguir e enumerar os diferentes mecanismos de transmisión de calor.
- Resolver as ecuacións básicas para a transmisión de calor.
- Identificar os elementos esenciais nos equipos de intercambio de calor.
- Aplicar a operación básica de evaporación a procesos biotecnolóxicos.
Os contidos, explicitados na memoria do Título de Grao en Biotecnoloxía, inclúense nos bloques seguintes:
1) Transporte de Fluídos (15h)
- Conceptos e ecuacións básicas do fluxo de fluídos. Balance de enerxía mecánica.
- Fluxo de fluídos incompresibles e compresibles.
- Instrumentación: medidores e sistemas de control.
- Equipos para o fluxo de fluídos: válvulas, bombas e compresores.
- Operacións de separación: sedimentación e filtración.
2) Transmisión de calor (12h)
- Mecanismos de transmisión de calor. Condución. Convección.
- Intercambiadores de calor: Coeficiente global de transmisión de calor e deseño básico.
- Evaporación: efecto sinxelo e efecto múltiple.
Seminarios (6h)
- Resolución de problemas de transporte de fluídos e transmisión de calor.
Laboratorios (15h)
- Prácticas en unidades piloto de transporte de fluídos e transmisión de calor
PRÁCTICAS DE TRANSPORTE DE FLUIDOS
1. Planta de Fluídos; 2. Ensaio de válvulas para líquidos; 3. Estudio de bombas centrífugas;
4. Estudio dunha bomba e os seus compoñentes
PRÁCTICAS DE TRANSMISIÓN DE CALOR
5. Illamento térmico; 6. Estudio dun cambiador de calor (I): Dobre tubo e placas planas; 7. Estudio dun cambiador de calor (II): Dobre tubo, carcasa e tubos, placas planas
Ditos contidos se estruturan nos seguintes temas (clases expositivas e interactivas de seminario (27 h + 6 h)):
Tema 1.- Introdución ao transporte de fluidos. Tipos de fluidos. Mecánica de fluidos. Balances de enerxía: Ecuacións xerais e de enerxía mecánica
Tema 2.- Fluxo interno de fluídos incompresibles.
Balances. Perdidas de carga: factor de fricción. Perdidas menores. Potencia de bombeo. Problemas máis frecuentes. Fluxo de fluídos no newtonianos.
Tema 3.- Outros sistemas de fluxo de fluídos. Fluídos compresibles: balances. Gases ideais e gases reais. Fluxo bifásico gas-líquido.
Tema 4.- Equipos para el transporte fluídos. Fluídos incompresibles: bombas. Fluídos compresibles: ventiladores, soprantes e compresores
Tema 5.- Instrumentación de medida e regulación del fluxo de fluídos
Medidores de presión, velocidade e caudal. Válvulas de control.
Tema 6.- Mecanismos de transmisión de calor: conducción, convección y radiación. Coeficientes individuais e coeficiente global de transmisión de calor
Tema 7.- Intercambiadores de calor. Tipos de IC. Resistencias á transferencia de calor. Balance de enerxía en un IC.
Tema 8.- Operación de post-tratamiento (downstream) en procesos biotecnolóxicos. Operacións de separación baseadas en fluxo externo: sedimentación e filtración. Evaporadores: efecto único e efecto múltiple.
Bibliografía básica:
Calleja Pardo, G., ed. 2016. Nueva introducción a la Ingeniería Química [en liña]. Madrid: Síntesis. Dispoñible en: https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-9219
Bibliografía complementaria
Costa López, J. et al. 2002. Curso de ingeniería química: introducción a los procesos, las operaciones unitarias y los fenómenos de transporte. Barcelona: Reverté.
Díaz M. 2012. Ingeniería de Bioprocesos. Madrid: Paraninfo.
Incropera, F.P. et al. 2007. Introduction to Heat Transfer. Hoboken: Wiley.
Mott, R.L., Untener, J.A. 2015. Mecánica de fluidos [en liña]. 7ª ed. México: Pearson. Dispoñible en: https://bookshelf.vitalsource.com/#/search?q=9786073232883&context_toke…
Competencias Xerais (CG) e Competencias Básicas (CB)
Son as que figuran na memoria do grao
Competencias Transversais ( CT)
CT2 - Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de diversas fontes.
CT3 - Organizar e planificar o seu traballo.
CT5 - Traballar en equipo.
CT6 - Razoar críticamente
CT8 - Adaptación a novas situacións ( resiliencia).
Competencias Específicas (CE)
CE1 - Saber facer cálculos, analizar datos e interpretar resultados experimentais propios dos ámbitos de Biotecnoloxía.
CE7 - Ter coñecementos sobre balances e transferencias de materia e enerxía, termodinámica aplicada e operacións de separación, así como saber aplicalos á resolución de problemas de Enxeñería.
A metodoloxía aplicada consistirá en clases expositivas con soporte audiovisual, onde se desenvolverán os contidos teóricos conxuntamente coa resolución na aula de problemas tipo. Ademais entregaranse previamente relacións de problemas dos distintos temas para a resolución por parte do alumnado, cuxas dúbidas se revisarán e resolverán nas sesións de seminario.
Promoverase a utilización de follas Excel para resolución dalgúns problemas.
Farase uso do Campus Virtual (Moodle) como ferramenta principal de comunicación co alumnado ofrecéndolles información sobre a programación docente e as probas de avaliación ao longo de todo o curso, poñendo a súa disposición diversos materiais de apoio para o estudio dos temas.
A materia impartirase seguindo a secuencia indicada no programa. Non existirá unha separación estrita entre as clases de teoría, problemas e seminarios que se irán alternando en función do contido de cada tema.
Para as sesións de Prácticas utilizaranse os equipos dispoñibles no Laboratorio de Fluídos e Calor da ETSE, previa autorización da dirección do devandito centro.
Nas titorías grupais desenrolaránse breves traballos e presentacións en parellas relacionados coa aplicación directa dos equipos de impulsión de fluidos e os intercambiadores de calor no ámbito da biotecnoloxía, así como coa relevancia das operacións de post-tratamento (downstream) en procesos biotecnolóxicos. .
A continuación indicanse as competencias a desenrollar en cada actividade:
Expositivas: CG1; CT6, CT8; CE7
Interactivas (Seminarios): CG2 CB1, CB2; CT2; CE7
Interactivas (Laboratorio):CG2, CG3, CG4, CG5; CB2, CB3; CT2, CT3, CT5; CE1
Titorías grupais: CG3, CG4; CB4, CB5; CT2, CT5; CT8; CE7
Efectuarase un seguimento continuo da aprendizaxe, mediante a realización de diferentes actividades, traballos ou resolución de problemas. Como resultado, a cualificación final obterase en función de ditas probas tal e como se detalla a continuación:
# Realización dunha ou varias probas curtas de control a medida que se avanza nos sucesivos temas cun valor no seu conxunto de ata o 20% da nota final.
# Memoria das prácticas de laboratorio que terá un valor de ata o 20% na nota final
# Titorías grupais ata o 10% da nota final
# Exame final que incluirá todos os contidos impartidos na materia, con cuestións teóricas e resolución de problemas cuxo valor será ata o 50% da nota final.
Son consideradas actividades obrigatorias as prácticas de laboratorio e o exame final. O alumnado que non teña realizado algunha destas actividades terá a consideración de NON PRESENTADO. Ademáis, non poderá superar a materia a persoa que falte máis de 3 h ás sesiones experimentais, sendo importante a xustificación das ausencias.
Antes da realización do exame final, o alumnado coñecera a nota obtida na avaliación continua. Será necesaria una cualificación mínima de 3 puntos sobre 10 no exame final para poder incorporala avaliación continua, cuxa nota se mantén para a segunda oportunidade.
Excepcionalmente será gardada a cualificación das prácticas de laboratorio para o curso seguinte, sempre e cando o/a alumno/a así o solicite durante la primeira semana de clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión das cualificacións.
Na seguinte taboa se indican as competencias que se avalian en cada proba:
C. Xerais C. Básicas C. Transversais C. Específicas
Proba de control CG1, CG2 CB1, CB2 CT2, CT6, CT8 CE7
Memorias de Laboratorio CG2, CG3, CG4, CG5 CB2, CB3 CT2, CT3, CT5 CE1
Traballo e titoría grupal CG3, CG4 CB4, CB5 CT2, CT5, CT8 CE7
Examen final CG4, CG5 CB1, CB4, CB5 CT3, CT6 CE7
Estímase un total de 150 horas (6 créditos ECTS) coas horas previstas indicadas para cada actividade que se indican na seguinte táboa:
ACTIVIDADE FORMATIVA Presencial ( h) Traballo Persoal ( h)
Clases Expositivas 27 40
Clases Interactivas Seminario 6 12
Clases Interactivas Laboratorio 15 15
Titorías en grupo 2 8
Titorías Individualizadas 1 1
Exame e revisión 3 20
Total 54 96
Importante seguir a materia día a día, xa que os temas están moi encadeados e de non facelo córrese o risco de perder rapidamente o fío condutor.
Deben resolverse os problemas persoalmente para ter destreza e rapidez para a súa solución.
Simplemente ver cómo se resolven na lousa non adoita levar a unha aprendizaxe eficaz.
Recoméndase facer uso das titorías individuais cos profesores para resolver as dúbidas que vaian aparecendo
A materia se impartirá en castelán/galego.
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que podes acceder do seguinte xeito:
1. Accede á túa intranet. // 2. Entra en Documentación/Seguridade/Formación. // 3. Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais.
Información adicional sobre cuestiones relacionadas con la organización docente e investigadora del Departamento de Enxeñaría Química en la siguiente página web: https://www.usc.gal/gl/departamento/enxenaria-quimica
Ana Maria Soto Campos
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816760
- Correo electrónico
- ana.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jorge Sineiro Torres
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816803
- Correo electrónico
- jorge.sineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Almudena Hospido Quintana
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816797
- Correo electrónico
- almudena.hospido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alberte Regueira Lopez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- alberte.regueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Carlota Vijande Álvarez De Linera
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- carlota.alvarezdelinera [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
| Martes | ||
|---|---|---|
| 16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| Xoves | ||
| 16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| 17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08. Louis Pasteur |
| 24.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04: James Watson e Francis Crick |
| 24.01.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |
| 18.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 03. Carl Linneo |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOTO CAMPOS, ANA MARIA | Castelán |
| Vijande Álvarez de Linera, Carlota | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SINEIRO TORRES, JORGE | Castelán |
| Vijande Álvarez de Linera, Carlota | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Vijande Álvarez de Linera, Carlota | Castelán |
| REGUEIRA LOPEZ, ALBERTE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| HOSPIDO QUINTANA, ALMUDENA | Castelán |