Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Zooloxía, Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecemento das características biolóxicas das especies cazables e das susceptibles de aproveitamento pesqueiro.
- Aprendizaxe da observación, estudo en man e avaliación das poboacións de aves e mamíferos cinexéticos, así como das de peixes de auga doce.
- Coñecemento dos factores limitantes para as especies tratadas e do manexo das características do hábitat para a mellora das súas poboacións.
- Coñecemento dos fundamentos da estrutura e do funcionamento dos ecosistemas de auga doce.
- Coñecemento das características da auga e da metodoloxía utilizada nos cultivos piscícolas de auga doce máis habituais en España.
- Dotar ao alumno dos coñecementos necesarios para elaborar, redactar e executar proxectos e plans técnicos en materia de ordenación piscícola e de ordenación cinexética.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Particularidades biolóxicas e problemática das poboacións ibéricas da fauna cinexética e piscícola. Caracterización, avaliación e seguimento das poboacións cinexéticas e piscícolas. Plans de aproveitamentos cinexéticos e piscícolas. Melloras do hábitat cinexético e do hábitat piscícola. Cría intensiva de especies cinexéticas. Repoboacións. Acuicultura continental.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo có seguinte temario:
PARTE I: BIOLOXÍA E XESTIÓN DAS POBOACIÓNS CINEXÉTICAS
Tema 1. A caza como actividade humana. Introdución xeral á materia. (Horas Presenciais: 1 h + Horas de Traballo Persoal: 3 h)
Tema 2. Aves cinexéticas ibéricas: identificación, bioloxía e caza. (HP: 3 h + HTP: 4 h)
Tema 3. Identificación, bioloxía e caza de lagomorfos, carnívoros e súidos. (HP: 2 h + HTP: 4 h)
Tema 4. Identificación, bioloxía e caza dos ungulados presentes na Península Ibérica (cérvidos e bóvidos). (HP: 2 h + HTP: 4 h)
Tema 5. O Plan de Ordenación Cinexética e o exercicio da caza. (HP: 0´5 h + HTP: 2 h)
Tema 6. Melloras do hábitat para especies de caza maior e para especies de caza menor. (HP: 0´5 h + HTP: 2 h)
Tema 7. Formas de cazar: caza con armas, caza ó voo, caza con trampas e caza á carreira. (HP: 0´5 h + HTP: 1 h)
Tema 8. Censos cinexéticos. Métodos de censo, planificación e execución. (HP: 1´5 h + HTP: 3 h)
Tema 9. Dinámica de poboacións de caza maior. Estimación do cupo de capturas. Extracción por caza selectiva, descaste e por caza de trofeo. (HP: 2´5 h + HTP: 5 h)
Tema 10. Dinámica de poboacións de caza menor. Determinación do cupo de capturas. Distribución do cupo. (HP: 2´5 h + HTP: 5 h)
Tema 11. Repoboacións cinexéticas. Soltas e repoboacións de caza menor. (HP: 2h + HTP: 3h)
PARTE II: BIOLOXÍA E XESTIÓN DAS POBOACIÓNS ÍCTICAS E ACUICULTURA
Tema 12. A pesca e o hábitat doceacuícola. Introdución xeral á actividade pesqueira e á acuicultura. (HP: 2h + HTP: 3h)
Tema 13. Os peixes: reprodución, alimentación, migracións no medio natural e avaliación das súas poboacións. (HP: 2h + HTP: 3h)
Tema 14. Recoñecemento e distribución dos peixes de auga doce ibéricos. (HP: 2h + HTP: 3h)
Tema 15. Bioloxía e dinámica poboacional dos salmónidos autóctonos ibéricos. (HP: 1h + HTP: 3h)
Tema 16. Introdución á acuicultura. Modalidades, procedementos e fases nos cultivos acuícolas. (HP: 1h + HTP: 3h)
Tema 17. O cultivo de salmónidos e doutras especies doceacuícolas de interese. (HP: 1h + HTP: 3h)
Tema 18. O Plan de Ordenación Piscícola e os Plans Técnicos: xustificación e contidos. (HP: 3 h + HTP: 6´5 h)
Tema 19. Morfoloxía e dinámica fluvial. (HP: 2h + HTP: 4´5 h)
Tema 20. Inventario de poboacións de peixes. Planificación do inventario. Técnicas de inventario cualitativo. (HP: 1h + HTP: 2 h)
Tema 21. Proceso de datos do inventario e modelización. (HP: 2h + HTP: 4´5 h)
Tema 22. Os peixes migratorios e a libre circulación. (HP: 1h + HTP: 2 h)
PRÁCTICAS
Práctica 1.- Recoñecemento e identificación de sexo e idade en aves cinexéticas ibéricas.
Práctica 2.- Recoñecemento e identificación de sexo e idade en mamíferos cinexéticos ibéricos e valoración de trofeos.
Práctica 3.- Identificación de invertebrados e elaboración de índices de calidade ambiental en ríos.
Práctica 4.- Recoñecemento de especies de peixes de auga doce ibéricas.
SEMINARIOS
Seminario 1.- Resolución de problemas numéricos e supostos prácticos sobre xestión cinexética.
Seminario 2.- Resolución de problemas numéricos e supostos prácticos sobre xestión piscícola.
Bibliografía básica
BIOLOXÍA E XESTIÓN DAS POBOACIÓNS CINEXÉTICAS
BALLESTEROS, F. (1998).- Las especies de caza en España. Biología, Ecología, Conservación, Estudio y Gestión del Medio, Oviedo, 313 pp.
DE LA CALLE SANTILLANA, R., MADRIGAL LADRÓN DE GUEVARA, C., GÓMEZ VEIGA, C. (2006).- Manual de ordenación y gestión de recursos cinegéticos: caza menor. Asociación de Ingenieros Técnicos Forestales, Madrid, 220 pp.
PEDROSA ROLDÁN, I. (2005).- Ordenación y Gestión de Recursos Piscícolas y Cinegéticos. 50 problemas resueltos relacionados con la materia. Unicopia, Lugo, 62 pp.
SÁENZ DE BURUAGA, M., LUCIO, A. J., PURROY, F. J. (2001).- Reconocimiento de sexo y edad en especies cinegéticas. Edilesa, D.L, 127 pp
BIOLOXÍA E XESTIÓN DAS POBOACIÓNS ÍCTICAS E ACUICULTURA
COBO, F., VIEIRA-LANERO, R. (coords.) (2010).- Bases teóricas para un curso de vixilancia ambiental en materia de pesca fluvial, Agaia, Vilagarcía de Arousa, 213 pp.
DOADRIO, I., PEREA, S., GARZÓN-HEYDT, P., GONZÁLEZ, J. L. (2011).- Ictiofauna continental española. Bases para su seguimiento. Dirección General de Medio Natural y Política Forestal, Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, Madrid, 616 pp.
Bibliografía complementaria
BIOLOXÍA E XESTIÓN DAS POBOACIÓNS CINEXÉTICAS
FULLER, R. J., GILL, R. M. A. (2001).- Ecological impacts of increasing numbers of deer in British woodland. Forestry, 74 (3): 193-199.
LUCIO, A., SÁENZ DE BURUAGA, M. (1989).- Los Planes de caza. Guía básica para la elaboración de planes de ordenación cinegética. Federación Española de Caza, Colección Divulgación, 1, 32 pp.
PRIOR, R. (2009).- The roe deer. Conservation of a native species. Swan Hill Press. Wykey, U K, 230 pp.
RIESCO MUÑOZ, G. (2013).- Especies cinegéticas. Instalaciones para la cría y repoblación. Mundi-Prensa, Madrid, 178 pp.
TELLERÍA, J. L. (1986).- Manual para el censo de los vertebrados terrestres. Raíces, Madrid, 278 pp.
BIOLOXÍA E XESTIÓN DAS POBOACIÓNS ÍCTICAS E ACUICULTURA
BARNABÉ, G. (1996).- Bases biológicas y ecológicas de la acuicultura. Acribia, Zaragoza, 519 pp.
FAO (2012). Recreational fisheries. Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome. 176 pp.
GONZÁLEZ DEL TÁNAGO, M., GARCÍA DE JALÓN, D. (1995).- Restauración de ríos y riberas. Fundación Conde del Valle de Salazar, Madrid, 319 pp.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas e outras transversais, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría en xeral ou da enxeñaría forestal e do medio natural en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias xerais:
CG8 - Capacidade para xestionar e protexer as poboacións de fauna forestal, con especial énfase nas de carácter cinexético e piscícola.
Competencias transversais:
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade de razoamento e argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT5 - Capacidade de obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6 – Capacidade de desenvolver e presentar un texto organizado e comprensible.
CT8 - Compromiso coa veracidade da información ofrecida a outros.
CT11 - Uso de información en lingua estranxeira.
Competencias específicas:
CETEEF7 - Xestión de Caza e Pesca. Sistemas Acuícolas
Clases presenciais:
- 18 sesións expositivas de 1 hora nas que se abordará a explicación do programa teórico mediante exposicións orais con encerado, proxeccións en Power Point e ocasional apoio de outros medios audiovisuais para a identificación de especies, idades, sexos, etc., e exposición de esquemas e diagramas.
Competencias traballadas: CG8, CETEEF7.
- 18 sesións interactivas de una hora de duración (9 de laboratorio + 9 de seminario) nas que se completará a explicación de conceptos teóricos cunha participación máis activa dos alumnos e nas que se plantexarán e resolverán problemas e supostos prácticos mentres que, ao mesmo tempo, faise contacto directo coas especies, aprendéndose a localizar e medir os caracteres de identificación de sexo e idade sobre os individuos e os seus restos óseos. Se se considera oportuno, estas sesións permitirán ocasionalmente a participación de profesionais invitados, a exposición de traballos de curso e a realización de prácticas de campo ou visitas a instalacións cinexéticas e piscícolas.
Competencias traballadas: CG8, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CETEEF7.
- 2 horas interactivas de titorías en grupos reducidos no aula. Nelas resólvense e acláranse conceptos, problemas e casos prácticos plantexados nas outras clases presenciais sobre os que puidera haber dúbidas.
Competencias traballadas: CG8, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CETEEF7.
Titorías:
As titorías constitúen un servizo no que o alumno ten a oportunidade de recibir ensinanza de forma individualizada en aspectos específicos da materia por parte do profesor.
Competencias traballadas: CG8, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CETEEF7.
USC virtual:
Farase uso dos recursos que proporciona a USC virtual para que o alumno poida dispoñer da documentación necesaria cara ó seguimento e preparación da materia, a práctica de problemas ou ben para a comunicación de novidades por parte dos profesores e dos alumnos.
O traballo dos estudantes avaliarase de xeito continuo e periódico mediante diversos mecanismos que se explican e que complementan unha proba final de coñecemento, na que será necesario acadar un mínimo de puntuación para superar a materia.
Proba de coñecemento final (60% da nota final):
- Un exame escrito ao final do semestre que constará de catro seccións, dúas adicadas ás partes de bioloxía (cinexética e piscícola) e as outras dúas ás correspondentes de xestión. Será necesario superar todas e cada unha delas para aprobar a materia. A cualificación obtida no exame suporá o 60 % da nota final.
Competencias avaliadas: CG8, CT1, CT2, CT3, CETEEF7.
Avaliación continua (40% da nota final):
- Dous cuestionarios de preguntas tipo test referidos, respectivamente, á bioloxía das especies cinexéticas e á bioloxía das especies de peixes, estarán dispoñibles na aula virtual durante un período de dúas semanas ao final dos seus correspondentes períodos de docencia, de xeito que os estudantes poidan cubrilos e autoavaliarse. Preténdese que sexa útil para mellorar o proceso de aprendizaxe dos estudantes e pode contribuír á nota ata un 10% (5 + 5) da nota final.
Competencias avaliadas: CG8, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CETEEF7.
- Un traballo de curso sobre aspectos da bioloxía das poboacións cinexéticas e piscícolas, que deberá establecer o profesor e que poderá ser presentado oralmente e debatido na aula. O traballo será realizado a partir de documentación en francés ou inglés proporcionada, en principio, polo profesor e será obrigatorio presentar un resumo en inglés de polo menos 300 palabras. A nota obtida suporá o 10% da nota final.
Competencias avaliadas: CG8, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT11, CETEEF7.
- Ao longo do curso propoñeranse diversos casos prácticos sinxelos, a resolver por escrito na casa, en torno aos contidos que se estean a impartir en cada momento sobre xestión cinexética e piscícola. A presentación escrita dalgúns destes traballos farase en inglés ou francés, segundo as indicacións do profesor. A resolución correcta dos exercicios propostos suporá ata un 20 % da nota final.
Competencias avaliadas: CG8, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT11, CETEEF7.
- A falta non xustificada a máis do 20 % das clases interactivas de laboratorio implicará a avaliación negativa da materia.
- Todos os estudantes matriculados, independentemente de que sexan de primeira oportunidade, segunda oportunidade ou repetidores, serán avaliados co mesmo criterio, coa única excepción dos estudantes que teñan concedida unha dispensa de asistencia a clase. Nestes casos, a dispensa poderá alcanzar o 100% da docencia expositiva e o 50 % da interactiva.
"En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
- Horas presenciais:
Expositivas: 18
Interactivas de Laboratorio e Seminario: 18
Horas de avaliación: 2
Total: 38
- Horas non presenciais:
Lectura e preparación de temas: 30
Realización de exercicios: 15
Preparación de prácticas e traballo posterior: 8,5
Elaboración de traballos de curso: 4
Preparación exames: 15
Total: 72,5
Tempo total de adicación á materia (horas presenciais + non presenciais): 110,5 h.
- Asistencia presencial e participativa ás clases expositivas e seminarios e, moi especialmente, ás prácticas de laboratorio.
- Practicar problemas de censo e xestión (resolución de casos numéricos).
- Utilización na biblioteca de material de identificación.
- Consulta da bibliografía recomendada.
- Uso das horas de titoría dos profesores para consultas e aclaracións.
Algúns horarios poden ser modificados, despois de avisar a principio de curso, para facelos compatibles con outras actividades académicas imprevisibles.
Juan Angel Diaz Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Zooloxía
- Teléfono
- 982822312
- Correo electrónico
- juanangel.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Guillermo Riesco Muñoz
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- guillermo.riesco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 (Aulario 1) |