Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar:
- Os principios das tecnoloxías da produción vexetal: Sistemas de produción e explotación.
- A tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas. Cultivos.
- Os principios da tecnoloxía da produción hortofrutícola.
- As bases e tecnoloxía da propagación e produción hortícola.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
- Bases técnicas en cultivos herbáceos intensivos.
- Sistemas de cultivo: cultivos ao aire libre, cultivos protexidos.
- Tecnoloxía dos cultivos herbáceos intensivos: propagación, transplante, labores culturais (poda, entitorado, fertirrigación....)..
- Comercialización.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte temario:
Bloques de contidos teóricos (horas de docencia expositiva dedicadas + h de traballo non presencial estimadas):
I- Introdución e xeneralidades sobre cultivos hortícolas (1 h + 2 h n.p.)
II.- Técnicas de horticultura: propagación e labores culturais (5 h + 12 h n.p.)
III. -Sistemas de cultivo: cultivos ao aire libre e cultivos protexidos (3 h + 9 h n.p.)
IV. -Materiais e estruturas utilizadas en horticultura (3 h + 9 h n.p.)
V. -Control climático en invernadoiro (4 h +10 h n.p.)
VI.- Abonado (2 h + 5 h n.p.)
VII. -Cultivos sen solo (2 h + 5 h n.p.)
VIII. -Recolección e postcolleita (2 h + 5 h n.p.)
XI. -Comercialización de produtos hortícolas (2 h + 5 h n.p.)
Bloques de contidos prácticos (horas de docencia interactiva dedicadas)
I.- Viveiros de especies hortícolas (4 h + 8 h n.p.)
II.- Transplante e labores culturais de distintos cultivos hortícolas (4 h + 8 h n.p.)
III.- Calidade de produtos hortícolas (2 h + 4 h n.p.)
IV. -Resolución de problemas (14 h + 20 h n.p.)
V.- Prácticas de campo: viaxes
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Alarcón, A. (coord.) 2006. Cultivos sin suelo. Ediciones de Horticultura; Compendios de horticultura 17 . 269 pp
- Alpi, A., Tognoni, F. 1999. Cultivo en Invernadero. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 347 pp.
- Cadahía, C. 2005. Fertirrigación. Cultivos hortícolas, frutales y ornamentales. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 681 pp.
- Castilla, N. 2007. Invernaderos de plástico. Tecnología y manejo Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 462 pp.
- Espí, E., Díaz, T., Fontecha, A., Jiménez, J. C., Lopez, J., Salmeron A. 2001. Los filmes plásticos en la producción agrícola. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 320 pp.
- Espí, E. 2012. Materiales de cubierta para invernaderos. Cuadernos de estudios agroalimentarios, (3), 71-88.
- Hernández, J. C. L., Parra, J. P. 2006. Evolución de las estructuras de invernadero. Plasticulture: Revue du CIPA, (125), 8-17.
- Losada, A. 2005. Riego II. El: fundamentos de su hidrología y de su práctica. Mundi-Prensa.
- Maroto, JV. 2008. Elementos de horticultura general. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 188 pp.
- Maroto Borrego, JV. 2002. Horticultura herbácea especial. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 702 pp.
- Talens, J. A. M. 2009. Riego localizado y fertirrigación. Mundi-Prensa.
- Urrestarazu, M. (coord.) 2004. Tratado de cultivo sin suelo. Madrid : Mundi-Prensa. 914 pp.
- Urrestarazu, M. 2015. Manual práctico de cultivo sin suelo e hidroponía. Ed. Mundi-Prensa. Madrid. 278 pp.
- Vega, A. M. 2014. Mantenimiento y manejo de invernaderos. Ediciones Paraninfo, SA.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Aznar Sánchez, J. Á. 2012. El clúster agroindustrial de la horticultura intensiva de Almería: Surgimiento, dinámica y perspectivas. Cuadernos de Estudios Agroalimentarios (CEA), (2), 199-217.
- Camacho Lliteras, J.L. 2002. A Horta en Galicia: guía práctica para o cultivo. Ed. Baia. 105 pp.
- Cordeiro Budiño, X.; Davila Villar, M.C.; Núñez Rajoy, A. 2008. A nosa horta: guía para a ordenación dos cultivos da horta familiar. Edicións Xerais de Galicia. 247 pp.
- Díaz, J.R.(coord.) 1995. Curso Superior de Especialización sobre Postcosecha y Comercialización de los Productos Hortícolas, Técnicas y Canales de Distribución. Dirección General de Investigación Agraria de la Junta de Andalucía. 347 pp
- George, R.A.T. 1989. Producción de semillas de plantas hortícolas. Ed. Mundi-Prensa. 330 pp.
- Giaconi, M; Escaff, G. 2001. Cultivo de hortalizas. Editorial Universitaria Santiago. 15 ed. 337 pp.
- Hoyos Echevarría, P. (coordinador). 2005. Seminario de técnicos y especialistas en horticultura. MAPA. 510 pp.
- Hoyos Echevarría, P. y Martín Trujillo, M. (coordinadores) 2007. El cultivo de tomate para fresco. Situación actual y perspectivas desde el punto de vista técnico y comercial. MAPA 2005. 218 pp.
- Martín Trujillo, M; Hoyos Echevarría, P. (coordinadores). 2007. XXXVI Seminario de técnicos y especialistas en horticultura. MAPA. 602 pp
- Souzaq, J.L; Resende, P. 2006. Manual de horticultura orgánica. Viçosa, MG (Brazil). Aprenda Fácil Editora. 2. ed. 834 pp.
- Tesi, R. 2001. Medios de protección para la hortofruticultura y el viverismo. Ed. Mundi-Prensa. 288 pp.
En relación ás especificadas na memoria do título, esta materia contribúe a adquirir as seguintes competencias:
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
COMPETENCIAS XERAIS
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ámbitos cambiantes.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT5 - Capacidade para obter información axeitada, diversa e actualizada
CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEG5 - Capacidade para a redacción e firma de estudos de desenvolvemento rural, de impacto ambiental e de xestión de residuos das industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, e espazos relacionados coa xardinaría e o paisaxismo .
CEG6 - Capacidade para a dirección e xestión de toda clase de industrias agroalimentarias, explotacións agrícolas e gandeiras, espazos verdes urbanos e/ou rurais, e áreas deportivas públicas ou privadas, con coñecemento das novas tecnoloxías, os procesos de calidade, trazabilidade e certificación e as técnicas de mercadotecnia e comercialización de produtos alimentarios e plantas cultivadas.
CR2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases da produción vexetal, os sistemas de produción, de protección e de explotación.
EA2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal: Sistemas de produción e explotación. Protección de cultivos contra pragas e enfermidades. Tecnoloxía e sistemas de cultivo de especies herbáceas. Agroenerxética.
HJ1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da tecnoloxía da produción hortofrutícola
HJ2 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das bases e tecnoloxía da propagación e produción hortícola, frutícola e ornamental. Control de calidade de produtos hortofrutícolas. Comercialización.
HJ4 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría das áreas verdes, espazos deportivos e explotacións hortofrutícolas.
HJ5 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da obra civil, instalacións e infraestruturas das zonas verdes e áreas protexidas. Electrificación. Regas e drenaxes. Maquinaria para hortofruticultura e xardinaría.
HJ8 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de hidroloxía. Erosión. Material vexetal: produción, uso e mantemento; ecosistemas e biodiversidade; medio físico e cambio climático. Análise, xestión e plans de ordenación territorial. Principios de paisaxismo. Ferramentas específicas de deseño e expresión gráfica; desenvolvemento práctico de estudos de impacto ambiental; proxectos de restauración ambiental e paisaxística; proxectos e plans de mantemento de zonas verdes; proxectos de desenvolvemento. Instrumentos para a ordenación do territorio e da paisaxe; xestión e planificación de proxectos e obras.
MC1 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios das tecnoloxías da produción vexetal; Cultivos.
A docencia expositiva levarase a cabo principalmente mediante clases expositivas apoiadas por material que o profesor achega e pon a disposición dos alumnos na aula virtual
A docencia interactiva en seminarios consistirá principalmente na resolución de problemas e casos prácticos.
A docencia interactiva de prácticas consistirá na realización de traballos no invernadoiro e terreo de prácticas, realizando viveiros, transplantes e seguimento de diferentes cultivos. Tamén se realizará unha viaxe de prácticas na que os alumnos terán contacto con diferentes aspectos da produción e comercialización de produtos hortícolas, produción de planta e infraestruturas de cultivo protexido.
Ademais os alumnos, baixo supervisión dos profesores, deben elaborar e presentar un traballo práctico consistente no deseño dunha rotación hortícola.
As competencias que permiten adquirir as diferentes metodoloxías de ensinanza utilizadas son:
- Docencia expositiva: CG1, CR2, CEG5, CEG6, HJ1, HJ2, HJ4, HJ5, HJ8, EA2, MC1,
- Docencia interactiva de seminarios: CB2, CG4, CT6, CT10, CT12, CR2, CEG5, CEG6, HJ1, HJ2, HJ8, EA2, MC1
- Docencia interactiva de prácticas: CR2, CEG5, CEG6, HJ1, HJ2, HJ8, EA2, MC1
- Elaboración de traballos: CB2, CB4, CR2, CG4, CT5, CT6, CT10, CEG5, CEG6, HJ4, HJ5
A avaliación da materia realizarase mediante:
Exames escritos: nos que se avaliará a adquisición de coñecementos e competencias traballados en toda a materia. Dividirase en dúas partes que corresponderán coa materia impartida por cada profesor, e que contribuirán na nota en función da súa proporción no cómputo horario da materia.
O valor do exame na nota final será do 60 %, sendo imprescindible obter polo menos unha nota de 4 sobre 10 en cada unha das partes avaliadas. Se non se acada esa nota mínima non se fará a media coas outras compoñentes da nota, senón que a nota final será a do exame.
En caso de que se fagan exames parciais a súa contribución á nota estará en relación á la proporción de materia avaliada. Eliminarán materia do exame final se a súa cualificación é polo menos de 5 sobre 10. Igualmente, se nunha parte do exame final da primeira oportunidade se alcanza a cualificación de 5 pero non se supera a materia, gárdase esa nota para o exame da convocatoria de segunda oportunidade.
Asistencia activa e participación nas clases expositivas e interactivas: se valorará mediante control de asistencia e observación da actitude e participación nas clases, incluíndo a viaxe, que para estes efectos conta como 4 h. Terá unha contribución na nota final do 10 %.
Traballo a entregar e expoñer: deseño dunha rotación hortícola. A súa cualificación contribuirá á nota final nun 20 %.
Tarefas. Ao longo do curso se plantexarán pequenas tarefas ou probas sobre aspectos prácticos da materia. As que estean relacionadas con prácticas realizadas ou ca viaxe só poderán realizala os que teñan asistido. En conxunto a súa cualificación suporá un 10 % da nota final
O sistema de avaliación será o mesmo en todas as convocatorias. O traballo e as prácticas só se poderán realizar e/ou presentar nos prazos que se fixen durante o período de docencia da materia.
En caso de non superar a materia nun curso, ningunha cualificación nin actividade realizada se conserva para o seguinte curso, polo que os alumnos repetidores se avalían do mesmo modo e cos mesmos criterios que os non repetidores
Para los alumnos aos que se lles recoñeza a dispensa de asistencia de acordó coa Instrucción1/2017 da Secretaría Xeral da USC, a súa cualificación non incluirá o apartado “Asistencia e participación nas clases” mentres que o de “Exames escritos” contará o 65 % da nota e o de “Traballos a entregar” o 25 %.
As competencias avaliadas con cada unha das compoñentes do sistema de avaliación son:
- Exames escritos (60 %): CB2, CB4, CT6, CT12, CEG5, CEG6, EA2, HJ1, HJ2, HJ4, HJ5, HJ8, MC1
- Asistencia e participación nas clases (10 %): CB2, CB4, CR2
- Traballos a entregar (20 %): CG1, CT5, CT6, CT10, CEG5, CEG6, CR2,EA2, HJ1, HJ2, MC1
- Tarefas (10 %): CG1, CEG6, EA2, HJ1, HJ2, HJ8, MC1
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
O tempo que se estima que un alumno medio debe dedicar á materia para superala e adquirir as competencias previstas é:
Actividades presenciais (54 h):
- Asistencia a clases expositivas: 24 h
- Asistencia a clases interactivas: 24 h
- Titorías en grupo: 3 h
- Actividades de avaliación: 3 h
Traballo autónomo non presencial (96 h):
- Lectura e preparación de temas: 30 h
- Realización de exercicios: 20 h
- Preparación previa das práctica e traballo posterior sobre as mesmas: 20 h
- Elaboración de traballos de curso: 10 h
- Preparación de probas de avaliación: 16 h
Asistir regularmente ás clases expositivas e interactivas e viaxes, consultar dúbidas en horario de titorías e ser constante no estudo e a realización das prácticas e traballos
Adolfo López Fabal
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- adolfo.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mª Belén Díaz Hernández
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Couso Viana
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- ana.couso.viana [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
14:00-15:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Martes | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
14:00-15:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 4 (Aulario 1) |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Invernadoiros |
13:00-14:00 | Grupo/CLIL_02 | Castelán | Invernadoiros |