Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñería do medio rural: motores e máquinas. Saber tomar decisións mediante o uso dos recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares. Saber transferir tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Motores de combustión interna alternativos: Ciclos teóricos e reais, combustibles, potencias e rendementos, curvas características, sobrealimentación, lubricantes, sistemas de alimentación, lubricación e refrixeración. Tractores agrícolas: Evolución, tipos e usos, motor, ensaios e transmisión, dinámica de tracción. Mecanización dos principais traballos agroforestais.
Os contidos citados desenvolveranse de acordo cos seguintes programas de clases expositivas, seminarios de resolución de problemas e de prácticas
A) CLASES EXPOSITIVAS (18 horas presenciais / 18 horas de traballo non presencial)
Tema I: O tractor como base da mecanización agraria e forestal (1 h / 1 h.)
Tema 2: Motores de combustión interna. Motores de dous e catro tempos (2 h / 2 h)
Tema 3: Estudo teórico dos motores alternativos: Ciclos (2 h / 2 h)
Tema 4: Combustibles e combustión (1 h /1 h)
Tema 5: Prestacións dun motor. Potencias (1 h / 1 h)
Tema 6: Alimentación e Sobrealimentación (1 h /1 h)
Tema 7: Ensaios, curvas características dun motor (2 h/ 2 h)
Tema 8: Lubricación do motor (1 h /1 h)
Tema 9: A transmisión (2 h / 2 h)
Tema 10: Estudo estático e dinámico do tractor (2 h / 2 h)
Tema 11: Rodadura, capacidade de tracción (2 h /2 h)
Tema 12: Homologación, estruturas de seguridade e matriculación de tractores (1h / 1 h)
B) SEMINARIOS. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS (6 horas presenciais / 15 horas de traballo non presencial)
Seminario 1: Motores e ciclos (1 h / 2 h)
Seminario 2: Potencias e rendementos (1 h/ 2 h)
Seminario 3: Curvas características (1 h / 3 h)
Seminario 4: Transmisións (1 h / 2 h)
Seminario 5: Estática e dinámica do tractor (1 h / 3 h)
Seminario 6: Tracción (1 h / 3 h)
C) PRÁCTICAS DE TALLER E DE CAMPO (12 horas presenciais / 12 horas de traballo non presencial)
Práctica 01: O tractor (1 h / 1 h)
Práctica 02: Motores alternativos de combustión interna (1 h / 1 h)
Práctica 03: Elementos construtivos do motor (1 h / 1 h)
Práctica 04: Motor Diésel (1 h / 1 h)
Práctica 05: Distribución nos motores (1 h / 1 h)
Práctica 06: Alimentación dos motores Diésel (2 h / 2 h)
Práctica 07: Engraxamento do motor (1 h / 1 h)
Práctica 08: Refrixeración do motor (1 h / 1 h)
Práctica 09: Transmisión de forza (1 h / 1 h)
Práctica 10: Manexo e condución do tractor agrícola (2 h / 2h)
D) TITORÍAS EN GRUPO (2H)
Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas expostas polos alumnos sobre os problemas formulados nas sesións teóricas e nas prácticas.
BÁSICA
1.- Tractores Agrícolas: Tecnología y Utilización. Luís Márquez Delgado. B&H Editores
2.- Motores Endotérmicos. Dante Giacosa. Ed. Dossat
3.- Motores endotérmicos: Ciclos. D. Novoa. Ed. Unicopia
COMPLEMENTARIA
4.- Termodinámica Lógica y Motores Térmicos. Jesús Agüera Soriano. Ed. Ciencia 3
5.- Conocimiento de Materiales. J.M. Sánchez Martín y J.M. Lasheras. Ed. Donostiarra
6.- Tractores y Motores Agrícolas. Arnal Atares, Laguna. Ed. Mundiprensa
7.- Tractores: Técnica y Seguridad. Ortiz Cañavate. Ed. Mundiprensa
8.- Les Tracteurs Agricoles. Camille Cedra. Cemagref
9.- Tractores: Diseño y funcionamiento. Liljedahl, J. B. y otros. Ed. Limusa
Competencias básicas e xerais:
• CG1.- Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
• CG2.- Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
Competencias transversais:
• CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CT10 - Utilización de información bibliográfica e da internet.
• CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
• CEG2 - Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministro hídrico e enerxético, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados ca xardinería e o paisaxismo con seu entorno social e ambiental, así como a necesidade de relacionalos cas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
• CR7.- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñería do medio rural: Motores e máquinas.
• CR10.- Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da transferencia de tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.
• MC4 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da mecanización agraria: motores e máquinas agrícolas. Características e deseño de maquinaria para instalacións agrarias. Automática agraria.
• FB5.- Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos, e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
Materia cuadrimestral, con 18 horas de clases maxistrais e participativas, apoiadas na utilización do computador con presentacións, animacións e a utilización da lousa (competencias CG1.- CG2.- CT2.- CT10.- CT12.- CEG2, CR7; CR10, MC4, FB5).
Seminarios (6 h presenciais / grupo) nos cales se exporá e se abordará a resolución de exercicios relacionados co temario, coa participación de todos os membros do grupo. Apoiarémonos na utilización da lousa clásica. (competencias CG1.- CG2.- CG6.- CT2.- CT12.- CR7.- CR10.- FB5.- MC4).
Prácticas de taller e campo (12 h), utilizando todos os medios dos que dispoñemos no taller, aplicando metodoloxías e técnicas a casos concretos: tractores, motores de diferentes tipos, maquetas, pezas e instrumental diversos (competencias ( CG1.- CG2.- CG6.- CT2.- CT10.- CT12.- CEG2, CR7; CR10, MC4, FB5).
Os alumnos deberán responder en non menos do 50% das aulas a cuestións breves ou exercicios relacionados cos contidos e a temas propostos polo profesor ó longo curso. Deberán responder por escrito e contrastar a súa propia resposta para expoñer oralmente diante da clase na seguinte sesión. (competencias CG2.- CT2- CT10.- CT12.- CR7.- CR10.).
Contémplanse dúas horas de titorías en grupos reducidos nas que os alumnos abordarán conxuntamente problemas da temática abordada na materia e a elaboración de traballos de curso (competencias CG1.- CG2.- CT2.- CR10)
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno (competencias- CT10).
Cuestións entregados e/ou presentados, propostas nas aulas (10%): Competencias CT2;
Proba ou probas, orais e/ou escritas (65%): Competencias CG1; CG2; CT10; CT12; CEG2, CR7; CR10, MC4, FB5
Aproveitamento das prácticas (25%): Competencias CT12, CEG2, CR7; CR10, MC4, FB5
Para aprobar a materia é imprescindible superar, de forma independente, a teoría e as prácticas. Haberá un exame final obrigatorio independente do exame de teoría para avaliar as prácticas de taller. Unha vez aprobadas as dúas partes, a media ponderada será 75% a parte de teoría e 25% a parte de prácticas. Os aprobados en Teoría ou en Prácticas gárdanse da primeira á segunda oportunidade pero non para o seguinte curso.
As probas escritas constarán de cuestións de resposta libre ou ben tipo test, tamén de exercicios numéricos similares aos resoltos en seminarios, etc. Non está prevista a realización de exames parciais durante o período lectivo.
Os criterios e sistemas de avaliación son os mesmos para todas as convocatorias.
Os criterios de avaliación son os mesmos para todos os alumnos da materia, tanto repetidores como os de dispensa académica.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Docencia expositiva en grupo de ata 80 alumnos: 18 horas
Docencia interactiva en grupo de 20 alumnos (seminarios, taller): 18 horas
Titorías en grupo de 10 alumnos: 2 horas
Actividades de avaliación: 3 horas
Lectura e preparación de temas: 18 horas
Realización de exercicios: 15 horas
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 12 horas
Preparación de respostas ás cuestións propostas na aula: 8,5 horas
Preparación de probas de avaliación: 18 horas.
• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Facer uso das titorías para resolver dúbidas relacionadas coa materia.
• Coñecer e utilizar documentación que se pon ao dispor do alumno no Campus Virtual
• Organización, ordenación e posta o día da documentación (apuntamentos, etc).
• Estudar día a día, no deixalo para os días previos ao exame.
A formación en relación coa Mecanización Agrícola e Forestal complétase co estudo doutras materias de Mecanización en cursos posteriores.
Maximo Antonio Dugo Paton
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Teléfono
- 982823213
- Correo electrónico
- maximo.dugo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Jose Manuel Pereira Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- j.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 (Aulario 4) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 (Aulario 4) |