Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Presentar aos alumnos os principios básicos do comportamento do lume, da prevención e da extinción dos incendios forestais.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos. Indícase, entre parénteses, as horas presenciais dedicadas a cada un deles. A dedicación non presencial se estima en dúas horas por cada hora presencial.
Introdución ó fenómeno dos Incendios Forestais, causas, efectos e situación actual (3).
Organización da Defensa: lexislación, competencias estatais e autonómicas, planificación comarcal (3). Características do combustible forestal (5). Comportamento do lume: variables fundamentais e influencia do medio (6). Prevención de incendios: selvicultura, lume prescrito e infraestruturas específicas (5). Detección de incendios e comunicación (2). Extinción: métodos, ferramentas, vehículos, motobombas, mangueiras, aviación, organización da defensa e seguridade persoal (10). Novas tecnoloxías de apoio: sistemas de predición do resgo e do comportamento do fogo, teledetección (2).
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
BLOQUE I: coñecer o incendio forestal
TEMA 1: AS BASES DO INCENDIO FORESTAL
1.1 CONCEPTO DE INCENDIO FORESTAL
1.2 O PROCESO DE COMBUSTIÓN
1.3 MECANISMOS DE TRANSMISIÓN DE CALOR NO INCENDIO
1.4 FORMAS DE COMBUSTIÓN NO INCENDIO
1.5 O MEDIO DE DESENVOLVEMENTO DO INCENDIO
TEMA 2: O COMBUSTIBLE FORESTAL
2.1 CONCEPTO DE COMBUSTIBLE E CLASIFICACIÓN
2.2 CARACTERÍSTICAS ESTRUCTURAIS DAS FORMACIÓNS VEXETAIS
2.3 PROPIEDADES DAS PARTÍCULAS
2.4 A HUMIDADE DO COMBUSTIBLE
2.5 MODELOS DE COMBUSTIBLE
TEMA 3: ESTUDO DO INCENDIO E DO SEU COMPORTAMENTO
3.1 ZONAS E ELEMENTOS DO INCENDIO
3.2 A CHAMA: CONCEPTO E CARACTERÍSTICAS
3.3 FORMA DO INCENDIO
3.4 VARIABLES BÁSICAS DO COMPORTAMENTO DO LUME
3.5 TIPOS DE INCENDIOS
3.6 O COMBUSTIBLE E O COMPORTAMENTO DO LUME
3.7 O TEMPO ATMOSFÉRICO E O COMPORTAMENTO DO LUME
3.8 A TOPOGRAFÍA E O COMPORTAMENTO DO LUME
BLOQUE II: Extinguir o incendio
TEMA 4: OS SERVICIOS DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS
4.1 OS SERVICIOS AUTONÓMICOS
4.2 AS FUNCIONS DO ESTADO
TEMA 5: REDES DE VIXILANCIA E DE COMUNICACIÓNS
5.1 FUNCIÓNS
5.2 SISTEMAS DE VIXILANCIA E DETECCIÓN DE INCENDIOS
5.3 SISTEMAS DE COMUNICACIÓN
TEMA 6: ACCIÓNS, MÉTODOS E FASES DO COMBATE
6.1 ACCIÓNS BÁSICAS PARA EXTINGUIR O LUME
6.2 APLICACIÓN DE RETARDANTES
6.3 MÉTODOS DE COMBATE
6.4 AS FASES DO COMBATE
6.5 ATAQUE AMPLIADO
TEMA 7: RECURSOS PARA A EXTINCIÓN I: medios manuais
7.1 CLASIFICACIÓN
7.2 BATELUMES
7.3 EXTINTOR DE MOCHILA
7.4 FERRAMENTAS METÁLICAS CON MANGO
7.5 CONSTRUCCIÓN DE LÍNEAS DE DEFENSA
7.6 EXTINTOR DE EXPLOSIÓN
7.7 FACHO DE GOTEO
TEMA 8: RECURSOS PARA A EXTINCIÓN II: vehículos motobomba
8.1 CARACTERÍSTICAS Y TIPOS
8.2 EQUIPO AUXILIAR
8.3 ESTABLECIMIENTO DE TENDIDOS
8.4 USO DE LA MOTOBOMBA EN EL COMBATE
TEMA 9: RECURSOS PARA A EXTINCIÓN III: bulldozer
9.1 CARACTERÍSTICAS DA MÁQUINA E DO TRASLADO Ó MONTE
9.2 USO DO BULLDOZER NO COMBATE
TEMA 10: RECURSOS PARA A EXTINCIÓN IV: medios aéreos
10.1 UTILIDADES
10.2 TIPOS DE AERONAVES
10.3 SISTEMAS DE CARGA, TRANSPORTE E DESCARGA DE AUGA
10.4 FASES E MODELOS DE LANZAMENTO
10.5 EFICACIA E LIMITACIÓNS DOS MEDIOS AÉREOS
10.6 BASES DE MEDIOS AÉREOS
TEMA 11: SEGURIDADE NA EXTINCIÓN
11.1 FACTORES DE RISCO
11.2 MEDIDAS E MEDIOS DE PROTECCIÓN PERSOAL
11.3 REPASO DE SITUACIÓNS ESPECIALMENTE PERIGOSAS
BLOQUE III: prevención de incendios
TEMA 12: AS CAUSAS E OS EFECTOS DO LUME
12.1 AS CAUSAS DOS INCENDIOS
12.2 A PREVENCIÓN SOCIAL
12.3 OS EFECTOS DE LUME
TEMA 13: SELVICULTURA PREVENTIVA
13.1 CONCEPTO, OBXECTIVOS E XUSTIFICACIÓN
13.2 SELVICULTURA PREVENTIVA EN PINARES
13.3 LIMITACIONS DA SELVICULTURA PREVENTIVA
TEMA 14: REDES DE INFRAESTRUTURAS DE DEFENSA NOS MONTES
14.1 COMPOÑENTES DAS REDES
14.2 CORTALUMES
14.3 ÁREAS CORTALUMES
14.4 VÍAS DE ACCESO Y FAXAS AUXILIARES DE PISTA
14.5 SENDAS DE DEFENSA
14.6 PUNTOS DE CARGA DE AUGA
Programa de Prácticas:
1. Identificación de modelos de combustible
2. Cálculo de características estruturais de complexos de combustible
3. Recoñecemento de recursos para a extinción, fases e métodos de combate
4. Cálculo de índices de risco
5. Comportamento asociado a os modelos de combustible
6. Establecemento de tendidos
Viaxe de prácticas: realizaranse tres viaxes obligatorios relacionados cos contidos da materia, dous deles en colaboración con persoal do Servizo de Defensa contra Incendios de Galicia. Pedirase o informe da viaxes.
Bibliografía básica
Arellano S., Vega J.A., Ruiz A.D, Arellano A., Álvarez J.G, Vega D.J, Pérez E. 2017. Foto-guía de combustibles forestales de Galicia y comportamiento del fuego asociado.
Grillo F., Didac F., Molina D. 2009. Incendios Forestales I: módulo básico. Ediciones AIFEMA. ISBN: 978-84-613-7861-6.
Quílez R., Goberna J.R. 2010. Técnicas de extinción y liquidación de incendios forestales con instalaciones de agua. Autoprotección e intervención en la interfase. Ediciones AIFEMA. ISBN: 978-84615-0082-6.
Ruiz, A.D. Inicio y comportamiento del fuego en los incendios forestales: fundamentos y modelización. Unicopia
Villalba M.A. 2008. Infraestructuras de defensa contra incendios forestales. Ediciones AIFEMA. ISBEN: 978-84-612-5532-0
Bibliografía complementaria
Gómez R. (coordinadora). 2004. Incendios Forestales. Causas, situación actual y propuestas. WWF/Adena.
Keane R.E. 2015. Wildland Fuel Fundamentals and Application. Springer International Publishing Switzerland. ISBN 978-3-319-09014-6.
Porrero M.A. 2001. Incendios Forestales. I. Investigación de Causas. Mundi-Prensa. ISBN: 84-7114-954-0.
Segovia E. (coordinador). 2006. Grandes Incendios Forestales. Causas y efectos de una ineficaz gestión del territorio. WWF/Adena.
Vélez R. (coordinador). 2000 y 2009. La Defensa contra Incendios Forestales. Fundamentos y experiencias. McGraw-Hill. ISBN 84-481-2742-0
Páxinas web de interese para a materia
http://www.wwf.es
http://mediorural.xunta.es/areas/forestal/incendios_forestais/
http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/incendios-forestales/
Competencias
CG3:Coñecemento dos procesos de degradación que afecten ós sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades, incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da biodiversidade.
CETEEF12: Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de Prevención e loita contra Incendios Forestais
CT1: Capacidade de análise e síntese
CT2: Capacidade de razoamento e argumentación
CT3: Capacidade para traballar individualmente con actitude de autocrítica
CT12: Capacidade de resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos
Clases expositivas de grupo grande acompañadas de presentacións con ordenador para ilustrar graficamente os contidos da materia (CG3, CETEEF12). Actividades en seminarios interactivos (CETEEF12, CT2). Planeamento e resolución de casos prácticos (CT1, CT3, CT12). Actividades de avaliación por bloques temáticos. Material didáctico na aula virtual da materia.
Prácticas de campo: realizaranse tres viaxes obligatorios, dos deles en colaboración con persoal do Servizo de Defensa contra Incendios de Galicia. Pedirase ao alumno informe da viaxe (CT3).
A primeira práctica de campo consistirá na realización de inventarios de combustibles ao longo de transectos lineais para determinación de cargas e outras características estruturais determinantes do comportamento do lume.
Na segunda viaxe de prácticas visitarase unha base de helicópteros, unha caseta de vixilancia e un centro de coordinación de distrito. Realizarase unha demostración de uso dun vehículo motobomba.
Na terceira saída a campo visitarase unha zona queimada, analizarase o proceso seguido para a extinción así como as infraestruturas de defensa e realizarase un exercicio práctico de determinación da orixe do incendio mediante interpretación dos vestixios deixados polo lume
Probas escritas (70%): competencias avaliadas CETEEF12, CT1, CT12.
Resolución de casos prácticos e informes das viaxes de prácticas (30%): competencias avaliadas CETEEF12, CT2, CT3
O 30 % da materia faise por avaliación continua mediante a resolución de casos prácticos e informes das viaxes de prácticas
Os criterios son os mesmos para ambas oportunidades: a ordinaria e a extraordinaria de recuperación. Tamén son os mesmos para os alumnos repetidores. A non asistencia ás prácticas de campo impedirá a superación da materia. No caso de estudantes con dispensación de asistencia concedida establecerase un acordo personalizado para superar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións” ” (artigo 16 da Resolución de 15/6/2011 da USC, DOG de 21/7/2011).
Aproximadamente 5 horas semanais de traballo persoal
Darse conta da magnitude do problema dos incendios forestais nos nosos montes e estar disposto a aprender.
Ana Daria Ruiz Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- anadaria.ruiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 (Aulario 1) |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 (Aulario 1) |