Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
GRAO EN ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL (GEFMN)
1. Dotar ao alumno dos fundamentos básicos da electrotecnia para así poder coñecer as aplicacións e necesidades do emprego das instalacións eléctricas.
2. Coñecer e comprender os elementos básicos dunha instalación eléctrica e a interacción entre eles.
3. Desenvolver proxectos de instalacións eléctricas dentro do ámbito das súas competencias.
GRAO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA E AGROALIMENTARIA (GEAA)
1. Coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría do medio rural: electrotecnia.
2. Coñecer, comprender e utilizar os circuítos eléctricos de corrente alterna, relacionándoos coas aplicacións e necesidades do emprego das instalacións eléctricas.
3. Proxectar e dirixir liñas de transporte e redes de distribución de enerxía eléctrica e seleccionar, protexer e accionar receptores eléctricos de acordo a normativa vixente.
As memorias do título contemplan para esta materia os seguintes contidos:
Corrente alterna monofásica. Potencia e enerxía (11 h presenciais, 16 h non presenciais).
Corrente alterna trifásica. Potencia e enerxía (11 h presenciais, 16 h non presenciais).
Cálculo eléctrico de liñas e redes de distribución (8 h presenciais, 12 h non presenciais).
Regulamento Electrotécnico para Baixa Tensión (1 h presencial, 2 h non presenciais).
Luminotecnia e instalacións de alumado (2 h presenciais, 3 h non presenciais).
Instalacións de protección e seguridade (3 h presenciais, 5 h non presenciais).
Estes contidos serán desenvoltos con máis detalle a continuación. A estimación de duración é aproximada, en función das necesidades docentes.
CLASES EXPOSITIVAS E SEMINARIOS
Tema 1. Correntes alternas.
1.1. Concepto xeral das formas de onda.
1.2. Xeración e valores asociados ás formas de ondas senoidais. Lei de Faraday-Lenz.
1.3. Representación complexa dunha magnitude senoidal.
1.4. Expresión simbólica da Lei de Ohm.
Tema 2. Circuítos simples con excitación senoidal. Métodos de cálculo.
2.1. Resolución de circuítos formados por elementos pasivos simples.
2.2. Circuíto resistivo puro.
2.3. Circuíto capacitivo puro.
2.4. Circuíto indutivo puro.
2.5. Impedancia e admitancia complexa.
2.6. Análise de circuítos en serie e en paralelo.
Tema 3. Potencia e enerxía no réxime estacionario senoidal.
3.1. Potencia e enerxía.
3.2. Potencia e enerxía nos elementos pasivos básicos.
3.3. Potencia instantánea, media e flutuante nun dipolo pasivo.
3.4. Potencias aparente e reactiva.
3.5. Potencia complexa. Teorema de Boucherot.
3.6. Factor de potencia (f.d.p.).
3.7. Corrección do factor de potencia. Baterías de condensadores.
Tema 4. Sistemas trifásicos.
4.1. Definicións.
4.2. Sistemas polifásicos empregados na práctica.
4.3. Xeración de tensións trifásicas.
4.4. Conexión de fontes en estrela equilibrada.
4.5. Conexión de cargas en estrela equilibrada.
4.6. Conexión de cargas en estrela desequilibrada: desprazamento do neutro.
4.7. Conexión de receptores monofásicos e trifásicos a un sistema trifásico de 4 fíos.
4.8. Conexión de cargas en triángulo.
4.9. Equivalencia estrela triángulo en sistemas equilibrados.
Tema 5. Potencia en sistemas trifásicos.
5.1. Potencia en cargas equilibradas conectadas en estrela.
5.2. Potencia en cargas equilibradas conectadas en triángulo.
5.3. Corrección do factor de potencia.
Tema 6. Cálculo de liñas eléctricas.
6.1. Tipos, materiais e parámetros das liñas eléctricas.
6.2. Caída de tensión.
6.3. Intensidade máxima admisible por unha liña.
6.4. Especificacións regulamentarias.
6.5. Redes de distribución.
Tema 7. Protección das instalacións eléctricas
7.1. Tipos de proteccións.
7.2. Proteccións contra sobrecargas.
7.3. Proteccións contra contactos directos.
7.4. Proteccións contra contactos indirectos.
Tema 8. Luminotecnia.
8.1. Principios fundamentais da luminotecnia.
8.2. A produción da luz. Tipos de lámpadas.
8.3. Cálculo de instalacións de iluminación.
A docencia interactiva traballará con problemas e casos prácticos derivados dos contidos teóricos.
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos estrutúranse en tres prácticas de 2 horas de duración no laboratorio de electrotecnia ou na aula de informática.
1. Recoñecemento de material de protección e mando e realización de esquemas de arranque de motor asíncrono trifásico.
2. Arranque estrela-triángulo de motor asíncrono trifásico.
3. Introdución á aplicación de detectores e controladores lóxicos programables/Cálculo luminotécnico empregando programas informáticos.
Como actividade transversal, proporase a xeración dun glosario científico-técnico, en inglés, dos termos empregados nas prácticas, para o cal se empregará o Tesauro da UNESCO (http://vocabularies.unesco.org/browser/thesaurus/es/).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
1. Fraile Mora, J. Electromagnetismo y Circuitos Eléctricos. Colegio de Ingenieros de Caminos Canales y Puertos. McGraw-Hill/Interamericana de España. 2005.
2. Fernández, M. D., González, M.A., Rodríguez, M.R. Fundamentos de Electrotecnia. Unicopia Campus de Lugo, S.L. 2004.
3. Fraile Mora, J. Introducción a las Instalaciones Eléctricas. Colegio de Ingenieros de Caminos Canales y Puertos. Colección Escuelas. Madrid. 1993.
4. Alexander, C. K., & N.O. Sadiku, M. (2000). Fundamentals of Electric Circuits. McGraw-Hill Education. 2017.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1. RBT. Reglamento Electrotécnico para Baixa Tensión e Instruccións Técnicas Complementarias. Guía Técnica de aplicación.
2. Luna L., García J.L., Adrados C., García E., Gutiérrez, R.P., Gutiérrez J.L., de la Plaza S. Instalaciones Eléctricas de Baja Tensión en el Sector Agrario y Agroalimentario. Mundi-Prensa. 2008.
3. Moreno, N., Cano, R., García Trasancos J. Instalaciones Eléctricas de Baja Tensión, Thomson. Madrid, 2004.
4. Conejo, A.J. e outros. Instalaciones Eléctricas. Mc Graw Hill. 2007.
5. Roger Folch , J. e outros. Tecnología Eléctrica. Ed. Síntesis. 2000.
6. Torres, J. L. Sistemas de Instalación en Baja Tensión. AENOR Ediciones. Madrid, 2006.
7. Makarov, S. N., Ludwig, R., & Bitar, S. J. Practical electrical engineering. Springer International Publishing. 2019.
GRAO EN ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL (GEFMN)
COMPETENCIAS XERAIS:
CG9: Coñecementos de hidráulica, construción, electrificación, camiños forestais, maquinaria e mecanización necesarios tanto para a xestión dos sistemas forestais como para a súa conservación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT1: Capacidade de análise e de síntese.
CT3: Capacidade de traballo individual con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT10: Utilización da información bibliográfica e de internet.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CECF8: Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de: Electrotecnia e Electrificación Forestais.
GRAO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA E AGROALIMENTARIA (GEAA)
COMPETENCIAS XERAIS
CG1 - Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou contornas cambiantes.
CG2 - Capacidade de resolución de problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
COMPETENCIAS TRANVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de xeito colectivo.
CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente
CT10 - Utilización de información bibliográfica e da internet.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CEG2 - Coñecemento adecuado dos problemas físicos, as tecnoloxías, maquinaria e sistemas de subministración hídrica e enerxética, os límites impostos por factores orzamentarios e normativa construtiva, e as relacións entre as instalacións ou edificacións e explotacións agrarias, as industrias agroalimentarias e os espazos relacionados coa xardinería e o paisaxismo coa súa contorna social e ambiental, así como a necesidade de relacionar aqueles e esa contorna coas necesidades humanas e de preservación do medio ambiente.
CR7 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñaría do medio rural: cálculo de estruturas e construción, hidráulica, motores e máquinas, electrotecnia, proxectos técnicos.
CR10 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da transferencia de tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.
A docencia presencial desenvolverase mediante a aplicación das seguintes metodoloxías:
Docencia expositiva (24 horas), impartidas como clase maxistral co apoio de lousa e canón de vídeo. Traballaranse as seguintes competencias: GEFMN: CG9, CT1, CT3, CECF8; GEAA: CG1, CG2, CT1, CT3, CEG2, CR7.
Docencia de seminario (6 horas) distribuídas por todo o cuadrimestre, impartida mediante clase participativa onde se propoñerán e resolverán exercicios relativos aos contidos teóricos impartidos. Traballaranse as seguintes competencias: GEFMN: CG9, CT1, CT3, CECF8; GEAA: CG1, CG2, CT4, CT7, CT10, CEG2, CR7, CR10.
Docencia práctica (6 horas): realizada no laboratorio de electrotecnia e/ou na aula de informática onde a metodoloxía será a seguinte: breve explicación do traballo que se vai desenvolver e realización da práctica por parte do alumnado. Traballaranse as seguintes competencias: GEFMN: CG9, CT4, CT10, CECF8; GEAA: CG1, CG2, CT4, CEG2, CR7.
Titorías en pequenos grupos (2 horas) distribuídas nas semanas de docencia expositiva e interactiva onde se resolverán as cuestións propostas polo alumnado. Traballaranse aquelas competencias demandadas polo alumnado.
O traballo non presencial é fundamental na aprendizaxe da materia e no grao de interacción do alumnado que debe desenvolver:
• Traballo autónomo e estudio independente. Competencias: GEFMN: CG9, CT1, CT3, CECF8; GEAA: CG1, CT1, CT3, CEG2, CR7.
• Estudio de teoría, realización de exercicios e resolución de problemas. Competencias: GEFMN: CG9, CT1, CT3, CECF8; GEAA: CG2, CT1, CT3, CT10, CEG2, CR7.
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativa. Elaboración do/s traballo/s de curso en grupo. Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e en proxectos. Competencias: GEFMN: CG9, CT4, CT10, CECF8; GEAA: CG1, CG2, CT1, CT4, CR7, CR10.
• Avaliación de competencias mediante exercicios de control. Realización de controis ao longo do curso. Competencias: GEFMN: CG9, CECF8; GEAA: CG1, CG2, CT1, CEG2, CR7.
Para impartir a docencia empregaranse os seguintes recursos:
• Realización de presentacións mediante ordenador.
• Utilización de lousas clásicas e dixitais.
• Utilización do campus virtual para proporcionar o seguinte material:
1. Desenvolvemento do temario teórico.
2. Cuestionarios e exames.
3. Boletíns de exercicios resoltos.
4. Boletíns de exercicios propostos.
5. Guións de prácticas.
6. Guión/s do/s traballo/s de curso.
7. Outra información de interese.
• Microsoft Teams.
• Software libre de cálculo e simulación.
Efectuarase un seguimento da aprendizaxe dos/as estudantes, con avaliación continua, que incluirá a realización traballo/s de curso e o aproveitamento das prácticas que contempla asistencia e entrega da memoria de prácticas. Ademais, faranse exames parciais ao longo do curso e un exame final coa totalidade da materia. O peso de cada apartado será o que figura na seguinte táboa:
Sistema de avaliación Competencias (GEFMN) Competencias (GEAA) Peso na cualificación
Probas orais e/ou escritas: CG9, CT1, CECF8 CG1, CG2, CT1, CEG2, CR7 70%
Traballos entregados e/ou expostos: CG9, CT3, CT10, CECF8 CT3, CT4, CT7, CT10, CR10 15%
Aproveitamento das prácticas: CG9, CT4, CECF8 CEG2, CR7 15%
A porcentaxe dedicada a exames (70%) pódese obter ben no exame final ou ben nas distintas probas parciais, as cales liberarán materia. Os traballos e outras actividades desenvolvidas nas clases e a memoria de prácticas deberán ser entregadas nos prazos establecidos, que serán como máximo a data do exame de primeiro período de avaliación. Os/As estudantes que xa cursaran a materia e que superaran as prácticas en cursos anteriores non terán que repetilas conservando a cualificación anteriormente obtida.
Para superar a materia é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos:
• obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 no apartado de exames.
• a nota global obtida como ponderación segundo a táboa dos exames, traballos e prácticas deberá ser como mínimo de 5 puntos sobre 10.
En caso de que o/a estudante non superara a materia no primeiro período de avaliación, deberase presentar ao exame final no segundo período de avaliación examinándose da totalidade da materia, xa que non se conservarán as cualificacións parciais. As cualificacións do resto de apartados non se modificarán. A cualificación de non presentado estará reservada para aquel alumnado que non posúan cualificación algunha nos distintos apartados da avaliación.
Os/As alumnos/as que teñan concedida a dispensa de asistencia segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, poderán facer entrega de todas as actividades que se leven a cabo ao longo do curso, xa que estarán á súa disposición no Campus Virtual, polo que a súa avaliación será nas mesmas condicións cos/as demais alumnos/as.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
HORAS PRESENCIAIS
Clases expositivas: 24.0
Seminarios: 6.0
Prácticas: 6.0
Titorías grupo: 2.0
Subtotal: 38.0
Exame e revisión: 4.0
Total : 42.0
HORAS TRABALLO ALUMNO: 70.5
Estudo e preparación dos contidos: 54
Traballos e prácticas: 12.0
Preparación do exame: 4.5
HORAS TOTAIS: 112.5
É recomendable que os estudantes teñan cursado e superado materias de Física. Así mesmo, recoméndase o dominio do cálculo vectorial, diferencial e integral e as operacións con números complexos. Para o estudo da materia é moi importante o estudo continuado da mesma o cal precisa:
1. Lectura previa dos temas teóricos antes da súa explicación en clase.
2. Atención nas clases teóricas e resolución das dúbidas que xurdan.
3. Estudo dos temas teóricos y resolución dos cuestionarios.
4. Aplicación dos conceptos adquiridos a exercicios e problemas con seguimento do/da profesor/a.
5. Resolución de exercicios e problemas de forma autónoma.
6. Realización dos traballos de curso.
7. Realización e comprensión das prácticas.
O idioma empregado será o galego.
A admisión de alumnos matriculados no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as "normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas" da Universidade de Santiago de Compostela. Dita información atópase dispoñible na páxina web (http://www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
GRAO EN ENXEÑARÍA FORESTAL E DO MEDIO NATURAL (GEFMN)
O alumnado matriculado na materia contará con atención presencial continuada no horario de titorías no despacho número 12 do pavillón 2, planta 2ª superior. Ademais prestarase atención a través do Campus Virtual, MSTeams e do correo electrónico do profesor: manuelramiro.rodriguez [at] usc.es (manuelramiro[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
GRAO EN ENXEÑARÍA AGRÍCOLA E AGROALIMENTARIA (GEAA)
O alumnado matriculado na materia contará con atención presencial continuada no horario de titorías no despacho número 14 do pavillón 2, planta 2ª superior. Ademais prestarase atención a través do Campus Virtual, MSTeams e do correo electrónico da profesora: mdolores.fernandez [at] usc.es (mdolores[dot]fernandez[at]usc[dot]es)
María Dolores Fernández Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- mdolores.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 (Aulario 4) |
Martes | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 (Aulario 4) |