Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.5 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría do medio rural: hidráulica. Saber tomar decisións mediante o uso dos recursos dispoñibles para o traballo en grupos multidisciplinares. Saber transferir tecnoloxía, entender, interpretar, comunicar e adoptar os avances no campo agrario.
Hidrostática: Cálculo de empuxes. Ecuacións fundamentais da hidrodinámica. Características xeométricas e mecánicas de tubarías. Perdas de carga. Cálculo de sistemas simples e complexos de tubarías. Instalacións de bombeo. Fluxo variable en conduccións a presión. Hidrometría en réximen forzado.
Estos contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
Temario de teoría
1. Introdución. Propiedades dos fluídos (1 h) (DNP: 1 h)
2. Ecuacións Fundamentais da Hidrostática. Empuxes sobre superficies somerxidas (2 h) (DNP: 4 h)
3. Cinemática de fluídos. (1 h) (DNP: 2 h)
4. Dinámica de fluídos. Ecuación xeral das perdas de carga. (2 h) (DNP: 3 h)
5. Perdas de carga contínuas e singulares (2 h) (DNP: 2 h)
6. Tubarias con distribución discreta e continua (1 h) (DNP: 2 h)
7. Cálculo de sistemas simples e complexos de instalacións (3 h) (DNP: 2 h)
8. Fluxo variable en conducións a presión (1 h) (DNP: 2 h)
9. Bombas hidráulicas (3 h) (DNP: 3 h)
10. Asociacións de bombas hidráulicas (1 h) (DNP: 2 h)
11. Cavitación en bombas. NPSH (1 h) (DNP: 2 h)
Total 18 h
Temario Práctico.
1. Recoñecemento de materiais (1 h) (DNP: 2 h)
2. Cálculo da curva característica dunha bomba hidráulica (1 h) (DNP: 2 h)
3. Análise da relación entre caudal y presión. Aplicación a un emisor (1 h) (DNP: 2 h)
Proposta de exercicios (15 h) (DNP: 18 h)
Total Interactivas seminario (15 h) e laboratorio (3 h): 18 h
Titorías en grupos reducidos 2 h
Básica
Aguera Soriano, J. 1996. Mecánica de fluidos incompresibles y turbomáquinas hidráulicas. Editorial Ciencia 3.
Finnemore, E.J., J.B. Franzini. “Fluid Mechanics with Engineering Applications”. Ed. McGraw Hill (2002).
Streeter, V. 1988. Mecánica de fluidos. Ed. McGraw-Hill. Mexico.
Complementaria
Arviza, J. y Santamarina, C. 1995. Ingeniería Rural: Hidráulica. S.P.U.P.V. Valencia.
Gómez, P. 1993. Instalaciones de bombeo para riego y otros usos. Ed. Agrícola S.A. Madrid..
Losada, A. 1996. Fundamentos de hidrología y de la práctica de riegos. Escuela Técnica Superior de Ingenieros Agrónomos. Universidad Politécnica de Madrid.
Mendiluce, E. 1987. El golpe de ariete en impulsiones. Ed. Bellisco. Madrid.
Montalvo, T. 1994. Análisis de distribuciones discretas. Aplicación al riego. Universidad Politécnica de Valencia. Valencia.
Tarjuelo, J.M. 1999. El riego por aspersión y su tecnología. Ed Mundi-Prensa.
Universidad de Córdoba. 1999. Problemas de hidráulica para riegos. Servicio de publicaciones de la Universidad de Córdoba. Córdoba.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñaría agrícola. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais, específicas e transversais:
• CG1 - Coñecemento de materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan a aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións ou ambientes cambiantes.
• CT2 - Capacidade de razoar e argumentar
• CT1 - Capacidade de análise e síntese.
• CT6 - Capacidade para preparar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
· CG2 - Capacidade para resolver problemas con creatividade, iniciativa, metodoloxía e razoamento crítico.
· HJ5 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de obras civís, instalacións e infraestruturas de zonas verdes e áreas protexidas. Electrificación. Rega e drenaxe. Maquinaria para horticultura e xardinería.
· A3 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría das Operacións Agrarias: Electrificación das operacións agrícolas. Equipamento agrícola. Rego de sistemas e tecnoloxía. Construcións agrícolas. Instalacións para a saúde e o benestar animal. Desenvolvemento sostible; Estratexias de mercado e práctica profesional; Valoración de activos ambientais.
· MC5 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría das instalacións: electrificación rural. Tecnoloxía de rega e drenaxe. Obras e instalacións hidráulicas. Instalacións para a saúde e o benestar animal.
• CR7 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da enxeñería rural: cálculo de estruturas e construción, hidráulica, motores e máquinas, enxeñería eléctrica, proxectos técnicos.
A ensinanza da materia se distribuirá da seguinte forma:
Leccións magistrais participativas nas que se desenvolverán os conceptos teóricos necesarios para a comprensión da materia: 18 horas.
Competencias: Coñecemento en materias básicas. Capacidade de análise e síntese
Resolución de problemas, actividades en seminarios (grupos reducidos) coa finalidade da resolución de problemas prácticos: 15 horas.
Competencias: Capacidade para o razoamento e a argumentación. Capacidade para elaborar texto organizado
Prácticas de laboratorio ou campo, as prácticas (grupos reducidos) se desenvolverán no laboratorio e nas aulas de informática: 3 horas.
Competencias: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Titorías en pequenos grupos (grupos moi reducidos) cada un dos grupos dispón de tres horas destinadas á clarificación das dúbidas que podan existir nos diferentes temas tratados na materia.
Así mesmo os alumnos dispoñen da posibilidade de acudir a titorías individuais sempre que o crean oportuno e no horario que o profesorado ten destinado para elo.
A asistencia a clases expositivas, seminarios, prácticas y titorías en pequenos grupos será obrigatoria.
Competencia xeral. Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios da Enxeñaría do medio rural: cálculo de estruturas e construción, hidráulica, motores e máquinas, electrotecnia, proxectos técnicos.
O sistema de avaliación baséase na realización dunha proba escrita nas datas oficiais establecidas polo centro, con contidos prácticos e teóricos, ao finalizar a materia. Esta proba representará o 70% da nota final e cómpre, na mesma, un mínimo de 3,5 pontos sobre 10 para poder superar a materia.
Elaborarase un formulario único do que dispoñerá o alumno na parte práctica do exame
Ademais considerase a realización das memorias de prácticas e das probas feitas en laboratorio e a resolución de casos prácticos e os temas desenvoltos por cada alumno dentro das actividades dirixidas (30 % da nota final).
A convocatoria da 2ª oportuniudade rixe polas mesmas normas
O alumno/a cursa, cada ano académico, a totalidade da materia
Os alumnos que teñan dispensa de asistencia a clase nas condicións que sinala a Orde 1/2017 de Secretaría Xeral da USC, para aprobar a materia deberán presentarse e aprobar o exame nas datas oficiais. Isto non impide que poidan realizar outras tarefas de avaliación continua
A avaliación das competencias realízase según se indica:
Proba escrita: CG7, CG8, CT2, CT1, CT6, CT12, CR7
Exercicios e probas parciais: CG7, CG8, CT6, CT12, CR7
Prácticas: CG7, CT6, CR7
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Presenciais: 42
Docencia Expositiva 18
Laboratorio 3
Seminarios 15
Titorías en grupos reducidos 2
Exame 4
Non presenciais: 70,5
Lectura e preparación de temas 25
Realización de exercicios 18
Elaboración de traballos de curso 6
Preparación de probas de avaliación 21,5
En total: 112,5 horas
- Asistir a todas as actividades da materia tanto teóricas como prácticas.
- Empregar os horarios de titorías para afianzar coñecementos
- Facer uso das novas tecnoloxías que axudan a mellorar a calidade dos coñecementos adquiridos.
- Dedicar o tempo semanal previsto para cada compoñente de forma organizada e sistemática.
- Consultar a bibliografía base a medida que se van desenvolvendo os temas e facer uso da bibliografía complementaria para ampliar coñecementos nos temas abordados nas actividades dirixidas.
- Participar activamente en todos os compoñentes da materia.
Xan Xosé Neira Seijo
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- xan.neira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 (Aulario 4) |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 (Aulario 4) |