Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Búscase que o graduado en Enxañaría Civil adquira a formación necesaria para a planificación, proxecto, construción, mantemento e xestión das infraestruturas relacionadas co tratamento das augas para abastecemento e a depuración das augas procedentes do saneamento, permitindo deste xeito a conservación dos recursos hidráulicos.
Os contidos que figuran en la memoria de título son los seguintes:
• Conceptos iniciais
• Calidade de augas
• Tratamento de augas de abastecemento
• Depuración de augas residuais.
Estes contidos desenvolveranse seguindo o temario (os tempos indicados son estimados):
Contidos teóricos:
Bloque 0: Introdución(0,5h)
Tema 0.1. Introdución á enxeñaría Sanitaria e Ambiental
Bloque 1: Calidade da auga (DP=2h DNP=4h)
Temas do bloque:
1.1. Calidade das augas
1.2. Calidade das augas de consumo humana
Bloque 2: Tratamentos de potabilización da auga (DP=9.5 h DNP= 18)
Temas del bloque:
2.1. Introdución aos tratamentos da auga
2.2. Pretratamento
2.3. Fundamento teórico dos procesos de sedimentación
2.4. Coagulación- Floculación
2.5. Decantación
2.6. Decantacións melloradas
2.7. Filtración
2.8. Oxidación-Cloración.
2.9. Tratamentos especiais
Bloque 3: Tratamentos de depuración de augas residuais: Línea de auga(DP=10h DNP=20)
Temas do bloque:
3.0. Introdución á depuración de auga
3.1. Pretratamento
3.2. Decantación primaria
3.3. Tratamentos biolóxicos
3.3.1. Leitos bacterianos
3.1.2. Fangos activos
3.4. Decantación secundaria
3.5. Tratamento terciario
Bloque 4: Tratamentos de depuración de augas residuais: Liña de fangos (DP=2h DNP=4)
Contidos prácticos:
1. Augas potables (DP=10h interactivas DNP=12.5)
1.1. Cálculos no pretratamento: aliviadeiros, canles de desbaste e tamices
1.2.Cálculo de sistemas de dosificación e almacenamento de reactivos
1.3. Deseño e cálculo de coaguladores, floculadores e decantadores estáticos e dinámicos para potabilización
1.4. Deseño, cálculo e mantemento dos sistemas de filtración
1.5. Dosificación de reactivos para desinfección
2. Augas residuais (DP=9h interactivas DNP= 12.5)
2.1. Determinación da carga contaminante
2.2. Desarenadores e desengrasadores
2.3. Decantadores primarios
2.4. Deseño e cálculo de sistemas biolóxicos de Depuración: fangos activos
2.5. Deseño e cálculo de sistemas biolóxicos de Depuración: leitos bacterianos
2.6. Cálculo de Decantadores Secundarios
2.7. Análise, deseño e cálculo da liña de fangos: espesamento, estabilización, acondicionamento e deshidratación
Outros actividades (Traballos de Curso) (DNP= 24h):
1. Xeración dun Glosario de termos científico-técnicos en Inglés (1 hora interactiva).
O alumno empregará o Tesauro da UNESCO (http://vocabularies.unesco.org/browser/thesaurus/es/) para determinar o termo en Inglés, partindo do mesmo en Español, ademais de engadir a súa definición en ambas linguas. Establecerase cinco categorías de termos, segundo os principais contidos a estudar na materia (calidade, potabilización, depuración, contaminación atmosférica e sonora, residuos sólidos).
2. Caracterización dunha estación de tratamento de augas potables (ETAP):
Selección da ETAP
Planificación de la visita (Concertar fecha y hora de la mesma)
Recollida de información (poboación abastecida, tratamento,....)
Elaboración dun informe crítico da ETAP. Diagnóstico da situación.
Presentación e defensa do informe.
3. Caracterización dunha estación de tratamento de augas residuais (EDAR):
Selección da EDAR
Planificación de la visita (Concertar fecha y hora de la mesma)
Recollida de información (caudais, tipo de tratamentos, poboación/area,....)
Elaboración dun informe crítico da EDAR. Diagnóstico da situación.
Presentación e defensa do informe.
Viaxe de prácticas (4 horas interactivas)
Visitas a unha Planta de Potabilización e unha planta de Depuración de auga residual.
Bibliografía básica:
• Degrémont (Suez); (1991). Water treatment handbook. (2 Vol.) Degremont S.A. ISBN: 2950398413
• Droste, Ronald L.; (1997) Theory and practice of water and wastewater treatment. Editions Wiley. ISBN: 0-471-12444-3.
• Tejero, I., Suárez, J., Jácome A., y Temprano J.; (2004) Ingeniería sanitaria y ambiental (dos Volúmenes) Editado por: E.T.S. de Ing. de Caminos de Santander. Universidad de Cantabria. ISBN: 84-607-0983-3
• Trapote Jaume, Arturo; (2011). Depuración de aguas residuales urbanas.. Publicaciones Universidad de Alicante. Unión de editoriales universitarias Españolas (UNE) ISBN: 978-84-9717-4
Bibliografía complementaria
• American Water Works Association (AWWA); (2002). Manual de calidad y tratamiento del agua. Ed McGraw – Hill. ISBN: 8448132106
• CEDEX ;(2011). MANUAL PARA LA IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE DEPURACIÓN EN PEQUEÑAS POBLACIONES. Edita Ministerio de M. A. A. y M. ISBN: 978-84-491-1071-9
• Dègremont; (1979). Manual Técnico del agua. Ediciones Urmo, S.A.. ISBN: 9788431460396
• Hernández Muñoz, Aurelio; (1996). Depuración de aguas residuales. C. O. de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos. Colección senior, Ed. Paraninfo; Madrid. ISBN: 84-380-0051-7
• Hernández Muñoz, A., Hernández Lehmann.A., Galán Martínez. P.; (2000). Manual de depuración de Uralita. Ed. Paraninfo. ISBN:84-283-2162-0
• Metcalf-Eddy; (1995). Ingeniería sanitaria: tratamiento, evacuación y reutilización de aguas, Editorial Labor; Barcelona; ISBN 84-335-6421-8
Dentro do cadro de competencias deseñado para a titulación, se traballarán as seguintes competencias xerais:
CG1 – Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de obras Públicas e coñecemento das función de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, conservación e explotación
CG2 - Comprensión dos múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se propón na construción dunha obra pública, e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de acadar a maior eficiencia e eficacia da construción dentro do respecto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública.
CG3 - Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación precisa durante o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas.
Enuméranse agora as competencias específicas, sinalando aquelas materias coas que se comparte a adquisición de ditas competencias:
CETEH2- Coñecemento e comprensión do funcionamento dos ecosistemas e os factores ambientais (competencia compartida con Enxeñaría e Ecoloxía dos Sistemas Litorais)
CETEH3- Coñecemento dos proxectos de servizos urbanos relacionados coa distribución da auga e o saneamento (competencia compartida con Servizos urbanos)
CETEH4- Coñecemento e comprensión dos sistemas de abastecemento y saneamento, así como do seu dimensionamento, construción e conservación. (competencia compartida con Abastecemento e Saneamento)
Enuméranse agora as competencias transversais:
CT1. Capacidade de análise e síntese.
CT2. Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT6. Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7. Capacidade para realizar unha exposición en público de xeito claro, conciso e coherente.
A ensinanza da materia distribuirase do seguinte xeito:
Clases expositivas (24 horas) nas que se desenrolarán os conceptos teóricos precisos para a comprensión da materia. Así mesmo, na USC virtual, se facilitará o material utilizado nas exposicións teóricas e outros materiais complementarios que se estimen de interese.(competencias CG1, CG2, CG3, CETEH2, CETEH3, CTEH4, CT1) (Leccións maxistrais participativas. Seminarios e conferencias. Utilización de pizarras clásicas e dixitais. Utilización da aula virtual).
Actividades en seminarios (12 horas) nos que se realizarán exercicios prácticos destinados a unha mellor compresión da materia. Realizaranse en grupos reducidos.(competencias CETEH3, CTEH4, CT1, CT2 y CT6)(Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballo/s de curso).
Nas prácticas (grupos reducidos) (12 horas) daranse as pautas para a realización dos traballos, neste apartado encádranse as viaxes de prácticas ou "Prácticas de Campo", incluíndo a visita a polo menos, a unha depuradora de augas residuais e a unha planta de tratamento de auga potable e/ou un centro de investigación na temática da materia.(competencias CETEH3, CTEH4, CT1, CT2, CT6 y CT7) (Visitas técnicas a empresas e institucións, Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballo/s de curso). Existirá a posibilidade da realización voluntaria dun traballo conxunto con outras materias da titulación que implicará o deseño dun ou varios elementos propios dos procesos de tratamento de augas.
Titorías en pequenos grupos (grupos moi reducidos) cada grupo dispón de 3 horas co fin de clarexar dúbidas que poidan existir nos diferentes temas tratados na materia.(CT1 y CT2)) (Titorías individuais e colectivas).
Asemade os alumnos dispoñen da posibilidade de acudir as titorías individuais, sempre que o consideren oportuno e no horario establecido polos profesores.
A asistencias as clases expositivas, seminarios, prácticas e titorías en pequenos grupos é obrigatoria.
Na materia prográmase a viaxe de estudos do cuarto curso do Grao, de asistencia non obrigatoria e non avaliable.
Realizarase unha proba escrita con contidos prácticos e teóricos o finalizar a materia (primeira oportunidade). Esta proba representará o 70% da nota final, sendo necesario alcanzar unha nota mínima dun 5 sobre 10 puntos para poder aprobar a mesma.
A realización das tarefas prácticas e/o traballos representará o 25% da totalidade (tanto na primeira como na seguda oportunidade). Valoraranse ademáis a asistencia aos viaxes de prácticas, representando el 5% de la cualificación final (en ambas oportunidades), nas probas escritas poderán aparecer preguntas relacionadas con estas visitas.
Cando non se alcance a nota mínima de 5 sobre 10 puntos na proba escrita, a cualificación que aparecerá na acta será a media das obtidas nas diferentes probas, cun límite máximo de 4,5.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha de las actividades programadas por traballo o conciliación familiar, para la superación de la materia realizarán os traballos de curso e superar o exame (da forma que se detalla enriba), aínda que estará liberado da asistencia á viaxe de prácticas.
Para a segunda oportunidade manteranse as notas dos traballos e prácticas de campo (visita técnica), así como os seus porcentaxes. A prueba escrita será similar a da primeira oportunidade e o porcentxje será tamén do 70%.
Para os alumnos non matriculados por primeira vez a evaluación será similar á descrita para os novos, pero a calificación das tarefas prácticas e traballos poderá manterse durante dous cursos académicos.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso (ca cualificación de 0 nesa convocatoria) na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se puída seguir contra el alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados u obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación, e sen citas ós autores das fontes. Para estes casos será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
A avaliación de competencias realízase como sigue:
Probas escritas CG1, CG2, CG3, CETEH2, CETEH3 y CETEH4, CT1 y CT2
Tarefas prácticas e traballos CG1, CG2, CG3, CETEH2, CETEH3 y CETEH4, CT6 y CT7
A distribución das horas presenciais son como sigue:
Clases teóricas (expositivas de grupo grande) 24 horas
Actividades en seminarios (interactivos, con grupos reducidos) 12 horas
Prácticas (con grupos reducidos) 12 horas
Titorías en grupo (con grupos moi reducidos) 3 horas
Actividades de avaliación 4 horas
Traballo persoal do alumnado:
Lectura e preparación de temas 36 horas.
Realización de exercicios 12 horas.
Elaboración de traballos de curso 24 horas.
Preparación de probas de avaliación 23 horas.
Total 150 horas.
Recoméndase a asistencia participativa e activa nas clases e o estudio continuado e paralelo á impartición da materia.
Maria Teresa Teijeiro Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- mteresa.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Marta Rodríguez Fernández
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- martarodriguez.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario II (Pav.III) |
Venres | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario II (Pav.III) |