Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 24 Total: 55
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é facilitar aos futuros graduados en Enxeñería Química coñecementos sobre os fundamentos de Electrotecnia.
Prestarase especial atención a:
1.- Coñecer os fundamentos físicos e matemáticos que se aplican en Electrotecnia e a súa relación coas aplicacións prácticas da electricidade.
2.- Familiarizarse coa normativa vixente que se aplica ás instalacións eléctricas, así como aspectos básicos de seguridade e risco eléctrico.
3.- Identificar os diferentes elementos que forman parte das instalacións eléctricas domésticas e industriais, con especial atención ao cálculo de seccións dos condutores.
4.- Coñecer as características principais dos motores eléctricos asíncronos e dos transformadores, así como dos aparellos eléctricos utilizados nas instalacións eléctricas.
5.- Obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS): enerxía asequible e non contaminante.
Os contidos desta materia segundo a memoria do título son:
1. Corrente alterna. Circuítos de corrente alterna monofásica e trifásica.
2. Potencia e enerxía en circuítos de corrente alterna monofásicos e trifásicos.
3. Máquinas eléctricas. Transformadores e máquinas rotativas eléctricas.
4. Instalacións eléctricas: selección de condutores, protección de instalacións e seguridade de persoas.
5. Regulamentación vixente.
6. Descarbonización do sector eléctrico.
7. Prácticas de electrotecnia: manobra básica e automatización básica de máquinas eléctricas.
Visita técnica
Tendo en conta estos contidos, a materia está estruturada en dous bloques, un a desenvolver na aula e outro no laboratorio:
BLOQUE I. Contidos das clases expositivas (30 horas, tipo “E”) e de seminarios (14 horas, tipo “S”)
Tema 1: Introdución á teoría dos circuítos eléctricos (5 E e 1 S)
1.1. Electrotecnia e Enxeñería Eléctrica.
1.2. Conceptos: Corrente continua. Corrente alterna. Cables. Luminarias. Lámpadas. Motores eléctricos. Transformadores.
1.3. Circuíto eléctrico, elementos activos e elementos pasivos.
1.4. Circuítos de corrente continua: leis de Kirchhoff, asociación de elementos e análises de circuítos.
1.5. Introdución á selección de condutores.
Tema 2. Corrente alterna monofásica (5 E e 3 S)
2.1. Magnitudes sinusoidais.
2.2. Elementos pasivos en corrente alterna.
2.3. Análise de circuítos.
2.4. Potencia instantánea e activa consumida
2.5. Potencia complexa, factor de potencia.
2.5 Corrección do factor de potencia.
Tema 3. Corrente alterna trifásica (6 E e 3 S)
3.1. Sistemas trifásicos, características e xeración.
3.2. Circuítos trifásicos equilibrados.
3.3. Valores de fase e valores de liña.
3.4. Conexión en triángulo e en estrela.
3.5. Potencia e factor de potencia.
Tema 4. Máquinas eléctricas (6 E e 3 S)
4.1. Clasificación xeral das máquinas eléctricas.
4.2. Transformador de potencia monofásico e trifásico.
4.3. Motor eléctrico síncrono e asíncrono.
4.4. Arranque e protección de motores.
Tema 5. Instalacións eléctricas (6 E e 3 S)
5.1. O sistema eléctrico.
5.2. Regulamento Eléctrico de Baixa Tensión.
5.2. Cálculo de seccións.
5.7. Seguridade das instalacións eléctricas e elementos de protección.
Tema 6. O sector eléctrico (2 E)
6.1. Tarifas e factura eléctrica.
6.2. Descarbonización e transición enerxética.
Visita técnica (1 hora)
BLOQUE II. Prácticas (10 horas)
Sesións de taller: Manobra e automatización básica de máquinas eléctricas
- Sesión 1. Aparellaxe e seguridade nas instalacións eléctricas.
- Sesión 2. Arranque e parada dun motor asíncrono trifásico.
- Sesión 3. Cambio de xiro dun motor eléctrico trifásico.
- Sesión 4. Modificación da velocidade de xiro dun motor eléctrico trifásico de CA mediante un variador de frecuencia: Determinación de potencias de axitación.
Aula de informática
- Sesión 5. Deseño dunha instalación eléctrica básica.
Bibliografía básica:
Bloque I
Queijo García, G. (2018) Fundamentos de Tecnología Eléctrica. UNED. ISBN: 978-84-362-7314-4. (Libro electrónico Biblioteca USC)
Bloque II
Cerdá Filiu, Luis Miguel (2017) Electricidad y automatismos eléctricos. Ed. Paraninfo. ISBN 978-849-732-454-0. Signatura B-ETSE: A022 59 (A/B).
Bibliografía complementaria:
MOLINA, José; CÁNOVAS RODRÍGUEZ, Francisco Javier (2012) Fundamentos de electrotecnia para ingenieros. Ed. Alfaomega, Marcombo ISBN: 978-607-707-580-6 (tomo 1); 978-607-707-612-4 (Tomo 2); 978-607-707-566-0 (tomo 3). Signatura B-ETSE: A022 56 (A/B).
Catalán Izquierdo S. (2014) Electrotecnia. Instalaciones eléctricas. Editorial Universitat Politécnica de Valencia. 1ª Edición. ). Signatura B-ETSE: A022 64
Fraile Mora, J. (2012): Circuitos Eléctricos. Pearson Educación, S.A. Madrid. Signatura B-ETSE: A022 66
Fraile Mora, J. (2008): Máquinas Eléctricas. McGraw-Hill, 6ª ed. Madrid. Signatura B-ETSE: A022 53
Moreno Alfonso, N. e Cano González, R. (2004): Instalaciones Eléctricas de Baja Tensión. Thomson Editores Spain. Madrid.
Real Decreto 842/2002, de 2 de agosto de 2002 polo que que se aproba o “Reglamento Electrotécnico para Baja Tensión e Instrucciones Técnicas Complementarias”. (Boletín Oficial del Estado. Edición actualizada, 23 de marzo de 2023)
Relación de resultados da aprendizaxe:
A) Coñecementos ou contidos
Con08: Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
Con10: Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
B) Habilidades ou destrezas
H/D01: Traballo en equipo.
H/D04: Razoamento crítico e compromiso ético.
H/D05: Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
C) Competencias:
Comp08: Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñería Industrial.
Comp09: Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
Comp14: Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
Bloque I. Clases expositivas e seminarios:
Durante as horas expositivas combinaranse as clases maxistrais presenciais, para presentar os contidos teóricos, coa resolución práctica de exercicios que ilustren os contidos teóricos. Durante os seminarios presenciais o alumnado realizará exercicios prácticos e resolverá problemas que profunden nos coñecementos adquiridos nas clases expositivas, ademais tamén realizaranse pequenas probas de avaliación (exercicios, test, etc.) ás veces individuais e outras en grupos, co fin de avaliar a adquisición dos contidos vistos nas clases expositivas. Buscarase e fomentarase a participación do alumnado, tanto nas clases expositivas como durante os seminarios. Ademais, farase uso de software específico para o deseño de instalacións eléctricas e cálculo de seccións, entregando un traballo en equipo relacionado co uso do devandito software e os cálculos necesarios para determinar a sección dos condutores dunha instalación industrial.
Está prevista a realización dunha visita técnica, en colaboración con outras materias de primeiro curso, no marco das visitas programadas para o segundo semestre do Grao en Enxeñería Química. Na devandita visita técnica o alumnado poderá visualizar unha instalación eléctrica industrial e os seus elementos principais (centro de transformación, cadro eléctrico principal e secundarios, motores, etc.).
Bloque II. Prácticas de laboratorio:
Talleres de manobra e automatización básica de máquinas eléctricas, o alumnado traballará en equipos de 3-4 persoas, realizando a montaxe de diversos circuítos que integran diversos elementos de potencia e control. Ao finalizar as prácticas experimentais, cada equipo entregará unha memoria/caderno das actividades propostas.
Titoría grupal:
Na hora asignada á titoría grupal realizarase unha actividade relacionada coas instalacións eléctricas e entregarase un traballo en equipo sobre os contidos vistos.
As titorías individuais solicitadas polo alumnado, para consulta de dúbidas, realizaranse presencialmente ou, de ser necesario, de maneira telemática mediante MS Teams.
Farase uso do Campus Virtual (Moodle) para a distribución dos materiais docentes, realización de probas tipo test e avisos ou entregas de actividades. Fomentarase o uso de follas de cálculo e do software específico de deseño de instalacións eléctricas para a resolución dalgúns dos problemas propostos.
A continuación, descríbense as diferentes actividades planificadas para alcanzar os resultados da aprendizaxe da materia:
Con08: Exame. Clases expositivas e seminarios. Prácticas.
Con10: Exame. Clases expositivas e seminarios. Prácticas. Visita técnica. Titoría grupal.
H/D01: Clases de seminario. Prácticas. Visita técnica. Titoría grupal.
H/D04: Exame. Clases expositivas e seminarios. Prácticas. Visita técnica. Titoría grupal.
H/D05: Exame. Clases de seminario. Prácticas. Visita técnica. Titoría grupal.
Comp08: Exame. Clases de seminario. Prácticas.
Comp09: Exame. Clases de seminario. Prácticas. Titoría grupal.
Comp14: Exame. Titoría grupal.
A avaliación será resultado dunha media ponderada no que se terán en conta os resultados obtidos nas seguintes actividades:
a. Exame: 50% (obrigatorio).
b. Seminarios e participación na aula: 20% (incluída a visita técnica, a cal é obrigatoria).
c. Prácticas: 20% (obrigatorio).
d. Titoría grupal:10% (obrigatorio).
A asistencia ás prácticas, visita técnica e titoría grupal da materia é obrigatoria para aprobar a materia. É indispensable a asistencia ás sesións de laboratorio tal como establece a normativa da Universidade de Santiago de Compostela, debendo xustificar as posibles ausencias tal e como se recolle en dita normativa. Recoméndase asistir ás clases expositivas e a todos os seminarios para un correcto seguimento dos contidos.
Para superar a materia débese obter unha puntuación mínima do 40% da cualificación máxima correspondente ao exame e das prácticas de laboratorio, e obter unha cualificación global mínima de 5,0. A cualificación máxima que obtería o alumno/a, se non superase a puntuación mínima do exame ou de prácticas sería de 4,9, suspenso. O exame da materia contempla dúas partes, teoría (30% da cualificación global do exame) e problemas (70% da cualificación global do exame). Na parte de teoría avaliaranse contidos adquiridos na aula, no laboratorio e na titoría grupal.
Antes da realización do exame final, o alumnado coñecerá as notas obtidas nos seminarios, prácticas e titoría grupal. O alumnado que realizou o prácticas pero non superou o mínimo do 40% da puntuación correspondente a estas actividades, poderá ser cualificado de novo antes da realización do exame da segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Avaliación de actividades e resultados da aprendizaxe
Resultado do aprendizaxe - Actividades
Con08: Exame. Seminarios. Prácticas.
Con10: Exame. Seminarios. Prácticas. Titoría grupal.
H/D01: Seminarios. Prácticas. Titoría grupal.
H/D04: Exame. Seminarios. Prácticas. Titoría grupal.
H/D05: Exame. Seminarios. Prácticas. Titoría grupal.
Comp08: Exame. Seminarios. Prácticas.
Comp09: Exame. Seminarios. Prácticas. Titoría grupal.
Comp14: Exame. Titoría grupal.
A materia ten unha carga de traballo de 6 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total. A continuación indícase un reparto aproximado das horas de estudo:
Traballo presencial na ETSE, total: 59.0 h
Clases expositivas: 30.0
Seminarios e visita: 14.0
Prácticas: 10.0
Titoría grupal: 1.0
Exame e revisión: 4.0
Traballo persoal, total: 91.0 h
Clases expositivas: 36.0
Seminarios: 20.0
Prácticas: 15.0
Titoría grupal: 4.0
Exame e revisión: 16.0
HORAS TOTAIS: 150.0 (6 ECTS)
No traballo presencial indícase o número de horas que se planificaron para as diversas actividades que se realizarán: clases expositivas e de seminario, visita técnica, prácticas no laboratorio, titoría grupal e exame. No traballo persoal estimáronse as horas asociadas ás actividades do alumnado fóra da aula. As horas totais, 150 h, son suma das horas de traballo persoal e presencial e axústanse aos correspondentes 6 ECTS asignados á materia.
Recoméndase que o alumnado teña superadas as materias de Matemáticas e Física. Tamén é recomendable a asistencia a clase, así como o uso do Campus Virtual da materia (Moodle) de acordo coas indicacións sinaladas anteriormente.
A docencia impártese en galego; manexaranse fontes de información en castelán e/ou inglés.
SEGURIDADE NO LABORATORIO DE PRÁCTICAS:
A admisión e permanencia do alumnado matriculado no laboratorio de prácticas require que estes coñezan e cumpran as normas incluídas no “Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais” da Escola Técnica Superior de Enxeñería, dispoñible no apartado de seguridade da súa web ao que se pode acceder da seguinte maneira:
1. Accede á túa intranet.
2. Entra en Comisións/Seguridade e Saúde/Formación.
3. Preme en "Protocolo de formación básica en materia de seguridade para espazos experimentais”.
Ademais, o alumnado disporá dun guión de prácticas, no que se recollerán os aspectos máis relevantes relativos á seguridade e prevención de riscos asociados co uso da electricidade.
Juan Manuel Garrido Fernandez
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816778
- Correo electrónico
- juanmanuel.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Angeles Val Del Rio
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- mangeles.val [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Isabella Narvaez Prado
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Correo electrónico
- isabella.narvaez.prado [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A2 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula A2 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula A2 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula A2 |
02.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | PROXECTOS |
02.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | PROXECTOS |
02.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | PROXECTOS |
02.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | PROXECTOS |
02.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | PROXECTOS |
02.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | PROXECTOS |
20.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A3 |
20.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A3 |
20.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A3 |
20.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A3 |
20.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A3 |
20.06.2025 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A3 |