Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 30 Total: 51
Linguas de docencia Castelán (28%), Galego (71%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os conceptos fundamentais da lóxica proposicional e de primeira orde e saber manexar as regras de inferencia e equivalencias lóxicas de cuantificación para a realización de probas formais.
- Coñecer e saber aplicar razoadores baseados nas lóxicas proposicional e de primeira orde, así como os mecanismos de inferencia que para derivar novo coñecemento.
- Identificar aqueles problemas nos que a lóxica ten vantaxe sobre outras técnicas de representación do coñecemento.
- Comprender os conceptos básicos da Programación Lóxica (unificación, resolución, negación) e demostrar en que medida a súa aplicación favorece o desenvolvemento de aplicacións en Intelixencia Artificial.
DOCENCIA EXPOSITIVA
BLOQUE I. Lóxica proposicional
I.1 Nocións fundamentais: formalización, sintaxe e semántica.
I.2 Regras de equivalencia e operadores lóxicos
I.3 Mecanismos de resolución: táboas de verdade e dedución natural
BLOQUE II. Lóxica de Primeira Orde
II.1 Nocións fundamentais: formalización, sintaxe, semántica e cuantificadores.
II.2 Operadores lóxicos
II.3 Indecibilidade da lóxica de primeira orde
II.4 Mecanismos de resolución: dedución natural
BLOQUE III. Programación Lóxica
III.1 Xeración de respostas
III.2 Cláusulas de Horn
III.3 Estratexias de avaliación
DOCENCIA INTERACTIVA
BLOQUE I. Exercicios de Lóxica Proposicional
I.1 Formalización de argumentos en linguaxe natural
I.2 Construción de táboas de verdade e resolución de exercicios mediante dedución natural
BLOQUE II. Exercicios de Lóxica de Primeira Orde
II.1 Formalización de argumentos con cuantificadores
II.2 Resolución de exercicios mediante dedución natural
II.3 Probas de teoremas
BLOQUE III. Exercicios de Prolog
III.1 Elaboración de pequenos programas en Prolog
III.2 Análise de trazas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Bratko, I. 2001, Prolog: programming for artifical intelligence, 3rd ed edn, Addison-Wesley, Harlow, England.
- Schöning, U. 1989, Logic for computer scientists, 1st ed edn, Birkhäuser, Boston.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Ben-Ari, M. 2012, Mathematical logic for computer science, 3rd edition edn, Springer London, London.
- Deaño, A. 1975, Introducción a la lógica formal, 2ª ed. en Alianza Universidad edn, Alianza, Madrid.
- Falguera, J.L. & Martínez Vidal, C. 1999, Lógica clásica de primer orden, estrategias de deducción, formalización y evaluación semántica, Trotta, Madrid.
- Huth, M. & Ryan, M. 2000, Logic in computer science: modelling and reasoning aboutsystems, Cambridge University, Cambridge, UK.
- Kneale, W. & Kneale, M. 1972, El Desarrollo de la lógica, Tecnos, Madrid.
- Russell, S.J. & Norvig, P. 2010, Artificial Intelligence - A Modern Approach, Third International Edition, Pearson Education.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS DA MATERIA NO GRAO
CB2) Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4) Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5) Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
CX2) Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade.
CX4) Capacidade para seleccionar e xustificar os métodos e técnicas adecuadas para resolver un problema concreto, ou para desenvolver e propoñer novos métodos baseados en Intelixencia Artificial.
CX5) Capacidade para concibir novos sistemas computacionais e/ou avaliar o rendemento de sistemas existentes, que integren modelos e técnicas de Intelixencia Artificial.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS DA MATERIA NO GRAO
TR1) Capacidade para comunicar e transmitir os seus coñecementos, habilidades e destrezas.
TR2) Capacidade de traballo en equipo, en entornas interdisciplinares e xestionando conflitos.
TR3) Capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA NO GRAO
CE5) Capacidade para comprender e dominar os conceptos da lóxica, gramáticas e linguaxes formais para analizar e mellorar as solucións baseadas en Intelixencia Artificial.
CE20) Coñecer as tecnoloxías semánticas para o almacenamento e acceso de grafos de coñecemento e o seu uso na resolución dos problemas.
CE21) Coñecer os fundamentos das técnicas de razoamento aproximado e de toma de decisións, en ambientes de incerteza, seleccionando a máis adecuada para a resolución dos problemas.
Estes obxectivos e competencias alcánzase co conxunto de actividades previstas para o seguimento da materia, e serán avaliados a través das probas previstas para a avaliación da docencia expositiva e a docencia interactiva.
Docencia expositiva: combinación de clases teóricas de exposición maxistral, abertas á participación e ao debate, con clases de traballo cooperativo informal.
Docencia interactiva: realización de boletíns de exercicios para cada un dos bloques. Durante as sesións presenciais, resolveranse na aula unha selección dos exercicios propostos nos boletíns e se discutirán todas as dúbidas que xurdan a raíz dos mesmos.
A metodoloxía de avaliación desta materia baséase na avaliación continua, o que require da realización dunha serie de actividades ao longo do semestre. Na seguinte táboa especifícanse as categorías de actividades que van ser obxecto de avaliación co seu peso correspondente na cualificación da materia (expresado en %) así como as competencias cas que se relacionan:
Competencia avaliada Actividade Porcentaxe
CB4, CB5, TR1, CE5, CE21 Proba final 60%
CE5, CE20, CE21 Boletíns de exercicios 20%
CX2, CX4, CX5, CB4, TR2, TR3 Realización de práctias e entrega de memorias 20%
As actividades de “Boletín de exercicios” e “Realización de prácticas e entrega de memorias” non serán recuperables nas proba final, polo que é imprescindible que se vaian entregando nas datas indicadas no Campus Virtual da materia. No caso de non superar a materia na 1ª oportunidade, conservaranse todas as cualificacións obtidas para a 2ª oportunidade.
A cualificación de “non presentado” outorgarase cando non se realice a proba final. A entrega dalgún dos boletíns de exercicios ou da memoria de prácticas, aínda que son avaliables, non permiten superar a materia por iso non se teñen en conta para outorgar esta cualificación.
Criterios de avaliación das distintas actividades:
- A proba final estará composta por unha combinación de preguntas de resposta curta (e.g., tipo test, definición de conceptos, etc.) con preguntas que requiren dunha resposta máis elaborada (e.g., resolución dalgún problema) dos contidos da materia.
- Os boletíns de exercicios estarán compostos por actividades que terán que ser resoltas individualmente e entregadas a través do CV. Os exercicios correctamente resoltos puntuarán positivamente. O obxectivo destes boletíns é que o estudante poida avaliar regularmente a súa comprensión da materia e solucionar o máis pronto posible as dúbidas que aparezan.
- As prácticas de Programación Lóxica consistirán en actividades de aprendizaxe cooperativa (tanto formal como informal) nas que os estudantes terán que desenvolver unha tarefa en grupo. Estas entregas, ademais da tarefa en si resolta, deberán ir acompañadas dunha memoria (a súa extensión variará en función da tarefa) que documente a actividade realizada.
As datas de realización e de entrega de todas as actividades serán anunciadas ca antelación suficiente no Campus Virtual da materia.
O alumnado con "dispensa académica" será avaliado cos mesmos criterios e ponderacións que se indicaron, pero ca seguinte adaptación: En lugar de facer prácticas e entregas de memoria en grupo durante as sesións interactivas, poderá realizar unha selección destas prácticas, acordadas co profesor, onde a extensión máxima do traballo será determinada en función da mesma. As datas de entrega das actividades poderán ser acordadas co docente responsable e variar con respecto ao calendario indicado na guía docente. En calquera caso recoméndase que alumnado que se encontre nesta situación de dispensa académica de asistencia a clases se poña previamente en contacto co profesor da materia.
Lémbrase ao alumnado a penalización por plaxio na realización de traballos, recollida na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 no artigo 16, que di: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
6 créditos ECTS
Clases Expositivas 20h
Clases Interactivas 30h
Horas de Titorías 1h
Horas presenciais 51h
Horas non presenciais 99h
Traballo total do estudante 150h
Docencia expositiva: 20 horas de traballo presencial do estudante (asistencia a clase) e 45 de seguimento e preparación da docencia expositiva (lectura e repaso diaria do visto na clase, preparación de esquemas e estudio regular da materia).
Docencia interactiva: 30 horas de traballo presencial do estudante (asistencia as clases, participación activa nas mesmas e realización das prácticas) e 50 horas de preparación dos boletíns de exercicios e elaboración das memorias de prácticas.
Actividades titoriais: 1 hora para a resolución de dúbidas e planificación das tarefas a realizar.
Total: 51 horas de traballo presencial e 99 de traballo persoal.
1) Asistencia diaria ás clases.
2) Lectura diaria, previa ou posterior á clase, dos temas que se van tratando nas aulas.
3) Realización dos boletíns de exercicios.
4) Estudio sistemático e regular dos temas e textos da materia.
5) Programar e preparar, coa antelación suficiente, as distintas actividades correspondentes á docencia interactiva da materia.
6) Utilización das horas de atención ao alumnado para resolver dúbidas, problemas e todo tipo de preguntas relacionadas coa materia.
Martin Pereira Fariña
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812525
- Correo electrónico
- martin.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alejandro Gracia Di Rienzo
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Correo electrónico
- alejandro.gracia.dirienzo [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
| Luns | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
| 12:00-14:30 | Grupo /CLIL_02 | IA.11 |
| Martes | ||
| 11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | IA.11 |
| 12:00-14:30 | Grupo /CLIL_01 | IA.11 |
| Mércores | ||
| 12:00-14:30 | Grupo /CLIL_03 | IA.11 |
| 22.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
| 22.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
| 22.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
| 22.05.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
| 09.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A2 |
| 09.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A2 |
| 09.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A2 |
| 09.07.2024 09:15-14:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A2 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PEREIRA FARIÑA, MARTIN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GRACIA DI RIENZO, ALEJANDRO | Castelán |
| PEREIRA FARIÑA, MARTIN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GRACIA DI RIENZO, ALEJANDRO | Castelán |
| PEREIRA FARIÑA, MARTIN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GRACIA DI RIENZO, ALEJANDRO | Castelán |
| PEREIRA FARIÑA, MARTIN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PEREIRA FARIÑA, MARTIN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PEREIRA FARIÑA, MARTIN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PEREIRA FARIÑA, MARTIN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PEREIRA FARIÑA, MARTIN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PEREIRA FARIÑA, MARTIN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PEREIRA FARIÑA, MARTIN | Galego |