Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Electrónica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é a capacitación do estudantes para o desenvolvemento de sistemas eléctricos e electromecánicos na actividade profesional do Enxeñeiro en Robótica. Os resultados da aprendizaxe perseguidos son:
• Resolver circuítos de corrente alterna tanto de circuítos monofásicos como trifásicos.
• Coñecer os circuítos magnéticos. Coñecer e comprender o funcionamento dos relés.
• Escoller o transformador adecuado para aplicacións robóticas.
• Comprender o funcionamento dos motores de corrente alterna e de corrente continua.
• Comprender os cálculos técnicos e a súa metodoloxía, dos motores e/ou xeradores.
• Comprender o comportamento dos motores como máquina reversible.
• Coñecer as tipoloxías e as curvas características dos motores de corrente alterna e de corrente continua.
• Deseñar o accionado de motores de corrente alterna e de corrente continua.
• Analizar e avaliar alternativas dos diferentes motores de enerxía eléctrica, tanto de corrente alterna como continua.
• Analizar os resultados e tomar decisións en consecuencia sobre as distintas posibilidades de elección dunha máquina eléctrica.
• Escoller o tipo de motor máis adecuado para cada aplicación robótica.
A memoria verificada do título establece que os contidos desta materia son:
• Aplicación de circuítos de corrente alterna.
• Circuítos magnéticos.
• Transformadores.
• Motores de corrente alterna e de corrente continua.
• Accionamento de motores.
• Selección de motores para aplicacións robóticas
Estes contidos se organizan en dous bloques coa seguinte distribución temática e distribución temporal en horas presenciais (HP) e horas non presenciais de dedicación por conta do alumno (HNP). A distribución temporal mostra tanto as hora dedicadas a clases expositivas (primeiro número), como as dedicadas a seminarios de problemas (segundo número).
Bloque I: Teoría de circuítos (14 HP + 8 HP, 18 HNP + 12 HNP)
o Tema 1: Introdución e taxonomía (0,5 HP + 0 HP, 0,5 HNP + 0 HNP)
o Tema 2: Análise de circuítos (6 HP + 4 HP, 8 HNP + 4 HNP)
o Tema 3: Síntese de circuíto (4 HP + 2 HP, 6 HNP + 4 HNP)
o Tema 4: Circuítos trifásicos (2 HP + 2HP, 2 HNP + 2 NHP)
o Tema 5: Regulamento electro-técnico e seguridade eléctrica (1,5 HP + 0 HP, 1,5 HNP + 2 HNP)
Bloque II: Transformadores e motores (10 HP + 4 HP, 15 HNP + 8 HNP)
o Tema 6: Circuítos magnéticos (1 HP + 0 HP, 1 HNP + 1 HNP)
o Tema 7: Transformadores (1 HP + 0,5 HP, 1 HNP + 1 HNP)
o Tema 8: Máquina eléctrica (2 HP + 0 HP, 1 HNP + 0 HNP)
o Tema 9: Máquina síncrona e asíncrona (2 HP + 2 HP, 4 HNP + 1 HNP)
o Tema 10: Máquina de corrente continua (2 HP + 1,5 HP, 4 HNP + 1 HNP)
o Tema 11: Aplicacións do motor eléctrico (2 HP + 0 HP, 4 HNP + 4 HNP)
Esta materia, no contexto deste grado e atendendo aos seus obxectivos, ten unha orientación claramente práctica. Por isto, ademais da revisión temática exposta, realizaranse as seguintes prácticas de laboratorio para complementar ou ampliar o estudado nas sesións de teoría:
• Práctica 1: Medida de variables eléctricas en monofásica e trifásica (2 HP, 2 HNP)
• Práctica 2: Deseño CAD de circuítos eléctrico/electrónicos (2 HP, 6 HNP).
• Práctica 3: Manobras básicas en motores trifásicos (2 HP, 2 HNP).
• Práctica 4: Simulación de máquinas eléctricas (2 HP, 6 HNP).
• Práctica 5: Accionamento con motores paso a paso (2 HP, 2 HNP).
• Práctica 6: Accionamento con servo-motores (1 HP, 1 HNP).
• Práctica 7: Accionamento con motores DC sen escobillas (1 HP, 1 HNP).
Bibliografía básica:
• Fraile Mora, Jesús. Circuitos eléctricos. Prentice Hall, 2012.
• Fraile Mora, Jesús. Máquinas Eléctricas. Garceta, Madrid, 2015.
Bibliografía complementaria:
• Fraile Mora, Jesús. Problemas de circuitos eléctricos. Pearson Eduaction,, Madrid 2013
• Fraile Mora, Jesús; Fraile Ardanuy, Jesús. Problemas de Máquinas Elécrtricas. Garceta, Madrid, 2015
• Bruce Carson, Teoría de Circuitos, Thomson Editores, S.A.
• A. Pastor, J. Ortega, V. Parra y A. Pérez, Circuitos Eléctrico, UNED
• Castejón, A. Santamaría, G. “Tecnología Eléctrica”.
• Chapman, S.J. “Máquinas Eléctricas”. Mc Graw Hill.
• Fitzgerald, A.E. “Fundamentos de Ingeniería eléctrica”. Mc Graw Hill.
• Sanz Feito, J. “Máquinas Eléctricas”. Pearson
• Boylestad, R.L., Electronic Devices and Circuit Theory. Pearson.
• High Speed Digital Design: A Handbook of Black Magic. H. Johnson. TBS 1993
• EMC and the Printed Circuit Board: Design, Theory, and Layout Made Simple. Mark Montrose. Wiley. 1998
• Printed Circuit Board Basics: An Introduction to the Pcb Industry. Michael Flatt. Backbeat. 1997
• Printed Circuits Handbook. Clyde Coombs. McGraw-Hill Education. 2007
• Electrónica para makers: Guía completa. P. Aliverti. Marcombo 2017
• Electrotecnia: Ciclos formativos Grado medio. Pablo Alcalde San Miguel. E. Paraninfo. 2014
• Análisis básico de circuitos eléctricos y electrónicos. Txelo Ruiz. Alhambra. 2004
• Electrónica aplicada. Pablo Alcalde San Miguel. E. Paraninfo. 2016
• Manual de electrónica: Básica. Miguel D’Addario. Create Space. 2015
O terminar con éxito esta asignatura, o alumnado será capaz de:
Coñecementos:
Con30. Coñecer as técnicas disponibles no análisis de circuitos eléctricos e electrónicos.
Con31. Coñecer o funcionamiento de sistemas trifásicos equilibrados.
Con32. Coñecer los elementos de maniobra y seguridad en sistemas electrotécnicos.
Con33. Coñecer a normativa aplicable a instalaciones eléctricas y electrónicas.
Con34. Distinguir a tipoloxía de máquinas eléctricas e motores disponibles.
Destreza:
H/D33. Analizar circuitos eléctricos e electrónicos en sistemas de corrente continua, monofásicos e trifásicos.
H/D34. Calcular as características eléctricas de motores para o accionameto de robots.
H/D35. Dimensionar as necesidades enerxéticas de sistemas eléctricos en robots.
Competencia:
Comp10. Coñecer fundamentos de electrotecnia e entender o funcionamiento das máquinas eléctricas,
especialmente motores de CA/CC, y coñecer cuáles son as fontes de enerxía máis adecuadas para robots fixos o
autónomos.
A materia consta tanto de contidos teóricos como prácticos e de seminario. Na clase de teoría o profesor expoñerá os contidos teóricos da materia apoiándose en materiais multimedia. Estas clases completaranse coa discusión de problemas a realizar nos seminarios. Para a realización das prácticas os alumnos disporán de guións que reflectirán os seus obxectivos, material e métodos. A realización das prácticas será obrigatoria.
Para o estudo da materia o alumno disporá da bibliografía básica da materia, así como do material de apoio que use o profesor, ao que se poderá acceder tamén desde a USC virtual.
A avaliación da materia realizarase mediante tres mecanismos:
• Exame final da materia (60 % da nota). O exame consistirá na resolución dunha serie de cuestións obrigatorias e problemas. Será necesario responder correctamente todas as cuestións obrigatorias para poder superar a materia.
• Avaliación do traballo práctico (30 % da nota). A asistencia e realización das prácticas propostas é obrigatoria para poder superar a materia. A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase no laboratorio durante a realización de estas (50% da nota do traballo práctico). Ademais, realizarase unha proba final de cuestións curtas do traballo realizado no laboratorio (50% da nota do traballo práctico).
• Resolución de problemas propostos (10% da nota). Avaliación da actividade realizada nos seminarios (resolución individual de problemas propostos polo profesor).
No caso de alumnos que teñan concedida a dispensa de asistencia o proceso de avaliación será o mesmo, e deberá realizar as prácticas de laboratorio e as actividades propostas nos seminarios. Recomendase que os alumnos con dispensa se poñan en contacto co profesor da materia para fixar a realización das actividades e prácticas.
Para a convocatoria de segunda oportunidade mantéñense as condicións de avaliación que para a convocatoria ordinaria ou de primeira oportunidade.
As prácticas terán validez durante dous cursos académicos desde a súa realización, polo que non se terán que repetir neste período.
Para os casos de realización fraudulenta dos exercicios e provas, aplicarase o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Competencias avaliadas:
• Exame final e exercicios propostos: CE6, CG1, CG4, CG5, CG6, CB2, CT1, CT3 e CT12.
• Realización de prácticas: CG3, CG6, CT1, CT4, CT9 e CT12
O resto de competencias serán traballadas pero non avaliadas.
A dedicación das actividades presenciais repártese en:
• 24 horas de clases expositivas.
• 12 horas de seminarios para a resolución de problemas.
• 12 horas de sesións de laboratorio para a realización das prácticas propostas.
• 3 horas de titorías en grupo.
• 4 horas de titorías individualizadas.
• 5 horas para a avaliación.
En canto a dedicación non presencial:
• 40 horas para a revisión de contidos teóricos.
• 20 horas para a realización individual de problemas propostos.
• 12 horas para a preparación e revisión das prácticas de laboratorio.
• 11 horas para a preparación de titorías (individuais ou en grupo).
• 7 horas para avaliación e revisión da avaliación.
En total a materia require unha dedicación de 150 horas entre presencias e non presencias. Esta distribución temporal sería suficiente para que un alumno medio opte á máxima nota posible.
Debido á alta correlación existente entre os conceptos desenvoltos nas clases de teoría e os contidos das prácticas e os seminarios, recoméndase aos alumnos constancia no estudo da materia, acudindo ás sesións de prácticas e seminarios cos conceptos xa traballados. Coa realización das prácticas e os seminarios, éstes quedarán claros e asentados, facilitándose así o estudo e comprensión da materia.
Enrique Comesaña Figueroa
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Electrónica
- Teléfono
- 982823251
- Correo electrónico
- e.comesana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 7 (Aulario 2) |