Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
A materia pretende dar ao alumno unha visión xenérica dos sistemas encaixados convencionais. Deste xeito, os principais obxectivos da materia son:
- Comprender os conceptos da arquitectura de un sistema computacional e en particular de un sistema encaixado.
- Coñecer metodoloxías e ferramentas de traballo para sistemas encaixados.
- Coñecer a xestión e programación dos dispositivos de entrada/salda. Comunicación con periféricos. Xestión das interrupcións.
- Resposta en tempo real.
Nesta materia o alumno adquirirá coñecementos sobre a estrutura xeral do hardware dos Sistemas Encaixados e a súa funcionalidade e aplicacións. Tamén adquirirá coñecementos sobre a súa programación eficiente. Así mesmo se exercitará a expresión oral técnica, a capacidade de organización e planificación e a capacidade de aplicación práctica dos coñecementos teóricos.
Os contidos da materia, conforme á MTV deben ser os seguintes:
“Concepto y características de los sistemas encaixados. Sistemas encaixados baseados en microcontroladores. Arquitectura de los microcontroladores,repertorio de instrucións, interrupcións, dispositivos de entrada/salda, buses y comunicacións. Sistemas encaixados y de tempo real. Sistemas operativos de tempo real. Programación de sistemas encaixados.”
Organizanse en 4 temas:
1. Introdución aos sistemas encaixados. Definición e características. Representación da información. (4 horas presenciais e 3 non presencial).
2. Arquitectura dun sistema encaixado. Microcontroladores. Repertorio de instrucións. Programación eficiente. (10 horas presenciais e 16 non presenciais).
3. Sistemas operativos para sistemas encaixados. Interrupcións. Sistemas en tempo real (6 horas presenciais e 11 non presenciais)
4. Xestión da entrada/saída. Comunicación con periféricos. GPIO. Buses. Protocolos de comunicación. (4 horas presenciais e 9 non presenciais)
As prácticas serán de programación en ensamblador e C. Haberá 4 prácticas obrigatorias e 1 optativa. Os temas a tratar serán:
- Iniciación á compilación. Compilación cruzada. Linguaxe ensamblador. Asociada ós tema 1,2. (2 horas presenciais e 2 non presenciais)
- Introdución ás operacións ariméticas e de carga. Uso da memoria. Asociada ó tema 2. (3 horas presenciais e 2 non presenciais)
- Saltos e subrutinas. Asociada aos temas 2,3 (3 horas presenciais e 3 non presenciais)
- Sistemas operativos e tempo real. Asociada ó tema 3. (3 horas presenciais e 3 non presenciais)
- Entrada/Saída. Asociada lao tema 4. (2 horas presenciais e 2 non presenciais)
O libro básico nos que se desenvolven os contidos da materia é:
• Y. Zhu. “Embedded Systems with ARM Cortex-M Microcontrollers in Assembly Language and C”. Third Edition. E-Man Press LLC. 2017. ISBN-13: 978-0982692660.
• Andrew S. Tanenbaum "Sistemas operativos modernos"(3a edición). Editorial Prentice-Hall, 2009. ISBN: 9786074420463
Os complementarios:
• G. Gu. “Building Embedded Systems: Programmable Hardware”. Apress Ed. 2016. ISBN-13: 978-1484219188.
• E. White. “Making Embedded Systems: Design Patterns for Great Software”. O'Reilly. 2011. ISBN-13: 978-1449302146.
Tras superar esta materia, o alumno terá un coñecemento preciso do mecanismo de funcionamento dun sistema encaixado, de como se xestiona o seu hardware e de como se organiza a execución de diferentes programas. Coñecerá algunhas funcións de manexo da entrada/saída, das instrucións e da comunicación con periféricos, e será capaz de programar aproveitando as funcionalidades do sistema para optimizar a execución dos códigos. Tamén adquirirá coñecementos sobre algúns conceptos relacionados coas aplicacións de tempo real. Con estes coñecementos, o alumno cubrirá as competencias específicas CE4 e CE18, así como pare das competencias básicas e xerais CG1, CB3 e CB5. No desenvolvemento das prácticas e dos traballos propostos polo profesor, traballaranse as competencias transversais: CT1, CT3, CT5, CT9 e CT10. Tódalas competencias son susceptibles de ser avaliadas tanto no exame final como na avaliación continua.
O material de traballo para esta materia inclúe os libros recomendados, que se intentará que estean dispoñibles na biblioteca. O aprendizaxe do alumno tamén estará apoiado na ensinanza virtual, a través do Campus Virtual da USC.
Nas clases expositivas o profesor presentará e desenvolverá os aspectos fundamentais de cada un dos temas da materia. Os contidos que se abordan nestas clases van ser suficientes para que se poidan realizar as prácticas da materia; ademais, se explicarán todos os conceptos que se van a esixir para aprobar a materia.
Nas clases interactivas vanse realizar diferentes actividades, as prácticas e actividades de avaliación das prácticas. Haberá unha data de entrega de cada práctica, que se realizará polo campus virtual. Durante as sesións de prácticas o alumno resolverá problemas de programación e montaxe de aspectos concretos dos sistemas encaixados e complementarios aos contidos explicados nas clases expositivas. As prácticas serán individuais.
A avaliación da aprendizaxe basearase na realización efectiva dunha avaliación continua e un exame final. A avaliación continua estará fundamentada na realización efectiva por parte dos alumnos das prácticas propostas ao longo do cuadrimestre e na realización dos traballos propostos. O exame final incluirá todos os contidos da materia.
Polo tanto, a avaliación da materia consta de dous apartados que se avalían de maneira independente: exame final e prácticas. O exame final supón o 60% da cualificación final e a parte práctica supón o outro 40%. En calquera caso, para superar a materia é requisito imprescindible ter unha nota igual ou maior que 4 tanto no exame final como na parte práctica.
As competencias CT1, CT3, CT5, CT9 e CT10 avalíanse nas prácticas, mentres que as CE4, CE18, CG1, CB3 e CB5 avalíanse nos exames e nos exercicios propostos.
Cada unha das prácticas propostas terá unha data concreta de finalización. Pasada está data, a práctica será considerada como non feita. Ao rematar cada unha das prácticas propostas, o alumno deberá enviala ao profesor. As prácticas serán avaliadas durante as sesións posteriores á data de entrega, nas que o alumno explicará ó profesor a realización da práctica.
Ademais da entrega das prácticas e a súa avaliación presencial polo profesor, haberá un exame final de prácticas soamente na oportunidade de xullo para os alumnos que non superen as prácticas na convocatoria de febreiro.
O alumno recibirá a cualificación de "non presentado" cando non faga o exame final.
Estes criterios son de aplicación para as dúas oportunidades, e para os alumnos repetidores.
Para os alumnos con dispensa de asistencia a asistencia ás clases expositivas non será obrigatoria pero si ás prácticas xa que a avaliación das mesmas farase nas propias sesións.
O tempo que o alumno deberá destinar a traballo persoal e estudio estimouse en 55 horas de estudio autónomo, 15 horas de escritura de exercicios ou outros traballos, 20 horas de programación ou outros traballos en ordenador. O total de horas de traballo persoal do alumno é de 90 horas.
Recoméndase a asistencia a clase de docencia expositiva, onde se exporán os conceptos básicos da materia, a realización dos traballos propostos polo profesor e a asistencia as clases de docencia interactiva.
Para os casos de realización fraudulenta dos exercicios e probas, aplicarase o recollido na “Normativa de avaliación do rendiemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Oscar Garcia Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores
- Correo electrónico
- oscar.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 (Aulario 2) |
| Venres | ||
| 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 (Aulario 2) |
| 14.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 (Aulario 2) |
| 14.05.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 (Aulario 2) |
| 08.07.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 (Aulario 2) |
| 08.07.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 8 (Aulario 2) |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA LORENZO, OSCAR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA LORENZO, OSCAR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA LORENZO, OSCAR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA LORENZO, OSCAR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA LORENZO, OSCAR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA LORENZO, OSCAR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GARCIA LORENZO, OSCAR | Galego |