Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Expresión Gráfica da Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecemento do contexto, utilidade e fundamentos da linguaxe gráfica técnico. Coñecemento e capacidade para aplicar as normas fundamentais do debuxo técnico. Capacidade para o debuxo a man alzada, esbozo e perspectivas. Capacidade para interpretar e redactar a documentación gráfica básica dun proxecto da especialidade.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Introdución á Enxeñería Gráfica
• Sistemas de Representación
• Normalización do Debuxo Técnico
• Debuxo Asistido por Computador
Estes contidos serán desenvolvidos #de acordo con o seguinte temario:
BLOQUE I – INTRODUCIÓN Á ENXEÑERÍA GRÁFICA
1.1.- Linguaxe gráfica e enxeñería
1.2.- Aspectos instrumentais
Tempo presencial: 0 horas. Tempo de traballo do alumno: 1 horas (Campus Virtual)
BLOQUE II.- DEBUXO ASISTIDO POR COMPUTADOR
2.1.- Iniciación, contorna e utilidades
2.2.- Comandos básicos para empezar a debuxar
2.3.- Propiedades dos obxectos
2.4.- Textos
2.5.- Presentacións
2.6.- Comandos de debuxo
2.7.- Comandos de modificación
2.8.- Consultas e control da visualización.
2.9.- Acoutamento co programa
2.10.- Trazado e publicación
Tempo presencial: 8 horas expositivas, 8 horas de prácticas. Tempo de traballo do alumno (non presencial): 20 h
BLOQUE III - XEOMETRÍA DESCRITIVA BÁSICA
3.1.- SISTEMA AXONOMÉTRICO
3.1.1.- Trazado práctico de perspectivas; interseccións
Prácticas: Exercicios de cada tema de teoría desenvolvido, desarrollables mediante software de CAD avanzado
3.2.- SISTEMA DIEDRICO
3.2.1. Fundamentos
3.2.2. Obtención dun modelo 3D a partir de proxeccións diédricas, vistas auxiliares mediante cambio de plano.
3.2.3. Representación de formas poliédricas. Obtención de vistas normalizadas mediante CAD.
3.2.4. Determinación de pezas complexas co emprego das ferramentas topolóxicas de volumes de sólidos, mediante CAD. Fusión, unión, diferenza.
3.2.5. Medición e obtención de verdadeiras magnitudes mediante ferramentas CAD
3.2.6. Problemas básicos de interseccións, paralelismo e perpendicularidade
3.2.7. Interseccións de Superficies. Maclas, sólidos de fusión. Sistemas de visualización do modelo 3D
Prácticas: Exercicios de cada tema de teoría desenvolvido, desarrollables mediante software de CAD avanzado
Tempo presencial: 16 horas (8 horas teoría e 8 horas de práctica e 3 horas de titoría). Tempo de traballo do alumno (non presencial): 35 horas
3.3.- SISTEMA DE PLANOS ACOUTADOS
3.3.1. Fundamentos
3.3.2. Representación de elementos xeométricos elementais: punto, recta e plano. Interseccións
3.3.3. Cálculo gráfico de cubertas
3.3.4. Representación do terreo natural
3.3.5. Interpretación de cartografía.
3.3.6. Modelado gráfico do terreo, explanacións, vías
Prácticas: Exercicios de cada tema de teoría desenvolvido.
Tempo presencial: 16 horas (8 horas teoría e 8 horas de práctica). Tempo de traballo do alumno (non presencial): 35 horas
BLOQUE IV.- NORMALIZACIÓN DA REPRESENTACIÓN
4. NORMALIZACIÓN
4.1. Escalas
4.2. A normalización do debuxo técnico
4.3. A normalización da representación tridimensional
4.4. A normalización da anotación
Prácticas: Test de autoavaliación.
Tempo presencial: 0 horas. Tempo de traballo do alumno (non presencial): 4 horas (Campus Virtual)
Bibliografía básica
Bertran i Guasp, J., 2005. Sistema diédrico directo: fundamentos y ejercicios. Editorial Donostiarra, San Sebastian.
Giménez Peris, V., 2007. Diédrico directo: teoría y 190 ejercicios de aplicación / Vicente Giménez Peris. Tip. Mazuelos, S.L., Cádiz.
Gordo Monsó, C., 2020. El sistema de planos acotados en ingeniería civil, Edición: 1a. ed. Garceta grupo editorial, Madrid.
Gordo Monsó, C., 2014. Sistema de planos acotados y sus aplicaciones. Cultiva Libros, Madrid, España.
Zurita de la Vega, E., Tato Sánchez del Valle, P.E., Castillón Palomeque, P., González Carquijero, E., 2001. Modelado del terreno-cálculo y determinación gráfica. UNICOPIA, Lugo.
Manuais desenvolvidos polo profesorado, dispoñibles no Campus Virtual da USC
Bibliografía complementaria:
García López, M.J., 2021. Expresión gráfica en la ingeniería civil: sistema de planos acotados. Universidad del País Vasco
Gonzalo Gonzalo, J., 2007. Sistema diédrico directo / Joaquín Gonzalo Gonzalo, Prácticas de dibujo técnico 14. Editorial Donostiarra, San Sebastián.
Montaño La Cruz, F., 2023. AutoCAD 2023. Marcombo.
Piquer Vicent, A., 2022. Introducción a la Ingeniería Gráfica. Universitat Jaume I
Ramos Barberó, B., 2020. Dibujo técnico. AENOR - Asociación Española de Normalización y Certificación, Madrid.
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da Enxeñaría en xeral ou da Enxeñaría civil en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas, xerais e transversais:
• CG1 Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
• CT1 Capacidade de análise e síntese.
• CT2 Capacidade para o razoamento e a argumentación.
• CT3 Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
• CT12 Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
• CEFB2 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de Xeometría Métrica e Xeometría Descritiva e Xeometría Proxectiva, como mediante as aplicacións de Deseño Asistido por Computador. Esta competencia tamén se adquire coa materia Expresión Gráfica na Enxeñaría II.
Esta competencia concrétase na adquisición das capacidades para:
• Interpretar documentación técnica gráfica de enxeñaría e redactar documentación básica, aplicando o coñecemento das convencións e normas
• Coñecer os fundamentos dos sistemas de representación e saber elixir o adecuado para a resolución de problemas xeométricos e de representación
• Debuxar a man alzada esbozo e perspectivas de pezas
• Manexar aplicacións informáticas de debuxo
• Aplicar o razoamento espacial
- Prácticas na aula de informática:
A actividade presencial desenvólvese na aula de Informática. Teñen por obxectivo a aprendizaxe dos conceptos necesarios dos bloques II e III, así como a adquisición de destreza no uso das aplicacións informáticas de debuxo asistido por computador.
A explicación dos contidos teóricos intégrase nas sesións de laboratorio.
Os exercicios propostos gardan relación con todos os bloques da materia. Os alumnos dispoñen dos enunciados das prácticas. Utilízase o campus virtual para a descarga de arquivos e o envío das prácticas resoltas, de ser o caso.
A aprendizaxe complétase coa realización de traballo non presencial. A cualificación desta colección de exercicios forma parte da avaliación do traballo do curso (compoñente C). Co fin de comprobar a realización persoal destes traballos estableceranse sesións presenciais nas que o alumno expoñerá a metodoloxía da resolución. No caso de que se constate que o alumno non realizou o traballo, cualificarase con 0 puntos o bloque de traballos de curso coa consecuente repercusión na avaliación final.
Trabállanse as competencias CEFB2, CT1, CT2, CT3, CT12.
- Utilización do Campus Virtual
O campus virtual complementa ás clases presenciais. A páxina da materia vaise actualizando a medida que avanza o programa reflectindo puntualmente os temas e actividades de cada sesión, con ligazóns aos materiais utilizados, que os alumnos poden descargar.
- Titorías individualizadas e colectivas. Dentro da planificación da materia están previstas titorías en grupos reducidos, nas que se aproveitará para resolver posibles dúbidas que poidan xurdir, e no caso de que non existan, avanzarase sobre novos aspectos da materia.
De forma individual, o alumno pode solicitar titorías para aclarar os aspectos da materia nos que teña maior dificultade. Estas titorías poderán ser presenciais ou telemáticas.
Tanto na primeira como na segunda oportunidade, a avaliación componse nun 30% da avaliación os traballos propostos durante o curso (compoñente C), e nun 70% no resultado dun exame final (compoñente F).
A cualificación do traballo desenvolvido durante o curso consistirá na avaliación dos exercicios propostos (compoñente C), que se executarán de forma autónoma, e que deben ser enviados no prazo proposto pola profesora. No caso de que un exercicio non se envíe no prazo establecido, a súa cualificación será 0. Avalía as competencias CG1, CEFB2, CT1, CT2, CT3, CT12.
A cualificación do exame final elaborarase a partir de catro probas:
-F1: Exame práctico de DAO. Supón o 30% da cualificación F.
Avalía as competencias CG1, CEFB2, CT1, CT2, CT3, CT12.
-F2: Exame práctico de DIÉDRICO. Supón o 30% da cualificación F.
Avalía as competencias CG1, CEFB2, CT1, CT2, CT3, CT12.
-F3: Exame práctico de ACOUTADOS. Supón o 30% da cualificación F.
Avalía as competencias CG1, CEFB2, CT1, CT2, CT3, CT12.
-F4: Exame test da parte de Normalización. Realízase no Campus Virtual. Supón o 10% da cualificación F
A materia considérase non superada se se dá algunha das seguintes condicións:
1º Algunha das probas do exame (F1, F2, F3, F4) consegue unha nota inferior a 3 puntos.
2º A cualificación do exame final F= (0,3 x F1 + 0,3 x F2 + 0,3 x F3+ 0,1 x F4) resulta inferior a 4,5 puntos.
Cualificación final do curso
A cualificación final da materia será CF = 0,3 x C + 0,7 x F.
En caso de non superar a proba do exame final non se computará a parte da cualificación por curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Asistencia a clase
Todas as clases teñen “carácter obrigatorio” e polo tanto, levarase un control estrito de asistencia. De non constar unha asistencia igual ou superior ao 80%, o alumnado nesas circunstancias non contará coa puntuación do 30% da parte práctica nin poderá presentarse aos exames parciais no caso de que se celebren, polo que para superar a asignatura, o alumno nestas circunstancias realizará o exame final na convocatoria correspondente, obtendo como máximo una puntuación de 7 puntos sobre 10, e situándose o aprobado en 5 puntos sobre 7.
Repetidores
A cualificación obtida nos traballos obrigatorios gardarase para o curso seguinte, así como os bloques aprobados, se os houbese.
A cualificación final da materia será CF = 0,30 x C + 0,70 x F.
En caso de non superar a proba do exame final non se computará a parte da cualificación por curso.
Conciliación e dispensa de asistencia
Se un alumno non puidese cumprir co requisito de asistencia a clase por unha circunstancia especial, debidamente xustificada, asignaráselle un método de aprendizaxe alternativa: titorías virtuais mediante MS Teams, así como vídeos de apoio en Youtube. O alumno deberá presentar os traballos nos prazos establecidos para poder ser avaliado.
A materia contempla 150 horas de dedicación, das que 55 destínanse a actividades presenciais e 95 a traballo autónomo do alumno.
6 créditos ECTS x 25 horas crédito = 150 horas de dedicación
24 horas expositivas + 24 horas interactivas + 3 horas de titorías en grupo = 51 horas
Outras horas presenciais de carácter obrigatorio = 4 horas (exames)
150 - 51 - 4 = 95 horas de traballo autónomo
95 horas / 15 semanas do curso = 6,3 horas por semana, que poderían estruturarse en 3 horas para estudar ou practicar o uso das ferramentas explicadas en clase e 3 horas para o traballo semanal.
- A asistencia ás clases
- A realización dos exercicios propostos, tanto nas sesións prácticas como o traballo autónomo.
- A asistencia puntual das titorías individuais para a resolución de dúbidas ou para requirir material adicional que permita reforzar as partes que puidesen resultar máis difíciles
- A utilización dos materiais complementarios fornecidos a través do Campus Virtual
- A consulta frecuente da bibliografía básica recomendada
A materia impartirase en castelán.
Patricia Eva Tato Sanchez Del Valle
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Expresión Gráfica da Enxeñaría
- Correo electrónico
- patricia.tato [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Luns | ||
|---|---|---|
| 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 1 (Pav.III) |
| Martes | ||
| 10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula de Informática 1 (Pav.III) |
| 09.01.2024 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 7 (Aulario 4) |
| 13.06.2024 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 7 (Aulario 4) |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TATO SANCHEZ DEL VALLE, PATRICIA EVA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TATO SANCHEZ DEL VALLE, PATRICIA EVA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TATO SANCHEZ DEL VALLE, PATRICIA EVA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TATO SANCHEZ DEL VALLE, PATRICIA EVA | Castelán |