Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Capacitar ao alumno para o desenvolvemento da análise elemental de estruturas, estudando as tipoloxías máis usuais na enxeñaría civil e comprender como as características das estruturas inflúen no seu comportamento.
A memoria de título considera para esta materia os seguintes contidos:
Equilibrio xeral. Relacións e esforzos internos.
Estruturas isostáticas e trianguladas.
Tensión-deformación.
Esforzo axil.
Esforzo cortante.
Flexión.
Flexocompresión.
Torsión.
Estes contidos teóricos serán desenvolvidos segundo o seguinte temario:
BLOQUE 1. ESTRUTURAS ISOSTÁTICAS (4h expositivas + 5h seminario + 18h NP)
1.1. Conceptos fundamentais.
1.2. Equilibrio xeral. Reaccións. Esforzos internos. Vigas biapoiada e en beiril.
1.3. Pórticos e arcos. Estruturas de nós articulados.
1.4. Combinación de estruturas isostáticas.
BLOQUE 2. TENSIÓN-DEFORMACIÓN. (5h expositivas + 3h seminario + 16h NP)
2.1. Equilibrio tensional. Tensor de tensións. Tensións e direccións principais. Circulo de Mohr.
2.2. Movemento, tensión e deformación. Modelos de comportamento de materiais.
BLOQUE 3. FLEXOCOMPRESIÓN. (5h expositivas + 2h seminario + 14h NP)
3.1. Elementos barras sometidos a axil. Seccións de varios materiais. Seccións variables
3.2. Elementos barras sometidos a flexión. Seccións de varios materiais. Núcleo central.
BLOQUE 4. TORSIÓN. (5h expositivas + 1h seminario + 12h NP)
4.1. Torsión uniforme e non uniforme. Tensións tanxenciais por torsión uniforme. Seccións circulares, macizas e rectangulares estreitas.
4.2. Torsión en seccións abertas e pechadas. Combinación de seccións abertas e pechadas.
BLOQUE 5. CORTANTE. (5h expositivas + 1h seminario + 12h NP)
5.1. Tensións tanxenciais por cortante. Seccións rectangulares e dobre-T. Seccións abertas.
5.2. Centro de esforzos cortantes en seccións abertas. Seccións pechadas.
Os contidos prácticos serán desenvolvidos segundo o seguinte temario:
Práctica 1.- Análise dunha viga sometida a varios tipos de cargas. CYPECAD (2h laboratorio+ 4h NP)
Práctica 2.- Tensión deformación en vigas. CYPECAD (2h laboratorio+ 4h NP)
Práctica 3.- Exemplos prácticas de vigas sometidas a flexocompresión. CYPECAD (3h laboratorio+ 6h NP)
Práctica 4.- Torsión. CYPECAD (3h laboratorio+ 6h NP)
Práctica 5.- Exemplo dun pórtico sometido a varias cargas. CYPECAD (2h laboratorio+ 3h NP)
Bibliografía básica
Cervera Ruiz, Blanco Díaz. E:”Mecánica de estructuras”. Libro 1”Resistencia de Materiales”. Ediciones UPC Barcelona 2002
Cervera Ruiz, Blanco Díaz. E:”Mecánica de estructuras”. Libro 2 “Métodos de análisis”. Ediciones UPC Barcelona 2002
Ortiz Berrocal, L “Resistencia de materiales” ,MacGraw-Hill, 1991.
Bibliografía complementaria
VAZQUEZ FERNÁNDEZ, M. 1994. Resistencia de materiales. Ed. Noela. Madrid.
GERE, M.J.; TIMOSHENKO, S.P. 2002. Resistencia de materiales. Thomson. Madrid.
STEPHEN P TIMOSHENKO; JAMES M GERE. 2009. Theory of Elastic Stability (Dover Civil and Mechanical Engineering). Dover Publications Inc
Tal e como se recolle na memoria verificada do título, de entre as competencias a adquirir polo alumnado na titulación, as que proporciona a materia de Estructuras I son as seguintes
Competencias básicas e xerais
CG1: Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
Competencias Específicas
CECC2: Coñecemento teórico e práctico das propiedades químicas, físicas, mecánicas e tecnolóxicas dos materiais máis utilizados na construcción.
CECC3: Capacidade para aplicar os coñecementos de materiais de construción en sistemas estruturais. Coñecemento da relación entre a estrutura dos materiais e as propiedades mecánicas que dela se derivan.
CECC4: Capacidade para analizar e comprender como as características das estruturas inflúe no seu comportamento. Capacidade para aplicar os coñecementos sobre o funcionamento resistente das estruturas para dimensionar as seguindo as normativas existentes e utilizando métodos de cálculo analíticos e numéricos.
CECC6: Coñecemento dos fundamentos do comportamento das estruturas de formigón armado e estruturas metálicas e capacidade para concebir, proxectar, construír e manter este tipo de estruturas.
Competencias Transversais
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razonamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT9: Habilidad no manexo de TICs.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Traballo Presencial
Leccións maxistrais: Nas clases teóricas empregarase o método expositivo, de sorte que o/a alumno/a reciba unha base teórica imprescindible para a aplicación dos métodos dialéctico e heurístico, que precisan duns coñecementos mínimos.
En calquera caso, o uso deste método didáctico non se fará de forma ríxida, intercalándose preguntas para fomentar o argumento e estimar o nivel de comprensión da exposición.
A clase teórica debe servir ao alumnado como unha introdución á aprendizaxe dunha cuestión concreta e non, como un substituto do seu traballo persoal, que ha de lograrse por outros medios.
Competencias traballadas CG1, CECC2, CECC3, CECC4 e CECC6
Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e en proxectos:
Realizaranse seminarios destinados á resolución de casos prácticos así como ao coñecemento e aplicación da distinta normativa legal existente, tendo sempre en conta as limitacións derivadas do tamaño do grupo.
Considerase tamén a realización de prácticas nas que se aplicarán os coñecementos adquiridos á resolución de estruturas reais. Para a realización destas, utilizaranse os equipos instalados na nave de construción e as ferramentas informáticas das aulas específicas.
Para as horas presenciais non definidas como teóricas proponse unha metodoloxía de aprendizaxe baseada no traballo en grupo.
Tanto os seminarios, coma as clases de problemas e as clases prácticas baséanse na aplicación do método dialéctico, método plenamente participativo que leva ao alumnado a razoar e a formular correctamente cuestións, estimulando a actitude crítica e demostrando a necesidade de dubidar e preguntarse.
Competencias traballadas CECC3, CECC4, CECC6, CT4, CT9 e CT12.
Traballo non presencial
Traballo autónomo e estudo independente dos alumnos: neste senso considérase a posibilidade de encomendar a realización de traballos baseados na resolución de casos prácticos e a súa aplicación a problemas reais. En concreto proponse a realización da maqueta dunha estrutura con materiais de uso común (papel reciclado, paliños…) para salvar unha luz de 50 cm. Os datos concretos do proxecto facilitaranse cada curso e se esixirá a xustificación teórica da solución adoptada, aplicando os coñecementos adquiridos na materia. Valorarase a orixinalidade no deseño, a súa funcionalidade e a capacidade de carga acadada.
Así mesmo fomentarase o traballo ao longo de todo o curso, promovendo o traballo persoal para o estudo continuado dos aspectos teóricos na materia e para a realización de casos prácticos derivados das clases de problemas.
Se traballarán sobre todo as competencias transversais CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10 y CT12
Para o seguimento da materia, o alumnado dispón dun curso virtual na plataforma da USC onde ten á súa disposición material de diversa índole: guía docente da materia, transparencias empregadas nas clases expositivas, boletíns de problemas...
Titorías
Ademais de posibilitar un contacto directo profesorado-alumnado, permiten a orientación sobre calquera tipo de problema relacionado co desenvolvemento da materia ou mesmo a formación universitaria en xeral. Permiten a orientación individual co fin de lograr unha maior eficacia no traballo persoal do alumnado. Tamén se prevén titorías en grupo, se ben estas se deseñan especificamente para resolución de problemas que afectan ao conxunto do alumnado, como poden ser os traballos de curso.
Utilizarase o campus virtual e, en xeral, as novas tecnoloxías (correo electrónico, etc.) como apoio á titoría tradicional, aproveitando a infraestrutura do centro e as disponibilidades do alumnado neste terreo.
1.- Exame de contidos teórico-práctico: 70% da calificación final, debendo acadar un mínimo de 3 puntos sobre un total de 7. As competencias avaliadas son CG1, CECC2, CECC3, CECC4, CECC6, CT1, CT2, CT3 e CT6.
2.- Traballos de curso: 30% da cualificación final. . As competencias avaliadas son CECC3, CECC4, CECC6, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT9, CT10 e CT12.
A cualificación final obterase como suma das cualificacións indicadas para cada concepto, debéndose acadar un mínimo de 5 puntos para superar a materia.
Estes criterios manteranse tanto na convocatoria ordinaria, como na extraordinaria e para os alumnos repetidores.
Os alumnos que teñan dispensa de asistencia a clase nas condicións que sinala a Orde 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, para aprobar a materia deberán presentarse e aprobar o exame nas datas oficiais. Isto non impide que podan realizar outras tarefas de avaliación continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Clases expositivas: 24h presenciais e 72h en total (2h de estudo por cada hora presencial)
Seminarios: 12h presenciais e 36h en total (para a realización de casos prácticos derivados das clases e traballos de curso)
Laboratorio: 12h presenciais e 35h en total (para tratamento de resultados e elaboración de traballos de prácticas)
Tutorías: 3h y 3h en total (100% presenciais pola natureza do traballo)
Examen: 4 h (100% presenciais pola natureza do trabajo)
Asistencia a clase, coa participación activa no seu desenvolvemento; para isto, recoméndase a lectura ou a preparación anticipada dos seus contidos. Seguimento diario dos contidos para fixar coñecementos. Asistencia a prácticas. Manexo da bibliografía recomendada. Aproveitamento das titorías establecidas.
Manuel Luis Torres Labandeira
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- m.torres [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Jose Lopez Villar
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ml.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 13 (Aulario 4) |
Martes | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 13 (Aulario 4) |