Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Francesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Descritor:
Enfoque comunicativo do uso da lingua francesa para xestionar eventos culturais.
Obxectivos:
Profundizar no coñecemento do francés, oral y escrito, desde un punto de vista práctico.
Dotar ao estudante de estratexias de negociación en francés en situaciones sociais e profesionais.
Dotar ao estudiante de estratexias pragmáticas de comunicación en contextos multilingües e interculturais.
Proporcionar ao estudiante pautas prácticas para poder realizar actuacións específicas na xestión de eventos culturais (falar en público, planificar eventos, etc.).
I. Servizos culturais: industrias, oficios e actividades culturais
II. Servizos lingüísticos: situacións de comunicación en medio profesional
III. Técnicas de negociación (petición de información, interrupción, narración, énfase, cambiar o enfoque, expresión de opinións, suxerencias, repeticións, comprobacións, mostrar acordo e desacordo, autocorrección, pedir explicación, expresar dúbidas, xeneralizar, ilustrar un argumento).
IV. Organización de eventos culturais e científicos
Y. DELATOUR ( et al.), Grammaire : 350 exercices, Hachette, Paris, 2003.
A. BLOOMFIELD, Cours de Français professionnel de niveau intermédiaire, Hachette, Vanves, 2002.
R. STEELE, 350 exercices niveau supérieur, Paris, Hachette, 2001.
J. GIRARDET, Panorama de la langue française, Clé Internationale, Paris, 1996
M. MAUCHAMP, La France d´aujourd´hui, Clé Internationale, Paris, 2000.
C. DOUCHKA et alii, Pourquoi et comment organiser un événement, COMM collection, nº16 (https://fedweb.belgium.be/sites/default/files/downloads/COMMcollection1…)
Communiquer durablement, COMM collection, nº 14 (https://fedweb.belgium.be/sites/default/files/downloads/broch_commcolle…)
Nesta asignatura débense desenvolver as competencias xerais do título que veñen codificadas deste xeito:
Básicas:
CB6: Poseer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de
ideas, a miudo nun contexto de investigación.
CB9: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e ps coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüedades.
CB10: Que os estudantes posean as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de
ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
Transversais:
CT4:Transmisión da información e ideas en público de xeito claro e efectivo
CT11:Capacidade crítica e autocrítica (ter capacidade para valorar e discutir ol propio traballo)
Específicas:
CE2: Capacitación para desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade
CE6: Comprensión razonada do interés do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferencias culturais.
Tras cursar esta asignatura os alumnos teñen que ser capaces de :
Utilizar a lingua francesa para negociar, desenvolver a documentación necesaria, e realizar a presentación oral dun evento cultural para a súa posta en marcha.
Reflexionar, organizar de modo coherente o plan de traballo e tamén o discurso oral en francés, e presentar a organización dun evento cultural.
O nivel de lingua acadado será o B2.
A docencia estará baseada na práctica intensiva das técnicas lingüísticas ás que vai encamiñado este curso de Postgrao, que ten como obxectivo que os alumnos conquiran un alto nivel na súa comunicación oral na lingua estranxeira.
Utilizarase a aula virtual na plataforma Moodle para as clases teóricas e prácticas, con textos e exercicios que serán recomendados para o desenrolo dos temas.
En apoio haberá 1h de clase presencial mentres dure a impartición da materia. Poderáse asistir ás sesións de aulas fisicamente (na Facultade de Humanidades) ou mediante conexión síncrona á plataforma Microsoft Teams. Poñeranse na aula virtual a disposición do alumnado que non asista ás aulas os textos, materiais, actividades, etc., que nelas se traballen.
O uso regular da aula virtual será obxecto dunha calificación. A avaliación será contínua mediante exercicios escritos e orais, cun exame final que requerirá a presenza obrigatoria para o alumno ao termo da formación no día e hora comprometidos no calendario oficial de exames da Facultade de Humanidades, tanto en primeira como en segunda oportunidades.
1ª oportunidade:
Uso regular da aula virtual: 20%
Entrega dos traballos: 40%
Exame final escrito e oral obrigatorio: 40%
A nota final será a suma de cada unha das 3 partes e será positiva sempre e cando cada parte por separado teña superada a media.
2ª oportunidade:
O alumno terá que presentarse ás probas que teña suspendidas na 1ªoportunidade (traballos e/ou exame escrito e/ou oral ). Manteráselle a nota correspondente ao uso da aula virtual.
Para os repetidores:
Poderán ser dispensados de usar a aula virtual. Para a 1ª e 2ª oportunidade, aplicaranse os mesmos criterios:
- Entrega de traballos: 40%
- Exame final escrito e oral obrigatorio: 60%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
créditos ETCS: 3
Actividade presencial: clases teóricas para a presentación de contidos e a súa discusión (sesións expositivas): 4h
Actividade presencial: clases prácticas (seminario, actividade práctica): 3h
Actividade a distancia: aprendizaxe individual do alumno: 60h
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxico: 7h
Actividade presencial: actividades de avaliación: 4h
Recomendacións : Seguimento das clases e traballo persoal regular e permanente do estudante.
As clases serán impartidas en francés.
Maria Isabel Gonzalez Rey
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
| 17.01.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 11 |
| 20.06.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GONZALEZ REY, MARIA ISABEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GONZALEZ REY, MARIA ISABEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GONZALEZ REY, MARIA ISABEL | Castelán |