Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 75
Linguas de docencia Galego (0.00%), Inglés (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Como o seu nome indica, Linguas para Comunicación: inglés, se deseñou para facilitarlle ao alumnado a posibilidade de practicar e de mellorar a súa competencia comunicativa na lingua inglesa. O alumnado que participe activamente nesta materia obrigatoria de tres créditos ECTS debe observar certo progreso no seu coñecemento e uso da lingua inglesa, en textos escritos, e máis especificamente, na súa produción oral. Esta materia forma parte do programa de Máster en Servizos Culturais que ten como finalidade, a nivel xeral, formar e preparar ao alumnado para o ámbito laboral profesional e asegurar a súa capacidade para servir de ligazón cultural nas diferentes actividades que require a xestión e promoción de servizos relacionados coa cultura e o patrimonio cultural, e, a nivel máis específico, mellorar a súa capacidade para realizar esta actividade con éxito no idioma inglés.
Por tanto, o obxectivo central desta materia é que os estudantes practiquen o uso da lingua inglesa para así mellorar o seu coñecemento, comprensión e uso do idioma inglés relacionado co campo da cultura é do patrimonio cultural. O traballo realizado nesta materia iniciarase no nivel B.2.1, ou nivel intermedio superior, segundo establece o Marco Común Europeo de Referencia (2001). De acordo coas indicacións do mesmo, neste curso o alumno será responsable de:
--aumentar o seu vocabulario,
--recoñecer e utilizar máis estruturas parecidas ás dun falante nativo de inglés
-- mellorar o seu coñecemento de como falar en público
--mellorar o seu nivel de inglés falado
--planificar un evento cultural
Esta materia tamén funciona como unha materia AICLE, ou de aprendizaxe integrada de contidos e linguas, na que o alumnado utilizará o idioma inglés como unha ferramenta para traballar contidos específicos do campo dos servizos e industrias culturais. Realizaranse determinadas tarefas para a práctica do inglés como: presentacións orais e a planificación dun evento cultural en inglés.
CONTIDO AICLE
Recoñecer e aplicar determinadas bases teóricas do campo da Retórica na preparación e realización de presentacións orais, utilizando estratexias que axuden a levar a cabo presentacións orais informativas e persuasivas, e a planificación e a actuación dunha presentación oral.
Recoñecer e aplicar vocabulario e estratexias pragmáticas (é dicir, estratexias de apertura e peche, de estruturar e conectar información, e a narración entre outras), empregadas durante presentacións orais para que sexan máis eficientes ao hora de falar en público.
Recoñecer e aplicar vocabulario e estratexias de ordenamento e coherencia na redacción formal (é dicir, obxectivos, cartas e documentos formais entre outros), necesarios para planificar e levar a cabo eventos culturais.
Bibliografía básica e complementaria
Libro de texto para esta materia:
Powell, Mark. 2011. Dynamic Presentations. Cambridge: Cambridge University Press.
Manuais de guía:
En inglés:
---- Bradbury, Andrew. 2006. Successful presentation skills. London: Kogan Page.
---- Collins, Phillip. 2012. The art of speeches and presentation: the secrets of making people remember what you say. Chichester: Wiley.
---- Ellis, Mark, Nina O’Driscol e Adrian Pilbeam. 1985. Professional English: Communication skills for professionals working in business, industry and international organisation. Essex: London.
---- Locher, Miriam. 2004. Power and politeness in action: disagreements in oral communication. New York: M. de Gruyter.
---- Kushner, Malcolm. 2007. Public speaking & presentations for dummies. Chichester: John Wiley & Sons, cop.
En castelán:
---- Briz Gómez, Antonio. 1998. El español coloquial en la conversación. Esbozo de pragmagramática. Barcelona: Editorial Ariel, S. A.
---- Catta, René-Salvator. 1972. Cómo hablar en público. Bilbao: Mensajero, D.L.
---- Couto Rodríguez, Manuel. 2002. Cómo hablar bien en público: comunicar, persuadir y convencer con palabras. Barcelona: Gestión 2000, D.L.
---- Estulin, Daniel. 2000. Cómo realizar con éxito presentaciones en público. Madrid: Instituto Superior de Técnicas y Prácticas Bancarias, D.L.
----- Fernando de Manuel Dasí, Rafael Martínez-Vilanova Martínez. 2007. Habilidades de comunicación para directivos. Edición 3ª ed. rev. y act. Pozuelo de Alarcón (Madrid): Esic.
---- Guix, Xavier. 2005. Mientras me miran: hable en público sin perder la calma. Barcelona: Granica.
---- Janner, Greville. Cómo hablar en público: (incluye un compendio de modelos de discursos y de anécdotas para contar) Bilbao: Ediciones Deusto, D.L. 1993
---- Jensen, Sonja. 2008. Cómo presentar para convencer: guía para cautivar e inspirar al público. Barcelona Bresca Profit.
---- Lucas, Adolfo. 2008. El poder de la palabra: técnicas para hablar en público. Barcelona: Ariel.
---- Palomares, José María. 2000. Hablar en público en una semana. Barcelona: Gestión.
---- Pike, Robert W. 2007. Presentaciones eficaces: [conozca los trucos y secretos para hacer de sus presentaciones armas de éxito en su trabajo]. 2ª Edición. Madrid: Fundación Confemetal.
---- Puchol, Luis. 2005. Hablar en público: nuevas técnicas y recursos para influir a una audiencia en cualquier circunstancia. Madrid: Díaz de Santos.
Ademais dos obxectivos previstos anteriormente sobre a práctica da lingua inglesa e o progreso persoal do alumnado no seu propio uso do idioma inglés, o programa de estudos oficial do Máster en Servizos Culturais enumera as habilidades básicas, transversais e específicas que ao alumnado debe adquirir da seguinte maneira.
Competencias do plan de estudios a adquirir:
Básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido ou autónomo.
Transversais:
CT4 - Transmisión da información e ideas en público de maneira clara e efectiva.
CT11 - Capacidade crítica e autocrítica (ter capacidade para valorar e discutir o propio traballo).
Específicas:
CE2 - Capacitación para desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
CE6 - Comprensión razoada do interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferenzas culturais.
Terán lugar sete seminarios interactivos dunha hora para o alumnado que desexa asistir, celebraranse cada semana desde o xoves 21 se setembro ata o 9 de novembro de 2023 de 17:00-18:00 (Aula 14, Facultade de Humanidades).
Os contidos teóricos desta materia introdúcense mediante textos ou presentacións (do tipo "Power point" o “ppt”) que o alumnado presente poderá presenciar ben na aula, ben por streaming. Xa que a asistencia ás aulas non é obrigatoria para o alumnado, o alumnado que que non pode asistir neste horario deberá facer esta práctica pola súa conta cos materiais que se atopan na aula virtual.
Neste sistema, primeiro, presentarase a explicación teórica para despois poñela en práctica. A práctica será un elemento moi importante na aprendizaxe destas pautas en inglés, polo que o lugar onde mellor se realiza esta práctica e na aula. Con todo, cando a asistencia a clase non é posible, o alumnado debe utilizar todos os recursos á súa disposición na aula virtual onde se realizará prácticas. Nestes casos débese seguir as instrucións detalladas que acompañan as actividades asignadas.
Realizarase práctica da produción oral. Dentro das posibles modalidades para a realización desta práctica inclúense os debates, os simulacros e as presentacións orais. As veces, estas últimas gravaranse e comentaranse posteriormente nunha sesión de crítica construtiva por parte dos outros membros da clase, para que cada un poida mellorar a súa técnica de exposición en público.
A avaliación desta materia baséase (1) na avaliación continua do alumnado ao longo do cuadrimestre, na aula e na aula virtual, e (2) na avaliación do Proxecto Final que ser presentará na Facultade de Humanidades* na data do exame oficial, e de acordo coas seguintes oportunidades de exame.
Para acceder á listaxe de todas as datas límite de entrega dos traballos asignados nesta materia, vexa o apartado 9.1 "Instructions about Individual Study for Blended Learning” da Guía docente publicada na aula virtual.
Para a cualificación final teranse en conta os seguintes elementos para ambas as oportunidades de exame (primeira e segunda.)
AVALIACIÓN DE PRIMEIRA OPCIÓN (XANEIRO):
--Participación activa (na clase o) en na aula virtual e preparación fora da aula 50%
--Dossier do traballo escrito 15%
--Presentación oral final* 35%
* A realización da presentación oral final é obrigatoria, é por tanto, o alumnado debe estar fisicamente presente na Facultade de Humanidades na data oficial do exame final para esta materia de acordo co calendario oficial publicado pola Facultade para tal fin.
Asemade, para a súa avaliación, todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital*. Véase ADVERTENCIA IMPORTANTE abaixo.
*ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumno infractor. Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumno obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquera tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumno cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. Os alumnos suspensos por plaxio non poderán presentarse á segunda oportunidade.
AVALIACIÓN DE SEGUNDA OPCION (XUÑO/ XULLO):
O alumnado que supera un apartado da lista enriba de primeira opción pode gardar esta nota para o período de exame de segunda opción, en tal caso o sistema de avaliación está indicado enriba. De este xeito, para poder presentar o seu proxecto final, o alumnado debe aprobar previamente a sección de avaliación continua desta materia.
**En todo caso, para todas as convocatorias de exame, o alumnado debe aprobar todos os apartados indicados enriba para aprobar a materia.
ALUMNADO REPETIDOR:
Se alguén ten que repetir esta materia é ten aprobada a parte de avaliación continua, conservará a nota de avaliación continua recibida ao longo do curso anterior.
Como consta na Memoria da titulación, nesta materia de tres créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 75 horas, das que 7 corresponden ao traballo presencial nas sesións interactivas, 14 corresponden ás horas de traballo autónomo sobre os contidos teóricos, 3 ás titorías opcionais, e 51 ao traballo autónomo e preparatorio do alumnado fora da aula (3-4 cada semana e 25 horas para a realización do proxecto final).
O traballo que leve a cabo para esta materia deberá realizarse de acordo cos estándares e especificacións que establezan o profesorado encargado. Dado que esta materia e parte da preparación do alumnado para o seu futuro profesional, todas as tarefas asignadas deben completarse segundo as instrucións e entregarse en prazo.
As aproximacións das horas de estudo e traballo individual que aparecen no programa desta materia poden diferir lixeiramente; isto dependerá do nivel de dominio do inglés de cada individuo cando comece o curso. Calculouse o tempo necesario para preparar e presentar estas actividades dun modo adecuado para as persoas que teñen un nivel B.2.1. ou nivel intermedio superior de inglés, tal e como o establece o Marco Europeo Común de Referencia (MECR en inglés). Durante esta materia o alumnado realizará traballo no nivel B2.2 do MARCO, por iso, esta materia pode resultar máis difícil para o alumnado que non alcanzou o nivel B.2.1. As tarefas asignadas cualificaranse tanto polo contido como pola calidade da escritura. Penalizaranse cando son de mala calidade (por exemplo, gramática incorrecta, palabras mal escritas, pronuncia incorrecta, etc.)
O alumnado debe ter un grao de dominio da lingua inglesa correspondente ao nivel B2.1 no Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas para acceder a esta materia. Ao longo do cuadrimestre o alumnado realizará o seu traballo no nivel B2.2 do MARCO.
Para levar a cabo esta materia con éxito, o alumnado que o desexa ha de participar activamente na aula virtual e nas actividades asignadas polo profesorado encargado de xeito habitual. Ademais, será necesaria unha certa dedicación ás horas de estudo autónomo indicadas con anterioridade e unha aplicación das mesmas,para que o alumnado interiorice o léxico e as estratexias pragmáticas que deberían axudarlles a prepararse e falar con éxito en público.
A titulación de Máster percíbese como un paso máis para completar cara ao futuro profesional. Por iso, aplicarase a ética laboral a todo o traballo realizado nesta materia; de alí, as tarefas asignadas deben entregarse en prazo para recibir una cualificación. Todo el traballo escrito para esta materia se terá que entregar pasado a maquina a dobre espazo e debe citar as fontes de acordo cos estándares académicos para a cita bibliográfica e dixital.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación”. Véase a ADVERTENCIA IMPORTANTE na sección “SISTEMA DE AVALIACIÓN” enriba.
Jodee Anderson Mcguire
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 17.01.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| 20.06.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Anderson McGuire, JoDee | Inglés |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Anderson McGuire, JoDee | Inglés |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Anderson McGuire, JoDee | Inglés |