Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 10 Total: 75
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
OBXECTIVOS XERAIS:
Ofrecer ao alumno un panorama xeral sobre o estudo dos procesos psíquicos dende a perspectiva psicobiolóxica e da Neurociencia Cognitiva.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
- Integrar as aportacións da Psicofisioloxía e da Neuropsicoloxía ao estudo dos procesos psíquicos superiores.
- Introducir ao alumno no uso das fontes bibliográficas de referencia no ámbito da Neurociencia cognitiva.
- Estimular o espíritu crítico do alumno na súa aproximación á literatura científica, así como aos procedementos de investigación en Neurociencia Cognitiva.
Contidos teóricos:
1- Procesos psíquicos superiores: Aportacións da psicofisioloxía, mediante o estudo dos potenciais evocados cerebrais, xunto con datos neuropsicolóxicos.
2- Percepción e Atención.
3- Procesos motores.
4- Memoria.
5- Linguaxe.
6- Funcións executivas.
Contidos prácticos:
Índices psicofisiolóxicos (potenciais evocados) dos procesos cognitivos: obtención, análise e interpretación.
Básica
Luck, S.J. (2014). An introduction to the event-related potential technique (2ª ed.). The MIT Press.
Purves, D., Cabeza, R., Huettel, S.A., LaBar, K.S., Platt, M.L. e Woldorff, M.G. (2013). Principles of Cognitive Neuroscience (2ª ed.). Sinauer Associates, Inc. Publishers.
Complementaria
Andreassi, J.L. (2007). Psychophysiology: Human behavior and physiological response (5ª ed.). Lawrence Erlbaum Assoc.
Cacioppo, J.T., Tassinary, L.G. e Berntson, G.G. (Eds.). (2007). Handbook of Psychophysiology (3ª ed.). Cambridge Univ Press.
Carretié, L. (2001). Psicofisiología. Pirámide.
Carretié, L. (2016). Anatomía de la mente. Emoción, cognición y cerebro (2ª ed.). Pirámide.
Damasio, A.R. (2001). La sensación de lo que ocurre. Debate.
Fuster, J.M. (2003) Cortex and mind: unifying cognition. Oxford University Press.
Handy, T.C. (Ed.). (2005). Event-related potentials. A methods handbook. The MIT Press.
Junqué, C. e Barroso, J. (2009). Manual de Neuropsicología. Síntesis.
Lezak, M.D. (2004). Neuropsychological Assessment (pp. 1-334). Oxford University Press.
Mangun, G.R. (2014). Cognitive electrophysiology of attention. Signals of the mind. Academic Press – Elsevier.
Rains, G.D. (2004). Principios de Neuropsicología Humana. McGraw-Hill.
- Coñecemento das bases anatomofuncionais dos procesos psíquicos.
- Capacidade de integración dos datos procedentes de diferentes perspectivas: psicofisiolóxica e neuropsicolóxica.
- Capacidade para o manexo de diferentes fontes documentais.
- Capacidade para manexar información e realizar revisións críticas da literatura científica en diferentes idiomas.
- Capacidade para desenvolver as diferentes fases dunha investigación en Neurociencia Cognitiva.
Clases presenciais (seminarios e prácticas de laboratorio), actividades dirixidas (exercicios e informe de revisión bibliográfica) e presentación oral de traballos.
Realizarase unha avaliación continua na que se terán en conta:
- A asistencia ás clases teóricas de seminario e ás clases prácticas de laboratorio, así como a participación activa nas mesmas. Peso na avaliación: 20%.
- A realización de exercicios vinculados tanto ás sesións de teoría como ás actividades de laboratorio. Peso na avaliación: 30%.
- A elaboración e presentación (escrita e oral) dun Informe no que se recollan, dunha maneira integrada e crítica, as aportacións de distintos estudios científicos a un campo específico de investigación relacionado con algún dos contidos da materia. Peso na avaliación: 50%.
A asistencia é obrigatoria para superar a materia. As actividades que se desenvolven nas sesións presenciais forman parte da avaliación e non poden ser substituídas por ningunha outra actividade (traballo, exame,….) para a avaliación.
Nesta materia, non se contempla un sistema de avaliación alternativo, ao sinalado nos párrafos anteriores, que permita a dispensa de asistencia a clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
O tempo total de estudo e traballo do estudante para superar esta materia será de 75 horas das que 27 horas serán presenciais (18 h. de contidos teóricos, 9 h de prácticas), 45 horas serán non presenciais (traballo autónomo individual ou en grupo, e horas de estudo) e 3 h serán de titoría en grupos reducidos ou individualizadas.
Ter formación de nivel de grao nas bases biolóxicas do comportamento humán (Fundamentos Biolóxicos da Conduta -neurofisioloxía e neuroanatomía-, Neurociencia Condutual, Neurociencia Cognitiva, Neuropsicoloxía).
Esta materia forma parte do módulo de Neurociencia Cognitiva do máster, e como tal está integrada coas restantes materias que o compoñen. É esencial, para o seu correcto seguimento, cursar a materia que a precede neste módulo, Técnicas Psicofisiolóxicas. Igualmente, esta materia pon as bases para o correcto aproveitamento da materia que a sucede temporalmente, Investigación Aplicada en Neurociencia Cognitiva.
Recoméndase, ademáis, facer uso das titorías para resolver dúbidas. Horario de titorías do profesorado:
Galdo Álvarez, Santiago: consultar horario de titorías actualizado en: https://www.usc.gal/gl/departamento/psicoloxia-clinica-psicobioloxia/di…
Lindín Novo, Mónica: mércores e venres, de 11 a 14 h (despacho 58, módulo A).
Zurrón Ocio, Montserrat (coordinadora da materia): luns, martes e xoves, de 10:30 a 12:30 h (despacho 77, módulo A).
Esta materia versa sobre as bases biolóxicas dos procesos psíquicos complexos, contribuíndo a que o estudante comprenda a importancia da abordaxe multidisciplinar dos temas de estudo.
A aprendizaxe dos contidos e destrezas propias desta materia capacitan ao estudante para realizar propostas de investigación no contexto da Neurociencia Cognitiva.
Montserrat Cristina Zurron Ocio
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813707
- Correo electrónico
- montserrat.zurron [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Monica Lindin Novo
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813910
- Correo electrónico
- monica.lindin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Santiago Galdo Alvarez
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813701
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | X_Facultade de Psicoloxía |
| 13.06.2024 11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | X_Facultade de Psicoloxía |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GALDO ALVAREZ, SANTIAGO | Castelán |
| LINDIN NOVO, MONICA | Castelán |
| ZURRON OCIO, MONTSERRAT CRISTINA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GALDO ALVAREZ, SANTIAGO | Castelán |
| LINDIN NOVO, MONICA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GALDO ALVAREZ, SANTIAGO | Castelán |
| LINDIN NOVO, MONICA | Castelán |
| ZURRON OCIO, MONTSERRAT CRISTINA | Castelán |