-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 39
Horas de Titorías: 2
Clase Expositiva: 9
Clase Interactiva: 25
Total: 75Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Bioloxía FuncionalÁreas:
Bioloxía CelularCentro
Facultade de BioloxíaConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
-Coñecer técnicas de laboratorio e recursos bioinformáticos empregados en neurobioloxía molecular.
-Desenrolar habilidades para la utilización destas técnicas de modo práctico.PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS. (3 horas)
Tema 1: Bases da Bioloxía Molecular. Conceptos básicos sobre os fundamentos das prácticas a realizar.
Tema 2: Xenes marcadores do proceso de diferenciación neuronal. Análise da expresión de xenes mediante ribosondas.
Tema 3: Como determinar a función dun xene (I). Sobreeexpresión de xenes in vivo: transxénese, transfección, inxección de ARNm.
Tema 4: Como determinar a función dun xene (II). Silenciación de xenes in vitro e in vivo: morpholinos, siRNA.
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS (laboratorio e seminario de bioinformática). (26 horas)
Práctica 1. Extracción do ARN total de cerebro e obtención de ADNc.
Práctica 2. Bioinformática: busca de secuencias conservadas nas bases de datos e uso de software para o deseño de cebadores. Amplificación de cDNA mediante PCR.
Práctica 3. Clonación de cDNA nun vector plasmídico (ligazón en vector e transformación en células competentes). Obtención de preparacións de ADN plasmídico.
Práctica 4. Obtención de ribosondas antisentido para a detección de ARN mediante hibridación in situ: linearización de ADN plasmídico, purificación de ADN lineal, transcripción e purificación de ribosondas. Obtención de ribosonda sentido.O profesor proporcionará tódolos materiais bibliográficos necesarios en formato papel e/ou pdf.
O alumno deberá potenciar as seguintes competencias e destrezas xenéricas:
- Compromiso persoal de esforzo para a aprendizaxe.
- Capacidade de análise.
- Habilidades para conseguir e analizar información desde diferentes fontes.
- Capacidade para aplicar la teoría a la práctica.
- Habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo.
- Habilidade de traballo manual en laboratorio de neurobioloxía molecular.Los alumnos serán divididos en parellas para a realización do curso. Se utilizarán:
- Clases de introdución sobre os fundamentos teóricos.
- Prácticas de laboratorio e seminarios.- A asistencia e participación nas clases expositivas, prácticas e seminarios é obrigatoria e necesaria para la superación da materia. Representa un 30% da nota final.
- El alumno deberá superar un exame sobre os contidos tratados en prácticas e seminarios que representará o 70% sobre a nota final.30 horas presencias:
- Fundamentos teóricos acerca de temas relacionados coas actividades propostas: 3 horas.
- Desenrolo no laboratorio das actividades prácticas: 24 horas.
- Seminario: 2 horas.
- Realización del exame: 1 hora.
40 horas non presenciais (de traballo do alumno):
- Traballo persoal de estudo e consulta do material bibliográfico e información obtida durante o desenrolo das actividades: 40 horas.- Asistencia e participación activa nas actividades programadas.
- Estudo e consulta do material bibliográfico e da información obtida durante o desenrolo das actividades.
- Aclaración cos profesores de posibles dúbidas.Material necesario que debe traer el alumno para realizar las prácticas: bata de laboratorio, calculadora, caderno de notas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
-
Anton Barreiro Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-