Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Avaliar o disconfort ocular asociado ao porte de lentes de contacto, mediante a valoración de signos, síntomas, calidade visual, e aspectos relativos ás lentes de contacto.
- Implementar os cambios necesarios na adaptación das lentes de contacto para evitar ou minimizar o disconfort ocular e visual nos usuarios de lentes de contacto.
- Concepto. Signos na superficie ocular asociados ao disconfort ( conjuntiva bulbar e tarsal, cornea, pálpebras e bágoa).
- Síntomas Determinados por cuestionarios estandarizados.
- Calidade visual (agudeza visual a alto e baixo contraste, sensibilidade ao contraste e aberracións oculares), morfometría corneal (topografía, paquimetría), así como aspectos relativos ás LC (deshidratación e humectabilidad).
Contactología aplicada. Raúl Martín Herranz. Ed ICM. 2005.
Contact lens practice Nathan Efron Butterworth Heinemann Elsevier, 2010.
Superficie ocular y lentes de contacto. JM González-Meijome, C villa Collar Ed. Fundación Salud Visual. Madrid, 2016
Complicaciones de las Lentes de Contacto. Nathan Efron. Butterworth-Heinemann. Elsevier España, S.A. Madrid, 2005
Anterior Segment Complications of Contact lens Wear. Joel A. Silbert. Churchill Livingstone Inc.NY. 1994.
Anterior Eye Disease and Therapeutics A- Z. AS Bruce and MS Loughnan. Butterworth-Heinemann.2003.
www.tearfilm.org. Web de la “Tear Film and Ocular Surface”.
www.tearfilm.org/tfoscldreport-spanish/tfos-cld-report-index.htm. Web del Taller Internacional del Disconfort con Lentes de Contacto. 2013.
www.journals.lww.com/corneajrnl/pages/default.aspx. Web de la revista Journal of Cornea
www.journals.elsevier.com/contact-lens-and-anterior-eye. Web de la revista Contact Lens and Anterior Eye.
www.journals.lww.com/claojournal/Pages/default.aspx. Web de la revista Eye and Contact lens.
www.optometry.co.uk. Web de la revista Optometry Today
www.Contactlenses.org. Web dedicada a lentes de contacto, principalmente RGP
www.clspectrum.com. Web de la revista Contact Lens Spectrum
Básicas e xenerais
CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CG1 Coñecer, comprender e aplicar os principios, metodoloxías e novas tecnoloxías da optometría, así como a adquisición das destrezas e competencias descritas nos obxectivos xerais do título.
CG3 Adquirir coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado e á investigación no campo da Optometría.
Transversais
CT1 Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
CT2 Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
CT3 Desenvolver capacidade crítica e autocrítica e de toma de decisións.
CT4 Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)
CT5 Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
Específicas
CE1 Adquirir criterios específicos de actuación clínica para especializar ao estudante nos diferentes campos clínicos propios da atención visual: optometría pediátrica, optometría xeriátrica, terapias visuais, baixa visión, superficie ocular e lentes de contacto.
CE5 Coñecer, comprender e aplicar conceptos de cribaje na atención primaria visual e ocular.
CE6 Aplicar a metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica en Ciencias da Visión
MD1 Actividade contido teórico: Docencia virtual na que se poñerá a disposición dos alumnos os contidos do programa teórico, casos clínicos, e/ou exemplos xerais en diferentes formatos de presentación que poderán estar acompañados de audio e/ou vídeo explicativo nunha contorna on- line.
MD2 Actividade Interactiva: seminarios/prácticas/laboratorio/traballos. Inclúese aquí a realización de prácticas. O alumno debe preparar o desenvolvemento da actividade con axuda do profesor e realizar medidas e correspondente análise de datos. Tamén se inclúen probas de avaliación se as houbese.
MD3 Actividade Interactiva: Práctica clínica. Inclúese aquí a realización de prácticas clínicas en módulos moi reducidos.
MD4 Titorías: Titorías personalizadas e en grupos reducidos. As tutorías poderán ser de caracter presencial ou telemático mediante Microsoft Teams.
1. Avaliación de contidos teóricos e seminarios: Realizarase mediante avaliación continua combinada cun exame final.
1.1 A avaliación de seminarios consistirá na realización de diferentes actividades enmarcadas dentro de cada bloque da materia teórica. Toda a materia estará dispoñible a través da plataforma do Campus Virtual da USC (Moodle), e a entrega das diferentes tarefas realizarase a través do Campus Virutal ou Microsfot Teams. Estas actividades supoñerán un 50% da nota final (5 puntos).
1.2 O exame final comprenderá os conceptos do apartado teórico da materia así como dos traballados nas diferentes tarefas. Este será de carácter presencial e poderá ser tipo tema, pregunta curta, test ou resolución de problemas/casos clínicos; supoñerá o 40% da nota final (4 puntos).
2. Avaliación de contidos prácticos e casos clínicos: Levaranse a cabo prácticas clínicas no Servicio de Optometría correspondentes os temas tratados na materia. Realizarase avaliación continua da actitude e destreza durante as prácticas clínicas, a cal corresponderá a un 10% da nota final (1 punto).
A asistencia a prácticas é obrigatoria nun 90% do total das mesmas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As horas totais de traballo persoal do alumno son 49 distribuídas da seguinte maneira:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 25 h.
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 h.
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 14 h.
Para poder integrar adecuadamente os conceptos impartidos en Disconfort ocular e lentes de contacto, é especialmente recomendable que o alumno acceda aos artigos das revistas especializadas na temática para impartir. Estas están indexadas en bases de datos como PUBMED (https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/)
Hugo Pena Verdeal
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- hugo.pena.verdeal [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Jacobo García Queiruga
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- jacobogarcia.queiruga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Servizo de Optometría |
14.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática |