Créditos ECTS Créditos ECTS: 13.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 333.5 Horas de Titorías: 4 Total: 337.5
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
As prácticas en empresas teñen un carácter obrigatorio para a orientación profesional. O obxectivo fundamental é que o alumnado desenvolva competencias a través da súa inmersión nunha contorna de traballo representativa do contexto profesional futuro e termine o Máster con certo nivel de experiencia profesional.
Para realizar as prácticas será requisito superar o 70% dos créditos obrigatorios.
Práctica profesional en dirección de empresas.
Web: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-administracion-direccion-empres…
Aínda que as competencias adquiridas estarán en función da natureza da empresa na que se realicen as prácticas e do perfil do posto desempeñado, preténdese que o alumnado desenvolva as seguintes:
- Desenvolver os comportamentos do rol profesional básico: asistencia, puntualidade, respecto ás normas e usos da empresa ou institución, cumprimento das tarefas asignadas, etc.
- Desenvolver e pór en práctica competencias de carácter transversal propias do exercicio profesional: traballo en equipo, comunicación, adaptación a situacións novas, análise e resolución de problemas, etc.
- Desenvolver e pór en práctica os coñecementos adquiridos no máster: identificación de problemas, identificación das variables relevantes para a súa resolución, establecemento de prioridades na consecución de obxectivos, elaboración de informes, etc.
En cada curso académico ofertaranse prácticas nas empresas coas que se acorde a firma dun convenio de colaboración.
O alumnado incorporarase a unha empresa ou institución onde realizará as prácticas na que, guiado por un/unha titor/a profesional, tomará contacto co exercicio profesional. As actividades formativas concretaranse nun programa de actividades, en función das características, obxectivos e función de cada centro de traballo, que contemplará o contacto do alumnado cunha serie tarefas que se desenvolvan no devandito centro, sempre baixo a tutela do profesional responsable.
Durante a realización das prácticas, o alumnado manterá contacto periódico co titor/a académico, que fará un seguimento das tarefas desempeñadas polo/a alumno/a durante as prácticas para constatar que as prácticas contribúen á adquisición de competencias, e orientaralle no seu desenvolvemento, en coordinación co titor/a profesional.
Finalmente, o/a estudante deberá elaborar unha memoria, que lle servirá para reflexionar, sistematizar e dar conta das actividades realizadas durante o período de prácticas.
A avaliación realizarase tendo en conta:
(1) Informe do titor/a profesional, no que valorará o cumprimento do/a estudante nas prácticas en relación co rol profesional básico, a súa actitude e interese cara ás tarefas, desenvolvemento de habilidades e competencias transversais, aplicación de coñecementos e competencias adquiridas na formación académica, en relación co tipo de traballo realizado no centro, espírito de cooperación, etc.
(2) Informe do titor/a académico , baseado na información obtida por medio dos contactos mantidos co alumno ou alumna e co/a titor/a profesional durante o período de prácticas. Seguimento e atención ás indicacións do titor/a académico.
(3) Memoria de prácticas que debe entregar o estudante ao finalizar as prácticas. Nela deben figurar aspectos como: descrición do centro de prácticas; descrición das actividades nas que participou; descrición das competencias adquiridas ou desenvolvidas; auto-avaliación da experiencia, etc.
A materia é de 13,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas (337,5)
Elaboración da memoria por parte do alumnado: 7,5 horas
Porén, a duración das prácticas será de 330 horas, a realizar no segundo cuadrimestre
Para maximizar a aprendizaxe no período de prácticas é conveniente que o alumnado manteña o contacto periódico co seu titor/a académico/a e profesional, e comuníquelles de inmediato calquera problema ou dúbida que se lle xurda.
Fernando Losada Perez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824420
- Correo electrónico
- fernando.losada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOSADA PEREZ, FERNANDO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOSADA PEREZ, FERNANDO | Castelán |