-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2
Clase Interactiva: 0.6
Total: 2.6Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Química Inorgánica, Química Física, Química Orgánica, Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e PediatríaÁreas:
Química Inorgánica, Química Física, Química Orgánica, Química Analítica, ToxicoloxíaCentro
Facultade de QuímicaConvocatoria:
Prácticas en Empresas de Grao e MásterDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Ser capaz de manexar con destreza a metodoloxía utilizada nas distintas áreas da química. Saber manexar os datos obtidos nos experimentos realizados, relacionándoos coas teorías físicas, químicas e biolóxicas apropiadas, usando para iso fontes bibliográficas primarias. Saber analizar os resultados experimentais e saber extraer conclusións. Saber avaliar os riscos asociados ao sistema químico obxecto de estudo, e saber adaptar as medidas oportunas.
O obxectivo desta materia é que o alumno se familiarizase coas técnicas instrumentais analíticas e de determinación estrutural e/ou coas técnicas de sínteses e formulación de produtos químicos. O programa formativo dependerá da especialidade elixida polo alumno. Trátase de que o alumno adquira os coñecementos e experiencia necesaria nas diferentes técnicas que deberá usar posteriormente no seu Traballo Fin de Máster. No devandito programa preténdese realizar unha guía de actuación dos traballos a desenvolver en colaboración co titor correspondente.
Competencias xerais
CG1 - Innovar en espazos e ámbitos do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito emprendedor
CG2 - Identificar información da literatura científica utilizando as canles apropiadas e integrar dita información para expor
e contextualizar un tema de investigación
CG3 - Valorar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no ámbito da Química Industrial e a
Investigación Química
CG4 - Demostrar habilidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos
CG5 - Utilizar terminoloxía científica en lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da
profesión química
CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de captación e organización de información para solucionar problemas na
actividade profesional
Competencias básicas
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas
novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha
información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
Competencias transversais
CT1 %ou2013 Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico.
CT2 - Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinarios.
CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
Competencias específicas:
CE4 - Innovar nos métodos de sínteses e análise química relacionadas coas diferentes áreas da Química
CE5 - Avaliar correctamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado ás sustancias químicas especiais
CE8 - Analizar e utilizar os datos obtidos de maneira autónoma nos experimentos complexos de laboratorio relacionándoos
coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas apropiadas, e incluíndo o uso de fontes bibliográficas primarias
CE7 - Operar con instrumentación avanzada para a análise química e a determinación estruturalSeminarios realizados con profesorado propio do Máster, ou con profesionais convidados da empresa, a administración ou doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cos alumnos.
Exposición oral de traballos, informes, etc., incluíndo debate con profesores e alumnos.
Utilización de programas informáticos especializados e internet. Soporte docente on-line (Campus Virtual).
Traballo experimental sobre técnicas básicas de traballo en laboratorio
Estudo persoal baseado nas diferentes fontes de información.A avaliación farase en base á cualificación dunha memoria que reflicta as actividades levadas a cabo polo alumno, de acordo cun formato que será comunicado adecuadamente.
Dita cualificación será realizada polo titor do alumno, cuxa nota corresponderá ao 30% da nota final, e polo coordinador da materia, cuxa nota corresponderá ao 70% da nota final.Tutorías programadas: 4 h presencialidad 100%
Seminarios: 6 h presencialidad 100%
Preparación de probas e traballos dirixidos: 80 h presencialidad 0%
Estudo persoal do alumno: 20 h presencialidad 0%
Traballo experimental no laboratorio: 120 h presencialidad 100%
-
Carlos Vazquez Vazquez
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881813011
- Correo electrónico
- carlos.vazquez.vazquez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pedro Rodriguez Dafonte
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881814307
- Correo electrónico
- pedro.rodriguez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-