Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
0.- Datos descritivos da materia
A materia de DESEÑO ECOLÓXICO DE PROCESOS E PRODUTOS ten unha vinculación directa con aquelas que compoñen o Módulo 6 de XESTIÓN AMBIENTAL do Máster en Enxeñería Ambiental, tendo así mesmo relación con outras materias do máster que abranguen fundamentos científicos e técnicos como: Balances de Materia e Enerxía, Modelización Ambiental, e Xestión e Tratamento de Residuos.
Materia: Deseño ecolóxico de procesos e produtos.
Tipo: Obrigatoria
Curso: 2º Curso do Máster en Enxeñaría Ambiental
Nº de créditos: 5,0 ECTS
Módulo: Xestión Ambiental
Horario: ver calendario titulación
Profesorado
Gumersindo Feijoo Costa
Dpto. Enxeñaría Química
Teléfono: 881816776
correo-e: gumersindo.feijoo [at] usc.gal (gumersindo[dot]feijoo[at]usc[dot]gal)
Leyre Sillero Ortigosa
Dpto. Enxeñaría Química
Teléfono: 881816773
correo-e: Leyre.sillero [at] ehu.eus (Leyre[dot]sillero[at]ehu[dot]eus)
Horario de titorías
Titorías obrigadas: Ver a programación docente da titulación.
Titorías do profesor: martes e mércores de 17 a 20h Despacho: 3.4
Departamento de Enxeñaría Química, ETSE
Nesta materia, o obxectivo primordial é adquirir un coñecemento xeral dos principais conceptos relativos ó deseño sostible de procesos e produtos mediante o estudio de diferentes ferramentas de análise e avaliación medioambiental.
Os contidos que se presentan son os contemplados de forma sucinta no descritor da materia no plano de estudios do Máster en Enxeñaría Ambiental: “Indicadores de sostenibilidade. Sistemas de xestión ambiental e sostenibilidade. Política de produto integrada. Análise de ciclo de vida. Ecoetiquetado. Ecodeseño. Pegada ecolóxica. Avaliación de risco ambiental”.
O programa da materia está dividido en 2 bloques con 6 temas básicos, que se indican a continuación:
Bloque I. Sostenibilidade: Principios e Bases
Tema 1. Filosofía de Ciclo de Vida vs. Economía Circular. Antecedentes. Aspectos claves na definición da filosofía e a iniciativa do ciclo de vida. Economía Circular. Fundamentos e modelos de negocio. Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel, Axenda 2030
Tema 2. Datos, Indicadores e Auditorías Ambientais. Percepción e visualización de datos. Exemplos en Flourish. Definición de indicador. Banco Público Español de indicadores. Memoria de sustentabilidade baixo o Sistema GRI. Sistemas de xestión medioambiental. Xeralidades. Ciclo PDCA. Normas ISO 14000. Regulamento EMAS. Declaración ambiental. Auditoría medioambiental. Política de Produto Integrada.
Bloque II. Ferramentas de análise e avaliación
Tema 3. Análise de ciclo de vida. Filosofía do ciclo de vida. Metodoloxía e fases de desenrolo. Aplicación na análise de procesos e produtos. Manexo de software específico. Estudo de casos prácticos
Tema 4. Ecodeseño. Definición de ecodeseño e ecoprodutos. Elementos claves para favorecer o ecodeseño. Ferramentas do ecodeseño. Estudo de casos prácticos.
Tema 5. Ecoetiquetado. Definición e tipos de ecoetiquetas. Ecoetiqueta europea. Pegada de carbono (ISO 14067) e pegada hídrica (ISO 14046). Elaboración e implantación dunha ecoetiqueta: pescaenverde
Tema 6. Avaliación do Risco Ambiental. Definición. Metodoloxía e fases de desenrolo. Regulamento REACH.
Obxectivos específicos (por bloques)
Preséntanse a continuación os contidos detallados de cada bloque, describindo, asemade, os obxectivos que se pretenden acadar en cada un deles.
Bloque I. Sustentabilidade: Principios e Bases
Este bloque consta dun primeiro tema introdutorio no que se presentan os aspectos xerais da xestión ambiental, considerando tanto a análise orientada a proceso como a produto, e definindo un enfoque precautorio e preventivo dos procesos produtivos e de servizos dende unha perspectiva de ciclo de vida. Tamén se introduce o concepto de Economía Circular xunto cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel definidos na Axenda 2030 pola ONU no ano 2015. A continuación estúdanse diferentes indicadores de sustentabilidade, de forma específica a memoria de sustentabilidade baixo o modelo definido por GRI. Finalizase este bloque definindo os elementos relativos ntos relativos ós sistemas de xestión ambiental regulados baixo as normas ISO e o regulamento EMAS.
Perséguense tamén outros obxectivos de tipo didáctico que se queren desenvolver ou fortalecer, e que teñen que ver con habilidades de tipo social: traballo en grupo ou capacidade de comunicación. Así mesmo preténdese a mellora das capacidades de análise, iniciativa e negociación por parte do alumno. Por outro lado, preténdese fortalecelo manexo de diferentes fontes de información útiles para resolver casos reais (web, bibliografía, información directa…).
Neste bloque a actividade que fará o alumnado:
• Casos prácticos de visualización mediante o software Flourish. Actividade individual.
Bloque II. Ferramentas de Análise e Avaliación
A análise de ciclo de vida é unha metodoloxía que se emprega para avaliar as cargas ambientais asociadas a un produto, proceso ou actividade, tendo en conta o seu ciclo completo: “dende o berce ata a tumba”. Polo tanto, para unha determinada actividade non só queda circunscrito o problema a “miña” instalación industrial, senón que tamén compre definir cal é a parte alícuota de contaminación de todas as actividades previas e posteriores que o“meu” producto determina. Todo isto é posíbel mediante a identificación e cuantificación das materias primas, a enerxía e os residuos vertidos ó medio asociado. Desta forma, se determina o impacto producido polo emprego desta enerxía, das devanditas materias primas e ás descargas o medio. Sen embargo, o ACV no só es un instrumento para protexer o medio ambiente e conservar os recursos naturais, senón tamén un instrumento empresarial para reducir costos e mellorar posicións de mercado. Asemade, e a técnica chave para aplicar outras ferramentas ou metodoloxías como ecodeseño, ecoetiquetado, pegada ecolóxica, pegada de carbono e risco ambiental que se analizan nos capítulos do bloque.
Neste bloque as actividades que desenvolveran os alumnos inclúen, entre outras:
• Avaliación do impacto de ciclo de vida ao comparar dous envases (emprego de Excel): Actividade en grupo.
• Realización dun ACV mediante a aplicación dun software específico (SimaPro) . Actividade en grupo.
• Obradoiro de ecodeseño (actividade en grupo) mediante Gamestorming: A Publicación. Actividade en grupo.
• Cálculo da pegada de carbono persoal (plataforma Web). Actividade individual.
• Cálculo da ecoeficiencia na xestión da perda de alimentos (MS de Excel). Actividade individual.
Bibliografía básica
- Feijoo, G., Moreira, M.T. Análisis de ciclo de vida y huella de carbono. Casos prácticos. Research Gate, 2020. DOI: 10.13140/RG.2.2.11030.50240/1. Código: Acceso abierto
Bibliografía complementaria
- Baumann, H., Tillman, A.M. The Hitch Hiker´s Guide to LCA. An orientation in life cycle assessment methodology and application. Lund: Editorial Studentlitteratur, 2004. ISBN: 91-44-02364-2. Código BETSE: A244 15
- Calow, P. Handbook of environmental risk assessment and management. London: Blackwell Science, 1998. ISBN: 0-86542-732-1. Código BUSC: EMA 889
- Feijoo, G., Moreira, M.T. (2020). Contar una historia con datos: El arte de su visualización. Research Gate, DOI: 10.13140/RG.2.2.23093.63208. Código: acceso abierto.
- McDonoug, W., Braungart, M. Cradle to Cradle (de la cuna a la cuna): Rediseñando la forma en que haemos las cosas. Barcelona: McGraw-Hill, 2005. ISBN: 84-481-4295-0. Código BETSE: A234 14
- Muthu, S.S. Assessment of Carbon Footprint in Different Industrial Sectors. Volume 1 & 2. Berlin: Springer, 2014. ISBN: 978-981-4560-40-5 (Vol. 1) & 978-981-4585-74-3 (Vol. 2). Código BETSE: 244 10
- Rosling, H., Rosling, O, Rosling, A. Factfulness: Diez razones por las que estamos equivocados sobre el mundo. Y por qué las cosas están mejor de los que piensas. Barcelona: Deusto, 2018. ISBN: 978-84-234-2996-7. Código BUSC: S3 396
Básicas
• CB6. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base u oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
• CB7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
• CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e afrontar á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
• CB9. Que os estudantes saiban comunicar a súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidade
• CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lle permitan continuar estudando dun modo que terá que ser principalmente autónomo
Xerais
• GO1. Identifica e enunciar problemas ambientais
Específicas
• E1A. Coñecer os factores sociais que interveñen nas solucións ambientais
• E12. Relacionar as leis das diferentes esferas para atinxir a sosteniblidade.
• E18. Coñecer os sistemas e ferramentas de xestión ambiental
• E19. Coñecer os procedementos de avaliación de riscos ambientais e tecnolóxicos
• E29. Aplicar ferramentas de xestión ambiental: análise de ciclo de vida, ecoloxía industrial, tecnoloxías limpas, normas ISO, EMAs
• E32. Comparar e seleccionar alternativa técnicas
• E36. Organizar, planificar e dirixir servizos ambientais
• E43. Liderar e traballar eficazmente en equipos interdisciplinares
• E46. Resolver problemas de forma efectiva
• E48 Comunicar eficazmente as súas ideas e defendelas
• E49. Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais
Os contidos teóricos da materia serán presentados sobre a base de clases maxistrais coa realización de diversas cuestións aos alumnos para fomentar a súa participación e facilitar a súa aprendizaxe e a asimilación dos conceptos. Usarase o software Mentimeter (válido para dispositivos móbiles e tablets) como apoio para fomentar a súa participación. Estas clases apoiaranse na utilización de materiais audiovisuais coa utilización de ficheros en PowerPoint e Excel (resolución de problemas e casos prácticos).
As clases teóricas complementaranse coas de seminarios que consistirán na resolución de casos prácticos sobre a aplicación das diferentes ferramentas presentadas ao longo da materia. Un máximo dun 10% das clases poderán ser impartidas de forma telemática para facilitar a participación de profesorado doutras universidades como conferenciantes. Algúns destes traballos faranse en grupos mediante a aprendizaxe cooperativo, donde serán os propios alumnos os que “ensinen/aprendan” dun xeito pro-activo ata a resolución dun problema específico.
Empregarase as aplicacións Moodle e Teams, como ferramenta de comunicación cos alumnos ofrecendo aos alumnos información da programación docente ao longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia (apuntamentos do profesor, así como artigos científico-técnicos) fomentando o estudo autónomo do estudante e o manexo de fontes bibliográficas en inglés. Realizaranse algúns dos problemas da materia utilizando a folla de cálculo (MS Excel).
Relación entre as metodoloxías docentes e o desenvolvemento das competencias:
• Clases magistrais: CB6, CB7, CB8, G01
• Seminarios: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, G01, E1A, E12, E19, E29, E32, E36, E43, E46, E48, E49
• Titorías: CB6, CB9, G01, E1A, E12, E32, E36, E48, E49
Avaliación por actividades:
• Traballo de ACV (en equipo): 50%
• Traballo de Ecodeseño (en equipo): 20%
• Exame presencial: 30%.
Non superará a materia aquel alumno/a que non obteña un mínimo de 3 puntos sobre 10 no exame. O exame será un test de 20 preguntas cun soa resposta verdadeira e onde por cada 3 contestadas de forma errónea se restará 0,5 puntos.
No caso de non ter superada a materia na súa primeira oportunidade, o alumnado deberá realizar de novo aquelas actividades que non tivera superado, isto é, entregar novamente os traballos ou ben facer o exame. A calificación da parte superada na primeira oportunidade mantense na segunda. A distribución das calificacións será a mesma que na primeira oportunidade
Avaliación por competencias:
• Traballo ACV: CB6, CB7, CB8, CB10, G01, E19, E29, E43, E46
• Traballo Ecodeseño: CB6, CB9, G01, E1A, E12, E32, E36, E48, E49
• Exame: CB7, CB8, E18
En caso de exercicios ou probas fraudulentas, aplicarase o disposto no Regulamento de avaliación do rendemento académico dos estudantes e para a revisión das cualificacións.
A materia ten unha carga de traballo de 5,0 ECTS, correspondendo 1 crédito ECTS a 25 horas de traballo total, que se reparten da seguinte forma:
Actividade Horas presenciais Factor Traballo persoal TOTAL
Teoría 18 1,5 27 45
Problemas 20 2,0 40 60
Titorías obrigatorias 2 3,0 6 8
Exame 3 3,0 9 12
TOTAL 43 - 82 125
Presuponse que os alumnos que se matriculen da materia han de ter superado o módulo de Fundamentos, xa que os coñecementos e competencias alí desenvolvidas son necesarios para lograr superar con éxito esta materia. Así mesmo resultan de grande interese, pola súa relación directa, os coñecementos adquiridos nas materias de Balances de Materia e Enerxía, Tecnoloxías de Tratamento de Augas, Xestión e Tratamento de Residuos e Medio Ambiente Atmosférico e Redución de Emisións.
Asemade para conseguir un rendemento óptimo na materia resulta aconsellable que o alumno teña unha serie de coñecementos adicionais: dominio do idioma Inglés a nivel de lectura e coñecementos de aplicacións informáticas a nivel usuario (Word, Excel, uso de correo electrónico, consulta de páxinas web).
Na materia úsase de forma importante o ordenador portátil, pois moitos dos casos prácticos requiren da aplicacións informáticas como elementos de apoio.
O idioma da materia é o castelán en consonancia coa decisión estratéxica do Mestrado que definiu como caladoiro fundamental a captación de alumnado de fora da comunidade autónoma.
Gumersindo Feijoo Costa
- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816776
- Correo electrónico
- gumersindo.feijoo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FEIJOO COSTA, GUMERSINDO | Galego |