- Código
- FD0424
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 12.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 308,44€
- Centro
- Facultade de Dereito
- Dirección
-
Ana Maria Gude Fernandez
José Manuel Gándara Rodríguez - Contacto
gandara30 [at] gmail.com
Departamento / Centro Organizador
Dereito Público e Teoría do Estado
José Manuel Gándara Rodríguez
gandara30 [at] gmail.com
Facultade de Dereito
Datas
Duración: 12/03/2026 - 16/04/2026
Preinscrición: 29/12/2025 - 26/02/2026
Matrícula: 03/03/2026 - 05/03/2026
Número alumnos/as mínimo: 27
Número alumnos/as máximo: 27
Comentarios: Este curso conta con financiamento do Plan Microcreds:
O importe do SEGURO OBRIGATORIO será aboado directamente polo curso, sen que supoña ningún custo para o estudantado.
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Acceso sen titulación universitaria
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Perfís de profesionais no sector de protocolo e a IA e comunicación. A selección do alumnado realizarase mediante a análise do currículo de cada persoa aspirante que se preinscriba no curso, sempre que teña entre 25 e 64 anos cumpridos no inicio da formación. Ademais, terase en conta a orde de chegada das solicitudes.
Comunicar con seguridade e eficacia en entornos presenciais e dixitais
Avaliación
Participación activa nas sesións: O sistema de avaliación da microcredencial combina avaliación continua e avaliación final aplicada. A avaliación continua inclúe actividades prácticas de protocolo, exercicios de oratoria dixital, participación en simulacións e tarefas de comunicación asertiva apoiadas por ferramentas de IA. A avaliación final consiste na presentación dun proxecto integrador no que o alumnado deseña un plan básico de protocolo, elabora e presenta un discurso dixital e reflexiona sobre o uso da comunicación asertiva e da IA no proceso. O desempeño mídese mediante rúbricas que valoran claridade, aplicación técnica, asertividade, uso responsable da IA e capacidade comunicativa global.
Titorías
A metodoloxía baséase nun enfoque práctico e por competencias. Emprega metodoloxías activas como a aprendizaxe baseada en proxectos, simulacións de actos oficiais, prácticas de oratoria en cámara e actividades de comunicación asertiva mediante role-play. Complétase cun uso guiado de ferramentas de intelixencia artificial para a preparación, análise e mellora de discursos. O modelo combina microlearning, aula invertida e traballo colaborativo, permitindo que o alumnado aplique a teoría en situacións reais de comunicación institucional e profesional. A avaliación é continua e práctica, incluíndo exercicios semanais, participación en simulacións e un proxecto final no que se integra protocolo, oratoria dixital e habilidades de comunicación asertiva.
Online: Xoves e venres 16h a 21h e sábado de 9h a 14h. Presencial: 30 horas os venres de 16h a 21h
| Código | Materia | Créditos |
|---|---|---|
| 1 | Protocolo e a Ia. | 5.0 |
| 2 | Oratoria Dixital e Comunicación Asertiva Modulo de Protocolo. | 7.0 |