- Código
- FD0410
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 2.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 56,87€
- Centro
- Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Dirección
-
Daniel Rey Aldana
Sergio Cinza Sanjurjo - Contacto
danielrey.aldana [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Daniel Rey Aldana
danielrey.aldana [at] usc.es
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Datas
Duración: 12/01/2026 - 28/01/2026
Preinscrición: 22/12/2025 - 26/12/2025
Matrícula: 29/12/2025 - 02/01/2026
Número alumnos/as mínimo: 30
Número alumnos/as máximo: 40
Comentarios: Este curso conta con financiamento do Plan Microcreds:
O importe do SEGURO OBRIGATORIO será aboado directamente polo curso, sen que supoña ningún custo para o estudantado.
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Acceso sen titulación universitaria
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Ter entre 25 e 64 anos cumpridos na data de inicio do curso. A selección farase por orde de inscrición. Dirixido a: Profesionais farmacéuticos/as de oficina de farmacia. Persoal docente e de servizos da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesorado de educación primaria e secundaria. Traballadores/as de empresas con gran volume de persoal
-A persoa participante será quen de recoñecer os signos dunha parada cardiorrespiratoria e activar correctamente a cadea de supervivencia nun contexto profesional diverso.
-Executar manobras de reanimación cardiopulmonar básica segundo as recomendacións internacionais vixentes,
-Empregar un desfibrilador externo automático (DEA) con seguridade, integrando o seu uso no proceso de reanimación.
-Comunicarse e coordinarse eficazmente co equipo e cos servizos de emerxencias durante unha situación crítica.
-Integrar as competencias adquiridas no contorno laboral, reforzando a seguridade e a preparación fronte a emerxencias cardiovasculares.
Avaliación
Avaliación continua (30%):
- Participación en foros virtuais.
- Cuestionarios de autoavaliación online.
Proba teórica online (30%):
- Cuestionario de opción múltiple sobre contidos teóricos.
Avaliación práctica presencial (40%):
- Execución correcta da secuencia de RCP.
- Uso seguro do DEA.
- Comunicación e coordinación nunha simulación.
Titorías
Metodoloxía: Mixta (blended learning) que combina formación virtual (asincrónica e sincrónica) con sesións prácticas presenciais de curta duración (máx. 2 h por módulo). O enfoque céntrase en: - Aprendizaxe activa, con simulación de situacións reais. - Autonomía do estudante, a través de contidos virtuais interactivos. - Transferencia ao ámbito profesional, adaptando os casos prácticos a diferentes perfís laborais (farmacia, ensino, empresas, universidade). - Clases virtuais asincrónicas (vídeos, lecturas guiadas, casos clínicos interactivos). - Sesións virtuais sincrónicas para debate e resolución de dúbidas. - Prácticas presenciais curtas (2 h/módulo) con maniquís de RCP e DEA para adquisición de destrezas técnicas. - Estudo autónomo supervisado mediante cuestionarios de autoavaliación. - Simulación final integrada como avaliación práctica presencial. Idioma de impartición: Castelán. --Docente virtual: facilitar contidos, dinamizar foros e resolver dúbidas. - Instrutor presencial: adestrar nas prácticas de RCP e DEA, supervisar a simulación e avaliar as destrezas prácticas.
- Online: 12 – 25 xaneiro - Presencial práctica: 21 xaneiro, 16:00 – 20:00 - Avaliación: 28 xaneiro, 17:00 – 19:00
Observacións
- Formación virtual teórica: 44 h
- Prácticas presenciais: 6 h (2 h módulo 2 + 2 h módulo 3 + 2 h avaliación)
| Código | Materia | Créditos |
|---|---|---|
| 1 | Fundamentos da RCP e Contexto Legal. | 0.4 |
| 2 | Soporte Vital Básico. | 0.4 |
| 3 | Desfibrilador Externo Automático (Dea). | 0.4 |
| 4 | Comunicación e Integración Profesional. | 0.4 |
| 5 | Avaliación Final. | 0.4 |