- Código
- MP0134
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 2 anos
- Créditos
- 80.0
- Curso
- 2022-2023
- Prezo
- 7.900,00€
- Centro
- Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
- Dirección
- 
                                                    Maria Emilia Vazquez Rozas
                                                      
 Miguel Angel Otero Simon
- Contacto
- mascomex [at] usc.es 
Departamento / Centro Organizador
          
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Miguel Ángel Otero  Simón
647 73 44 76
mascomex [at] usc.es
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Datas
                      Duración: 03/10/2022 - 21/12/2023
          
                      Preinscrición: 05/07/2022 - 15/09/2022
          
                      Matrícula: 19/09/2022 - 23/09/2022
                  
                  Número alumnos/as mínimo: 14
                          Número alumnos/as máximo: 28
              
Seguro obrigatorio: 
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
        
Requisitos de acceso
Estar en posesión dun título universitario. Excepcionalmente, poderán ser admitidos estudantes aos que lles falten menos de 30 créditos ECTS para rematar a súa titulación. Non obstante, neste caso, o título de máster expedirase unicamente para aqueles alumnos que rematen a súa titulación de acceso antes de acabar o ano académico no que se desenvolve o máster. A USC está inscrita no catálogo de especialidades da Fundación Estatal para a Formación no Emprego ( FUNDAE), polo que as empresas que inscriban aos seus traballadores no mesmo, poderán beneficiarse de bonificacións nas súas cotizacións á Seguridade Social.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual 
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Expediente académico. Coñecemento de idiomas. Experiencia profesional. Estadías no estranxeiro e entrevistas persoais en castelán e inglés.
Calendario de pagamento fraccionado
| Prazo | Importe | Data | 
|---|---|---|
| 1 | 4.000,00€ | 19/09/2022 - 23/09/2022 | 
| 2 | 3.900,00€ | 01/04/2023 - 11/04/2023 | 
Para poder acceder a un mercado laboral cada vez máis competitivo, xa non é suficiente posuír un título universitario, necesítase unha formación especializada, práctica e adaptada ás necesidades e demandas da empresa actual.
Desde os nosos inicios, no curso 1991-1992, a nosa misión é formar aos especialistas en internacionalización de empresas, comercio exterior e negocios internacionais que demandan as empresas para desenvolver a súa expansión internacional. Hoxe, prácticamente todas as empresas galegas con proxección internacional contan con directivos e técnicos de MASCOMEX.
MASCOMEX pon a disposición dos seus alumnos, a súa experiencia e o seu prestixio, para ofrecerlles un programa formativo pensado para as necesidades dos directivos do século XXI. O noso obxectivo último é conseguir a súa inserción laboral e contribuír á súa futura progresión e desenvolvemento profesional.
Máis do 95% dos alumnos que realizan MASCOMEX conseguen a súa inserción laboral en multinacionais e empresas exportadoras antes de finalizar o master, a través do noso programa de prácticas.
Actualmente a nosa rede MASCOMEX está formada por máis dun milleiro de alumnos, presentes en todos os continentes e nunha ampla variedade de sectores e profesións vinculadas ao ámbito internacional: Directores Internacionais ou de Exportación, Directores de Loxística Internacional, Directores de Compras Internacionais, Directores de Administración Internacional, Area Managers, Técnicos de Exportación, Técnicos de Logística Internacional, Técnicos de Compras Internacionais, etc.
Avaliación
- Asistencia a clases (mínimo dun 80%).
- Exames ao longo do curso (necesario superación das probas de avaliación correspondentes a cada materia).
- Traballos e proxectos que deben ser valorados positivamente para a súa validación.
Titorías
Titorías presenciais de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 nos despachos 247 e 314.
De luns a venres de 9:30 a 14:00 horas e/ou de 15:30 a 20:00 horas
Observacións
Ao tratarse dun curso "full time", dedicación plena do alumno, as clases impartiranse habitualmente en horario partido de mañá e tarde. Con carácter xeral as clases das distintas materias impartiranse pola tarde, salvo as de Inglés de Negocios que se impartirán dous días á semana en horario de mañá e as de Proxectos que tamén se impartirán pola mañá.
Tamén realizaranse ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS A DOCENCIA como visitas a empresas, instalacións portuarias, institucións, etc. Entre outras que poidan xurdir a longo do master citamos as actividades máis regulares que se desenvolven no marco do máster: Visita a Feira Conxemar en Vigo, Visita a Bodega Martín Códax en Cambados, Visita a sede central de Inditex en A Coruña, Visita as instalacións portuarias do Porto de Vigo,...
| Código | Materia | Créditos | 
|---|---|---|
| 1 | Economía e Finanzas Internacionais. | 5.0 | 
| 2 | Contorna de Negocios e Competitividade. | 5.0 | 
| 3 | Xestión de Empresas Internacionais. | 5.0 | 
| 4 | Estratexias e Plan de Márketing Internacional. | 5.0 | 
| 5 | Imaxe de Marca e Promoción Exterior. | 5.0 | 
| 6 | Desenvolvemento de Canles e Fixación de Prezos nos Mercados Internacionais. | 5.0 | 
| 7 | Regulación Aduaneira e Fiscalidade do Comercio Exterior. | 5.0 | 
| 8 | Inglés de Negocios 1: Vocabulario Comercial e de Negocios. | 5.0 | 
| 9 | Negociación e Contratación Internacional. | 5.0 | 
| 10 | Loxística e Transporte Internacional. | 5.0 | 
| 11 | Inglés de Negocios 2: Comunicación e Negociación Comercial. | 5.0 | 
| 12 | Inglés de Negocios 3: Contratos e Termos Legais. | 5.0 | 
| 13 | Conferencias e Encontros con Empresarios. (2º Curso) | 2.0 | 
| 14 | Prácticas Tuteladas en Empresas. (2º Curso) | 40.0 | 
| 15 | Proxecto de Análise Económica de Países. (2º Curso) | 5.0 | 
| 16 | Proxecto de Selección e Estudo de Mercados Internacionais. (2º Curso) | 5.0 | 
| 17 | Proxecto de Plan de Acción Comercial. (2º Curso) | 5.0 | 
| 18 | Proxecto de Xestión de Operacións Internacionais. (2º Curso) | 5.0 |