- Código
- MP0243
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 3.000,00€
- Centro
- Facultade de Medicina e Odontoloxía
- Dirección
-
Inmaculada Tomas Carmona
Alba Regueira Iglesias - Contacto
inmaculada.tomas [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas
INMACULADA TOMAS CARMONA
inmaculada.tomas [at] usc.es
Facultade de Medicina e Odontoloxía
Datas
Duración: 02/09/2025 - 30/07/2026
Preinscrición: 01/07/2025 - 28/07/2025
Matrícula: 04/08/2025 - 18/08/2025
Número alumnos/as mínimo: 2
Número alumnos/as máximo: 4
Comentarios: School of Medicine and Dentistry
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Graduado en Odontoloxía
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Dispoñibilidade horaria para realizar as actividades do Máster Currículo vitae (50%) e entrevista persoal (50%) Na entrevista avaliarase a empatía e habilidades comunicativas, especialmente na interacción cos pacientes, así como a capacidade para o traballo en equipo interdisciplinario. Tamén se valorará a motivación e vocación pola odontoloxía en persoas con diversidade funcional e medicamente comprometidos. Exporanse casos clínicos reais e hipotéticos para analizar a capacidade de adaptación e toma de decisións. Finalmente, será clave demostrar compromiso coa formación continua, a ética profesional e a humanización da atención odontolóxica.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 1.500,00€ | 04/08/2025 - 18/08/2025 |
2 | 1.500,00€ | 31/01/2026 - 10/02/2026 |
1. Integrar a Saúde Oral coa Saúde Xeral para Mellorar a Calidade de Vida dos Pacientes: Comprender a interrelación entre a saúde bucodental e as patoloxías sistémicas para deseñar plans de tratamento interdisciplinarios en colaboración con outros profesionais da saúde.
2. Aplicar un Enfoque Multidisciplinario Integrando as Diferentes Especialidades Odontolóxicas na Atención de Pacientes con Necesidades Especiais: Desenvolver competencias para traballar de maneira interdisciplinaria, integrando os coñecementos das distintas especialidades odontolóxicas na planificación e execución de tratamentos adaptados a pacientes con discapacidade ou enfermidades médicas complexas.
3. Aplicar Estratexias de Atención Odontolóxica Baseadas na Evidencia e nos Principios de Odontoloxía Inclusiva: Desenvolver habilidades para aplicar protocolos de tratamento apoiados pola evidencia científica, garantindo unha atención accesible e de calidade a todos os pacientes.
4. Desenvolver Habilidades de Comunicación e Atención Centrada no Paciente con Diversidade Funcional e Necesidades Específicas: Capacitar aos odontólogos no uso de estratexias de comunicación adaptadas para mellorar a experiencia do paciente con discapacidade e médicamente comprometido, garantindo unha atención humanizada e eficaz.
5. Fomentar a Investigación e o Desenvolvemento de Novos Protocolos de Atención Odontolóxica para Pacientes con Necesidades Especiais: Capacitar aos profesionais para xerar coñecemento científico e desenvolver novas estratexias terapéuticas en Odontoloxía aplicada a persoas con diversidade funcional e condicións médicas complexas.
Avaliación
Aplicarase un sistema de avaliación continuada teórico-práctica no que se considerará a actitude e adquisición de coñecementos e habilidades clínicas, o tratamento e presentación de casos, así como a participación no desenvolvemento de traballos de investigación. Ademais, complementarase con avaliacións por pares, autoavaliación reflexiva, retroalimentación de pacientes ou familiares, e un portafolio de competencias. Tamén se considerará o impacto dos tratamentos na calidade de vida do paciente e o uso de ferramentas dixitais para a planificación e avaliación de casos.
Titorías
No Máster aplicaranse metodoloxías activas que integren teoría, práctica e avaliación continua. O ensino combinará Aprendizaxe Baseada en Problemas e Aprendizaxe Baseado na Evidencia, utilizando casos clínicos reais e literatura científica. Reforzaranse habilidades mediante simulación clínica con modelos, talleres de técnicas avanzadas e o uso da tecnoloxía dixital. No contacto con pacientes, aplicarase unha Aprendizaxe Baseada na Práctica Clínica cun enfoque individualizado e multidisciplinar. Utilizaranse protocolos adaptados para a avaliación clínica, con énfase na historia médica detallada, a coordinación con outros profesionais da saúde e o uso de escalas de risco. Implementarase un modelo de atención integral, que incluirá: 1) Técnicas de comunicación adaptadas, considerando pacientes con dificultades cognitivas ou da linguaxe; 2) Manexo conductual e técnicas de desensibilización, especialmente en pacientes con discapacidade intelectual ou trastornos do espectro autista; 3) Uso de sedación consciente e anestesia xeral en casos onde sexa necesario; 4) Protocolos de prevención e tratamento personalizado, priorizando estratexias minimamente invasivas e rehabilitación funcional; 5) Adaptacións clínicas e ergonómicas, asegurando accesibilidade na contorna odontolóxica; 6) Seguimento e continuidade do coidado oral, con plans de control individualizados e colaboración con familiares e coidadores. Ademais, fomentarase a investigación aplicada con estudos clínicos e revisións sistemáticas/metaanálisis. Debido ao contacto con pacientes, precísase como idiomas o castelán e o galego. O Máster incluirá titorías teóricas para reforzar coñecementos e resolver dúbidas, titorías clínicas con supervisión nas estancias clínicas, discusión de casos e simulación, titorías de investigación para guiar os traballos de investigación e titorías personalizadas para seguimento académico e orientación profesional.
10:00 horas a 20:00 horas (luns, martes, mércoles, xoves, venres)
Observacións
Axustaránse a demanda dos alumnos segundo o seguimiento dos pacientes en tratamiento clínico e os traballos de investigación de xeito consensuado
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Manexo Odontolóxico Integral en Pacientes con Patoloxía Infecciosa. | 5.0 |
2 | Manexo Odontolóxico Integral en Pacientes con Patoloxía Cardio-Respiratoria. | 5.0 |
3 | Manexo Odontolóxico Integral en Pacientes con Patoloxía Hepato-Renal. | 5.0 |
4 | Manexo Odontolóxico Integral en Pacientes con Patoloxía Endocrina e Disgestiva. | 5.0 |
5 | Manexo Odontolóxico Integral en Pacientes con Alteración Hematolóxica. | 5.0 |
6 | Manexo Odontolóxico Integral en Pacientes con Enfermidades Reumatolóxicas. | 5.0 |
7 | Manexo Odontolóxico Integral en Pacientes con Cancro de Cabeza e Pescozo/medicación e Osteonecrosis. | 5.0 |
8 | Manexo Odontolóxico Integral en Pacientes con Patoloxía Neuro-Psiquiátrica. | 5.0 |
9 | Manexo Odontolóxico Integral en Pacientes con Discapacidades Físicas, Psíquicas e Sensoriais. | 7.0 |
10 | Manexo Odontolóxico Integral en Pacientes Embarazadas. | 3.0 |
11 | Odontoloxía Dixital en Pacientes Médicamente Comprometidos. | 3.0 |
12 | Emerxencias Médicas no Gabinete Odontolóxico. | 3.0 |
13 | Metodoloxía da Investigación no Ámbito dos Pacientes Médicamente Comprometidos. | 4.0 |