- Código
- MP0193
- Tipo
- Máster de Formación Permanente
- Modalidade
- Híbrido
- Duración
- 2 anos
- Créditos
- 60.0
- Curso
- 2024-2025
- Prezo
- 2.400,00€
- Centro
- Facultade de Psicoloxía
- Dirección
- Constantino Arce Fernandez
- Contacto
constantino.arce [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Departamento de Psicoloxía Social e Básica
Constantino Arce Fernández
647344068
constantino.arce [at] usc.es
Facultade de Psicoloxía
Datas
Duración: 21/10/2024 - 15/06/2026
Preinscrición: 07/10/2024 - 11/10/2024
Matrícula: 03/06/2024 - 27/09/2024
Número alumnos/as mínimo: 20
Número alumnos/as máximo: 30
Seguro obrigatorio:
17,50€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Grao ou Licenciatura en Psicoloxía. Tamén poderá ser admitido o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo, 9 créditos ECTS correspondentes á titulación de acceso requirida. Neste caso, non poderá obter o título de Máster en Formación Permanente quen previamente non obtivera o título de Grao.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
Si o número de solicitantes non supera o número de prazas ofertadas (30), chegará con reunir os requisitos de acceso para ser admitido no máster; e dicir, grao ou licenciatura en psicoloxía (ou que reste por superar o TFG, como máximo, 9 créditos). E no caso de que haxa máis solicitantes que prazas ofertadas, a selección farase de acordo cos seguintes tres criterios: (1) Nota media do expediente no grao ou licenciatura (ata 34 puntos). (2) Materias cursadas ou actividades realizadas sobre psicoloxía do deporte durante ou con posteriedade aos estudos de grao ou licenciatura (ata 33 puntos). (3) Grao de relación co deporte (ata 33 puntos). Por favor, achegar información sobre estes criterios cando se realice a inscrición.
Calendario de pagamento fraccionado
Prazo | Importe | Data |
---|---|---|
1 | 900,00€ | 07/10/2024 - 11/10/2024 |
2 | 900,00€ | 03/03/2025 - 13/03/2025 |
3 | 300,00€ | 01/09/2025 - 11/09/2025 |
4 | 300,00€ | 02/03/2026 - 12/03/2026 |
Este Master ten por obxecto dotar aos participantes de formación psicolóxica específica para o desenvolvemento do seu labor no ámbito do deporte e da actividade física. Trátase dunha proposta innovadora que xurde co cometido de satisfacer as demandas, procedentes da Psicoloxía e das disciplinas afíns, para acadar coñecemento teórico e práctico nunha área na que ainda existen escasas posibilidades de formación universitaria.
Seguindo as directrices de posgraos semellantes que se están a promover tanto a nivel nacional como internacional, e na liña marcada polos estudos de posgrao previos sobre esta temática realizados na última década na USC, este máster contempla tres das vías principais de formación polas que se require a incorporación da Psicoloxía ao entorno deportivo: (1) o asesoramento psicolóxico a deportistas e adestradores no ámbito do deporte de base (2) a preparación psicolóxica dos deportistas e adestradores para o alto rendemento e (3) o fomento da adherencia e mantemento da actividade física (mediante esquemas personalizados) coma hábito de saúde preventivo e rehabilitador.
O máster consta de dous cursos académicos, e está deseñado de xeito que sexa compatible con calquera outra actividade académica ou profesional.
O primeiro curso será fundamentalmente teórico, con clases na Facultade de Psicoloxía, agrupadas nunha sola sesión semanal, que terá lugar os luns pola tarde, con posibilidade de seguimento das sesións online por razóns de traballo, residencia noutra comunidade ou país, distancia, ou calquera outra causa que impida a asistencia a clase.
E o segundo curso será práctico na súa maioría, con posibilidade de realización de prácticas en múltiples entidades colaboradoras tales coma o Real Club Celta de Vigo, o Deportivo de A Coruña, a Sociedad Deportiva Compostela, o Obradoiro CAB SAD, o Poio Fútbol Sala de Combarro (Pontevedra), o Consultorio de Psicoloxía Deportiva de Clínicas ON, de Pontevedra, o Club Victoria de Santiago, o Noia Fútbol Sala, o Basket Base Club de Vilagarcía, ou o Centro Profesional de Fútbol, na Coruña. Tamén se permite a realización de prácticas en calquera outro club galego ou de calquera outro lugar do estado español ou calquera outro país no que o estudiante estivese interesado/a por razóns de proximidade ao seu domicilio ou por calquera outra razón persoal. A dirección do máster responsabilizaríase dos trámites para a sinatura do convenio de prácticas correspondiente.
Ademais das clases habituais e as prácticas, o máster contempla actividades complementarias de formación coma un módulo de iniciación á investigación deportiva e a realización dun traballo fin de máster.
Avaliación
- Asistencia ás clases (presencial ou online)
- Probas teórico-prácticas
- Memoria de prácticas
- Traballo de fin de Máster
Titorías
As materias ofertadas para o primeiro curso se desarrollarán en orde secuencial desde outubro de 2024 a xuño de 2025 en sesións presencias que terán lugar os luns pola tarde na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Por razóns de traballo, outros estudos, residencia noutra comunidade ou país, distancia, ou calquera outra causa que impida a asistencia a clase durante o primeiro curso, se poderán seguir as clases online. Durante o seguinte curso 2025-26 se realizará o traballo fin de máster, sin necesidade de presencialidade, e as prácticas en clubs deportivos concertados próximos ao lugar de residencia do estudante.
Curso 2024/2025: Luns de 16 a 20h; Curso 2025/2026: Horario a consensuar co club de prácticas
Observacións
Por razóns de traballo, outros estudos, residencia noutra comunidade ou país, distancia, ou calquera outra causa que impida a asistencia a clase durante o primeiro curso, se poderán seguir as clases online.
Código | Materia | Créditos |
---|---|---|
1 | Psicoloxía dos Equipos Deportivos. | 5.0 |
2 | Preparación Psicolóxica para o Deporte e a Actividade Física. | 6.0 |
3 | Avaliación Psicolóxica e Deportiva. | 2.0 |
4 | Actividade Física e Saúde. | 2.0 |
5 | Desenvolvemento e Aprendizaxe Deportivo. | 2.0 |
6 | Iniciación a Investigación Deportiva. | 3.0 |
7 | Traballo Fin de Mestrado. (2º Curso) | 10.0 |
8 | Prácticas Tuteladas en Empresas. (2º Curso) | 30.0 |