Ir o contido principal
STG

Calidade

A USC ten como obxectivo prioritario cumprir a súa función de cara á sociedade levando a cabo docencia, investigación e xestión da máxima calidade.

A calidade supón satisfacer as necesidades e expectativas de todas as persoas e organizacións que reciben os servizos da USC, así como das que están implicadas na prestación dos mesmos.

Por iso, a USC considera a calidade un elemento fundamental da súa misión, e a procura permanente da excelencia, o centro da súa visión institucional.

Esa arela concrétase na formulación de obxectivos estratéxicos, nunha política de calidade e en Plans específicos de mellora.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.04.2023.