Ir o contido principal
STG

Xestión de infraestruturas

As infraestruturas físicas da USC son un dos recursos fundamentais para o desenvolvemento da súa actividade. A xestión e ordenación das infraestruturas como un dos retos máis importantes que ten a institución nos próximos anos para reducir a superficie construída, diminuír o gasto dedicado á operación das infraestruturas e mellorar a prestación dos servizos á docencia e á investigación. As accións desenvólvese en dous grandes capítulos. O primeiro, atender o deseño e xestión de todos os proxectos arquitectónicos relacionados coas edificacións actuais e futuras, así como vías, zonas verdes e outras dotacións, ademais da xestión urbanística en relación con outras administracións. O segundo agrupa todas as actividades necesarias para asegurar o funcionamento das infraestruturas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.02.2024.