Ir o contido principal
STG

Órganos e unidades implicadas na xestión do plan

Sen prexuízo do nivel de responsabilidade dos diferentes actores aos que se refire o PMA do ministerio ante as posibles situacións de fraude, atendendo á configuración orgánica propia da USC establécense, inicialmente, os seguintes órganos e unidades implicados na xestión do presente Plan.

Comisión antifraude

Configúrase como un órgano colexiado, cuxa función principal será a avaliación e o control de riscos de fraude, corrupción, conflitos de intereses ou dobre financiamento na Universidade, así como velar pola correcta aplicación das medidas de prevención de riscos de xestión que se acorden.

A Comisión antifraude actuará, de oficio ou a través das denuncias recibidas, tanto no desenvolvemento das actuacións planificadas como noutras motivadas por feitos que poden subsumirse no concepto de fraude segundo o criterio do dito órgano. A súa creación e composición realizarase mediante resolución reitoral, sen que poida formar parte da mesma a persoa que actúe como responsable antifraude nin os xestores de fondos implicados directamente na execución dos proxectos ou subproxectos derivados do PRTR. Esta C estará presidida por unha persoa proposta pola xerencia, e contará con representantes das áreas ou órganos dos ámbitos de contratación, subvencións, persoal e investigación.

1. A Comisión Antifraude estará composta inicialmente polas seguintes persoas:

  • Don César García Novoa, Catedrático da Área de Dereito Financeiro e Tributario, que actuará como presidente.
  • Dona Diana Santiago Iglesias, delegada do Reitor para Racionalización e Calidade Normativa e Profesora Titular de Universidade da Área de Dereito Administrativo
  • Dona Maruxa Casal Reyes, directora da Área de Persoal - Dona Marta Otero Crespo, directora da Área Académica
  • Dona Ana María Domínguez Gigirey, directora da Área de Planificación e Innovación Administrativa
  • Don Rubén José Regueira Gay, director do Centro de Datos e Procesos

2. Actuará como secretaria/o da Comisión a persoa con menor antigüidade como persoal funcionario de carreira ou laboral fixo da Universidade de Santiago de Compostela.

Responsable antifraude

Corresponde á persoa titular da xerencia, sen prexuízo da súa posible delegación e da asunción compartida de responsabilidades na xestión de riscos por parte do persoal que teña asignadas funcións directivas.

Son atribucións do/a responsable antifraude as seguintes:

  • Establecer mediante instrucións ou resolucións complementarias a este Plan as directrices oportunas en materia de prevención, detección, corrección e persecución da fraude, no marco da xestión dos fondos públicos con que conta a USC, ben se trate de fondos procedentes da UE (Mecanismo MRR e Fondos estruturais) ou doutras fontes de financiamento nacional ou extracomunitario.
  • Resolver as denuncias de fraude, corrupción, conflito de intereses ou dobre financiamento de acordo co procedemento de control interno que se estableza para estes efectos.
  • Sensibilizar e informar ao persoal sobre calquera asunto relacionado coa fraude.
  • Instar aos responsables e xestores de riscos de fraude para que poñan en coñecemento de xeito inmediato o resultado das investigacións que realicen perante os seus superiores e a C , naqueles casos nos que consten indicios claros de fraude.
  • A non admisión das denuncias que incumpran as condicións mínimas necesarias, ou resulte evidente que dos feitos denunciados non se deduce actuación irregular e/ou fraudulenta. Neses casos deberanse comunicar os motivos da non admisión á persoa ou persoas denunciantes, agás que se trate dunha denuncia anónima, quedando garantida a non revelación da súa identidade e a confidencialidade das informacións, co subseguinte arquivo do expediente.

Xestores responsables de riscos de fraude

Correspóndese co persoal responsable, en última instancia, da xestión, execución e gasto de Fondos NGEU, referidos tanto a proxectos e/ou subproxectos que se financien a través do mecanismo comunitario indicado na epígrafe 1a deste Plan, como a outras actuacións que se tramiten con financiamento específico condicionado.

A súa designación para actuacións ou proxectos singularizados efectuarase pola persoa responsable antifraude. Terán a dita condición, en todo caso, os investigadores principais (IP).

Os xestores responsables de riscos supervisarán a aplicación das medidas preventivas recollidas na epígrafe 4a deste Plan por parte de todo o persoal do centro, estrutura, servizo ou unidade de que se trate, quen dará conta inmediata dos posibles casos de fraude, conflito de intereses, corrupción ou dobre financiamento.

Na xestión dos riscos prestarase especial atención a:

  • Garantir o cumprimento do Código ético e de conduta da USC, do que se fará mención no apartado 4.1 deste Plan.
  • Contribuír coa periodicidade que se estableza á elaboración ou actualización dos posibles mapas de riscos de acordo coa matriz prevista no Anexo V e de forma coordinada coa C .
  • Controlar e detectar os riscos de fraude, corrupción, conflito de intereses ou dobre financiamento.
  • Actuar coa dilixencia debida e adoptar aquelas medidas preventivas máis adecuadas, segundo o suposto de que se trate.
  • Garantir a execución e o cumprimento das medidas correctoras propostas, de ser o caso.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.02.2023.