Ir o contido principal
STG

Instituto de Criminoloxía

O Instituto de Criminoloxía ocupouse dos estudos correspondentes á titulación propia de Diploma Superior en Criminoloxía até a súa extinción no curso 2022-23 e a implantación do Grao de Criminoloxia. O Instituto imparte cursos e cursiños interdisciplinares, ao coidado de recoñecidos especialistas, para completar a formación dos nosos alumnos e actualizar os coñecementos dos profesionais relacionados coa Criminoloxía. Ocúpase asemade da edición da revista Estudios Penales y Criminológicos, na que colaboraran recoñecidos profesores e investigadores de universidades españolas e estranxeiras. Periodicamente publícase o Boletín Criminolóxico da Universidade de Santiago de Compostela, no que se analizan  cuestións de actualidade e se dan a coñecer traballos de investigación realizados polos alumnos.

Contacto

Enderezo: Facultade de Dereito. Campus Vida 15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 814 680
email: icsec [at] usc.es (icsec[at]usc[dot]es)

Directorio

Director

Santiago Bernardo Brage Cendán

Email
santiago.brage@usc.gal

Secretario

Gumersindo Guinarte Cabada

Enderezo
gumersindo.guinarte@usc.gal
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2024.