Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (41.29%), Galego (58.71%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxía Románica
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo básico da materia “Literatura e Arte no mundo antigo e medieval” é familiarizar o estudante de Historia da Arte con algúns dos principais problemas asociados á produción letrada do periodo en cuestión. Non se trata de ofrecer unha apretada sinopse da historia da literatura durante a Antigüidade grecolatina e o Medievo, senón de introducir o estudante nunha lectura crítica de obras clásicas e medievais tendo en conta que non existe unha separación neta entre o discurso verbal e visual como mecanismos de representación e que ambos supoñen dúas realidades que se complementan e interfiren.
CLASES EXPOSITIVAS
1.- Introdución teórica:
a) A relación entre a lingua e a imaxe: signo verbal e signo visual.
2. - A literatura e a arte na mundo antigo:
a) Conceptos e actitudes na Antigüidade respecto á relación texto-imaxe.
b) A literatura antiga e a súa representación visual.
3.- A literatura e a arte no mundo medieval:
a) A transmisión da cultura clásica na Idade Media. O xurdimento da arte cristiá.
b) A relación texto-imaxe no pensamento medieval.
c) A literatura medieval: características esenciais no marco da relación texto-imaxe.
CLASES INTERACTIVAS
A parte interactiva da materia estruturarase a partir da lectura de obras, necesaria para poder participar e realizar tanto o traballo como o exame.
As lecturas serán analizadas no contexto antigo e medieval do Occidente de Europa, tendo en conta o seu valor na historia da literatura e do pensamento, así como a súa pegada na produción artística do momento e posterior.
Dado o límite do espazo proporcionado, ofrécense aquí tan só algunhas referencias básicas:
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (lecturas):
Como lecturas obrigatorias: Calvo Martínez, José Luis (trad.), Homero. La Odisea, Madrid, Cátedra, 2006 e Riquer, Isabel de (trad.), El cantar de Roldán, Madrid, Gredos, 1999.
A maiores, nas clases interactivas proporcionarase unha listaxe de obras das literaturas antiga e medieval, que servirán de base para comentarios e exercicios a desenvolver durante o cuatrimestre.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
1.- Auerbach, Erich, Mímesis. La representación de la realidad en la literatura occidental, Fondo de Cultura Económica, México, 1993 (1ª ed. 1946), 2 vols.
2.- Baschet, Jérôme y Dittmar, Pierre-Olivier (dirs.), Les images dans l'Occident médiéval, Brepols, Turnhout, 2015.
3.- Garnier, François, Le langage de l'image au Moyen Âge. Signification et symbolique, Le Léopard d'Or, Paris, 1988.
4.- Gerke, Friedrich, La fin de l'art antique et les débuts de l'art chrétien, Michel Albin, Paris, 1973.
5.- Highet, Gilbert, La tradición clásica: influencias griegas y romanas en la literatura occidental, Fondo de Cultura Económica, México, 1978 (1ª ed. 1949), 2 vols.
6.- Meneghetti, Maria Luisa, Storie al muro: temi e personaggi della letteratura profana nell'arte medievale, Einaudi, Torino, 2015.
7.- Panofsky, Erwin, Idea: contribución a la historia de la teoría del arte, Cátedra, Madrid, 1989, 7ª ed.
8.- Sánchez Ameijeiras, Rocío, Los rostros de las palabras: imágenes y teoría literaria en el Occidente medieval, Akal, Madrid, 2014.
9.- Schapiro, Meyer, Palabras, escritos e imágenes: semiótica del lenguaje visual, Ediciones Encuentro, Madrid, 1998.
10.- Testo e immagine nell'Alto Medioevo. Settimane di Studio del Centro Italiano di Studi sull'Alto Medioevo (41ª Settimana, 15-21 aprile 1993, Spoleto), Presso la sede del Centro, Spoleto, 1994.
11.- Wirth, Jean, L'Image médiévale. Naissance et développements (VIe-XVe), Méridiens Klinsieck, Paris, 1989.
• Estudo dos conceptos e coñecementos básicos da estrutura diacrónica do pasado.
• Consciencia crítica das relacións que se establecen entre a literatura e a arte.
• Estudo e análise da literatura así como da súa relación e reflexo na arquitectura, artes plásticas e música no desenvolvemento da historia da humanidade.
• Abordaranse as coincidencias sincrónicas: intereses comúns, traducións estilísticas entre os diferentes medios, variacións temáticas, etc.
Tanto a distribución en tres tipos de actividades (sesións expositivas, sesións interactivas e titorial) como o número de horas presenciais fixado para cada unha destas actividades responden ás directrices do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 43 horas dedicaranse a actividades formativas presenciais e as outras 107 horas a traballo libre por parte dos alumnos.
As 43 horas formativas presenciais distribúense en 1) sesións expositivas (30 horas), 2) sesións interactivas (11 horas) e 3) titorial (2 horas).
Por sesión expositiva, á que asiste o grupo na súa totalidade, enténdese unha sesión de dúas horas na que o profesor explica os contidos básicos da materia con apoio de diversos materiais. Para o axeitado seguimento de cada sesión expositiva é imprescindíbel a asistencia na aula e a realización daqueles traballos e tarefas que o profesor propoña ao longo do curso.
Por sesión interactiva, organizadas en grupos máis reducidos, enténdese unha sesión dunha hora na que os estudantes expoñen, discuten e presentan os resultados das lecturas e actividades fixadas para o día en cuestión, incluídas as probas non fixadas con calendario.
Por titorial faise referencia a dúas sesións, dunha hora cada unha, destinadas á preparación doutras tarefas formativas (busca de fontes, modelos de referencias bibliográficas, composición de ensaios, etc.).
1.- Un 65% da cualificación final corresponde ás sesións expositivas e dependerá da realización dun exame e/ou doutros posibles exercicios que se poidan propoñer durante o desenvolvemento das clases, así como da participación activa nas aulas.
O outro 35% corresponde ás sesións interactivas e dependerá da realización de traballos e outros exercicios, que serán expostos nas propias clases, con preparación previa por parte do alumnado. A asistencia é obrigatoria. Resérvase a posibilidade de valorar así mesmo a participación en distintas actividades, como conferencias, que se poidan programar eventualmente ao longo do período lectivo. O tema dos exercicios debe ser aprobado polo profesor.
Polo que respecta á lectura obrigatoria (o Decameron, de Giovanni Boccaccio), o profesor indicará na aula o método para avaliala.
2.- A asistencia non computa de seu mais é obrigatoria, esixíndose unha actitude activa do alumnado no desenvolvemento das clases.
3.- Observación importante sobre o plaxio: O plaxio na realización dos traballos programados ou a utilización indebida e non indicada de maneira adecuada de fontes impresas ou de Internet pode implicar o suspenso na convocatoria correspondente coa cualificación máis baixa. Así mesmo, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
4.- AVALIACIÓN ALTERNATIVA E SEGUNDA OPORTUNIDADE: Os alumnos que non superen a avaliación continua ou tivesen dispensa de asistencia ás clases poderán presentarse a un exame final escrito, nas datas fixadas pola Facultade tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. En calquera caso, non variarán os criterios indicados polo que se refire ao dominio dos contidos teóricos e das estratexias aprendidas e demostradas na práctica crítica.
O sistema de avaliación consiste nunha proba escrita para as expositivas, que sirva de recapitulación e aplicación dos contidos desenvolvidos ao longo do curso. Na cualificación das expositivas teranse en conta tamén a participación activa na aula, tal e como se expón no comezo deste mesmo apartado.
No caso das interactivas, seguirase o sistema de avaliación continua, coa realización de traballos e tarefas ao longo do cuadrimestre, propostas polo profesor, que se debatirán nas clases; aqueles estudantes que, por algún dos motivos contemplados na normativa vixente, non participasen nas clases interactivas terán a posibilidade de facer no exame escrito un comentario similar aos realizados ao longo do curso.
Aceptaranse só aqueles casos de inastistencia regular a clase que conte coa correspondente dispensa do Decanato.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
A proposta de horas de traballo persoal do estudante para cada unha das actividades constitúe unha estimación, cuxa translación á realidade pode verse alterada por diversas variables persoais.
1.- Sesións expositivas: 32 horas. Recoméndase que o estudante invista 50 horas de estudo autónomo para a asimilación dos contidos.
2.- Sesións interactivas: 16 horas. Recoméndase que o estudante prepare durante 61 horas os materiais solicitados para o desenvolvemento destas sesións.
3.- Titorial: 3 horas. Recoméndase que se reserven 6 horas por parte do estudante para a preparación das actividades previstas no titorial.
No marco da materia "Literatura e Arte no Mundo Antigo e Medieval", é aconsellable unha competencia lectora o máis ampla posíbel.
Requisitos da materia:
1. Normativa sobre asistencia: de acordo coa Memoria do Grao en Historia da Arte, "en todas as materias, no novo plan, a avaliación continua é obrigada", o que supón que "a actividade do alumno definida en créditos ECTS leva consigo unha esixencia de traballo persoal deste". O devandito traballo persoal expoñerase e/ou presentará nas clases, sexa nas sesións expositivas, nas sesións interactivas ou no titorial de acordo co Cronograma (véxase Guía docente), polo que a asistencia a clase se considera un "requisito preceptivo" para a superación da materia mediante o procedemento de avaliación continua en función do estipulado pola Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010).
1.1. Dado que o Centro non ten definido un sistema para o seguimento e control da asistencia, en cumprimento do estipulado pola Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior no Artigo 2 (“o docente encargado da materia […] indicará o sistema de control de asistencia”), arbitraranse os mecanismos oportunos para levar a cabo dito control).
2. Normativa sobre participación: de acordo coa Memoria do Grao en Historia da Arte, "a avaliación continua farase por medio de controis escritos, traballos [... e] participación do estudante". A secuencia dos devanditos controis escritos, traballos e participación detállase no Cronograma. Os devanditos controis, traballos e participación entregados na clase de acordo co calendario estipulado considéranse "constancia documental", nos termos formulados pola Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior, de asistencia a clase. Tamén se considera parte da participación a realización de probas non fixadas con calendario.
Os estudantes deberán redactar e presentar os seus escritos co nivel de corrección esperable ao seu grao académico. Serán, por iso, penalizados os erros ortográficos, a redacción deficiente ou incomprensible e a presentación descoidada dos exercicios escritos.
Elvira Fidalgo Francisco
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811825
- Correo electrónico
- elvira.fidalgo [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Esther Corral Diaz
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Teléfono
- 881811792
- Correo electrónico
- esther.corral [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Santiago Gutierrez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- santiago.gutierrez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 |
| Martes | ||
| 15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 |
| Mércores | ||
| 15:00-17:00 | Grupo/CLE_02 | Aula 13 |
| Venres | ||
| 17:00-19:00 | Grupo/CLE_02 | Aula 13 |
| 18.01.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
| 18.01.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| 27.06.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GUTIERREZ GARCIA, SANTIAGO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GUTIERREZ GARCIA, SANTIAGO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORRAL DIAZ, MARIA ESTHER | Galego |
| FIDALGO FRANCISCO, ELVIRA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORRAL DIAZ, MARIA ESTHER | Galego |
| FIDALGO FRANCISCO, ELVIRA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORRAL DIAZ, MARIA ESTHER | Galego |
| FIDALGO FRANCISCO, ELVIRA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORRAL DIAZ, MARIA ESTHER | Galego |
| FIDALGO FRANCISCO, ELVIRA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORRAL DIAZ, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORRAL DIAZ, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORRAL DIAZ, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORRAL DIAZ, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CORRAL DIAZ, MARIA ESTHER | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FIDALGO FRANCISCO, ELVIRA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FIDALGO FRANCISCO, ELVIRA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FIDALGO FRANCISCO, ELVIRA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FIDALGO FRANCISCO, ELVIRA | Galego |