Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. Coñecemento e dominio da técnica do comentario de texto, das distintas formas de achegamento crítico ao texto literario, cun plantexamento fundamentalmente filolóxico e práctico. Non é obxectivo desta materia o repaso de distintas épocas ou movementos literarios, senón o achegamento aos textos como elementos de análise filolóxica.
2. Desenvolvemento da capacidade crítico-filolóxica do alumno para a análise literaria.
3. Adquisición da terminoloxía básica para a realización de comentarios de textos literarios.
4. Adquisición dos conceptos fundamentais de Retórica e Estilística.
1. Concepto e modelos do comentario literario de textos hispánicos.
2. Selección de textos de poesía, teatro e prosa de distintas épocas da literatura española e hispanoamericana sen obrigada secuenciación ou ordenación histórica.
3. Textos iniciais. Primeiro achegamento
Selección de textos de diversos autores, épocas e xéneros. Esta fase introductoria está pensada para avaliar o nivel de coñecemento literario e de dominio do español e especialmente pensado para aqueles alumnos nos que o español non sexa a primeira lingua o non teñan os coñecementos literarios esperables.
4. Textos medievais
5. Textos do Século de Ouro
6. Textos dos séculos XIX, XX, XXI.
Bibliografía básica
LECTURAS OBRIGATORIAS
Os alumnos deberán ler atentamente os textos de distintas épocas e xéneros da Literatura Española e Hispanoamericana, que serán facilitados directamente ou estarán dispoñibles na Aula Virtual para a súa análise e comentario, sexa na aula ou nos espazos virtuais acaídos nos diferentes escenarios.
No caso dos Escenarios 2 e Escenario 3 que dificulten a consulta bibliográfica, serán colgados da Aula Virtual aqueles textos accesibles e máis acaídos para seguir as diferentes sesións non presenciais.
Bibliografía complementaria
BIBLIOGRAFÍA SOBRE O COMENTARIO LITERARIO
Carrasco, I y G. Fernández Ariza, eds., El comentario de textos, Universidad de Málaga, 1998.
Díez Borque, José María, Comentario de textos literarios. Métodos y práctica, Madrid, Playor, 1977.
Domínguez Caparrós, José, Introducción al comentario de textos, Madrid, MEC, 1977.
Lázaro Carreter, F. y G. Correa Calderón, Cómo se comenta un texto literario, Madrid, Cátedra, 1974.
Navarro Durán, R., La mirada al texto. Comentario de textos literarios, Barcelona, 1995.
Paraíso, Isabel, el comentario de textos poéticos, Madrid, Júcar, 1988.
Villanueva, Darío, El comentario de textos narrativos: novela y cuento, Madrid, Mare Nostrum, 2006.
VV. AA., El comentario de textos, Madrid, Castalia, 4 vols., 1973-1983.
MANUAIS DE TERMINOLOXÍA E RETÓRICA
Azaustre Galiana, A. y Casas Rigall, J., Manual de retórica española, Barcelona, Ariel, 1997.
Estébanez Calderón, D., Diccionario de términos literarios, Madrid, Alianza, 1996.
Frenzel E., Diccionario de argumentos de la literatura universal, Madrid, Gredos, 1976 (1970 en alemán).
Frenzel E., Diccionario de motivos de la literatura universal, Madrid, Gredos, 1980 (1976 en alemán).
Lázaro Carreter, F., Diccionario de términos filológicos, Madrid, Gredos, 1968. Lausberg, H., Elementos de retórica literaria, Madrid, Gredos, 1975.
Marchese, A. y J. Forradellas, Diccionario de retórica, crítica y terminología literaria, Barcelona, Ariel, 1986.
Platas Tasende, A. Mª, Diccionario de términos literarios, Madrid, Espasa-Calpe, 2000.
MANUAIS DE MÉTRICA
López Estrada, F., Métrica española del siglo XX, Gredos, Madrid, 1970.
Navarro Tomás, T., Métrica española, Nueva York, Las Américas, 1966; Madrid, Guadarrama, 1974.
Quilis, Antonio, Métrica española, Madrid, Alcalá, 1973; Barcelona, Ariel, 1984.
Spang, Kurt, Ritmo y versificación: teoría y práctica del análisis métrico y rítmico, Universidad de Murcia, 1983.
Esta asignatura pretende que o alumno desenvolva a súa capacidade para:
1. Identificar e interpretar os elementos do texto que determinan o seu carácter literario nas distintas épocas e xéneros.
2. Adquirir e aplicar ao texto conceptos e terminoloxía relacionados coa estrutura, o estilo, a retórica, a métrica.
3. Redactar de xeito correcto, coherente e ben argumentado comentarios literarios, que conterán a análise obxectiva dos seus aspectos máis salientables, pero tamén o punto de vista persoal do alumno respecto á interpretación e valoración do texto obxecto de análise.
4. Expoñer oralmente de maneira correcta a súa análise e interpetación dos textos literarios.
5. Participar nos posibles debates que se susciten na aula sobre temas relacionados coa materia e o comentario literario.
6. Eventualmente, traballar en grupo e de xeito coordenado con outros alumnos, na análise dun texto.
Aínda que non se imparte docencia, atenderanse consultas do alumnado que o desexe en titoría presencial, previa cita, ou telemática, en prazo non superior ás 72 horas de días lectivos, salvo causa xustificada.
A nota da asignatura resérvase para unha prueba escrita, centrada na parte teórica do programa, que terá lugar o día e hora establecido oficialmente polo centro, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta do exame será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
52 horas de lectura comprensiva de comentarios de textos
43 horas de lectura de bibliografía secundaria
52 horas de estudo da materia e preparación do exame
3 horas de sesión de avaliación
Total: 150 horas
Consultar dúbidas co profesor.
Claudio Rodriguez Fernandez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- claudio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| 15.01.2024 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 11 |
| 27.06.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 11 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRIGUEZ FERNANDEZ, CLAUDIO | Galego |