Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.7 Horas de Titorías: 1 Clase Interactiva: 0.3 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Edafoloxía e Química Agrícola, Historia da Arte, Xeografía, Historia
Áreas: Dereito Administrativo, Edafoloxía e Química Agrícola, Historia da Arte, Análise Xeográfica Rexional, Xeografía Física, Xeografía Humana, Historia Contemporánea
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1.- Contribuír á formación integral do alumnado, complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
2.- Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional na que o alumnado terá que operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
3.- Favorecer o desenvolvemento das competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
4.- Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa empregabilidade futura.
5.- Favorecer os valores da innovación, a creatividade e o emprendemento.
O carácter formativo das PAE xira en torno a dous eixes:
1.- Articular teoría e práctica a través da aproximación global aos problemas e situacións, poñendo en xogo os coñecementos acadados a través das distintas materias do plan de estudos.
2.- Reflexionar sobre a acción permitindo unha aprendizaxe reflexiva, máis alá da mera acción.
A necesaria indicada polos titores
Básicas e Xerais
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contados fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coda esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións
CG7 - Comprender as relacións espaciais
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a o seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grao de autonomía
Específicas
CE1 – Ordenar e sintetizar a información
CE2 - Traballo de campo, coñecemento directo e análise sobre ol territorio. Capacidade de entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas
CE3 - Entender os problemas de forma multidimensional; Xestionar a complexidade; Ofrecer explicacións sinxelas a problemas complexos
CE4 - Xestionar a complexidade
CE5 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares; Capacidade de entender a linguaxe e as propostas doutros especialistas
CE6 - Exposición e transmisión dos coñecementos xeográficos
CE7 - Ofrecer novos usos a saberes tradicionais
As prácticas externas constan de tres fases:
Fase de preparación. O sentido curricular é acadar que o/a estudante sexa consciente de habilidades, estratexias, ferramentas proporcionadas no proceso global de formación nas diversas materias e reflexione sobre o seu emprego. Para iso asígnase 0.5 crédito ECTS.
Fase de estancia. O seu sentido curricular é o de entrar en contacto directo coa institución para desenvolver as actividades que se establezan. Para iso asígnanse 5 créditos ECTS.
Fase de reflexión. O sentido curricular é o de axudar o alumnado a reflexionar sobre as situacións observadas nos centros, así como a súa propia actuación nas intervencións que realiza, facilitando instrumentos para a análise e a reflexión. Para iso asígnanse 0,5 créditos ECTS.
1.- O/a titor/a da entidade colaboradora realizará e remitirá ao/a titor/a académico da Universidade un informe final, ao remate das prácticas, que recollerá o número de horas realizadas polo alumnado e no que poderán valorar os seguintes aspectos referidos, no seu caso, tanto ás competencias xenéricas como ás específicas,
Informe de seguimento intermedio e memoria final das prácticas do alumnado.
O/A estudante elaborará e fará entrega ao/a titor/a académico da universidade unha memoria final, ao remate das prácticas, na que deberán figurar, polo menos, os seguintes aspectos:
a.- Datos persoais do alumno/a.
b.- Entidade colaboradora na que se realizaron as prácticas.
c.- Descrición concreta e detallada de tarefas, traballos desenvolvidos e departamentos da entidade á que foi asignado.
d.- Valoración das tarefas realizadas.
e.- Relación dos problemas presentados e procedemento seguido para a súa resolución.
f.- Identificación das achegas que, en materia de aprendizaxe, supuxeron as prácticas.
g. -Avaliación das prácticas e suxestións de mellora.
2.- Unha vez transcorrida a metade do período de duración das prácticas, poderá elaborarse un informe intermedio de seguimento.
O alumnado que non participe nalgunha das sesións das PAE ou que falte ao 20% das mesmas non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
As PAE desenvólvense no segundo cuadrimestre do último curso, cun total de 6 créditos optativos ECTS de:
En cada un dos períodos os créditos distribúense en tres fases do seguinte xeito:
Fase de preparación. O sentido curricular é acadar que o/a estudante sexa consciente de habilidades, estratexias, ferramentas proporcionadas no proceso global de formación nas diversas materias e reflexione sobre o seu emprego. Para iso asígnase 1 crédito ECTS.
O alumnado que non participe nas sesións de preparación ou que falte ao 20% das mesmas non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
Fase de estancia. O seu sentido curricular é o de entrar en contacto directo coa institución para desenvolver as actividades que se establezan. Para iso asígnanse 5 créditos ECTS.
O alumnado que non participe nas prácticas ou que falte ao 20% das mesmas non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
Fase de reflexión. O sentido curricular é o de axudar o alumnado a reflexionar sobre as situacións observadas nos centros, así como a súa propia actuación nas intervencións que realiza, facilitando instrumentos para a análise e a reflexión. Para iso asígnanse 0,5 créditos ECTS.
O alumnado que non participe nesta fase ou que falte ao 20% da mesma non poderá ser valorado positivamente nas PAE.
Recoméndase encarecidamente cursar os Cursos de Competencias en Información ofertados pola Biblioteca Universitaria:
(https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html)
O alumnado deberá ter superado no momento da súa defensa 180 créditos ECTS, correspondentes ás matérias de Formación Básica e Obrigatorias do grao.
Véxase o Regulamento da PAE, en:
https://pre-www.usc.gal/cdn/ff/yXvthmsHVX6J738DBZFNBOrYxpa…