Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1-Identificar o contexto e o lugar da información cultural.
2-Adquirir nocións editoriais para a comprensión das publicacións especializadas e a súa posición dentro do sistema de medios de comunicación.
3-Desenvolver capacidade de identificación crítica dos distintos formatos xornalísticos e da súa estrutura.
4-Competencia na elaboración de formatos de crítica cultural e outros xéneros de opinión.
5-Análise do discurso e da imaxe nos medios.
Os contidos da materia estrutúranse en cinco temas:
1. A cultura nos medios e os medios como cultura.
• Cultura e comunicación.
• O dereito á cultura e a mediación cultural.
• Definicións de cultura nos medios.
• Cultura popular e de masas.
• Vínculos da industria cultural e os medios de comunicación de masas.
• Discusións teóricas: apocalípticos e integrados.
• A postverdade e as fake news.
• Relación Medios-Poder.
2. Información cultural
• Xornalismo cultural.
• Funcións e ámbitos do xornalismo cultural.
• A presenza cultural nos medios xeralistas.
• Medios escritos, audiovisuais e dixitais. Seccións e áreas.
• A precariedade na cultura.
3. A cultura como especialidade nos medios de comunicación
• Xéneros especializados en cultura nos medios de comunicación.
• As formas xornalísticas:
Xéneros informativos: noticia e entrevista.
Xéneros de opinión: editorial, columna e artigo.
Xéneros híbridos: reportaxe, crónica, crítica e ensaio.
• Publicacións especializadas.
• Revistas culturais, dixitais e formatos colaborativos.
• Canles culturais de tv.
• A radio temática cultural.
• O documental.
• O estado do xornalismo actual.
4. Análise Crítico do Discurso
• Discurso, ideoloxía e imaxe pública da cultura e os axentes nos medios.
• Discusións teóricas: Apocalípticos e Integrados.
• Análise Crítica do Discurso como método de achegamento aos contidos culturais nos medios de comunicación:
Pasos metodolóxicos para analizar un discurso.
ACD aplicada aos contidos culturais nos medios de comunicación.
Análise do discurso televisivo.
• Revisión Bibliográfica.
• Normas de citación.
5. Novos formatos para a comunicación cultural
• A sobreprodución cultural e a resistencia crítica.
• A era de internet e da cultura de rede.
• A web 3.0.
• Información cultural de proximidade.
• Medios alternativos. Blogs, Booktubers e influencers.
• Ferramentas dixitais de creación colectiva.
• Copyright e copyleft.
Bibliografía básica
BAUMAN, Z. (2010). Vida Líquida. Barcelona: Ediciones Paidós.
FAIRCLOUGH, N. (2003). “El ACD como método para la investigación en ciencias sociales”. En: Wodak, R. y Meyer, M. (eds.). Métodos de análisis crítico del discurso. Barcelona: Gedisa, pp.143-178.
RODRÍGUEZ PASTORIZA, F (2006) Periodismo cultural. Madrid: Síntesis.
ZAFRA, REMEDIOS (2017). Después del entusiasmo. Madrid: Anagrama.
Bibliografía complementaria
AMORÓS GARCÍA, M.(2018). Fake News. La verdad de las noticias falsas. Barcelona: Plataforma Actual.
BUSTAMANTE, FRANQUET et al. (2003). Alternativas en los medios de comunicación digitales. Barcelona: Gedisa.
CASACUBERTA, D. (2003) Creación colectiva. En Internet el creador es el público. Barcelona: Gedisa.
CERTEAU, M. (2006) La invención de lo cotidiano. Tomo 1. Artes de hacer. México: Universidad Iberoamericana.
DIJK, T. (2009) Discurso y poder. Barcelona: Gedisa.
ESTEVE RAMÍREZ, F. y FERNÁNDEZ DEL MORAL, J. (1999). Áreas de especialización periodística. Madrid: Editorial Fragua.
FISKE, J. (1987) Television culture. London : Routledge.
FOUCAULT, M. (2005) El orden del discurso. Barcelona: Tusquets.
GARCÍA LEIVA, T. (2007) Las revistas culturales y su futuro digital. Madrid: Fundación Alternativas.
GARCÍA CANCLINI, N. (2007) Lectores, espectadores e internautas. Barcelona: Gedisa
JENSEN E JANKOWSKI, EDS. (1993) Metodologías cualitativas de investigación en comunicación de masas. Barcelona: Bosch.
JIMÉNEZ, DAVID (2019). El director. Madrid: Libros K.O.
LÓPEZ, X. (2004),“ Información cultural: herramientas para comunicar cultura en un escenario marcado por la sombra de la mercantilización mundial” en FERNANDEZ DEL MORAL (coord.). Periodismo Especializado, Barcelona : Ariel.
MARTINEZ ALBERTOS (1974) Redacción periodística. Barcelona: A.T.E.
REY MORATÓ, F. (1998) El Naufragio del periodismo en la era de la televisión: la industria del "infoentretenimiento", de Aristóteles a Walt Disney. Madrid: Fragua,
RIVERA, J. (1995). El periodismo cultural. Buenos Aires: Paidós Estudios de Comunicación.
RODRÍGUEZ PASTORIZA, F (2003) Cultura y televisión: una relación de conflicto. Barcelona, Gedisa.
TUBAU, I. (1982) Teoría y práctica del periodismo cultural. Barcelona: A.T.E.
ZAFRA, REMEDIOS (2015). Ojos y capital. Bilbao: Consonni.
1-Coñecer o funcionamento das novas formas de acceder, apropiarse e transmitir información.
2-Habilidade na xestión de comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario, musical e audiovisual.
3-Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
A materia consta de:
a) Sesións expositivas: a docente exporá os contidos teóricos, motivando o diálogo co alumnado e proporá o debate arredor dos textos complementarios de lectura obrigatoria dispoñibles no campus virtual.
b) Sesións de seminario: o alumnado analizará distintos contidos culturais nos medios de comunicación cada semana, tanto en grupo como de xeito individual.
c) Traballo final. O alumnado, agrupado en equipos, elaborará un traballo de análise global. Durante a última semana de clases presentarán ao resto do grupo os resultados.
A avaliación da materia será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumnado e das súas actitudes.
Os instrumentos de avaliación e a súa distribución porcentual serán os seguintes:
a) Parte teórica (50%)
i) Participación activa nas clases. (10%)
ii) Exame (inclúe temario explicado e textos recomendados para lectura) (40%).
b) Parte práctica (50%)
i) Exercicios prácticos realizados durante os seminarios interactivos (30%)
ii) Traballo grupal (elaboración e exposición) (20%)
Será necesario aprobar ambas partes, tanto teoría como práctica para superar a materia.
Será obrigatorio atender cando menos ao 80% das clases xa sexa de forma presencial ou en liña. Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
Oportunidades: A avaliación será igual para a primeira e segunda oportunidade e para o alumnado repetidor. Polo tanto, o alumnado repetidor está obrigado a atender ás clases de novo. En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado coa profesora da materia.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Clases expositivas 18 horas
Clases interactivas 18 horas
Titorías 4 horas
Avaliación 3h
Outras actividades 2h
Traballo autónomo da alumna 67,5h
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, das actividades programadas e do material que se actualizará no campus virtual da USC.
Marta Veiga Izaguirre
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- martav.izaguirre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| Xoves | ||
| 16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 12 |
| 24.01.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| 05.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VEIGA IZAGUIRRE, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VEIGA IZAGUIRRE, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VEIGA IZAGUIRRE, MARTA | Galego |