Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer a terminoloxía básica en farmacoloxía (conceptos de fármaco, mecanismo de acción, acción farmacolóxica e efectos de fármacos).
Comprender as características máis importantes das principais vías de administración de fármacos e formas farmacéuticas de uso común e as súas vantaxes e inconvenientes.
Coñecer os factores que inflúen na absorción, distribución, biotransformación e eliminación dos fármacos.
Comprender as consecuencias da variación na resposta aos fármacos e a importancia das interaccións farmacolóxicas.
Coñecer as reaccións adversas a fármacos, os seus tipos e as consecuencias que xeran.
Adquirir unha visión xeral dos fármacos prototipo de grupos terapéuticos asociados ao sistema nervioso autónomo e periférico, mediadores celulares de inflamación.
INTRODUCCIÓN.
Tema 1. A farmacoloxía como ciencia.
FARMACOLOXÍA XERAL.
Tema 2. Farmacocinética.
Tema 3. Absorción dos fármacos.
Tema 4. Distribución dos fármacos.
Tema 5. Biotransformación dos fármacos.
Tema 6. Excreción dos fármacos.
Tema 7. Formas farmacéuticas.
Tema 8. Mecanismos de acción dos fármacos.
Tema 9. Reaccións adversas aos fármacos.
Tema 10. Variabilidade na resposta aos fármacos.
BASES FARMACOLÓXICAS DA TERAPÉUTICA OCULAR
FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO E PERIFÉRICO
Tema 11. Neurotransmisión no sistema nervioso autónomo e periférico.
Tema 12. Sistema Nervioso simpático e parasimpático.
Tema 13. Transmisión catecolaminérxica.
Tema 14. Modulación farmacolóxica da transmisión noradrenérxica e dos receptores adrenérxicos.
Tema 15. Transmisión colinérxica.
Tema 16. Modulación farmacolóxica da transmisión colinérxica e dos receptores colinérxicos.
Tema 17. Anestésicos locais.
FARMACOLOXÍA DOS MEDIADORES CELULARES E INFLAMACIÓN
Tema 18. Antiinflamatorios.
Tema 19. Anti-histamínicos.
BIBLIOGRAFÍA FUNDAMENTAL
Ritter J, Flower R, Henderson G, Loke YK, MacEwan D, Rang H. Rang y Dale Farmacología. 9ª ed. Barcelona: Elsevier; 2020.
Flórez J, Armijo JA, Mediavilla A. Farmacología Humana. 6ª ed. Barcelona: Elsevier-Masson; 2013.
Brenner, George M ; Stevens, Craig W. Farmacología básica. 5ª ed. 2019
Brunton L, Lazo J, Parker, K. editores Goodman L, Gilman A, editores. Goodman y Gilman: Las bases farmacológicas de la terapéutica. 13ª ed. Mexico: McGraw-Hill Interamericana; 2019.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Brenner, George M. Flashcards De Farmacología Básica. 2019
Baños EJ, March M. Farmacología ocular. 2ª ed. Barcelona: Ed UPC; 2002.
Bartlett JD, Jaanus SD. Clinical ocular pharmacology. 5ª ed. Boston: Butteworth-Heinemann; 2008.
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Que os estudantes teñan capacidade para abordar a súa actividade profesional e formativa desde o respecto ao código deontolóxico da súa profesión, que inclúe, entre outros máis específicos os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e deseño para todos e os valores democráticos e de unha cultura de paz.
CX1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e sóese atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CX2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de unha forma profesional e posúan as competencias que se soen demostrar por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CX3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CX4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CX5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntese.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua estranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisións.
CT9 - Que saiban traballar en equipo.
CT14 - Que o alumno adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar un aprendizaxe autónomo.
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacións.
CT18 - Que sexan creativos.
CT21 - Que demostren iniciativa e espírito emprendedor.
ESPECÍFICAS
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da Optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría e aprendendo a valorar de forma crítica a terminoloxía, ensaios clínicos e metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de emitir opinións, informes e peritaxes cando sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poida valorar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o estudante poida ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada.
CE11 - Que o estudante saiba situar a información nova e a interpretación desta no seu contexto.
Para o desenvolvemento do ensino e da aprendizaxe, realizaranse varias actividades de formación que permitirán os alumnos adquirir as competencias programadas:
- Clases teóricas a través das que se pretende que o alumno desenvolva fundamentalmente as competencias conceptuais. Ademais motivarase os alumnos a reflexión, facilitándolles o descubrimento das relacións entre os distintos conceptos e formándolles unha mentalidade crítica.
- Titorías a través das que se dirixirá o traballo autónomo dos estudantes, a vez que se afonda nos diferentes aspectos da materia mediante a resolución de problemas e casos prácticos.
EXAME TEÓRICO: Representará un 70% da cualificación final da materia agás para os alumnos con dispensa de asistencia. Para estes alumnos o exame teórico representará o 100% da nota final da materia.
Haberá:
-Unha parte de preguntas tipo test. Representará un 50% da nota do exame teórico.
- Unha parte de preguntas curtas. Representará un 50% da nota do exame teórico.
ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN (Avaliación continua) nas clases teóricas e titorías programadas polo profesor. Se requirirá ao longo da materia a realización de traballos bibliográficos, probas ou resolución de casos clínicos relacionados cos contidos teóricos da materia. Representará un 30% da cualificación final da materia agás para os alumnos con dispensa de asistencia. Exixirase un mínimo de asistencia para poder contar con esta avaliación continua.
Os traballos realizados polo alumno serán entregados nas quendas correspondentes, e se programarán reunións para a súa exposición.
Para poder superar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no conxunto da avaliación (exame teórico e avaliación continua, ou só no exame teórico para o alumnado con dispensa de asistencia).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
56 horas de estudo individual.
18,5 horas para a realización de traballos, lecturas e búsqueda bibliográfica
Total de traballo autónomo: 74,5 horas
Asistir de forma activa e con actitude crítica as clases e tutorías programadas.
Facer un uso real das tutorías para resolver as dúbidas que surxan o longo do curso.
Estudar diariamente os contidos do programa teórico e resolver os problemas e casos prácticos que se plantexen.
Empregar a bibliografía recomendada e outra sobre o tema que poida resultar de interese para o estudante, co obxetivo de aclarar conceptos, afianzar coñecementos e adquirir destreza na resolución de dúbidas e problemas.
Ezequiel Alvarez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881814981
- Correo electrónico
- ezequiel.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Matilde Yañez Jato
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
20.12.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
20.12.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |