Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer que é unha onda acústica e as magnitudes que a representan
-Comprender o concepto de nivel de presión e saber realizar operacións básicas cos niveis sonoros (composición de ondas e propagación)
-Manexar os conceptos básicos da acústica de recintos (Resonancia e reverberación)
-Aprender a utilizar as ferramentas básicas de análise dixital do son (concepto de espectro, espectro en bandas de frecuencia e filtrado do sinal acústico)
-Coñecer as propiedades articulatorias, acústicas e auditivas dos fonemas
-Coñecer as propiedades acústicas da audición e os conceptos fundamentais de psicoacústica
TEMA 1- Introdución ás ondas acústicas
Que é unha onda acustica. Magnitudes. Propagación de ondas nun medio. Características das ondas harmónicas. Características das ondas complexas. Espectro dunha onda. Intensidade e impedancia acústica. Ondas planas e esféricas.
TEMA 2- Superposición e propagación de ondas
Potencia acústica dunha fonte. Superposición de ondas acústicas. Atenuación do son no medio. Perda de nivel coa distancia.
TEMA 3- Acústica de recintos. Resonancia e reverberación
Reflexión e transmisión entre 2 medios. Resonancia en tubos. Resonancia en ondas complexas. Son en recintos pechados. Reverberación e as súas consecuencias. Estimación do tempo de reverberación.
TEMA 4- Análise do son
Sinais dixitais. Filtrado do sinal acústico: tipos de filtros. Análise do son en bandas de frecuencia (oitava e terzo de oitava). Nivel de presión de sons complexos. Relación Sinal/Ruído. Tipos de ruídos utilizados en Acústica.
TEMA 5- Acústica fonética
Clasificación articulatoria dos fonemas. Propiedades acústicas dos fonemas. Identificación auditiva dos fonemas
TEMA 6- Acústica fisiolóxica e psicolóxica
Propiedades acústicas do oído. Mecanismo da audición. Niveis de sonoridade. Ton. Timbre. Enmascaramento. Audición binaural.
Os temas prácticos que se presentarán aos alumnos estarán relacionados con algúns aspectos interesantes de aplicacións acústicas como a intelixibilidade da palabra, o acondicionamento de sinais e a acústica de recintos, realizándose tamén demostracións auditivas relacionadas coas devanditas aplicacións. Para estas prácticas usaráse un programa de modelización do son.
Contidos teóricos (13h)
Contidos prácticos (13h)
Dada a escaseza de libros de texto de acústica en castelán, parte dos libros dispoñibles nesta bibliografía están escritos en inglés.
BIBLIOGRAFIA BASICA:
"Ingeniería acústica". Manuel Recuero López. Ed. Paraninfo, 1999
"Acústica arquitectónica aplicada". Manuel Recuero López. Ed. Paraninfo, 1999
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA:
"Acústica arquitectónica aplicada". Manuel Recuero López. Ed. Paraninfo, 1999
"Acoustics of American English Speech". J.P. Olive, A. Greenwood, J. Coleman. Ed. Springer-Verlag, 1993
"Acoustics and auditory phonetics". K. Johnson. Ed. Blackwell, 1997
Recoméndase tamén o uso de recursos de Internet, que se irán indicando a medida que transcorra o curso:
-Na páxina web da Universidade do Pais Vasco existen unha serie de recursos interesantes dedicados á acústica (http://www.ehu.es/acustica).
- http://clas.mq.edu.au/speech/acoustics/basic_acoustics/index.html
-http://www.acs.psu.edu/drussell/demos.html
BASICAS/XERAIS
CB1- Que o alumnado demostre comprender os aspectos dun campo que implica desenvolvementos tecnolóxicos avanzados
CB2- Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos e habilidades adquiridas a situacións propias do seu traballo
CB3- Capacidade de transmitir información a un público de diverso nivel de preparación
CG1- Coñecer os conceptos máis importantes da Acústica, particularmente na percepción sonora, sobre todo do fala
CG2-Estudar de forma autónoma conceptos en calquera disciplina científica/tecnolóxica
CG3- Apicar os conceptos adquiridos na análise de problemas tanto académicos como profesionais
TRANSVERSAIS
CT1-Capacidade de análise e síntese
CT2-Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3- Habilidade no manexo de TICs
CT4- Utilización de información biliográfica e da internet
CT5- Utilización de información en lingua estranxeira
ESPECIFICAS
CE1. b- Ambito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Principios físicos, fisiolóxicos e psicolóxicos da Acústica auditiva
CE1. f- Ambito competencial: Coñecementos instrumentais, destrezas e habilidades: Programas de modelización sonora
A materia terá unha parte importante do seu desenvolvemento a través do uso do Campus Virtual. Toda a información que se proporcione ao alumno en clase estará dispoñible tamén a través da páxina web da materia, incluíndo contidos de presentación, material de problemas, prácticas, enlaces a contidos de Internet e comunicación co alumno. É importante que o alumno realice un seguimento regular da páxina da signatura.
Nas 13 horas de clases expositivas presentaranse os conceptos fundamentais da materia, incluíndo exemplos representativos dos aspectos prácticos que os alumnos deben dominar. Estes contidos servirán de base para a presentación dos temas de prácticas. Os temas prácticos estarán constituídos por unha serie de traballos que o alumno debe realizar utilizando os conceptos explicados nas clases teóricas. Estes temas incluirán aspectos eminentemente prácticos que permitan ao alumno adquirir destreza no manexo de técnicas acústicas relacionadas co acondicionamento de sinais, a intelixibilidade da palabra e as características acústicas de recintos. Incluiranse tamén unha serie de demostracións auditivas nas que os alumnos poderán percibir auditivamente o efecto dos procesos estudados tanto na teoría coma na práctica.
VER A SECCION "OBSERVACIONS" EN RELACION A SITUACION XERADA POLO COVID-19
A nota final do curso constará da suma do exame final (70%) e da nota obtida na avaliación continua (30%). Este último obtense a través da presentación de todos os informes de prácticas relevantes correctamente feitas. Polo tanto, o exame final será valorado con ata 7 puntos e os informes de laboratorio con ata 3 puntos. Tense que obter un mínimo de 3,5 puntos no exame final e un mínimo de 1,5 puntos na cualificación informes práctica para pasar o curso. A falta de presentación dun informe do laboratorio implicará a calificación de suspenso na avaliación continua e, polo tanto, tamén na asignatura.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
VER A SECCION "OBSERVACIONS" EN RELACION A SITUACION XERADA POLO COVID-19
Horas presenciais totais: 26
Horas de clases expositivas: 13
Horas de prácticas: 13
Horas non presenciais totais: 26
Para a comprensión correcta da materia teórica cada alumno deberá dedicar un mínimo de 13 horas.
Para a realización correcta dos informes de prácticas o alumno necesitará un mínimo de 13 horas.
Esta materia é doada de levar polos alumnos, xa que toda a información necesaria acerca das competencias que se esperan deles e os medios para adquirilas estarán perfectamente definidos a medida que a materia vaia desenvolvéndose. Estas competencias inclúen aspectos sinxelos que o alumno debe dominar. A idea central é que os alumnos poidan manexarse con conceptos claros e sinxelos que lle permitan ter unha formación ampla para desenvolver os seus posteriores contactos cos aspectos acústicos que se encontrará ao longo da súa vida estudantil e profesional no campo da audiometría e audioloxía. Non se trata de saber moitas cousas se non de saber as cousas imprescindibles e manexalas con seguridade.
Para lograr o anterior é moi importante que o alumno asista ás clases presenciais, o que lle facilitará decatarse dos aspectos principais da materia e lle aforrará tempo de estudo.
Outro aspecto fundamental é que o alumno debe interactuar co profesor para resolver as dúbidas que lle aparezan durante o curso, particularmente nos informes de prácticas.
.
Mércores | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
20.12.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
27.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |