Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 60 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 5 Clínicos EEES: 50 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. Coñecer os riscos e aplicar as medidas preventivas ao traballo do odontólogo.
2. Coñecer as medidas de promoción da saúde e incorporalas no tratamento nas enfermidades bucodentais.
3. Coñecer e incorporar ás prácticas preventivas na actividade do odontólogo a nivel individual e comunitario.
4. Saber interpretar os principais índices de avaliación de afectación das enfermidades bucodentais.
5. Describir a estrutura e funcionamento dos servicios sanitario Galego e Español.
6. Coñecer os pasos do proceso de planificación sanitaria.
PROGRAMA TEÓRICO
Parte I. INTRODUCCIÓN A ODONTOLOXÍA PREVENTIVA E COMUNITARIA
Tema 1. Odontoloxía Preventiva e Odontoloxía Comunitaria: Evolución histórica e concepto actual. Niveis de prevención. Problemas de saúde pública relacionados coa odontoloxía. Relacións con outras materias odontolóxicas.
Tema 2. Educación sanitaria: evolución histórica. Concepto. Campos de acción. Modelos de modificación de conducta. Métodos de educación sanitaria. Educación sanitaria e saúde bucal. O hixienista e o odontólogo como educadores sanitarios. Educación para a saúde aplicada: tabaco, alcohol, dieta e control de placa bacteriana
Tema 3. Riscos derivados da profesión do odontólogo. Radiacións ionizantes. Radiacións non ionizantes. Transmisión de enfermidades no consultorio dental. Prevención da infección cruzada en odontoloxía Medidas de limpeza, desinfección e esterilización no consultorio dental. Manexo de residuos. Ergonomía no traballo odontolóxico.
Parte II.- HIXIENE BUCODENTAL. A PLACA BACTERIANA
Tema 4. Cubertas adquiridas na superficie do esmalte. Biofilm e película adquirida. Placa bacteriana. Cálculo supra e subxinxival. Composición e metabolismo. Efectos patóxenos da placa dental. Visualización. Índices de avaliación
Tema 5. Control mecánico da placa dental. Técnicas de cepillado dental. Seda dental. Cepillos interproximais. Irrigadores. Cepillos eléctricos. Control químico da placa dental: indicacións e contraindicacións. Dentífricos e enxuagues: composición e efectos terapéuticos. Indicacións e contraindicacións. Sustancias remineralizantes, antisépticas e desensibilizantes. Tártaro: detartraxe manual. Remoción do cálculo con ultrasóns: técnica, vantaxes, indicacións e contraindicacións. Spray con bicarbonato. Instrumentos para a limpeza e pulido.
Parte III. EPIDEMIOLOXÍA E PROFILAXE XERAL DAS ENFERMIDADES BUCODENTAIS
Tema 6. A carie dental: epidemioloxía, etiopatoxenia. Caries como enfermidade e caries como lesión. Axentes etiolóxicos e factores de risco. Formas clínicas. Factores dependentes do axente causal: a placa dental e os microorganismos como causa de carie dental. Estudos epidemiolóxicos da caries dental. Índices de afectación e de atención odontolóxica. Análise da situación. Concepto de calidade de vida e calidade de vida relacionado coa saúde oral. Patróns evolutivos da caries dental. A caries dental en Galicia. Enquisas de saúde dental.
Tema 7. Dieta como factor de risco de carie. Composición dos alimentos. Relación azucre-caries. Escala de carioxenicidade dos alimentos. Relación ácidos e lesións de erosión do esmalte. Medidas dietéticas na prevención e control da carie dental. Análise nutricional e consellos dietéticos.
Tema 8. Factores dependentes do hóspede: Morfoloxía e composición dental. Defectos de esmalte: Hipomineralización Incisivo Molar (HIM/MIP: molar-incisor hipomineralisation) Saliva. Composición. Fluxo salivar en reposo e estimulado. Medición do fluxo salivar. Probas de actividade e susceptibilidade da carie dental. Reconto bacteriano.
Tema 9: Factores protectores da carie dental. Flúor como medida de saúde Pública. Relación de flúor coas enfermidades dentais: carie e fluorosis. Metabolismo do flúor. Mecanismo de acción Métodos de administración e efectos sobre a saúde dos fluoruros. Os seladores de fosas e fisuras. Materiais e tipos. Indicacións, contraindicacións, técnicas de aplicación e control. Análise do risco de carie. Cariogram. Caries Risk Semaphore. Cuestionario Cambra. Diagnóstico e tratamento precoz da lesión de caries. Odontoloxía minimamente invasiva. Guías de manexo e tratamento en función do risco de caries. Sistema ICDAS.
Tema 10: Enfermidade periodontal. Concepto. Epidemioloxía. Etiopatoxenia das periodontopatías. Factores de risco. Índices de estudo da enfermidade periodontal. Prevención e control da enfermidade periodontal e da periimplantite. Mantemento periodontal.
Tema 11: Cancro oral: epidemioloxía. Factores de risco. Prevención do cancro oral: primaria, secundaria e terciaria. Trastornos potencialmente malignos. Diagnóstico precoz. Prevención das complicacións do tratamento. Papel dos odontólogos na prevención do cancro oral. Tratamento do tabaquismo.
Tema 12: Maloclusións. Etioloxía. Diagnóstico precoz. Prevención primaria, secundaria e terciaria. Control dos hábitos orais. Epidemioloxía . Medidas preventivas nos pacientes con aparellos de ortodoncia. Lesión de mancha banca en ortodoncia.
Tema 13: Traumatismos dentais agudos e crónicos. Definición e clasificación. Prevención primaria, secundaria e terciaria. Epidemioloxía. Factores de Risco. Protector bucal. Manexo do paciente ante un traumatismo dental agudo. Traumatismos crónicos. Atrición, abfración, erosión. Factores de risco. Prevención en función do risco.
Parte IV : ORGANIZACIÓN DOS SERVICIOS COMUNITARIOS
Tema 14: Organización e xestión dos servicios de asistencia sanitaria. Organización e xestión do sistema sanitario de Galicia. Análise dos sistemas de asistencia odontolóxica. A asistencia odontolóxica en Europa e España. Atención Primaria de Saúde. A odontoloxía na atención primaria de saúde en España e Galicia. Xestión de área.
Tema 15: Planificación e programación en odontoloxía. Análise de costes. Programas preventivos individuais e comunitarios. Obxectivos de saúde oral. Programa de saúde oral da Xunta de Galicia. Protocolos.
PROGRAMA DE PRÁCTICAS.
Práctica 1: Gabinete odontolóxico: Actitude postural dos profesionais, traballo con visión indirecta. Caixóns de visión indirecta e visión indirecta en fantomas.
Práctica 2: Medidas de control da infección cruzada no gabinete dental. Protocolo de prácticas clínicas. Esterilización e desinfección na sala de esterilización.
Práctica 3: Historia clínica preventiva. Medidas de actividade de carie
Práctica 4: Análise da saliva: pH, capacidade tampón. Recollida do fluxo salival en reposo e estimulado. Probas de susceptibilidade de carie.
Práctica 5: Técnicas de motivación e control da hixiene oral. Tipos de cepillado. Manexo do fío interdental e os aplicadores de fío, do cepillo eléctrico e do irrigador dental.
Práctica 6:Tartrectomía. Métodos clínicos de fluoración
Práctica 7: Análise da dieta. Análise do risco de carie. Consello dietético.
Práctica 8: Realización de seladores de fosas e fisuras
Práctica 9: Realización dun protector bucal para o deporte no laboratorio. Impresión de alxinato da arcada superior. Confección do protector bucal.
Práctica 10: Odontoloxía comunitaria: enquisas de saúde bucodental e necesidades de tratamento en poboacións.
Bibliografía recomendada
• Cuenca Sala E, Baca Garcia P. (2013). Odontología preventiva y comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 4ª ed. Barcelona. Masson
• Cuenca Sala E, Baca García P. (2005). Odontología preventiva y comunitaria. Principios, métodos y aplicaciones. 3ªed. Barcelona. Masson
• Rioboo R. Odontología preventiva y Odontología comunitaria. Tomo I y II. (2002). Ed Avances Médico Dentales. Madrid
• Katz S.; McDonald J.; Stookey G.: Odontología Preventiva en Acción. 3ª edición. Ed Panamericana. 1991
• OMS Encuestas de salud bucodental. Métodos básicos. 5ª ed Ginebra 2013
Bibliografía complementaria
• Piédrola, G. (2015), Medicina Preventiva y Salud Pública. Barcelona: Masson. 12e.
• Gestal Otero JJ: Riesgos del trabajo del personal sanitario. 3ª edición. Ed interamericana McGraw-Hill, 2003.
Enlaces de interés
• Sociedad Española de Epidemiología y Salud Pública Oral: https://sespo.es/
• Ministerio de Sanidad: https://www.sanidad.gob.es/profesionales/saludPublica/prevPromocion/hom…
• Organización Mundial da Saúde https://www.who.int/es
• Servicio Galego de Sáude: https://www.sergas.es/
• Consejo de Dentistas: https://www.consejodentistas.es/
• FDI. World Dental Federation: https://www.fdiworlddental.org/
Os alumnos deberán:
- Ter una actitude postural e de organización do traballo axeitada na clínica odontoloxica,
- Avaliar a historia clínica dos pacientes, identificando o factores de risco de enfermar;
- Aplicar as medidas preventivas na terapeútica odontoloxica;
- Facer educación sanitaria cos pacientes;
- Interpretar os principais indicadores de afectación e aplicalos nos programas comunitarios.
Leccións expositivas buscando a participación dos alumnos.
Ao longo do curso realizaranse traballos puntuais sobre temas de actualidade.
A asistencia ás prácticas e a realización da memoria son obrigatorias. Faranse as prácticas na sala de Fantomas e nos gabinetes clínicos.
Ao remate do curso se deberá presentar un traballo que defenderán ante o resto de estudantes. O título do traballo se debe seleccionar no primeiro mes da materia no curso virtual. Para realizar o traballo se seguirá a metodoloxía científica
Poderán facerse prácticas extramurais nas escolas.
Se empregará un sistema de cualificación combinado, no que se terán en conta as cualificacións obtidas ó longo do curso relacionadas cos contidos teóricos e prácticos. Na nota final se terán en conta:
-Exame final tipo test e un tema a desenvolver. Suporá o 50% da nota final. Para superalo o alumno deberá acadar o 60% das repostas correctas no tipo test e un mínimo de 5 puntos na pregunta tipo tema. Na 2ª oportunidade a modalidade de exame será de tipo tema, con preguntas a desenvolver.
-Traballos puntuais e a participación nas clases expositivas suporán o 5% da nota final.
-Traballo final: avaliarase a presentación , orixinalidade, contidos e bibliografía empregada. Supón o 15% da nota final
-Prácticas: a avaliación das prácticas farase mediante a supervisión continua dos alumnos. Supoñendo o 30% da nota final. Ó remate do curso os alumnos presentarán un informe coas fichas realizadas, empregando os principais indicadores de saúde oral aplicados a seus pacientes.
A non realización das prácticas e a entrega do informe leva a non ser avaliado. O aprobado das prácticas gárdase unicamente nas convocatorias de ese ano.
Actividades presenciales Horas Trabajo personal del/a estudiante Horas
Clases expositivas:
presentación e explicación temas 24 Búsqueda y estudio de materiales 54
Prácticas clínicas 24 Resolución de problemas 20
Tutorías 6 Elaboración trabajos 20
Evaluación 2
Total horas presenciales 56 Total horas de trabajo personal 94
- Se recomenda ter coñecementos das materia saúde pública, bioestatística e introducción á investigación, riscos laboráis do odontólogo e educación para a saúde bucodental
- Recoméndase a participación activa nas clases.
- A realización dos traballos ao longo do curso.
Procurarase realizar prácticas extramurais de Odontoloxía Comunitaria.
Mª De La Almudena Rodríguez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- almudena.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marta Mulero De Caso
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- marta.mulero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Paula Fernandez Riveiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
| 11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Odontoloxía-Laboratorio Fantomas |
| 12:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Odontoloxía-Box 1.1 |
| 12:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES02 | Odontoloxía-Box 1.2 |
| 12:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES03 | Odontoloxía-Box 1.3 |
| 12:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES04 | Odontoloxía-Box 1.4 |
| 12:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES05 | Odontoloxía-Box 1.5 |
| 12:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES06 | Odontoloxía-Box 1.6 |
| 12:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES07 | Odontoloxía-Box 1.7 |
| 12:00-15:00 | Grupo /CLI_EEES08 | Odontoloxía-Box 1.8 |
| 20.12.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
| 20.12.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
| 25.06.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
| 25.06.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA | Castelán |
| MULERO DE CASO, MARTA | Castelán |
| RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA | Castelán |
| MULERO DE CASO, MARTA | Castelán |
| RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MULERO DE CASO, MARTA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MULERO DE CASO, MARTA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MULERO DE CASO, MARTA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA | Castelán |