Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1.5 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Clínicos EEES: 5 Total: 80
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Ó remate do seu estudo o estudante deberá:
- Comprender as interaccións do traballo coa saúde.
- Coñecer as medidas lexislativas sobre organización da prevención de riscos laborais.
- Coñecer a influencia das condicións do traballo sobre a saúde.
- Aplicar a metodoloxía epidemiolóxica no ámbito laboral do odontólogo.
- Identificar os principais riscos laborais dos odontólogos.
- Aplicar as medidas de prevención de riscos no consultorio dental.
- Organizar o traballo dende un punto de vista ergonómico
Conceptos xerais: traballo, saúde laboral e condicións de traballo. Marco Legal. Prevención de Riscos Laborais. Seguridade no traballo. Organización Administrativa da Saúde Laboral. Saúde Laboral en España. Normativa laboral.
Avaliación de Riscos laborais: etapas e tipos. Niveis de risco. Accidentes de traballo. Enfermidade profesional. Dereitos e obrigacións dos empresarios e dos traballadores. Plan de prevención de riscos en Odontoloxía.
Requisitos das clínicas dentais: normativa de calidade. Distribución do gabinete dental. Organización do traballo. Xestión de residuos en odontoloxía.
Ergonomía. Carga de traballo. Posición de Traballo. Problemas posturais. Patoloxía músculo esquelética e vascular nos profesionais de odontoloxía.
Riscos biolóxicos: normativa. Prevención da infección cruzada en odontoloxía. Tratamento do instrumental. Medidas de limpeza, desinfección e esterilización nas clínicas dentais.
Riscos físicos: radiacións ionizantes e non ionizantes. Normativa e prevención
Riscos por produtos químicos: definición. Prevención. Efectos prexudiciais sobre a saúde e sobre o medio ambiente.
Riscos psicosociais en odontoloxía. Estrés laboral: concepto e consecuencias. Modelos explicativos do estrés. Estrés en odontoloxía. Programas de intervención do estrés.
- Gestal Otero JJ: Riesgos del trabajo del personal sanitario. 3ª edición. Ed interamericana McGraw-Hill, 2003.
- Lozano de Luaces V. Control de las infecciones cruzadas. Ed Avances. 2000.
- Aguila FJ; Tegiacchi M: Ergonomía en odontología un enfoque preventivo. Ed Jims 1991
- Benavides FG; Riuz Frutos C; García García A: Salud laboral. Conceptos y técnicas para la prevención de riesgos laborales. Ed Masson.1997.
- http://www.coeg.eu/wp-content/uploads/2017/02/Norma_UNE_179001_2011_sob…
- Prevención de riesgos laborales en odontoestomatología. Ed Mad. 2003
-Xerais do Grao
Coñecer os elementos esenciais da profesión de odontólogo, incluíndo os principios éticos e as responsabilidades legais.
Comprender e recoñecer os principios de ergonomía e seguridade no traballo (incluíndo control de infeccións cruzadas, protección radiolóxica e enfermidades ocupacionais e biolóxicas).
-Específicas:
Coñecer os principios científicos da esterilización, desinfección e antisepsia necesarios para previr as infeccións cruzadas na práctica odontolóxica.
Coñecer o risco das radiacións ionizantes e seus efectos nos tecidos biolóxicos, e a lexislación que regula o seu uso. Dirixir instalacións de radiodiagnóstico bucal.
Coñecer e empregar o equipamento e instrumentación básicos para a práctica odontolóxica.
Aplicar os principios de ergonomía no traballo odontolóxico, tanto a nivel individual como dentro do equipo de traballo, cando sexa apropiado, así como os principios de prevención de riscos laborais asociados a la práctica odontolóxica.
Nas clases presenciais se marcan os obxectivos a acadar, se presentan os temas destacando os aspectos mais relevantes e actuais, fomentando a participación do alumnado
A asistencia ás prácticas clínicas e de laboratorio é obrigatoria. Previamente a realización das prácticas clínicas e sobre modelos se comunican os obxectivos de cada práctica e os materiais para a preparación.
O estudante realizará unha lectura comprensiva dos materiais da clase e da bibliografía recomendada. A través do campus virtual, o alumnado terá acceso ós materiais de clase e á información complementaria. Durante o curso o estudante deberá realizar un traballo individual que será presentado ante o resto de estudantes ó final do curso.
Se priorizará a avaliación continuada, valorando a participación nas clases e os traballos individuáis, así como a capacidade de interacción co grupo. Cun peso de ata un 50 % da nota final.
O traballo nas prácticas suporá o 30% da nota final
A realización e exposición do traballo final obrigatorio suporá ata o 20% da nota.
No caso de non facer avaliación continuada, se fará un exame dos contidos teóricos, tipo tema, onde se medirán os coñecementos adquiridos. A nota do exame supoñerá ata o 50% da nota final e será necesario acadar unha puntuación mínima dun 60%.
12 h expositivas
6 h laboratorio
6 h clínica
1,5 h titorías
49,5 Traballo autónomo do alumno
Se recomenda a participación activado alumno
Lectura previa dos temas
É obirgatorio a consulta e utilización do campus virtual durante todo o curso
Mª De La Almudena Rodríguez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- almudena.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marta Mulero De Caso
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- marta.mulero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Paula Fernandez Riveiro
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 11:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 2 |
| 25.01.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
| 25.01.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
| 28.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-Aula 3 |
| 28.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Odontoloxía-A. Suárez Nuñez |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MULERO DE CASO, MARTA | Castelán |
| RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MULERO DE CASO, MARTA | Castelán |
| RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MULERO DE CASO, MARTA | Castelán |
| RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| MULERO DE CASO, MARTA | Castelán |