Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (72.09%), Galego (27.91%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Recoñecer as características da sociedade actual e a súa influencia na educación primaria.
- Valorar a importancia da educación primaria na sociedade actual.
- Identificar as principais funcións dos docentes de educación primaria.
- Ser consciente do compromiso ético e socioeducativo que supón a profesión docente na actualidade.
- Se consciente da complexidade da profesión docente e, polo tanto, da necesidade de formarse ao longo da vida.
- Desenvolver a capacidade de aprender tanto de forma autónoma como cooperativa.
- Desenvolver as habilidades e destrezas necesarias para a elaboración de traballos académicos.
- Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega e castelá, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
BLOQUE I: Educación Primaria
- Educación Primaria: sentido e características da etapa
BLOQUE II: Tarefas docentes
- A profesión docente na actualidade
- A formación e o desenvolvemento profesional dos docentes de educación primaria
BLOQUE III: Didáctica
- Práctica docente e currículo
Nota: a secuencia pode sufrir certas variacións debido ás peculiaridades de cada grupo.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Beremejo, B., y Ballesteros, C. (Coords.) (2017). Manual de didáctica general para maestros de Educación Infantil y de Primaria. Pirámide.
Imbernón, F. (2017). Ser docente en una sociedad compleja. La difícil tarea de enseñar. Graò.
Marcelo, C., y Vaillant, D. (2015). El ABC y D de la formación docente. Narcea.
Martín, A. M., Campos, B., y Pérez, L. (Coords.) (2021). El desarrollo de la profesión docente. Una visión desde la acción pedagógica. UNED.
Renés Arellano, P. (2020). Fundamentos teóricos de la Educación Primaria. Universidad de Cantabria.
Zabalza, M. A., y Zabalza, M. A. (2011). Profesores y profesión docente: entre el ser y el estar. Narcea.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Arànega, S., y Domènech, J. (2001). La educación primaria: retos, dilemas y propuestas. Graò.
Gómez-Núñez, M. I., Cano-Muñoz, M. Á., y Torregosa, M. S. (2020). Manual para investigar en educación: guía para orientadores y docentes indagadores. Narcea.
Imbernón, F. (2014). Calidad de la enseñanza y formación del profesorado: un cambio necesario. Octaedro.
López Rupérez, F. (2014). Fortalecer la profesión docente: un desafío crucial. Narcea.
Marcelo, C., y Vaillant, D. (2009). Desarrollo profesional docente. ¿Cómo se aprende a enseñar? Narcea.
Valle, J. M., y Manso, J. (Dirs.) (2016). La ‘cuestión docente’ a debate: nuevas perspectivas. Narcea.
BIBLIOGRAFÍA PERIÓDICA
- Aula de Innovación Educativa: https://www.grao.com/es/aula-de-innovacion-educativa
- Boletín Oficial do Estado (BOE): https://www.boe.es/
- Cuadernos de Pedagogía: https://www.cuadernosdepedagogia.com/
- Diario Oficial de Galicia (DOG): https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/portalPublicoHome.do?lang=…
- Márgenes: https://revistas.uma.es/index.php/mgn
- Profesorado. Revista de curriculum y Formación del Profesorado: https://revistaseug.ugr.es/index.php/profesorado/index
- Revista Digital de Educación y Formación del Profesorado (e-CO): http://revistaeco.cepcordoba.es/
- Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado: https://revistas.um.es/reifop/
- Revista Internuniversitaria de Formación del Profesorado: https://recyt.fecyt.es/index.php/RIFOP
XERAIS
G1 - Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno ós procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
G3 - Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ó respecto os dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5 - Fomentar a convivencia na aula e fora dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para o aprendizaxe autónomo e cooperativo e promovelo entre os estudantes.
G11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ós aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
BÁSICAS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos e o seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da seu área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
E7 - Analizar e comprender os procesos educativos a aula e fora dela relativos ó período 6- 12.
E11 - Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula.
E12 - Abordar e resolver problemas de disciplina.
E13 - Promover o traballo cooperativo e o traballo e esforzo individuais.
E14 - Promover accións de educación en valores orientados á preparación dunha educación activa e democrática.
E15 - Coñecer e abordar situacións escolares en contextos multiculturais.
As distintas actividades formativas repártense entre un horario presencial (que corresponde ás sesións expositivas, sesións interactivas e titorías), e un horario non presencial (que implica o traballo autónomo por parte do alumnado).
As sesión expositivas lévanse a cabo en gran grupo, e están dirixidas á exposición de contidos, actividades de xestión e coordinación do materia, presentación de material audiovisual, etc. Tamén poden incorporar tarefas do alumnado (p.e. exposición de traballos).
Durante as sesións interactivas, realizadas en grupo mediano, os estudantes adquiren un maior protagonismo e, organizados en pequenos grupos, afondan e poñen en práctica os contidos abordados nos diferentes temas.
Nas sesións de pequeno grupo (titorías) tratarase de dar resposta á resolución de problemas, conflitos e dúbidas que poidan xurdir. Estas sesións estarán especialmente encamiñadas á supervisión dos traballos de grupo. As sesións de titoría ordinaria dedicaranse, fundamentalmente, a atender as necesidades individuais de cada estudante.
O traballo autónomo fóra da aula está dirixido á realización de tarefas, tanto de carácter individual como grupal, relacionadas coas actividades formuladas na aula. Algunhas destas tarefas son: lectura de documentos, estudo da materia, preparación de exposicións orais, elaboración de informes e traballos, procuras bibliográficas, asistencia a conferencias, congresos ou outras accións formativas, etc.
Ademais de todo isto, na medida en que haxa recursos dispoñibles, prevese a organización dalgunha conferencia con profesionais externos así como unha saída de campo a institucións de carácter pedagóxico.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego e castelán. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega e castelá a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO ASISTENTE:
A. Participación na aula (10%): a docente rexistrará a asistencia e participación por parte do alumnado. A puntuación total deste apartado será acadada por aqueles estudantes que, ademais de asistir a un mínimo do 80% das horas, participen de maneira activa, e con actitude adecuada, nas dinámicas que se propoñan nas sesións de clase.
B. Proba específica (40%): o formato da proba será, preferentemente, a proba obxectiva, que poderá conter, en todo caso, preguntas de diversa índole (opción múltiple, completar, relacionar, de desenvolvemento breve, etc.).
C. Informes escritos e outras producións (40%): neste punto inclúense tanto as tarefas prácticas como o traballo xeral da materia (que adoptará a modalidade de proxecto interdisciplinario). A docente proporcionará os materiais e pautas necesarias para desenvolver de forma axeitada as tarefas solicitadas.
D. Presentacións ou probas orais específicas (10%): a docente proporcionará as orientacións necesarias para desenvolver de forma axeitada as presentacións orais solicitadas.
Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado asistente deberá acadar a puntuación mínima de 5 puntos totais (sobre 10). Para sumar as puntuacións de todos os apartados é imprescindible acadar a puntuación mínima no apartado B (Proba específica) e C (Informes escritos e outras producións). É dicir, deberá aprobar a proba específica (cun 5 sobre 10) e as tarefas prácticas e o traballo xeral da materia (cun 5 sobre 10).
O alumnado que estea por debaixo da porcentaxe de asistencia que esixe a USC non terá dereito a puntuar no apartado “participación na aula”, debendo acadar obrigatoriamente un mínimo de 5 puntos (sobre 10) entre os restantes apartados do sistema de avaliación e realizar un traballo obrigatorio que será decidido pola docente chegado o momento.
AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE:
Entrarán nesta categoría os estudantes que teñan unha dispensa outorgada de maneira oficial. O alumnado debería de informar da súa situación á docente.
A. Proba específica (50%): o formato da proba será, preferentemente, a proba obxectiva, que poderá conter, en todo caso, preguntas de diversa índole (opción múltiple, completar, relacionar, de desenrolo breve, etc.).
B. Informes escritos e outras producións (40%): neste punto inclúese o traballo xeral da materia (que adoptará a modalidade de proxecto interdisciplinario). A docente proporcionará os materiais e pautas necesarias para a súa realización.
C. Presentacións ou probas orais específicas (10%): a docente proporcionará as orientacións necesarias para desenvolver de forma axeitada as presentacións orais solicitadas.
Para obter a cualificación de aprobado, o alumnado con dispensa de asistencia deberá acadar a puntuación mínima de 5 puntos totais (sobre 10). Para sumar as puntuacións de todos os apartados é imprescindible acadar a puntuación mínima no apartado A (Proba específica) e B (Informes escritos e outras producións). É dicir, deberá aprobar a proba específica (cun 5 sobre 10) e o traballo xeral da materia (cun 5 sobre 10).
OUTROS ASPECTOS RELACIONADOS COA AVALIACIÓN DA MATERIA
- Recuperación da materia: aqueles alumnos e alumnas, tanto asistentes como con dispensa de asistencia a clase, que non superen a materia no período ordinario (1ª oportunidade), deberán superar unha proba individual de carácter teórico-práctico sobre os contidos da materia.
- Estudantes repetidores: os estudantes repetidores (2ª e/ou sucesivas convocatorias) ou non presentados, serán avaliados segundo o sistema e criterios de avaliación establecidos en cada curso académico para cada unha das situacións contempladas en relación co alumnado (asistente/dispensa).
Nota: para os casos de realización fraudulenta de exercicios, tarefas ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, que establece que “a realización fraudulenta de calquera exercicio ou proba requirida dunha materia suporá a cualificación de suspenso na correspondente convocatoria, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno/a infractor/a. Considérase fraudulenta entre outras a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citacións aos autores e ás fontes”.
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, o alumnado dispón de 150 horas de traballo, distribuídas da seguinte forma:
Tempo dedicado á activade presencial: 51 horas.
- Actividades en gran grupo: 24 horas.
- Actividades en grupo mediano: 24 horas.
- Actividades programadas de titoría e supervisión: 3 horas.
Tempo de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 99 horas.
- Asistir de forma continuada ás sesións presenciais.
- Entregar en tempo e forma os traballos e actividades que se propoñan.
- Dispoñer de ordenador persoal con conexión a Internet para poder realizar as actividades solicitadas.
- Manexar o ordenador a nivel de usuario.
- Acceder con regularidade ao campus virtual.
- Ser constante no estudo.
ASISTENCIA A CLASE
A USC é unha Universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase, salvo nos casos nos que se teña aprobado a exención de docencia/dispensa de asistencia. Os alumnos/as que se atopen nesta situación deberán ter en conta as condicións establecidas no sistema de avaliación.
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO
Todo aquel alumnado que precise dalgún tipo de adaptación por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo pero só se terán en conta aqueles casos que fosen valorados e comunicados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/). Aconséllase ao alumnado realizar as xestións oportunas con este Servizo á maior brevidade posible co fin de realizar as adaptacións curriculares e/ou avaliativas pertinentes na materia.
COMUNICACIÓN ENTRE ALUMNADO-PROFESORADO:
O alumnado fará uso do correo electrónico oficial da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado. Non se aceptarán medios externos salvo en casos debidamente xustificados.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
No caso de que se teña que facer entrega dun traballo impreso, é preciso ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na seguinte ligazón: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Eva María Barreira Cerqueiras
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821017
- Correo electrónico
- evamaria.barreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alba Maria Souto Seijo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821006
- Correo electrónico
- albamaria.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 21 |
| Venres | ||
| 16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 21 |
| 17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
| 19:00-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula 21 |
| 11.01.2024 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
| 24.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOUTO SEIJO, ALBA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOUTO SEIJO, ALBA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOUTO SEIJO, ALBA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Barreira Cerqueiras, Eva María | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOUTO SEIJO, ALBA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOUTO SEIJO, ALBA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOUTO SEIJO, ALBA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOUTO SEIJO, ALBA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOUTO SEIJO, ALBA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOUTO SEIJO, ALBA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOUTO SEIJO, ALBA MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Barreira Cerqueiras, Eva María | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Barreira Cerqueiras, Eva María | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Barreira Cerqueiras, Eva María | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Barreira Cerqueiras, Eva María | Galego |