Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
1. Analizar e reflexionar criticamente as Ciencias Sociais e as súas áreas temáticas, prestando especial atención ao papel do pensamento histórico.
2. Coñecer e reflexionar criticamente sobre os retos educativas a afrontar desde a Didáctica das Ciencias Sociais.
3. Coñecer e analizar problemas socialmente relevantes, enfocados e tratados desde un punto de vista local e global.
4. Coñecer e analizar a paisaxe e as súas posibilidades didácticas.
5. Coñecer e analizar os aportes da Educación Patrimonial ás Ciencias Sociais e as súas posibilidades didácticas.
6. Analizar, desde unha perspectiva crítica, o currículo e os manuais escolares de Ciencias Sociais na Educación Primaria.
7. Formular propostas didácticas propias para a área de Ciencias Sociais, en torno a cuestións socialmente relevantes e de actualidade.
8. Coñecer os principais métodos, técnicas, estratexias, recursos e fontes para o ensino e aprendizaxe das Ciencias Sociais na Educación Primaria, e saber aplicalos ás propostas didácticas elaboradas, ás reflexións individuais ou futuras entornas profesionais.
9. Impulsar a utilización crítica das tecnoloxías da información e a comunicación para procurar e analizar información fiable, relacionada coas Ciencias Sociais.
10. Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Contidos xerais
Na Memoria de Grao da USC contémplanse os seguintes contidos xerais para o materia Ensino e Aprendizaxe das Ciencias Sociais II:
a. Currículo de Ciencias Sociais na educación primaria: elementos e desenvolvemento.
b. Os estudantes de educación primaria e as dificultades da aprendizaxe das ciencias sociais.
c. Materiais e recursos para o ensino-aprendizaxe das ciencias sociais.
d. Organización dos contidos.
Contidos específicos
Os contidos da materia organízanse en seis bloques, interrelacionados entre si. Impártense de forma totalmente integrada e non en bloques diferenciados.
Estes engloban e amplían os contidos xerais propostos.
Bloque 1. As Ciencias Sociais e o pensamento histórico
a. Áreas de coñecemento.
b. Fin.
c. Obxectividade.
d. Papel docente e investigador.
e. Ensino e aprendizaxe da historia nas aulas.
f. Retos educativos – Didáctica das Ciencias Sociais.
Bloque 2. O currículo e os manuais escolares de CCSS: análise crítica
a. Contidos propostos.
b. Fontes documentais e recursos.
c. Tempos e espazos de traballo.
d. Competencias.
e. Actuacións interdisciplinarias.
Bloque 3. Métodos didácticos aplicadas ao ensino e aprendizaxe das Ciencias Sociais
a. Aprendizaxe Cooperativa.
b. Aprendizaxe Baseada en Lugares.
c. Aprendizaxe por Descubrimento.
Bloque 4. Paisaxe e patrimonio no ensino e aprendizaxe das CCSS
a. A paisaxe e as súas posibilidades didácticas: escala local a global, tipoloxía natural e cultural, diversidade e desigualdade, reflexión crítica.
b. A Educación Patrimonial e as súas posibilidades didácticas: procesos de apropiación e enfoque crítico.
c. A entorna: relación a contidos históricos.
Bloque 5. Problemas e desigualdades no ensino e aprendizaxe das CCSS
a. Traballo sobre problemas socialmente relevantes: guerra, fame, enfermidade, desigualdades, crise ecolóxica, cambio climático, sustentabilidade medioambiental e social, impacto da tecnoloxía na vida cotiá.
b. Relación entre contidos e compromiso social e ético.
Bloque 6. Deseño de actuacións didácticas
a. Proceso cooperativo.
b. Estrutura e formato.
c. Enfoque.
d. Actualización metodolóxica e vixencia temática.
e. Conciencia social e cívica.
f. Difusión de resultados.
Básica
Liceras Ruiz, A. (2013). Didáctica del paisaje. Íber, Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 74, 85-93.
Liceras Ruíz, A. e Romero Sánchez, G. (Coords.) (2016). Didáctica de las Ciencias Sociales. Fundamentos, contextos y propuestas. Madrid: Pirámide.
Domínguez Castillo, J. (2015). Pensamiento histórico y evaluación de competencias. Barcelona: Graó.
Domínguez Almansa, A., e López Facal, R. (2017). Patrimonios en conflicto, competencias cívicas y formación profesional en educación primaria. Revista de Educación, 375, 86-109.
Complementaria
Domínguez-Almansa, A. e Riveiro-Rodríguez, T. (2017). Lo emocional y lo racional en la enseñanza de las ciencias sociales. En R. López Facal, P. Miralles, e J. Prats (Dirs.), Enseñanza de la historia y competencias educativas, (pp. 49-66). Barcelona: Graó.
Gómez Carrasco, C. J., e Miralles Martínez, P. (2015). “¿Pensar históricamente o memorizar el pasado? La evaluación de los contenidos históricos en la educación obligatoria en España”. Revista de Estudios Sociales, 52, 52-68.
Harari, Y. N. (2019). 21 Lecciones para el Siglo XXI. Debate. Madrid.
Ocampo Ospina, L. F., y Valencia Carvajal, S. (2019). Los problemas sociales relevantes: enfoque interdisciplinar para la enseñanza integrada de las ciencias sociales, REIDICS, 4, 60-75.
Pinto, H. (2013). Usos del patrimonio en la didáctica de la historia: perspectivas de alumnos y profesores portugueses relativas a identidad y conciencia histórica. Educatio Siglo XXI, 31(1), 61-88.
Rodríguez Lestegás, F., Macía Arce, X.C., Armas Quintá, F.X. (2020). De los contenidos a las competencias. Aprender transversalmente a través del conocimiento social. Innovación educativa, 20, 41-56.
Santisteban Fernández, A. (2019). La enseñanza de las ciencias sociales a partir de problemas sociales o temas controvertidos: estado de la cuestión y resultados de una investigación. El Futuro del Pasado, 10, 57-79.
Esta materia debe contribuír ao desenvolvemento das seguintes competencias do Grao en Mestre/a de Educación Primaria:
Competencias básicas
CB1. Que os estudantes demostren coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional, e teñan adquiridas as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB5. Que os estudantes reúnan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias xerais
X1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinaria entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
X4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto dos dereitos humanos.
X7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
X8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
X10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa.
X11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias transversais
T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4. Competencia informacional.
Competencias específicas
E31. Comprender os principios básicos das Ciencias Sociais.
E33. Integrar o estudo histórico e xeográfico desde unha orientación instrutiva e cultural.
E34. Promover a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
Metodoloxía
Aspírase a un contínuum entre as sesións expositivas e interactivas. Búscase crear un espazo de participación e reflexión cooperativa, cuxa finalidade sexa aplicar o aprendido a futuros contextos docentes.
Apóstase, sempre que sexa posible, por unha saída de campo dun día completo, xunto a outras específicas, que dean paso a realidades sobre as que reflexionar criticamente e sobre as que traballar didacticamente.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de galego. Por iso o profesorado desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, tanto nas clases como nas titorías, tanto en actividades presenciais como telemáticas ou non presenciais, tanto se son síncronas como asíncronas.
Sesións expositivas
Presentación dos contidos apoiados en recursos e fontes dixitais. Pequenas lecturas, actividades de reflexión en pequeno grupo e reflexións grupais apoiadas en estratexias concretas. Fomento da participación activa e do diálogo na aula. Sempre que sexa posible, contarase coa colaboración de profesorado de primaria que de a coñecer vivencias e experiencias reais de aula sobre as que reflexionar.
Sesións interactivas
En pequenos grupos, materializarase o visto nas expositivas, elaborando e expoñendo deseños didácticos de aula. A docente actuará de guía na creación desas propostas.
Titorías e comunicación co alumnado
Apóstase por unha titorización e comunicación presencial ou en liña, individualizada ou en pequeno grupo.
Fomentarase a mensaxería interna e os foros temáticos do Campus Virtual (CV). As tarefas crearanse e corrixiranse a través do CV.
Actividades (non presenciais)
O alumnado deberá organizarse dentro e fóra da aula, en grupo e individualmente. Debe tomar notas de reflexións propias derivadas do exposto na aula; ler bibliografía; indagar en espazos próximos; revisar fontes e recursos; distribuír tarefas; estruturar contidos; redactar traballos ou elaborar presentacións.
Avaliación continua
– Asistencia: asistencia a un mínimo do 80% das sesións. A non asistencia implicará decaer da avaliación continua e verse sometido a unha proba escrita específica, a determinar.
– Participación activa e actitude crítica (20%): valoraranse a implicación, compromiso e actitude espontánea do alumnado na aula (5%), así como aportacións escritas, tanto individuais como colectivas, feitas nas sesións ou para a materia (15%).
– Traballo individual (40%): entrega de tarefas individuais a determinar, ao longo da materia.
– Traballo grupal (40%): entrega e exposición dunha actuación didáctica de aula, elaborada en grupos, de xeito colaborativo. A non participación activa dalgún dos membros do grupo implicará decaer da avaliación no traballo grupal e verse sometido a unha proba escrita específica sobre a resolución de problemas didácticos.
A detección de plaxio ou unha mala praxe significará a perda da avaliación continua.
As faltas de ortografía reiteradas e problemas graves de puntuación ou redacción penalizarán na cualificación dos traballos.
En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de galego), e coa intención de que o profesorado poida polo tanto avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (“coñecemento instrumental da lingua galega”, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “participación activa e actitude crítica” as súas intervencións en galego.
Alumnado con dispensa
Elaborarase un plan adaptado ás circunstancias, seguindo na medida do posible a avaliación continua presentada. Presentarase un mapa conceptual sobre un dos temas da materia (10%). Abordarase un traballo de reflexión crítica individual sobre algún libro incluído na bibliografía da materia (35%) e outro baseado na creación dunha proposta didáctica, que poderán elaborar cun grupo ou de xeito individual (45%). Ademais, será precisa a asistencia a un mínimo de 3 titorías para reflexionar sobre o feito ou resolver dúbidas (10%).
Segunda oportunidade
Aquel alumnado que na avaliación continua obteña unha cualificación inferior a 5, poderá repetir algún dos apartados para mellorar o resultado final.
Alumnado repetidor
O alumnado repetidor seguirá o proceso ordinario de avaliación continua indicado anteriormente.
Avaliación final
O incumprimento dos ámbitos da avaliación continua, ou non ter presentado resultados en ningún dos apartados, fará que acceda a unha avaliación final. Constará dunha proba específica individual, a determinar (100%).
Auto-avaliación docente e da materia
Teranse en conta as ideas do alumnado nas súas reflexións individuais. Que aspectos da materia destacan como positivos e cales mellorarían.
O alumnado valorará nunha enquisa pechada aspectos da materia como a actuación docente; comunicación e titorización; contidos; metodoloxía; avaliación; etc.
150 horas totais: 51 presenciais e 99 de traballo autónomo.
Actividades en grupo expositivo: 24 horas presenciais e 35 de traballo autónomo
Actividades en grupo interactivo: 24 horas presenciais e 45 de traballo autónomo
Actividades en pequeno grupo: 3 horas presenciais e 19 de traballo autónomo.
– Entrada asidua ao CV (materiais, foros, avisos, etc.).
– Utilización das sesións de titoría e comunicación activa coa docente.
– Creación temperá dos grupos e nomeamento dun voceiro/a.
– Lectura activa de bibliografía e busca doutra complementaria.
– Elaboración dun plan de traballo persoal/grupal semanal/mensual.
– Cumprimento cos tempos de entrega e formato dos traballos.
– Relacións na aula: respecto entre o alumnado e coa docente. Aprendizaxe construtiva. Comunicación aberta, e en confianza, coa docente sobre calquera problema xurdido no devir das sesións ou impedimento sobrevido para a asistencia ou integración na materia e as súas actividades.
– Responsabilidade medioambiental: entrega dos traballos en PDF (ben identificados) a través do CV, nunca impresos. Corrección dos traballos nos PDF.
– Prácticas de campo: gran relevancia da saída de campo que abranga un día completo, ou doutras específicas de menor tempo, nas que se aspira á colaboración con outros docentes e facultades.
– Perspectiva de xénero: uso dunha linguaxe inclusiva, tanto oral como de forma escrita.
– Lingua vehicular: uso do galego nos traballos e intervencións de aula. O seu uso susténtase desde un punto de vista lexislativo, pero tamén social.
– Ortografía: ante dúbidas ortográficas, anímase ao uso do Dicionario en liña da Real Academia Galega e dun corrector ortográfico que axude na redacción dos traballos.
– Correo e ferramentas da USC: uso da conta “rai.usc.es” e ferramentas propias da USC.
Tania Riveiro Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821078
- Correo electrónico
- tania.riveiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ana Portela Fontan
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- anaportela.fontan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 25 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 21 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 22 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 25 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 25 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
13.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
20.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
19.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |