Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O obxectivo central é responder á cuestión: Como ensinar ciencias naturais de forma que se favoreza unha aprendizaxe significativa? Este obxectivo pode concretarse no desenvolvemento destas capacidades:
- Actualizar e analizar contidos das ciencias naturais, obxecto de aprendizaxe en Educación Primaria.
- Propoñer obxectivos susceptibles de ser avaliados e en relación cos criterios de avaliación indicados no currículo.
- Aplicar diferentes criterios didácticos para a selección e secuenciación de contidos.
- Deseñar actividades de ensino e aprendizaxe, que teñan en conta os problemas presentados nas aulas de primaria e que desenvolvan a competencia científica.
- Formular problemas para traballar en clase contidos de Ciencias da Natureza que integren as dimensións cognitiva, afectiva e o desenvolvemento de pensamento crítico.
- Analizar criticamente materiais curriculares, textos ou proxectos de ciencias en primaria, e propoñer modificacións de mellora para o seu uso en clase.
- Identificar e analizar distintos problemas de aprendizaxe en situacións reais ou simuladas i estratexias para resolvelos.
- Utilizar diferentes fenómenos, sucesos, seres vivos ou obxectos naturais do contorno como recurso e motivación para o traballo na aula.
- Acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua castelá, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Formación de Profesorado.
TEMA 1. O ensino das Ciencias da Natureza. Prácticas científicas.
TEMA 2. As ciencias naturais no currículo de Educación Primaria. As ideas clave e o desenvolvemento das competencias científicas.
TEMA 3. O ensino e a aprendizaxe das Ciencias da Natureza en Educación Primaria. Análise de factores que inflúen na aprendizaxe: as ideas do alumnado. Análise e deseño de propostas didácticas para o desenvolvemento da competencia científica.
TEMA 4. Estratexias e recursos para o ensino das Ciencias da Natureza na Educación Primaria.
Nas sesións interactivas se realizarán prácticas de laboratorio sobre as temáticas sinaladas nas sesións expositivas e varias saídas de campo. Estas sesións servirán para promover a aprendizaxe en Ciencias da Natureza e o desenvolvemento da competencia científica. Unha ou varias destas saídas de campo poderán ser interdisciplinarias.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Cañal, P.; García-Carmona, A.; Cruz-Guzmán, M. (2016). Didáctica de las Ciencias Expeimentales en Educación Primaria. Madrid: Ediciones Paraninfo.
- González Garcia, F. (Coord.). (2015). Didáctica de las Ciencias para Educación Primaria. II Ciencias de la Vida. Madrid: Pirámide.
- Martí, J. (2012). Aprender Ciencias en la Educación Primaria. Barcelona: Graó.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Claxton G. (1994) Educar mentes curiosas. El reto de la Ciencia en la Escuela. Visor, Madrid.
- Decreto 155/2022, de 15 de septiembre, polo que se establece o currículo de educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2022, núm 183.
- Garrido Romero, J. M.; Perales Palacios, F. J.; Galdón Delgado, M. (2008). Ciencia para Educadores. Pearson Education
- Jiménez Aleixandre M.P. (1996) Dubidar para aprender. Xerais, Vigo.
- Jiménez Aleixandre, M. P. (2010) 10 Ideas clave: Competencias en argumentación y uso de pruebas. Barcelona: Graó.
- Jiménez Aleixandre M.P., Caamaño, A. Oñorbe, A., Pedrinaci, E. e de Pro, A. (2003). Enseñar Ciencias. Barcelona: Graó.
- Martín del Pozo, R. (2007). Aprender para enseñar ciencias en primaria. Sevilla: Diada
- Osborne R. y Freyberg P. (1991) El aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de la Ciencia infantil. Narcea, Madrid.
- Pedrinaci, E. et al. (2012.). 11 ideas clave. El desarrollo de la competencia científica. Barcelona: Graó.
- Pujol, R. M. (2003) Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria. Madrid: Síntesis
- Sanmartí, N. (2007). Evaluar para aprender. Barcelona: Graó
- Shores, E. F. y Grace, C. (2004) El Portafolio paso a paso. Infantil y Primaria. Barcelona: Graó.
Revistas
Alambique. Didáctica de las Ciencias Experimentales: https://www.grao.com/es/alambique
Aula de Innovación Educativa: https://www.grao.com/es/aula-de-innovacion-educativa
Boletín das Ciencias (ENCIGA): https://www.enciga.org/?q=boletin_todos
Enseñanza de las ciencias. Revista de investigación y experiencias didácticas: https://ensciencias.uab.es/
Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias: https://revistas.uca.es/index.php/eureka
COMPETENCIAS XERAIS
G.1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G.2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G.8.- Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G.9.- Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
G.10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
G.11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E.25.- Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Bioloxía e Xeoloxía).
E.26.- Coñecer o currículo escolar destas ciencias.
E.27.- Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá.
E.28.- Valorar as ciencias como un feito cultural.
E.29.- Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sostible.
E.30.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
COMPETENCIAS BÁSICAS
B.1.- Demostrar que se posúen e comprenden os coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.- Aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área de estudo.
B.3.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5.- Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe.
Tanto nas sesións expositivas como nas interactivas traballaranse de forma integrada os contidos conceptuais e didácticos.
As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte da profesora. Poderán realizarse actividades nestas sesións que permitan ilustrar e favorecer a comprensión de contidos introducidos, así como a identificación de ideas sobre estes contidos por parte do alumnado.
As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio e co contorno. Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, saídas, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas pola profesora tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesión se atenderá aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno/a ou grupo de alumnos/as relacionada coa materia.
Farase unha ou varias saídas de campo de carácter interdisciplinario a unha contorna de interese para o alumnado.
Ao ser una metodoloxía participativa é indispensable a asistencia a clase.
Utilizarase a Aula Virtual da materia como espazo de comunicación e traballo. Nela estarán dispoñibles os contidos da materia, así como as actividades realizadas.
Esta materia e o seu corpo docente participan no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Formación de Profesorado, co perfil de CASTELÁN. Por iso o profesorado desenvolverá a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) en lingua castelá, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puideran ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará co profesorado normalmente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito.
Na avaliación terase en conta os seguintes apartados:
a) Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio e nas saídas de campo, incluíndo presentacións orais. (Contribución á cualificación final: 15%)
b) Elaboración de traballos (individuais e/o grupais) que comprendan unha reflexión escrita sobre os contidos abordados nas sesións expositivas, poñendo de manifesto o aprendido, así como sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas. (Contribución á cualificación final: 35%)
c) Proba final (individual), complementaria á avaliación continua dos apartados anteriores, sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva. (Contribución á cualificación final: 50%)
Consideracións na avaliación:
- Será obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais. A puntuación neste apartado verase mermada gradualmente conforme diminúa a asistencia á clase sen motivo xustificado.
- A cualificación acadada nos apartados a) e b) terase en conta na segunda oportunidade.
- Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente oportunidade. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
- O alumnado repetidor deberá falar coa docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre para concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia. Se este alumnado non asiste ás titorías, ou non se pon en contacto coa docente, dentro deste prazo para pautar o plan de traballo, entenderase que se atén á avaliación ordinaria.
- O alumnado con dispensa de asistencia deberá falar coa profesora en horario de titorías na mesma semana da solicitude da dispensa, a fin de concretar o plan de traballo para superar a materia. Na avaliación terase en conta os apartados b) e c) e determinarase, en cada caso particular, o apartado a) para acadar as competencias do título.
- O alumnado con diversidade funcional deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servicio acreditado da USC a estes efectos e informar do seu caso á docente da materia dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de que se poida acordar un plan de traballo adaptado para poder atender cada situación particular.
- En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade (co perfil de castelán), as e os estudantes normalmente presentarán en castelán tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado de participación activa as súas intervencións en castelán.
Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas de laboratorio e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
- Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.
A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir á clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia a clases.
O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá de ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
* Responsabilidade medioambiental:
Os traballos que se realicen para a materia entregaranse a través da Aula Virtual da materia. No caso de que isto no sexa posible, para os traballos entregados presencialmente, individuais ou grupais, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
* Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades, respectaranse os criterios de igualdade de xénero.
* Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai e do emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365
* Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
* Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
* Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Virginia Aznar Cuadrado
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821027
- Correo electrónico
- virginia.aznar [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Laboratorio de Ciencias |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Laboratorio de Ciencias |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 24 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Laboratorio de Ciencias |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Laboratorio de Ciencias |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_05 | Castelán | Laboratorio de Ciencias |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_04 | Castelán | Laboratorio de Ciencias |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Laboratorio de Ciencias |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Laboratorio de Ciencias |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_03 | Castelán | Laboratorio de Ciencias |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_02 | Castelán | Laboratorio de Ciencias |
09.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |