Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Xeografía Humana
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é obter os coñecementos básicos sobre o significado e o contido da Xeografía Humana. Isto é, entender as relacións e as implicacións mútuas na interactuación entre o ser humano e o territorio. Proponse unha materia que sente as bases da Xeografía Humana para o posterior desenvolvemento noutras materias de cursos superiores. Pártese tamén do obxectivo de fixar conceptos chave, así como tamén se abordarán cuestións importantes para esta disciplina como as relacionadas coas problemáticas demográficas no mundo actual ou coas fondas transformacións dos ámbitos urbanos e rurais, entre outros temas.
A materia desenvólvese seguindo o seguinte temario:
1. Concepto e contido da Xeografía Humana
- O espazo xeográfico
- O percorrido da Xeografía Humana
- Principais autores/as e teorías en Xeografía Humana
2. O tempo do Antropoceno
- A Terra na era do Antropoceno
- Percorrido e características da globalización
- As tensións da globalización e as perspectivas de futuro
3. Poboación e territorio
- Estado e características da poboación mundial
- Problemas e tendencias demográficas
- Fenómeno das migracións
4. Cidade e cidadanía nun mundo urbano
- Achegamento á forma e imaxe da cidade
- Conceptos básicos en xeografía urbana
- A cidadanía ante os novos desafíos urbanos
5. Espazo rural e ruralidade ante o cambio global
- A crise do mundo rural tradicional
- Transformacións recentes do espazo rural
- Formas, significados e posibles valores dunha nova ruralidade
6. Natureza, ética e sociedade
- A idea de Natureza na Xeografía
- Da produción á protección de Natureza: vencellos entre o ser humano e o medio
- Tensións e desafíos a futuro da conservación da Natureza
ALBET, A. (2000). Una geografía humana renovada: lugares y regiones en un mundo global. Barcelona: Vicens Vives.
DANIELS, P. et al. (eds.) (2016). An Introduction to Human Geography. Harlow: London Prentice Hall.
GÓMEZ MENDOZA, J. (2017): La geografía humana como ciencia social. En Romero, J. (coord.) Geografía Humana de España.
HIERNAUX, D.; LINDÓN, A. (Dir.), (2006): Tratado de Geografía Humana. México, Anthropos
JOHNSTON, R., et alt., (2000): The Dictionary of Human Geography. Oxford, Blackwell, 8ª ed.
KNOX, P.L. y MARSTON, S.A. (2004): Human geography. Places and regions in Global Context. Pearson
LEE, R. et al. (eds.) (2014). The SAGE Handbook of Human Geography. Los Angeles: SAGE.
NOGUÉ, J.; ROMERO, J. (eds.), (2006): Las otras geografías. Valencia, Tirant Lo Blanch
ROMERO, J. (coord.), (2007): Geografía Humana. Barcelona, Ariel, 2ª ed.
Xenerais e Básicas
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos
temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacións
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT1 - Coñecer a historia e pensamento da disciplina xeográfica
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos de Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriales
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
Específicas
CE1 - Realizar análises integradas do territorio
CE7 - Realizar análise e propostas de xestión ambiental
CE4 - Expresar información cartográficamente
CE6 - Realizar análise e propostas de xestión territorial
As aulas expositivas concentrarán a explicación dos apartados teóricos, a través de diferentes recursos didácticos que procurarán unha participación activa do alumnado. As aulas interactivas consistirán en traballos individuais ou en grupo, nas que se abordarán os distintos aspectos do temario. Unha das actividades interactivas adquirirá a condición de "proxecto" e prolongarase durante varias sesións. Se se dan as condicións, realizarase unha saída de campo onde se poñan en práctica contidos abordados na aula.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación por competencias desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%. Seguirantes estes criterios
1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender. As entregas referidas ás aulas interactivas terán que realizarse nas datas que indique o profesor, polo xeral, no prazo dunha semana desde a finalización da actividade.
2. O 50% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola Facultade de Xeografía e Historia; no caso de preguntas de tipo test, as respostas equivocadas restarán.
3. Para superar a materia é preciso ter como mínimo un 4,5 no exame e un 5 nas entregas. O alumnado deberá superar ambas as dúas partes. Os criterios de avaliación serán os mesmos tanto na proba ordinaria como na extraordinaria. O alumnado que non aprobe a materia na primeira convocatoria deberá repetir a/s parte/s pendente/s na segunda.
4. Aos/ás alumnos/as coa dispensa concedida polo Centro, seguindo o recollido na Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, requiriranse entregas equivalentes ás do alumnado sen dispensa e o exame será obrigatorio.
5. Dentro da primeira compoñente, prevese unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 150 horas (6 ECTS), entre aulas presenciais e actividades non presenciais.
Ler a bibliografía básica e os materias de apoio que se entreguen.
Manter unha posición crítica e activa durante o desenvolvemento das aulas.
Entregar os traballos en tempo e forma.
Realizar as presentación orais cando se indiquen.
Empregar as titorías para o seguimento da materia.
Recoméndanse como actividade formativa os cursos de Competencias da Información que oferta a Biblioteca: https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
Aviso sobre plaxio: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións.
Diego Cidras Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Xeografía Humana
- Correo electrónico
- diego.cidras.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
| Luns | ||
|---|---|---|
| 15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
| Martes | ||
| 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
| 15.01.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
| 25.06.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CIDRAS FERNANDEZ, DIEGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CIDRAS FERNANDEZ, DIEGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CIDRAS FERNANDEZ, DIEGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CIDRAS FERNANDEZ, DIEGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CIDRAS FERNANDEZ, DIEGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CIDRAS FERNANDEZ, DIEGO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CIDRAS FERNANDEZ, DIEGO | Galego |