Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 14 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (50%), Galego (50%)
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía, Historia
Áreas: Socioloxía, Historia Contemporánea
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
- Recoñecer a cultura como fonte de identidade, innovación e creatividade que constitúe un factor importante na loita contra a pobreza e a exclusión social.
- Poñer en valor a cultura como un recurso económico e social, o que supón dotar ao factor cultural dunha transversalidade que verase reflectida cun enfoque cultural nas políticas de desenvolvemento.
- Comprender e tratar as múltiples manifestacións socioculturais do mundo actual e desenvolver proxectos culturais de diferente tipo e finalidade.
- Coñecer e concretar os ámbitos profesionais e investigadores vencellados aos servicios culturais, tomando en consideración as especificidades das entidades públicas, semipúblicas e privadas.
- Adquirir as destrezas necesarias para deseñar estratexias de intervención e actuación para cada un dos ámbitos e institucións culturais.
- Comprender a complexidade do fenómeno intercultural e diferentes aproximacións á multiculturalidade.
- Comprender a dimensión do fenómeno migratorio contemporáneo e a súa influencia nos procesos de globalización.
- Coñecer as cronoloxías, tipos, e formas das ondas migratorias incluíndo os movementos de poboación de refuxiados, exilios ou éxodos.
- Recoñecer a creación de novas identidades socio-culturais relacionadas coas migracións contemporáneas.
- Indagar nos efectos transformadores das migracións na cidade global do s. XXI (S. Sassen) que a mediados del s. XX era definida xa como aldea global (MacLuhan)
- Recoñecer diferentes formas de incorporación das migracións en América (melting pot) e Europa (forza laboral e ameaza identitaria). Multiculturalismo e integración.
- Adquirir destrezas para indagar e o fenómeno migratorio galego como exemplo e modelo, a través da historia de vida, a historia oral e a memoria familiar.
Tema 1. Introdución: cultura, desenvolvemento e cooperación internacional.
Tema 2. Os retos da multiculturalidade: o valor instrínseco da diversidade cultural.
Tema 3. UNESCO (ONU): acción cultural e cooperación internacional.
Tema 4. AECID (MAEC): xestión cultural e cooperación ao desenvolvemento.
Tema 5. A dimensión dos procesos migratorios contemporáneos e o seu efecto na globalización.
Tema 6. Cronoloxía, formas e tipos de procesos migratorios contemporáneos.
Tema 7. Integración, absorción, multiculturalismo y novas identidades contemporáneas.
Tema 8. Memoria da emigración galega como modelo do século XX.
Álvarez Castro, J.M. (Ed.) y Levi-Strauss, C., Ás voltas coa diversidade cultural: as conferencias de Claude Levi-Strauss para a Unesco, Lugo, Editorial da Curuxa, 2014.
Ariño Villarroya, A. (editor) Las encrucijadas de la diversidad cultural, Madrid, Centro de Investigaciones Sociológicas,2005.
Cagiao Vila, P., Galegos en América e americanos en Galicia?, Santiago, Xunta de Galicia, 1999.
Carmagnani, M., Emigración mediterránea y América. Formas y transformaciones, 1860-1930, Colombres, 1994.
Martinell Sempere, A., Diseño y elaboración de proyectos de cooperación cultural. Cuadernos de Iberoamérica (EOI). Organización de Estudios Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura, Madrid, 2001.
- “Gestión Cultural y cooperación al desarrollo”. Institucionalización de la Cultura y Gestión Cultural, Ministerio de Cultura.
- Belda, F. e Vilá, T., Seminario Internacional: la formación en la gestión y políticas culturales para la diversidad cultural y el desarrollo. Girona 30 de agosto-2 de septiembre de 2004, Documentación Universitaria, Girona, 2007.
Merino Hernando, A., Relaciones entre gente, cultura y lugar en el fenómeno migratorio contemporáneo: los peruanos en España. Revista de Indias, Vol. LXII, Nº 229, 2003.
Núñez Seixas, X.M., Emigrantes, caciques e indianos. O influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia, 1900-1930, Vigo, Xerais, 1998.
Oso, L. e Villares, M., Mujeres inmigrantes latinoamericanas y empresariado étnico: dominicanas en Madrid, argentinas y venezolanas en Galicia, Revista Galega de Economía, núm, 14, 2005.
Peña Saavedra, V., Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar. La impronta educativa de la emigración transoceánica en Galicia, Santiago de Compostela, 1991, 2 vols.
Retis, J., La dimensión simbólica de la inmigración latinoamericana en España. Representaciones de la alteridad en tiempos de globalización. X Encuentro de Latinoamericanistas Españoles. Identidad y Multiculturalidad: La construcción de espacios iberoamericanos. CEEIB, 2004
Sánchez Albornoz, N. Españoles hacia América: la emigración en masa, 1880-1930, Madrid, Alianza, 1988.
Sen, A. y Kliksberg, B. Primero la gente: una mirada desde la ética del desarrollo a los problemas del mundo globalizado, Barcelona, Deusto, 2007.
Villares, R. e Fernández Santiago, M., Historia da emigración galega a América, Santiago de Compostela, 1996.
Yáñez Gallardo, C., La emigración española a América (siglos XIX y XX), Colombres, 1994.
Webgrafía
- http://www.es.unesco.org (instrumentos normativos sobre cooperación cultural internacional: convencións, recomendacións, declaracións, informes, boletíns e outras publicacións de interese).
- http://www.aecid.es (documentos e publicacións da cooperación -española e internacional- para el desarrollo).
Xerais
CB1. Capacidade de manexar eficientemente a información de distintos cauces para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura.
CB2. Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional.
CB3. Toma de conciencia das responsabilidades sociais e éticas vencelladas ao exercicio profesional e capacidade de reflexión e revisión crítica das dinámicas socio-culturais existentes.
CB4. Adquisición de habilidades e hábitos de traballo que posibiliten a autoaprendixae e que fomenten a formación continua (educación ao longo de toda a vida (learning for life, segundo as directrices da UNESCO).
CB5. Adquisición das habilidades para fomentar e garantir o respecto aos Dereitos Humanos e aos principios de accesibilidade universal, igualdade, non discriminación e aos valores da cultura da paz.
Básicas
CB6. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecemementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en grande medida autodirixido e autónomo.
Transversais
CT1. Aplicación do pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, amosando dotes de innovación.
CT2. Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa.
CT3. Capacidade para coordinar actividades e traballar de xeito colaborativo con colegas, redes e equipas de investigación no contexto dos servicios culturais.
CT4. Transmisión da información e ideas en público de xeito claro e efectivo.
CT5. Habilidade na comunicación escrita e oral.
CT6. Habilidade para as relacións interpersoais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
CT7. Fomento do interese pola aprendizaxe continuada e pola actualización dos coñecementos.
CT8. Capacidade de análise e síntese (saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida).
CT12. Capacidade para o uso das tecnoloxías da comunicación e da información.
Específicas
CE2. Capacitación para desenvolvemento de proxectos culturais de distinto tipo e finalidade.
CE3. Habilidade na xestión da comunicación cultural e a súa difusión por todas as canles de distribución do ámbito literario, musical e audiovisual.
CE4. Adquisición da capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
CE5. Capacidade para a elaboración, redacción e presentación dun traballo escrito de iniciación elemental á investigación.
CE6. Comprensión razoada do interese do diálogo intercultural e a necesidade e o respecto ás diferencias culturais.
CE10. Adquisición das capacidades de traballo, no eido da cultura, con grupos humanos con necesidades específicas e/ou con risco de exclusión.
CE11. Coñecemento do papel das organizacións non gubernamentais na cooperación entre os estados e as culturas.
CE12. Desenvolvemento das aptitudes e destrezas precisas para organizar equipas humanas y formar parte delas.
CE14. Habilidade para traballar nunha contorna multicultural, coñecendo os movementos sociais, as manifestacións artísticas e as crenzas máis significativas das sociedades.
CE15. Adquisición dunha axeitada comprensión das políticas de protección e das dinámicas de recuperación do patrimonio histórico-cultural.
CE16. Coñecemento das técnicas de análise territorial e a metodoloxía de planificación estratéxica para a posta en marcha de iniciativas de desenvolvemento.
CE21. Capacidade de elaboración de comentarios razoados e críticos de obras e textos relacionados con cualquier área do ámbito humanístico.
Actividade presencial: exposición polas profesoras dos contidos teóricos e metodolóxicos.
Actividade presencial e a distancia: lecturas polos alumnos/as dos textos sinalados polas docentes.
Actividade presencial e a distancia: realización de exercicios e traballos.
Actividade presencial: debate en grupos reducidos.
Actividade presencial: exposición oral.
Actividade a distancia: foros e debate online.
Actividade a distancia: exposición online.
Actividade a distancia: estudio dirixido por videoconferencias, vídeos, PowerPoint seguindo os contidos da asignatura.
Nas clases trataranse os contidos e conceptos fundamentais da materia. As exposicións das profesoras serán complementadas polas correspondentes actividades prácticas de xeito que se lle facilite ó desenvolvemento das competencias previstas. As clases, con un marcado carácter interactivo, desenvolveranse en torno ao uso de recursos de aprendizaxe como o debate, a reflexión, a análise de textos e/ou outro tipo de material impreso o multimedia, de xeito que se posibilite a participación activa do alumnado. Insístese no carácter voluntario da asistencia ás aulas. O alumnado que non asista ás aulas disporá dos mesmos materiais, actividades, recursos, etc. que o alumnado asistente ás sesións presenciais.
Con respecto ao traballo persoal do alumnado, vai prestarse especial atención á boa disposición para a elaboración de prácticas: lecturas, comentarios e debates de documentos, textos ou ideas, material audiovisual. Así como a exposición oral e defensa das súas propostas, estudios e traballos. O alumnado será atendido en titorías individuais, con obxecto de resolver dúbidas e orientar a súa aprendizaxe e traballo persoal.
1. Elaboración dun cartafol que incorporará as tarefas encargadas durante o curso (80%): resultado da exposición das profesoras, das lecturas e discusión de textos ou das prácticas ou análise co material multimedia. Tamén se valorará a participación activa e a competencia na exposición oral.
2. Exame (20%): proba oral ou escrita que recollerá aspectos fundamentais do contido teórico-metodolóxico traballado nesta materia.
Este sistema de avaliación da aprendizaxe aplicarase tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de ejercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións"
Actividade presencial: clases teóricas para a presentación de contidos e a súa discusión (sesións expositivas). 12 horas.
Actividade presencial: clases prácticas (seminario, actividade práctica). 6 horas.
Actividade a distancia: aprendizaxe individual do alumno/a. 120 horas.
Actividade presencial: titorías para orientar en temas teórico-metodolóxico. 4 horas.
Actividade presencial: actividades de avaliación. 8 horas.
Total: 150 horas
- A asistencia ás clases e titorías e o cumprimento do ritmo de traballo acorde coa avaliación continua.
- As orientacións das profesoras con respecto ao manexo de fontes e referencias bibliográficas, metodoloxía e organización, presentación documental, etc. así como dominio do discurso expositivo e académico, tanto a nivel oral como escrito.
- Respectar as datas de entrega que se establezan das prácticas, actividades e estudio, ou informar con antelación suficiente e xustificar a dificultade que impedise a entrega puntual dos traballos.
Maria Amparo Novo Vazquez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Correo electrónico
- amparo.novo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Alba Diaz Geada
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 982824722
- Correo electrónico
- alba.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Ramón y Cajal
| Venres | ||
|---|---|---|
| 12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 19.01.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| 26.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO | Castelán |
| DIAZ GEADA, ALBA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO | Castelán |
| DIAZ GEADA, ALBA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NOVO VAZQUEZ, MARIA AMPARO | Castelán |
| DIAZ GEADA, ALBA | Galego |